O "Directorio de axentes colaboradores en materia de rehabilitación", adscrito a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, ten por obxecto poñer a disposición dos solicitantes das axudas en materia de rehabilitación tramitadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda unha relación de axentes colaboradores para simplificar, facilitar e axilizar a xestión e execución das obras de rehabilitación, para as que se solicitan axudas públicas. Este Directorio terá, exclusivamente, un carácter informativo para os promotores, sin que en ningún caso a inscripción supoña un requisito obrigado para a execución de obras de rehabilitación.
Poderán inscribirse no Directorio, aquelas persoas físicas ou xurídicas que interveñan no proceso das obras de rehabilitación con suxeición as condicións establecidas na presente Orde.
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Dirección Técnica de Fomento
Praza de Europa - Polígono de Fontiñas.
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Fax: 981541902
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Fax: 981184860
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Ler máis Ler menos
Dirección Técnica de Fomento
Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).
Orde do 13 de novembro de 2006 pola que se crea o directorio de axentes colaboradores en materia de rehabilitación (DOG nº 227 do 24 de novembro de 2006).
Corrección de erros.-Orde do 13 de novembro de 2006 pola que se crea o directorio de axentes colaboradores en materia de rehabilitación (DOG nº 228 do 27 de novembro de 2006).
Orde do 1 de febreiro de 2008 pola que se modifica a do 13 de novembro de 2006, pola que se crea o directorio de axentes colaboradores en materia de rehabilitación (DOG nº 38 do 22 de febreiro de 2008).
Ler máis Ler menos
Establecer as condicións de aplicación e xestión da renda básica de emancipación dos xovenes, regulada no Real Decreto 1472/2007, do 2 de de novembro, na Comunidade Autónoma de Galicia.
A través desta orde encoméndase ás sociedades públicas de xestión urbanística a xestión da renda básica de emancipación.
Trátase de axudas para facilitar a emancipación dos xovenes dando o apoio económico para o pago do aluguer da vivenda que constitúe o seu domicilio habitual e permanente.
O precio do aluguer establecido nos correspondentes contratos de arrendamento non poderá ser superior aos 600 euros nos concellos de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense,Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e aos 500 euros no resto dos concellos da comunidade autónoma.
As persoas que reunan os seguintes requisitos:
- Ter unha edade comprendida entre os 22 anos e ata cumplir os 30 anos.
- Ser titular do contrato de alugamento da vivenda na que residan con carácter habitual e permanente.
- Dispor dunha fonte regular de ingresos que lle reporte uns ingresos brutos anuais inferiores a 22.000 euros.
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Dirección Técnica de Fomento
Praza de Europa - Polígono de Fontiñas.
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Fax: 981541902
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Fax: 981184860
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Ler máis Ler menos
Dirección Técnica de Fomento
Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).
Orde do 26 de decembro de 2007 pola que se regula a xestión da renda básica de emancipación na comunidade autónoma de Galicia. (DOG nº 3 do 4 de xaneiro de 2008).
Corrección de erros da Orde do 26 de decembro de 2007 pola que se regula a xestión da renda básica de emancipación na comunidade autónoma de Galicia (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2008).
Real Decreto 1472/2007 de 2 de novembro, polo que se regula a renta básica de emancipación dos xovenes (BOE nº 267 do 7 de novembro de 2007).
Real Decreto 366/2009, do 20 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 1472/2007, do 2 de novembro, polo que se regula a renda básica de emancipación dos mozos (BOE nº 86, do 8 de abril de 2009).
Real Decreto 1260/2010, do 8 de outubro, polo que se modifica o Real Decreto 1472/2007, do 2 de novembro, polo que se regula a renda básica de emancipación dos mozos (BOE nº 262 do 29 de outubro de 2010).
Real Decreto-lei 20/2011, do 30 de decembro, de medidas urxentes en materia presupostaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público (BOE nº 315, do 31 de decembro de 2011).
Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade presupostaria e de fomento da competitividade (BOE nº 168, de 14 de xullo de 2012).
Lei 4/2013, do 4 de xuño, de medidas de flexibilización e fomento do mercado do aluguer de vivieda (BOE n.º 134, do 5 de xuño de 2013).
Orde FOM/2252/2014, do 28 de novembro, pola que se determina a efectividade das liñas de axuda previstas no Real Decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan Estatal de fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016 (BOE nº 292 do 3 de decembro de 2014).
Ler máis Ler menos
Este decreto ten por obxecto crear e regular o Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial de Promoción Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para estes efectos, entenderase por solo empresarial de promoción pública aquel cuxa promoción levan a cabo os organismos ou entidades pertencentes á Comunidade Autónoma que teñan entre as súas funcións ou fins sociais a promoción de solo empresarial.
Poderán solicitar a inscrición como demandantes de solo empresarial as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que pretendan desenvolver unha actividade empresarial e estean interesadas en acceder a unha superficie de solo empresarial de promoción publica dentro do ámbito de aplicación previsto no presente decreto.
A inscrición da persoa solicitante deberá especificar, ademais da actuación onde pretende implantarse, polo menos, o concello, a superficie que se solicita, a actividade que se pretende desenvolver nelas, os postos de traballo que se proxecta crear, así como o prazo en que se prevé poder iniciar as obras unha vez realizada a posta á disposición dos terreos.
A inscrición no rexistro con carácter previo á resolución de inicio da actuación e a posterior formalización do compromiso de compra dará dereito á adxudicación directa da superficie de solo solicitada e reservada.
Vixencia da inscrición.
1. A inscrición no rexistro terá unha vixencia dun ano desde a resolución administrativa de inscrición, na cal figurará expresamente a data de finalización do dito prazo.
2. No período dos tres meses anteriores á data de finalización do prazo, o demandante poderá solicitar a renovación da inscrición. No caso de non se ditar a resolución denegatoria da inscrición, o demandante entenderá estimada a súa solicitude de renovación, de acordo co previsto no artigo 43.2.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Para o caso de renovación, manterase o ingreso da cota de inscrición inicial.
3. En todo caso, o rexistro só conservará a súa vixencia en cada unha das actuacións que se vaian desenvolver ata a resolución de inicio da actuación prevista no artigo 18 do presente decreto.
Actualización de datos.
1. As persoas solicitantes deberán comunicar ao rexistro calquera modificación dos datos achegados coa solicitude inicial.
2. Cando a persoa demandante non comunicase as modificacións, estas non serán tidas en conta para os efectos de adxudicacións futuras.
Baixa no rexistro.
Son causas de baixa no rexistro as seguintes:
a) Ter desistido da solicitude.
b) A falta de formalización do compromiso de compra previsto no artigo 19 por causa imputable á persoa solicitante.
c) Incorrer en falsidade ou ocultación nos datos que se achegan ao rexistro.
d) Falta de solicitude de renovación da inscrición ao finalizar o prazo de vixencia.
Ler máis Ler menos
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Fax: 981184860
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Ler máis Ler menos
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Decreto 108/2012, do 29 de marzo, polo que se regula o Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial de Promoción Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 69 do 11 de abril de 2012).
Resolución do 11 de xuño de 2013 de apertura do Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial de Promoción Pública e de publicación do solo empresarial dispoñible na Comunidade Autónoma de Galicia relativo ás actuacións promovidas polo IGVS e as súas sociedades públicas adscritas (DOG nº 114 do 17 de xuño de 2013).
Esta orde ten por obxecto convocar, para a anualidade 2017, a través dun procedemento en réxime de concorrencia non competitiva, subvencións destinadas a favorecer a construción de aloxamentos protexido.
A contía será de 200 euros por cada metro cadrado de superficie útil protexida do aloxamento e de superficie útil protexida destinada a servizos comúns, a cal non poderá exceder o 30 % do total da superficie útil dos aloxamentos. As axudas fraccionaranse en función do número de aloxamentos alugados.
1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas promotoras de aloxamentos protexidos que reúnan os requisitos establecidos nos artigos 35 e seguintes do Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, polo que se regula o Plan estatal de vivenda e rehabilitación 2009-2012, e no Decreto 402/2009, do 22 de outubro. A promoción terá que contar con cualificación definitiva emitida con anterioridade ao 31 de decembro de 2012.
2. Para resolver sobre estas subvencións teranse en conta as circunstancias acreditadas no expediente de cualificación.
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184824
Fax: 981184860
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro nº 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294600
Fax: 982294624
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Ler máis Ler menos
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012 (DOG nº 217 do 05 de novembro de 2009).
Resolución do 13 de maio de 2011 pola que se modifican os modelos de solicitude e a documentación que os acompaña previstos no anexo II do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012 (DOG nº 102 do 27 de maio de 2011).
Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se convoca a concesión de subvencións complementarias da Comunidade Autónoma de Galicia para as persoas promotoras de aloxamentos protexidos acollidos ao Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012 (DOG. nº 150 do 8 agosto de 2017).
Real Decreto 2066/2008, do 12 de decembro, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012 (BOE nº 309, do 24 de decembro de 2008).
Real Decreto 1713/2010, do 17 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 2066/2008, do 12 de decembro, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012 (BOE nº 307 do 18 de decembro de 2010).
Ler máis Ler menos
1. As subvencións do Programa do bono de alugamento social están destinadas a atender con carácter urxente as seguintes unidades de convivencia:
a) Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estaren inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora interpuxese unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
b) As das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultade para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude estean residindo nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
Para os efectos deste programa, consideraranse vítimas de violencia de xénero as mulleres, os seus fillos e fillas menores orfos, vítimas tamén desta violencia, así como as mulleres e nenas vítimas de trata con fins de explotación sexual. Terán tamén esa consideración as mulleres que padecesen violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa.
c) Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
d) Aquelas que, tendo sido beneficiarias do programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, para o fomento do alugamento de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, desfrutasen na súa totalidade da subvención do dito programa e lles rematase o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos seis meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono alugamento social.
e) Aquelas ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, finalizase a vixencia do seu contrato, a partir da entrada en vigor desta orde.
f) Aquelas ás cales, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.
g) Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de Activos procedentes de Reestruturación Bancaria (Sareb), en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa do bono alugamento social.
Ler máis Ler menos
1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar empadroadas e ter residencia efectiva nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia durante os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da axuda. Ademais, no caso das persoas estranxeiras, cando así o exixa a lexislación vixente, deberán posuír o permiso de residencia.
No caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, será suficiente acreditar que están empadroadas nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia e que posúen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.
b) Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
No caso dos/das menores orfos por violencia de xénero ou vítimas de trata, o contrato de arrendamento poderá ser asinado pola persoa que posúa a patria potestade, tutela ou acollemento familiar permanente do/da dito/a menor, nos termos que se determine na normativa aplicable.
c) Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual e permanente.
d) Que a renda do contrato de arrendamento que se subvencione non supere os importes sinalados no artigo 5 destas bases reguladoras.
e) Que os ingresos da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, computados conforme establece o artigo 4 destas bases reguladoras e a correspondente resolución de convocatoria, sexan iguais ou inferiores a 1,5 veces o indicador público de efectos múltiples (en diante, IPREM) ponderado.
f) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, que non exista vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata o segundo grado, coa persoa arrendadora. Esta mesma exixencia aplicarase cando a parte arrendadora sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios ou partícipes.
g) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto. Exceptúase o caso, de que, dispoñendo dela, non goce do seu uso e desfrute ou se trate dunha vivenda insuficiente ou inadecuada, por razóns de habitabilidade e mobilidade.
