VI480A - Inscrición no rexistro de demandantes de solo empresarial de promoción pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxecto
Este decreto ten por obxecto crear e regular o Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial de Promoción Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para estes efectos, entenderase por solo empresarial de promoción pública aquel cuxa promoción levan a cabo os organismos ou entidades pertencentes á Comunidade Autónoma que teñan entre as súas funcións ou fins sociais a promoción de solo empresarial.
A quen vai dirixido?
Poderán solicitar a inscrición como demandantes de solo empresarial as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que pretendan desenvolver unha actividade empresarial e estean interesadas en acceder a unha superficie de solo empresarial de promoción publica dentro do ámbito de aplicación previsto no presente decreto.
A inscrición da persoa solicitante deberá especificar, ademais da actuación onde pretende implantarse, polo menos, o concello, a superficie que se solicita, a actividade que se pretende desenvolver nelas, os postos de traballo que se proxecta crear, así como o prazo en que se prevé poder iniciar as obras unha vez realizada a posta á disposición dos terreos.
A inscrición no rexistro con carácter previo á resolución de inicio da actuación e a posterior formalización do compromiso de compra dará dereito á adxudicación directa da superficie de solo solicitada e reservada.
Requisitos
Vixencia da inscrición.
1. A inscrición no rexistro terá unha vixencia dun ano desde a resolución administrativa de inscrición, na cal figurará expresamente a data de finalización do dito prazo.
2. No período dos tres meses anteriores á data de finalización do prazo, o demandante poderá solicitar a renovación da inscrición. No caso de non se ditar a resolución denegatoria da inscrición, o demandante entenderá estimada a súa solicitude de renovación, de acordo co previsto no artigo 43.2.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Para o caso de renovación, manterase o ingreso da cota de inscrición inicial.
3. En todo caso, o rexistro só conservará a súa vixencia en cada unha das actuacións que se vaian desenvolver ata a resolución de inicio da actuación prevista no artigo 18 do presente decreto.
Actualización de datos.
1. As persoas solicitantes deberán comunicar ao rexistro calquera modificación dos datos achegados coa solicitude inicial.
2. Cando a persoa demandante non comunicase as modificacións, estas non serán tidas en conta para os efectos de adxudicacións futuras.
Baixa no rexistro.
Son causas de baixa no rexistro as seguintes:
a) Ter desistido da solicitude.
b) A falta de formalización do compromiso de compra previsto no artigo 19 por causa imputable á persoa solicitante.
c) Incorrer en falsidade ou ocultación nos datos que se achegan ao rexistro.
d) Falta de solicitude de renovación da inscrición ao finalizar o prazo de vixencia.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Fax: 981184860
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Normativa
Ámbito Autonómico
Decreto 108/2012, do 29 de marzo, polo que se regula o Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial de Promoción Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 69 do 11 de abril de 2012).
Resolución do 11 de xuño de 2013 de apertura do Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial de Promoción Pública e de publicación do solo empresarial dispoñible na Comunidade Autónoma de Galicia relativo ás actuacións promovidas polo IGVS e as súas sociedades públicas adscritas (DOG nº 114 do 17 de xuño de 2013).
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres