VI408G - Cualificación definitiva para participar no Programa de rexeneración e renovación urbana e rural no ámbito da ARI dos camiños de santiago ou da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto regular o procedemento para participar no programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural previsto no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021), abrindo o prazo para solicitar a participación neste programa.

A quen vai dirixido?

1. No ámbito da ARI dos Camiños de Santiago poderán solicitar a cualificación provisional:

a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

b) As agrupacións de persoas propietarias.

c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

2. No ámbito da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas, ademais das recollidas no punto anterior, tamén poderán solicitar a cualificación provisional:

– As persoas físicas con algún dereito real sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.

– As persoas titulares dunha concesión sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.

– As administracións públicas con competencias neste ámbito.

3. Para solicitar a cualificación definitiva será requisito necesario estar en posesión da cualificación provisional.

4. A obtención da cualificación definitiva non xera para a súa persoa titular o dereito á concesión da subvención nin comporta a súa consideración de persoa beneficiaria da axuda.

Ler máis Ler menos

Requisitos

1. As actuacións deberán dispor de licenza municipal ou, se é o caso, someterse ao réxime de intervención municipal de comunicación previa, así como dispoñer de todas as autorizacións sectoriais preceptivas.

2. As actuacións deberán axustarse ao proxecto de execución das obras subscrito polo/a técnico/a competente, presentado coa solicitude de cualificación provisional ou, de ser o caso, á memoria elaborada para a súa execución.

O proxecto ou a memoria técnica deberá conter todas as especificacións que xustifiquen as actuacións que se pretende executar, así como un resumo en capítulos dos tipos de obra que se vaian executar, sinalando o seu importe. No suposto de que as obras supoñan unha mellora da eficiencia enerxética, deberá especificarse a porcentaxe da dita mellora respecto da situación de partida.

As actuacións que se vaian executar deberán especificarse de conformidade coa desagregación establecida no modelo de solicitude de cualificación provisional.

3. As actuacións de rehabilitación e renovación realizaranse de conformidade cos criterios fixados na Guía de cor e materiais elaborada pola Xunta de Galicia.

4. No caso de realizarse actuacións en edificios de tipoloxía residencial colectiva, será requisito necesario o acordo validamente adoptado, da comunidade de persoas propietarias ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias, de executar as obras.

5. As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de xaneiro do ano en que se presente a solicitude de cualificación provisional e non poderán en ningún caso estar finalizadas na data da presentación da dita solicitude.

6. O prazo máximo de execución da actuación virá determinado na resolución de cualificación provisional.

7. O custo de todas as actuacións subvencionables incluirá tamén os honorarios das persoas profesionais que interveñan, o custo da redacción dos proxectos, direccións técnicas ou facultativas, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e calquera outro gasto similar, derivado da actuación, sempre que estean debidamente xustificados. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

8. O custo subvencionable das obras, incluídos os gastos sinalados no punto anterior, non poderá superar os custos medios do mercado que correspondan a tales actuacións, os cales se determinarán de conformidade coa última edición publicada da base de prezos da construción de Galicia ou normativa que a substitúa.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981541982

Email: dx.igvs@xunta.es

www.igvs.es

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 981184824

Fax: 981184860

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro 28

27071 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982294602

Fax: 982294624

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

Rúa Sáenz Díez, 1

32071 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988386271

Fax: 988386235

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

Rúa Alcalde Hevia 7

36071 Pontevedra (Pontevedra)

Teléfono: 986805610

Fax: 986805663

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018-2021 e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2019).

Ligazón á normativa

Ámbito Estatal

Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE nº 61 de 10 de marzo de 2018).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.