ED516A - Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros publicos non universitarios.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. A través do procedemento desta orde (ED516A) preténdese seleccionar novos centros públicos para a súa incorporación ao Plan de mellora de bibliotecas escolares, así como apoiar a continuidade deste programa mediante a concesión de novas contías aos centros educativos incluídos en anteriores convocatorias (sempre que a través do seguimento que se realiza desde a coordinación do programa, e moi especialmente, a través da memoria correspondente ao actual curso 2018/19, acaden unha valoración positiva).

2. O plan de mellora procura incentivar e impulsar o desenvolvemento de proxectos de biblioteca escolar que recollan:

a) A organización, actualización e dinamización da biblioteca de centro, entendida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, en evolución cara a un «centro creativo das aprendizaxes».

b) O deseño da biblioteca cun enfoque inclusivo, con atención aos espazos, aos recursos, ás oportunidades e á actitude para unha correcta atención da diversidade.

c) A incorporación de novas tendencias en materia bibliotecaria: espazos para a creación, a aprendizaxe manipulativa, a investigación, o traballo colaborativo e a construción do coñecemento de xeito compartido.

d) A súa contribución á mellora dos procesos de ensino e de aprendizaxe e á adquisición das competencias clave do alumnado.

e) O concepto de alfabetización múltiple (ou multialfabetismo) á hora de abordar a formación lectora do alumnado.

f) O deseño e desenvolvemento de programas para a adquisición de competencias informacionais e mediáticas, é dicir, as competencias de uso, tratamento e produción de información nos diferentes soportes e formatos, así como o tratamento das linguaxes dos diferentes medios de comunicación.

g) A imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital.

h) A realización de actividades de formación de usuarios das bibliotecas e os seus recursos.

i) O papel da biblioteca escolar no desenvolvemento do proxecto lector de centro.

j) O fomento da lectura e da escritura.

k) A contribución da biblioteca á compensación das desigualdades sociais e á calidade do ensino que se imparte no centro.

l) As posibilidades que ofrece para a incorporación de metodoloxías innovadoras e consecuentes coas necesidades educativas actuais.

m) A implicación da biblioteca en actividades de extensión cultural destinadas a toda a comunidade escolar.

3. Poden participar nesta convocatoria os centros non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional incluídos nas seguintes epígrafes:

a) Os centros integrados no programa en convocatorias anteriores:

1º. Centros incorporados nas convocatorias de 2005 a 2010 (Plambe 1-6), que recibirán asignacións para fondos.

2º. Centros incorporados nas convocatorias de 2011 a 2013 (Plambe 7-9), que poderán recibir asignacións para fondos, así como para mobiliario e outros equipamentos.

3º. Centros incorporados nas convocatorias de 2014 a 2017 (Plambe 10-13), que recibirán asignacións para fondos.

b) Os centros integrados na convocatoria de 2018 (Plambe-14), que poderán recibir contías para fondos, mobiliario ou outros equipamentos, así como para gastos de funcionamento específicos da biblioteca.

c) Seleccionaranse un mínimo de 25 novos centros, para a súa integración no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2019/20 (número que poderá incrementarse no caso de producírense baixas ou renuncias de centros xa integrados anteriormente no Plambe). En igualdade de puntuación terán preferencia os centros situados en concellos rurais.

4. Os centros incluídos neste programa poderán recibir formación específica, no contexto do Plan anual de formación do profesorado do propio programa, así como asesoramento a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dependente da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Subdirección Xeral de Centros), desde onde se coordinará o plan de mellora e se levará a cabo o seguimento e supervisión oportunos.

5. As asignacións ou axudas, de ser o caso, para os centros de nova incorporación estarán destinadas á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento e fixaranse logo da análise das necesidades descritas na solicitude presentada, en función da maior adaptación aos criterios recollidos nesta orde (que se materializará na puntuación acadada pola memoria e programas presentados), e das características de cada centro: número de unidades e de alumnos e alumnas matriculados.

Criterios de selección .

Para a selección dos centros participantes teranse en conta os seguintes aspectos:

1. Calidade global do programa presentado, considerando o punto de partida, as propostas e previsións de mellora, así como a dinámica de atención á biblioteca escolar xa creada, como espazo para a lectura, información e aprendizaxe (ata 6 puntos).

2. Coherencia interna do programa, entre propostas presentadas, situación real da biblioteca e modelo proposto pola consellería (ata 9 puntos).

3. Viabilidade do programa presentado cunha axeitada correspondencia entre as intervencións programadas e os obxectivos previstos (ata 9 puntos).

