VI490A - Premios de arquitectura e rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto a convocatoria dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia para a anualidade 2018, que se rexerán polas bases que figuran no anexo I.
Establécense as seguintes modalidades de premios:
1. Premio galego de arquitectura 2018. O xurado poderá outorgar o premio galego de arquitectura 2018 entre os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que teña suficiente entidade como para poder ser valorada de forma independente da construción orixinal.
Dotación económica: 6.000 .
2. Premio galego de rehabilitación 2018. O xurado poderá outorgar o premio galego de rehabilitación 2018 entre os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.
Dotación económica: 6.000 .
3. Mencións. Entre as actuacións que non obtivesen premio, poderán ser obxecto de mención aquelas que o xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento.
4. Premios especiais. O xurado poderá outorgar premios nas categorías especiais que se indican a seguir:
a) Á sustentabilidade 2018, destinado a destacar aquela actuación que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras.
Dotación económica: 6.000 .
b) Á traxectoria profesional 2018, destinada a recoñecer a meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura no territorio galego.
Dotación económica: 6.000 .
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Persoas físicas ou xurídicas.
Requisitos
1. Poderán optar aos premios, agás o especial á traxectoria profesional 2018, os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas na Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017.
2. As persoas físicas ou xurídicas autoras dos citados proxectos deberán ser profesionais da arquitectura.
3. Poderán propoñerse para o premio especial á traxectoria profesional 2018 as persoas arquitectas que pola súa contribución a favor da arquitectura no territorio galego sexan merecedoras dun especial recoñecemento.
A onde acudir
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541918
Email: premios-arquitectura.igvs@xunta.gal
https://premiosarquitectura.xunta.gal/gl
Órgano responsable
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 3 de abril de 2018 pola que se convocan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2018 (DOG nº 72 do 13 de abril de 2018).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres