ED527A - Inscrición nas probas de capacitación de instaladores/as en materia de seguridade industrial.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 02/03/2017 - 15/03/2017.

Para a convocatoria ordinaria: desde o día 2 ao día 15 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos. / Para a convocatoria extraordinaria: desde o día 3 ao día 14 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.

Versión en formato PDF

  • As persoas aspirantes deberán solicitar a súa admisión ás probas mediante instancia, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde. No caso de teren interese na obtención de máis dun carne profesional ou habilitación profesional presentarán unha solicitude por cada un deles, xunto coa correspondente documentación xustificativa.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Todas as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude o xustificante de aboamento das taxas (clave 32.07.01), segundo o establecido no artigo 6 desta orde.
  • As persoas interesadas en participar nas probas para a obtención dalgún dos catro carnes profesionais convocados tamen deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
    • a) Certificación de superación do curso teórico-práctico impartido por unha entidade recoñecida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
    • b) Certificado de estar a cursar un curso teórico-práctico impartido por unha entidade recoñecida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, no caso de non ter rematado o devandito curso. Neste caso, cumprirá presentar a certificación de superación o día da celebración da primeira parte da proba.
  • As persoas interesadas en participar nas probas para a obtención do carne de instalacións termicas en edificios tamen deberán achegar coa solicitude:
    • a) Informe de vida laboral para a acreditación da experiencia laboral, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
    • b) Certificación de empresa segundo o anexo II, para acreditación da experiencia laboral, que se describirá mediante a relación de actividades desenvolvidas, nos termos recollidos na normativa da especialidade que corresponda.
  • As persoas interesadas en participar nas probas para a obtención dos carnes de guindastre torre e guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B, tamen deberán achegar coa solicitude o seguinte:
    • a) Titulación ou estudos non universitarios requiridos, cando se trate de equivalentes academicos ou equivalentes para os efectos profesionais co título da ESO, no caso de que fosen expedidos por outra comunidade autónoma.
    • b) Certificación de ter superado un exame medico, nos termos establecidos no Real decreto 560/2010, do 7 de maio, polo que se modifican diversas normas regulamentarias en materia de seguridade industrial.
  • As persoas interesadas en participar nas probas para a obtención de habilitacións profesionais para a manipulación de gases fluorados tamen deberán achegar coa solicitude:
    • a) Certificación do programa formativo para manipulación de gases fluorados que corresponda que, malia non constituír un requisito para presentarse á proba, e imprescindible para a expedición do certificado persoal.
    • b) A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
      Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
    • c) Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA

SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL

SERVIZO DE XESTIÓN DA FORMACIÓN PROFESIONAL
San Caetano, s/n
15781Coruña, A
Teléfono: 881997407 / 881997408
Email: dxefpie@edu.xunta.es
Información web: http://www.edu.xunta.es/fp

Versión en formato PDF

O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2017 nas seguintes especialidades:
Carnés profesionais:
- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
- Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
Habilitacións profesionais:
- Operador/ora industrial de caldeiras.
- Instalador/ora de gas, categoría A.
- Instalador/ora de gas, categoría B.
- Instalador/ora de gas, categoría C.
- Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
- Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
- Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
- Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
- Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
- Manipulador/ora de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
O procedemento obxecto desta orde articularase en dúas convocatorias independentes, denominadas ordinaria e extraordinaria, en atención ao período do ano en que se desenvolvan.

Requisitos:

Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 15 de febreiro de 2017 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2017 (DOG nº 41 do 28 de febreiro de 2017).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.