4. Grao de adecuación do programa ás orientacións previstas nesta convocatoria, segundo a disposición adicional primeira, en que se desenvolven os obxectivos e funcións da biblioteca como centro de recursos que favoreza a lectura e a escritura (nos seus máis variados contidos, soportes e formatos), a autonomía na aprendizaxe, o estudo, o traballo colaborativo, a adquisición de habilidades no uso e tratamento da información, o acceso ás tecnoloxías da comunicación e da información, a adquisición das competencias clave no seu conxunto e o achegamento dos bens culturais a toda a comunidade escolar:

a) Utilización da biblioteca escolar como centro de recursos centralizado da información e participación activa no desenvolvemento do proxecto lector (ata 12 puntos).

b) Existencia de actividades para o fomento da lectura e outros programas de difusión cultural á comunidade e propostas de utilización como lugar de traballo (ata 12 puntos).

c) Existencia de fondos en diferentes soportes cunha colección equilibrada e con atención á diversidade (ata 12 puntos).

d) Apertura da biblioteca á comunidade de xeito amplo e accesible incluída a atención a actividades formativas (ata 9 puntos).

5. Integración do programa nas actuacións destinadas á adquisición das competencias clave do alumnado e o cumprimento dos obxectivos contemplados no proxecto educativo, así como o grao de participación da biblioteca, dos seus recursos materiais e humanos, no desenvolvemento do proxecto lector de centro (ata 15 puntos).

6. Formación específica da persoa responsable da biblioteca escolar e horario destinado á atención da biblioteca (a formación acreditarase mediante copia dos certificados correspondentes; ata 9 puntos).

7. Composición do equipo de apoio, formación específica e dedicación horaria de atención á biblioteca por parte deste profesorado (a formación acreditarase mediante copia dos certificados correspondentes; ata 9 puntos).

8. Grao de implicación do equipo directivo e do profesorado do centro no seu conxunto (ata 12 puntos).

9. Atención á biblioteca escolar por parte do centro nos dous cursos anteriores en canto a orzamento, melloras, organización e actividades realizadas, especialmente as destinadas á formación do alumnado como usuario de distintas fontes informativas, así como o apoio a programas e actividades do centro:

a) Existencia de intervención no espazo físico da biblioteca así como na colección (fondos bibliográficos, recursos...) e equipamento nos dous últimos cursos con fondos propios (ata 9 puntos).

b) Utilización de sistemas estandarizados de clasificación (CDU) con rexistro e préstamo actualizado e automatizado nos dous últimos cursos (ata 12 puntos).

c) Realización de actividades de formación de usuarios e actividades de traballos coa información nos dous últimos cursos (ata 12 puntos).

d) Coordinación de proxectos de carácter interdisciplinario e realización de actividades para a competencia mediática nos dous últimos cursos (ata 12 puntos).

e) Sistematización de activades de fomento da lectura (hora de ler, mochilas, lecturas compartidas...) nos dous últimos cursos (ata 12 puntos).

f) Integración da cultura impresa e a cultura dixital desde a concepción da lectura como alfabetización múltiple nos dous últimos cursos (ata 12 puntos).

g) Publicación de diferentes recursos como boletíns informativos, recomendacións, guías de lectura... tendo en conta a atención á diversidade e a implicación das familias nos dous últimos cursos (ata 12 puntos).

10. Propostas de mellora nos servizos ofertados pola biblioteca e uso que deles fan os diversos sectores da comunidade escolar, así como na atención aos usuarios da biblioteca, con especial atención á diversidade:

a) Oferta de servizos de lectura en sala, consulta de libros e outros soportes, acceso á internet e préstamo individual e colectivo (ata 9 puntos).

b) Realización de actividades de fomento da lectura, formación de lectores e asesoramento en materia de lectura e de información (ata 9 puntos).

c) Programas específicos de apoio ao estudo con atención á diversidade (ata 6 puntos).

d) Horario de apertura da biblioteca, adaptación ás necesidades da comunidade educativa, colaboración e integración no contorno sociocultural (ata 9 puntos).

11. Criterios, procedementos, indicadores e ferramentas previstas para a avaliación da calidade dos servizos prestados pola biblioteca á comunidade educativa, así como do desenvolvemento e resultado das actividades desenvolvidas:

a) Existencia de criterios para a avaliación do proxecto tendo en conta procedementos e instrumentos e indicadores de calidade (ata 12 puntos).

b) Existencia de ferramentas para a avaliación do servizos e a súa calidade seguindo as recomendacións da Asesoría (ata 6 puntos).

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poden participar nesta convocatoria os centros non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional incluídos nas seguintes epígrafes:

a) Os centros integrados no programa en convocatorias anteriores:

1º. Centros incorporados nas convocatorias de 2005 a 2010 (Plambe 1-6), que recibirán asignacións para fondos.

2º. Centros incorporados nas convocatorias de 2011 a 2013 (Plambe 7-9), que poderán recibir asignacións para fondos, así como para mobiliario e outros equipamentos.

3º. Centros incorporados nas convocatorias de 2014 a 2017 (Plambe 10-13), que recibirán asignacións para fondos.

b) Os centros integrados na convocatoria de 2018 (Plambe-14), que poderán recibir contías para fondos, mobiliario ou outros equipamentos, así como para gastos de funcionamento específicos da biblioteca.

c) Seleccionaranse un mínimo de 25 novos centros, para a súa integración no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2019/20 (número que poderá incrementarse no caso de producírense baixas ou renuncias de centros xa integrados anteriormente no Plambe). En igualdade de puntuación terán preferencia os centros situados en concellos rurais.

Ler máis Ler menos

Requisitos

Os centros solicitantes deberán reunir os requisitos seguintes:

1. Contar cun espazo destinado exclusivamente á biblioteca escolar de centro.

2. Presentar un programa para o funcionamento e utilización da biblioteca escolar, acorde coas pautas recollidas nesta convocatoria, cunha xestión centralizada dos fondos documentais e unha organización que permita o seu aproveitamento por toda a comunidade escolar, con prioridade do alumnado e o profesorado.

3. Designar un profesor ou profesora responsable da biblioteca escolar, entre o profesorado definitivo no centro, por un período mínimo de dous anos e asignación de horas, dentro do seu horario lectivo e/ou complementario, en número suficiente para as funcións que lle son propias, aproveitando as marxes que ofrece a actual configuración do réxime horario do profesorado. Este responsable integrarase na Comisión de coordinación pedagóxica do centro.

4. Crear un equipo de biblioteca ou grupo de apoio, de carácter interdisciplinario, formado por profesorado dos diferentes ciclos ou departamentos presentes no centro, con dispoñibilidade e dedicación específica para a realización das distintas tarefas derivadas do programa, que se terá en conta na elaboración dos horarios do profesorado a comezo do curso escolar. Preferentemente, será este profesorado o que realice as «gardas de biblioteca», co fin de garantir a unificación de criterios na xestión e organización dos fondos, e un maior aproveitamento dese tempo lectivo para formación, orientación, asesoramento do alumnado como usuarios de fontes informativas, como lectores críticos e como produtores de información en diversos soportes e formatos; tamén para a propia organización de todas as actuacións en que intervén a biblioteca.

5. Integrar a biblioteca no desenvolvemento do proxecto lector do centro. Incluír o programa da biblioteca na programación xeral anual de centro.

6. Detallar unha serie de compromisos para o vindeiro curso:

a) Asignar un orzamento anual específico (entre un 5 % e un 10 % do orzamento do centro), para o funcionamento e actualización da biblioteca escolar, independente das asignacións a que puidese dar lugar a participación na presente convocatoria.

b) Destinar a totalidade do financiamento conseguido ao abeiro desta convocatoria para a actualización e o funcionamento da biblioteca escolar do centro.

c) Crear unha comisión de biblioteca no seo do Consello Escolar (agás naqueles centros que non conten con este órgano).

d) Participar nas actividades de formación sobre biblioteca escolar que se oferten de forma específica desde a Derección Xeral de Centros e Recursos Humanos para os centros integrantes do programa. Ademais, todos os centros que se incorporan a este programa deberán solicitar un PFPP ao centro de formación e recursos de referencia, nos prazos establecidos, para realizar ao longo do período 2019-2021, relacionado co funcionamento da biblioteca escolar e os seus principais aspectos, ou incluír unha liña específica de biblioteca escolar nos PFPP xa postos en marcha, de ser o caso.

7. Presentar as actividades da biblioteca escolar nas actividades de formación organizadas pola consellería, de ser requiridos pola unidade de seguimento do Plan de mellora de bibliotecas escolares.

8. Contar coa aprobación do Claustro e presentar o proxecto ao Consello Escolar, de ser o caso, para a súa valoración, así como o compromiso de ambos os dous órganos para facilitar a posta en práctica do proxecto.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

SUBDIRECCIÓN XERAL DE CENTROS

SERVIZO DE XESTIÓN DE PROGRAMAS EDUCATIVOS

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546547 / 881997330

Órgano responsable

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 2 de abril de 2019 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2019/20 (DOG nº 74 do 16 de abril de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.