TU502A - Premios Camiño de Santiago.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios do Camiño de Santiago como un recoñecemento institucional e social ás actuacións realizadas nos tres últimos anos (2016 ao 2018) co obxecto de conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago; así como aqueloutras que supoñan novos servizos ou a mellora daqueles que se prestan aos peregrinos, as accións específicas de divulgación e promoción, de xeito que se contribúa a un aumento da conservación, promoción e difusión, así como a posta en valor do Camiño de Santiago, da cultura xacobea e do seu patrimonio.

As actuacións que se presenten a esta convocatoria teñen que ser actuacións xa realizadas ou que se estén a realizar; non se admitirán propostas de actuación.

2. Os premios do Camiño de Santiago constarán das seguintes categorías:

1ª categoría: destinada a distinguir as actuacións levadas a cabo polos concellos, as agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais, as áreas metropolitanas, se as houber, ou outras entidades locais, todos eles da Comunidade Autónoma de Galicia e polos que discorra calquera das rutas do Camiño de Santiago.

2ª categoría: destinada a distinguir as actuacións realizadas polas asociacións de amigos do Camiño de Santiago, con dúas modalidades:

a) Asociacións de ámbito nacional, con domicilio social en territorio do Estado español.

b) Asociacións de ámbito internacional, con domicilio social en calquera país estranxeiro.

3ª categoría: destinada a distinguir as actividades realizadas polas persoas físicas ou as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).

4ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou as actividades de carácter académico, investigador ou educativas, con dúas modalidades:

a) Os traballos de investigación e estudo do Camiño de Santiago e da peregrinación e/ou cultura xacobea, e/ou do patrimonio cultural ligado ao Camiño de Santiago desenvolvidos por centros de investigación, universidades ou similares.

b) Os traballos de carácter educativo relacionados coa temática do Camiño de Santiago levados a cabo polos centros de ensinanza de educación non universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Nas categorías primeira, segunda e terceira establécense dous premios, e na categoría cuarta establecese un premio en cada unha das modalidades establecidas no parágrafo anterior.

Aos premios, que serán do importe que cada ano estableza a convocatoria, aplicaráselle a correspondente retención fiscal, e poderán outorgarse de maneira individual ou compartida, ou declararse desertos.

Así mesmo, o xurado poderá outorgar unha ou varias mencións especiais a algunha das actuacións desenvolvidas polos participantes, que non terá dotación económica.

4. Os/as premiados/as recibirán un diploma e o importe do premio que lle será pagado mediante transferencia bancaria. No caso de que o premio sexa compartido, serao a partes iguais entre os/as galardoados/as.

5. O procedemento para a concesión dos premios será tramitado no réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

6. Co fin de cumprir co principio de concorrencia sinalado no parágrafo anterior deste artigo, as candidaturas serán examinadas por un xurado, que terá carácter de comisión avaliadora e que se axustará aos principios contidos no título preliminar, capítulo II, sección 3ª da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e da sección 3ª, capítulo I, título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán participar nesta convocatoria segundo as categorías que se establecen no Artigo 1 do Anexo I desta orde:

a) Na primeira categoría, os concellos, as agrupacións de concellos de Galicia, mancomunidades de concellos de Galicia, consorcios locais galegos e as áreas metropolitanas, se as houber, ou outras entidades locais de Galicia que presenten unha memoria das actuacións desenvolvidas.

Para os efectos desta resolución, considérase agrupación de concellos unha candidatura subscrita por dous ou máis concellos.

b) Na segunda categoría, as asociacións de amigos do Camiño de Santiago, e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, tanto de ámbito nacional como internacional, legalmente constituídas, e que teñan como obxectivo principal o desenvolvemento de accións relacionadas co Camiño de Santiago e a peregrinación xacobea.

c) Na terceira categoría, as persoas físicas ou as persoas xurídicas constituídas baixo calquera forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).

d) Na cuarta categoría, modalidade a), as universidades, centros de investigación ou investigadores independentes.

e) Na cuarta categoría, modalidade b), os centros de ensinanza non universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obrigas específicas dos beneficiarios dos premios económicos.

1. Antes de proceder ao pagamento dos premios, as entidades beneficiarias do premio económico deberán remitir, no prazo indicado no artigo 9.4 destas bases (dez días hábiles desde o día seguinte ao da notificación da resolución), a seguinte documentación:

a) Declaración da obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actuación premiada, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión do premio.

b) Declaración responsable de non estaren incursas en ningún dos supostos previstos no artigo 10, números 2 e 3, da Lei de subvencións de Galicia. No caso das agrupacións de concellos, todos os concellos da agrupación deberán presentar cadansúa declaración.

c) Acreditación de estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Para tales efectos, o solicitante deberá achegar certificación de estar ao día nas citadas obrigas no caso de denegar expresamente que se soliciten polo órgano xestor, de conformidade co disposto no artigo 4.2. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que o solicitante ou o beneficiario ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante ou beneficiario para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.

No caso de tratarse das entidades que se recollen no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o previsto no parágrafo anterior substituirase por declaración responsable.

Estas declaracións están incluídas no anexo IV.

2. A documentación das candidaturas premiadas ao abeiro desta convocatoria quedará en poder da Axencia Turismo de Galicia, para o seu arquivamento. Esta reservará para si o dereito de edición, uso e explotación das actuacións premiadas, en todo caso de xeito gratuíto, para a súa difusión e coñecemento público. A compensación económica polos dereitos de autor que puideren corresponder considerarase incluída na dotación do premio.

Ler máis Ler menos

Requisitos

- Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que se dean algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- Os concellos, así como as agrupacións e resto de entidades locais da alínea a) do punto 1 deste artigo deberán cumprir o requisito de ter remitidas ao Consello de Contas de Galicia as contas xerais de cada exercicio. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación e a súa falta de acreditación por parte dalgún dos participantes na candidatura supoñerá a inadmisión desta. No caso de agrupacións de concellos, este requisito deberao acreditar cada un dos concellos integrantes da agrupación.

- Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais dos cales forme parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.

- Non poderán presentar solicitudes os premiados nas dúas convocatorias inmediatamente anteriores a esta.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería de Cultura e Turismo

Axencia Turismo de Galicia

DIRECCIÓN DE COMPETITIVIDADE

ÁREA DE FOMENTO E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL

A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546367 / 981547404

Fax: 981546371

Email: fomento.turismo@xunta.gal

http://turismo.xunta.gal

Órgano responsable

Axencia Turismo de Galicia

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 26 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Camiño de Santiago e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 68 do 8 de abril de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Resolución do 26 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Camiño de Santiago e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 68 do 8 de abril de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.