ED531A - Incorporación á rede de centros plurilingües.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 31/03/2016 - 30/04/2016.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2016.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Os centros que desexen incorporarse á Rede de centros plurilingües de Galicia deberán facer a correspondente solicitude (anexo I, modelo normalizado ED531A) e dirixila á xefatura territorial correspondente, e achegar a documentación que se relaciona a continuación:
    • a) Proxecto de desenvolvemento do programa plurilingüe en cada un dos cursos da etapa para a que se propoña, con indicación do curso ou cursos de aplicación no ano academico 2016/17 e planificación da extensión na etapa nos seguintes anos academicos.
    • b) Relación de áreas ou materias que se impartirán en lingua estranxeira, con indicación desta.
    • c) Información relativa á experiencia en plans e/ou programas relacionados coas linguas estranxeiras en que participou o centro.
    • d) Certificación da aprobación do proxecto polo Consello Escolar, oído o Claustro de profesores e profesoras.
    • e) Relación do profesorado con destino definitivo no centro, ou profesorado contratado no caso dos centros concertados, que impartirá docencia, xunto coa titulación que acredite a súa competencia lingüística.
  • A Inspección Educativa emitirá informe sobre a solicitude a traves da xefatura territorial correspondente.
    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    A sede electrónica da Xunta de Galicia ten, á disposición das persoas interesadas, unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
    Opcionalmente, as persoas representantes dos centros docentes solicitantes poderán completar en liña o formulario electrónico dispoñible na epígrafe Linguas estranxeiras, Programa de centros plurilingües (http://www.edu.xunta.es/programaseducativos). Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación, o que xerará un documento en formato Adobe Acrobat que a persoa representante deberá imprimir, asinar e enviar á xefatura territorial correspondente.
    Así mesmo, tamen poderán presentarse as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A solicitude de autorización formulada pola dirección do centro deberá dirixirse á xefatura territorial correspondente, que a trasladará, co informe da Inspección Educativa, á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA

S.X. DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA E FORMACIÓN

SERVIZO DE ORDENACIÓN, INNOVACIÓN E ORIENTACIÓN EDUCATIVA
San Caetano, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981546504Fax: 981546550
Información web: http://www.edu.xunta.es/web

Versión en formato PDF

A presente resolución ten por obxecto realizar a convocatoria para o curso 2016/17 de incorporación dos centros docentes de educación primaria e de educación secundaria sostidos con fondos públicos á Rede de centros plurilingües de Galicia.
A regulación de centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia ten os obxectivos seguintes:
-Fomentar a pluralidade lingüística e cultural nos centros educativos para lograr a plena integración do alumnado nun contexto cultural e económico globalizado.
-Establecer unha rede de centros plurilingües nos que se empregará a lingua estranxeira no ensino de diversas áreas e materias do currículo.
-Promover o desenvolvemento dun currículo integrado das linguas obxecto de ensino nos centros educativos para favorecer a transferencia dos coñecementos e as competencias dunha lingua a outras.
Terán a consideración de centros plurilingües aqueles centros seleccionados, nos que se impartan nunha lingua estranxeira áreas ou materias non lingüísticas, de educación primaria e/ou secundaria obrigatoria, cunha carga horaria total impartida en lingua estranxeira de ata o máximo dun terzo do horario lectivo do grupo, conforme o que se establece no Decreto 79//2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
Esta circunstancia deberá estar reflectida no proxecto educativo e no proxecto lingüístico do centro.

Beneficiarios:

Poderán participar nesta convocatoria todos os centros sostidos con fondos públicos de educación primaria e de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia, que asuman os seguintes compromisos:
-Realizar as actividades de formación deseñadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para estes centros, e participar nelas.
-Participar e colaborar no desenvolvemento dos procesos de avaliación do alumnado e dos centros plurilingües que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organice.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 12 de maio de 2011 pola que se regulan os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia e se establece o procedemento de incorporación de novos centros á Rede de Centros Plurilingües de Galicia (DOG nº 97 do 20 de maio de 2011).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Resolución do 14 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2016/17 (DOG nº 60 do 30 de marzo de 2016).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.