Para os efectos anteriores:
Considerarase unha vivenda insuficiente aquela en que a cada ocupante lle correspondan menos de 10 m2 de superficie útil. Non se computará, neste suposto, a correspondente a baños, corredores e tendais.
Considerarase vivenda inadecuada por razóns de habitabilidade aquela que se atope en situación legal de ruína, así como aqueloutra que teña deficiencias que afecten de forma notoria á súa habitabilidade.
Considerarase vivenda inadecuada por razóns de mobilidade aquela que pola súa configuración arquitectónica e/ou accesos implique unha grave perda de funcionalidade para unha persoa con mobilidade reducida.
h) Que non poidan ser arrendatarias de vivendas xestionadas polo IGVS.
i) Que as persoas membros da unidade de convivencia estean ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Ademais, non deben estar incursos en ningún dos outros supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
2. No caso de persoas afectadas pola interposición dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no punto 1 deste artigo, os seguintes:
a) Que entre a comunicación da interposición da demanda e a presentación da solicitude da axuda non transcorreran máis de seis meses.
b) Que o contrato de arrendamento que motivou o procedemento de desafiuzamento tivese unha duración igual ou superior aos doce meses.
3. No caso das vítimas de violencia de xénero, só se admitirá unha única solicitude por cada unidade de convivencia, que deberán cumprir, de ser o caso, ademais dos requisitos sinalados no punto 1 deste artigo, os seguintes:
a) Acreditar a situación de violencia de xénero con algún dos documentos establecidos na correspondente convocatoria.
b) Que a situación de violencia de xénero se producise no seo dunha relación de convivencia.
c) Que teña cesado a convivencia co agresor, ou coa persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación, no intervalo temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
No caso de falecemento do agresor, o intervalo temporal será igualmente de doce meses tanto para o feito en si do propio falecemento como da ruptura da convivencia.
d) Que á data de presentación da solicitude leven residindo cando menos dous meses nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para mulleres que sofren violencia de xénero e adscrito a unha Administración pública.
e) Que o documento acreditativo da situación de violencia fose emitido dentro dos doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
f) No caso de acreditar a situación de violencia de xénero a través da orde de protección ou da medida cautelar, estas deberán estar vixentes na data de presentación da solicitude e manterse na data da resolución desta axuda. Para estes efectos, o órgano xestor solicitará informe ao Punto de coordinación das ordes de protección de Galicia, radicado na Secretaría Xeral da Igualdade.
4. No caso de unidades de convivencia, propietarias ou usufrutuarias da súa vivenda habitual, que fosen privadas dela por danos derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc., ademais dos requisitos sinalados no punto 1 deste artigo, será necesario que a circunstancia imprevisible e sobrevida acaecese dentro dos seis meses anteriores á presentación da solicitude.
5. No caso de unidades de convivencia que, tendo sido beneficiarias do programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, desfrutasen na súa totalidade da subvención do dito programa e lles rematase o período máximo de desfrute desta axuda dentro dos seis meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono alugamento social, deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no punto 1 deste artigo, os seguintes:
a) Que non lles interpuxesen unha demanda por danos causados na vivenda alugada a través do citado programa.
b) Que non teñan débedas derivadas de subministracións dos recibos de auga, electricidade e/ou gas da vivenda alugada a través do programa Aluga por un período superior aos dous meses.
c) Que non perdesen o dereito nin renunciasen á subvención do programa Aluga antes de rematar o seu período máximo.
6. No caso de unidades de convivencia ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, lles finalizase a vixencia do seu contrato, ademais dos requisitos sinalados no número 1 deste artigo, será necesario que entre a finalización do contrato de arrendamento e a presentación da solicitude de axuda non transcorresen máis de tres meses.
7. No caso de unidades de convivencia en que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadaren o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa. Ademais de cumprir os requisitos sinalados no punto 1 deste artigo, será necesario que a circunstancia excepcional que motiva a proposta de adxudicación da comisión de seguimento e coordinación do Programa de vivendas baleiras resulte acreditada en virtude do informe dos servizos sociais do respectivo concello.
8. Non poderán ser beneficiarias deste programa aquelas persoas que tivesen concedida esta axuda nos tres anos anteriores á data de presentación dunha nova solicitude, así como aquelas outras que esgotasen o período máximo de desfrute ordinario desta axuda, coa excepción de aquelas persoas que soliciten a prórroga extraordinaria.
Ler máis Ler menos
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Fax: 981184860
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386579
Fax: 988386235
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Ler máis Ler menos
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (DOG nº 4 do 7 de xaneiro de 2019).
Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que convocan para o ano 2019, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (DOG nº 7 do 10 de xaneiro de 2019).
Extracto da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que convocan para o ano 2019, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (DOG nº 7 do 10 de xaneiro de 2019)
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación: 19/01/2017 - 20/11/2017.
Comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no DOG e terminará ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso o día 20 de novembro de 2017.
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DE PONTEVEDRA
Rúa Alcalde Hevia 7
36071Pontevedra
Teléfono: 986805610Fax: 986805663
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DA CORUÑA
Praza de Luis Seoane, s/n
15008Coruña, A
Teléfono: 981184801Fax: 981184860
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DE OURENSE
Rúa Sáenz Díez, 1
32071Ourense
Teléfono: 988386271Fax: 988386235
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Información web: www.igvs.es
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DE LUGO
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071Lugo
Teléfono: 982294602Fax: 982294624
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.
2. Así mesmo, por medio desta orde procédese á convocatoria destas subvencións para o exercicio 2017, con financiamento plurianual.
Ter sido parte, en calidade de persoa arrendataria, dun procedemento de desafiuzamento por non pagamento de rendas, derivado dun contrato de arrendamento de duración non inferior a 12 meses.
1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que estean empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia durante, polo menos, os 12 meses.
b) Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual e permanente.
d) Que a renda do contrato de arrendamento que se subvencione non supere os importes sinalados no artigo 6.
e) Que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, computados conforme establece o artigo 4, sexan inferiores a 1,5 veces o indicador público de efectos múltiples (en diante, IPREM).
f) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, que non exista vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata segundo grado, coa persoa arrendadora. Esta mesma exixencia aplicarase cando a parte arrendadora sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios ou partícipes.
g) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto. Exceptuase o caso de que, dispoñendo dela, non goce do seu uso e desfrute ou se trate dunha vivenda insuficiente ou inadecuada, por razóns de habitabilidade e mobilidade.
Para os efectos anteriores:
- Considerarase unha vivenda insuficiente aquela en que a cada ocupante lle correspondan menos de 10 m2 de superficie útil. Non se computará, neste suposto, a superficie correspondente a baños, corredores e tendais.
- Considerarase vivenda inadecuada por razóns de habitabilidade aquela que se atope en situación legal de ruína, así como aqueloutra que teña deficiencias que afecten de forma notoria a súa habitabilidade.
- Considerase vivenda inadecuada por razóns de mobilidade aquela que pola súa configuración arquitectónica e/ou accesos implique unha grave perda de funcionalidade para unha persoa con mobilidade reducida.
h) Que non poden ser arrendatarias de vivendas xestionadas polo IGVS.
i) Que os membros da unidade de convivencia estean ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Ademais, non deben estar incursos en ningún dos outros supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. No caso de persoas afectadas pola interposición dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no número 1 deste artigo, os seguintes:
a) Que entre a comunicación da interposición da demanda e a presentación da solicitude da axuda non
b) Que o contrato de arrendamento que motivou o procedemento de desafiuzamento tivese unha duración superior aos 12 meses.
3. No caso de mulleres pertencentes ao colectivo de vítimas de violencia de xénero, deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no número 1 deste artigo, os seguintes:
a) Que a situación de violencia de xénero se producise no seo dunha relación de convivencia.
b) Que teña cesado a dita convivencia dentro dos 12 meses anteriores á presentación da solicitude.
c) Que á data de presentación da solicitude leven residindo polo menos dous meses nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para mulleres que sofren violencia de xénero e adscrito a unha Administración pública.
d) Que o documento acreditativo da situación de violencia sinalado no artigo 9 desta orde fose emitido dentro dos 6 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
e) Que a orde de protección ou calquera outra medida cautelar adoptada estea vixente na data de presentación da solicitude e se manteña na data da resolución desta axuda.
4. No caso de unidades de convivencia privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc., ademais dos requisitos sinalados no número 1 deste artigo, será necesario que a circunstancia imprevisible e sobrevida acaecese dentro dos 6 meses anteriores á presentación da solicitude.
5. No caso de unidades de convivencia que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, para o fomento do aluguer de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, rematasen o período de desfrute desta axuda dentro dos 9 meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono alugueiro social, deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no número 1 deste artigo, os seguintes:
a) Que non se lles interpuxese unha demanda por danos causados na vivenda alugada a través do citado programa.
b) Que non teñan débedas derivadas de subministracións dos recibos de auga, electricidade e/ou gas da vivenda alugada a través do Programa Aluga por un período superior aos 2 meses.
6. No caso de unidades de convivencia que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, finalizase a vixencia do seu contrato, ademais dos requisitos sinalados no número 1 deste artigo, será necesario que entre a finalización do contrato de arrendamento e a presentación da solicitude de axuda non transcorresen máis de 3 meses.
7. No caso de unidades de convivencia en que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa, ademais de cumprir os requisitos sinalados no número 1 deste artigo, será necesario que a circunstancia excepcional que motiva a proposta de adxudicación da comisión de seguimento e coordinación do Programa de vivendas baleiras resulte acreditada en virtude do informe dos servizos sociais do respectivo concello a que se refire o número 10.X) do artigo 9.
AUTONÓMICA
Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, con financiamento plurianual (DOG nº 12 do 18 de xaneiro de 2017).
Esta orde ten por obxecto a convocatoria dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia para a anualidade 2018, que se rexerán polas bases que figuran no anexo I.
Establécense as seguintes modalidades de premios:
1. Premio galego de arquitectura 2018. O xurado poderá outorgar o premio galego de arquitectura 2018 entre os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que teña suficiente entidade como para poder ser valorada de forma independente da construción orixinal.
Dotación económica: 6.000 .
2. Premio galego de rehabilitación 2018. O xurado poderá outorgar o premio galego de rehabilitación 2018 entre os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.
Dotación económica: 6.000 .
3. Mencións. Entre as actuacións que non obtivesen premio, poderán ser obxecto de mención aquelas que o xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento.
4. Premios especiais. O xurado poderá outorgar premios nas categorías especiais que se indican a seguir:
a) Á sustentabilidade 2018, destinado a destacar aquela actuación que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras.
Dotación económica: 6.000 .
b) Á traxectoria profesional 2018, destinada a recoñecer a meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura no territorio galego.
Dotación económica: 6.000 .
Ler máis Ler menos
Persoas físicas ou xurídicas.
1. Poderán optar aos premios, agás o especial á traxectoria profesional 2018, os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas na Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017.
2. As persoas físicas ou xurídicas autoras dos citados proxectos deberán ser profesionais da arquitectura.
3. Poderán propoñerse para o premio especial á traxectoria profesional 2018 as persoas arquitectas que pola súa contribución a favor da arquitectura no territorio galego sexan merecedoras dun especial recoñecemento.
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541918
Email: premios-arquitectura.igvs@xunta.gal
https://premiosarquitectura.xunta.gal/gl
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Orde do 3 de abril de 2018 pola que se convocan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2018 (DOG nº 72 do 13 de abril de 2018).