VI408F - Cualificación provisional para participar no programa de rexeneración e renovación urbanas no ámbito da ari dos camiños de Santiago.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Dous meses, a contar desde a data da presentación da solicitude da cualificación provisional

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Documentación complementaria para a solicitude de cualificación provisional:
    • a) Copia do DNI ou NIE da persoa física, propietaria única do edificio ou vivenda, para o suposto de non ter autorizado a súa consulta.
    • De ser o caso, acreditación da representación da persoa que actúe no nome da persoa propietaria única do edificio
    • Copia do DNI do representante, para o suposto de non ter autorizado a súa consulta
    • No caso de persoa física, propietaria única do edificio ou vivenda, documentación acreditativa da titularidade do inmoble.
    • Acta de constitución da comunidade de propietarios/as ou do documento de constitución como agrupación de comunidades de propietarios/as.
    • Certificado da persoa que exerza as funcións de secretario/a da comunidade de propietarios/as ou da agrupación de comunidades de propietarios/as, en que se recolla tanto o acordo de participar no programa de rexeneración e renovación urbanas do ARI dos Camiños de Santiago, como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente a comunidade de propietarios/as ou da agrupación de comunidades de propietarios/as, conforme ao modelo que se xunta a esta orde como anexo IV.
    • Anexo V debidamente cuberto, en que se relacionan as vivendas e locais do edificio.
    • Relación das persoas propietarias das vivendas e locais do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación, conforme ao anexo VI.
    • De ser o caso, informe de avaliación do edificio de tipoloxía residencial colectiva en formato dixitalizado, cos contidos que figuran no anexo II do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, ou documento análogo que inclúa todos os aspectos que forman parte do citado anexo, cubertos e subscritos por tecnico/a competente e emitidos con anterioridade á presentación da solicitude da axuda
    • Proxecto ou memoria das actuacións de rehabilitación que se pretenden realizar, redactada por tecnico/a competente.
    • Plano de situación da vivenda.
    • Certificado do inicio das obras, no caso de obras iniciadas con anterioridade á data da publicación desta orde, emitido polo/a tecnico/a responsable da obra ou, no seu caso, pola empresa contratista.
  • Documentación complementaria para a solicitude de cualificación definitiva
    • DNI da persoa solicitante ou do representante, para o suposto de non ter autorizado a súa consulta
    • Reportaxe fotográfica que amose as obras realizadas
    • Memoria en que se describan as actuacións realizadas e en que se xustifique, de ser o caso, o aforro enerxetico derivado da actuación
    • Facturas das persoas provedoras que participaron na execucións das obras, que deberán reflectir de xeito desagregado o seu importe e a súa descrición conforme o anexo VII
    • Documentos bancarios acreditativos do pagamento das facturas presentadas. Non se admitirán pagamentos en efectivo nin se admitirán como xustificantes os obtidos a traves da rede internet, se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos de verificación na sede electrónica da dita entidade bancaria. Excepcionalmente, admitirase o recibín do provedor para gastos por importes inferiores a 1.000 euros
    • Licenzas e/ ou autorizacións preceptivas
    • Certificado do inicio das obras, no caso de non ter iniciadas as obras con anterioridade á resolución desta orde, emitido polo/a tecnico/a responsable da obra ou, de ser o caso, pola empresa contratista
    • Certificado do remate das obras e, de ser o caso, certificado de instalacións termicas, electricas ou da posta en marcha de ascensor tramitado ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria
    • Certificado emitido pola empresa que executou as obras, en que se recolla o seu nome, enderezo e NIF.
    • Copia de, polo menos, tres ofertas de diferentes provedores, no suposto de que o importe do custo que se vai executar supere a contía de 30.000 ?. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía. Deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa, nos termos establecidos no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)

Área Central. Fontiñas
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Información web: www.igvs.es

Versión en formato PDF

Abrir o prazo para solicitar a participación para as actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago, de acordo co programa de rexeneración e renovacións urbanas do Plan estatal 2013-2016, así como aprobar as bases reguladoras que rexerán na Comunidade Autónoma de Galicia para a concesión das subvencións previstas no Acordo asinado o 27 de outubro de 2015, entre o Ministerio de Fomento e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), para o financiamento da ARI dos Camiños de Santiago.

Beneficiarios:

As comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente cualificación definitiva.
Para solicitar a cualificación definitiva será requisito necesario estar en posesión da cualificación provisional.

Requisitos:

1. As actuacións deberán axustarse ao proxecto de execución das obras presentado coa solicitude ou, de ser o caso, á memoria subscrita polo/a técnico/a competente.
O proxecto ou a memoria técnica deberá conter todas as especificacións que xustifiquen a rehabilitación do edificio ou vivenda, así como un resumo en capítulos dos tipos de obra que se vaia executar, sinalando o seu importe. No suposto de que as obras supoñan unha mellora da eficiencia enerxética, deberá especificarse a porcentaxe da dita mellora respecto da situación de partida.
O proxecto ou memoria técnica deberá conter, ademais, os seguintes datos do edificio: situación, número de vivendas e locais, superficie construída sobre rasante, superficie sobre rasante con uso residencial e unha reportaxe fotográfica das obras que se vaian realizar.
As actuacións que se vaian executar deberán especificarse de conformidade coa desagregación establecida no modelo de solicitude que se xunta como anexo II.
2. No caso de realizarse actuacións en edificios de tipoloxía residencial colectiva, será requisito necesario contar co correspondente informe de avaliación, cuxo contido debe axustarse ao modelo tipo previsto no anexo II do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, así como co acordo validamente adoptado da comunidade de propietarios/as ou agrupación de comunidades de propietarios/as.
3. Todas as actuacións deberán dispor de licenza municipal ou, de ser o caso, someterse ao réxime de intervención municipal de comunicación previa, así como dispoñer de todas as autorizacións sectoriais preceptivas.
4. As actuacións de rehabilitación deberán terse iniciado con posterioridade á data de entrada en vigor do Plan estatal 2013-2016 e en ningún caso deberán estar finalizadas na data da publicación desta orde.
5. O prazo máximo de execución e xustificación do pagamento das obras será o 31 de outubro de 2016.
6. As actuacións protexibles incluirán, para os efectos da determinación do custo total das obras, os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e calquera outro gasto derivado da actuación, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
7. O custo protexible subvencionable das obras, incluíndo os gastos sinalados no número anterior, non poderán superar os custos medios do mercado que correspondan a tales actuacións, os cales se determinarán de conformidade coa última edición publicada da Base de prezos da construción de Galicia 2011 ou normativa que a substitúa.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e se establecen as bases reguladoras das subvencións deste programa. (DOG nº 246 do 28 de decembro de 2015).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.