PR483A - Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial. Este fondo carece de personalidade xurídica e a súa xestión correspóndelle á dirección xeral competente en materia de réxime local, de conformidade coas directrices que se establezan nesta orde.

2. Por medio desta orde regúlanse os criterios de repartición e establécense as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2019, en réxime de concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, afectadas á realización de gastos que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego.

Gastos subvencionables.

1. Considéranse gastos elixibles ou subvencionables:

a) Os investimentos en inmobilizado: custo de man de obra externa, execución material, equipamentos e instalacións. Cando no investimento participe directamente persoal da entidade local procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.

b) Custos de proxecto e dirección de obra, de tratarse de contratacións externas.

c) Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural. No caso de utilizar persoal da entidade local, procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.

d) Contratación de persoal para os servizos municipais nos termos desta orde.

2. Considéranse tamén gastos subvencionables:

a) Os contratos de subministración para a adquisición de equipamentos, produtos, vehículos ou bens mobles.

b) Os gastos de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais e os gastos periciais para realizar o proxecto subvencionado, se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta.

c) Os tributos, sobre todo o imposto sobre o valor engadido (IVE), son subvencionables se o beneficiario os aboa efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

d) Os custos indirectos formarán parte da xustificación da subvención, sempre que os imputase o beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.

3. En todo caso, as subvencións están destinadas á realización de actuacións de investimento e a custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, e deberán responder a algún dos seguintes criterios ou obxectivos:

a) Actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e mais á recuperación do medio natural degradado ou contaminado.

b) Actuacións de impulso da eficiencia e de utilización sustentable das enerxías renovables.

c) Outras actuacións de protección do ambiente e do espazo natural.

4. Para os efectos do previsto neste artigo, considerarase que atenden aos criterios determinados nas letras a), b) e c) do ordinal terceiro anterior, entre outros, os seguintes proxectos:

a) Recuperación de espazos ambientalmente degradados ou contaminados.

b) Proxectos de eficiencia enerxética na luz pública ou obras en edificios municipais que supoñan unha mellora na eficiencia enerxética do edificio.

c) Proxectos de utilización sustentable de enerxías renovables en instalacións e edificios municipais.

d) Vehículos eléctricos e vehículos híbridos.

e) Centros de interpretación do ambiente e aulas da natureza.

f) Parques-escolas infantís que teñan como contido ou característica principal a utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais.

g) Paseos, áreas recreativas e rutas de sendeirismo que se localicen ou transcorran por zonas con valores ambientais, para a súa utilización recreativa e/ou didáctica.

h) Puntos limpos e centros de reciclaxe de residuos.

i) Proxectos de saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de augas.

j) Proxectos e actuacións no ámbito municipal para evitar a degradación e a deterioración ambiental.

k) Proxectos e actuacións para o control ambiental no ámbito municipal, tales como a adquisición de equipamento para efectuar as medicións relacionadas con actividades molestas e insalubres e para a toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, no caso de residuos e verteduras.

l) Adquisición de vehículos destinados a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.

m) Vehículos con equipamento especial para o desenvolvemento de tarefas no eido ambiental, tales como sonómetros para efectuar as medicións relacionadas cos ruídos molestos e insalubres e/ou equipamento para toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, nos casos de residuos e verteduras.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Os concellos de Galicia cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, igualmente, aos afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.

Requisitos

Ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2017 ao Consello de Contas de Galicia. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

A onde acudir

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN E COOPERACIÓN ECONÓMICA COAS EE.LL.

SERVIZO DE XESTIÓN E COOPERACIÓN ECONÓMICA

Praza de Europa, 5A, 4º - Polígono de Fontiñas

15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546211 / 881997171

Fax: 981546569

Email: administracionlocal@xunta.es

http:///xunta.es/vicepresidencia-cpapx

Órgano responsable

DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 17 de decembro de 2018 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2019, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG nº 248 do 31 de decembro de 2018).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 17 de decembro de 2018 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2019, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG nº 248 do 31 de decembro de 2018).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.