IN606B - Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral (Modalidade A).

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta orde establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Gain, de apoio á etapa de formación posdoutoral e procede á súa convocatoria.

O obxecto do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e ao IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores e doutoras nos seus centros.

Para acadar tal fin proponse, por unha parte, a ampliación da especialización no estranxeiro do persoal investigador doutor, mediante o financiamento de contratos dun máximo de dous anos de estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro e a súa reincorporación na Comunidade Autónoma de Galicia mediante un contrato de retorno dun ano de duración e, por outra, posibilitar a continuación da súa formación e o establecemento dunha traxectoria investigadora propia para as persoas que obtiveron unha praza na convocatoria do ano 2016 do programa de axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral, que acabaron o contrato e que acadaron unha avaliación positiva, e para as persoas investigadoras da convocatoria do ano 2014 ás cales se lles concedese o aprazamento da avaliación por circunstancias especiais, que completasen o programa e que acaden unha avaliación positiva.

Modalidade A: contrato de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración na Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I, código de procedemento ED481B para as solicitudes presentadas por unha universidade do SUG e IN606B para as solicitudes presentadas polas demais entidades). As solicitudes que propoñan persoas candidatas de nacionalidade española que presenten un plan de estadías de dous anos nos EUA optarán a contar co apoio da Comisión Fulbright e ter a condición de bolseiras Fulbright.

Número, duración e importe das axudas .

Na modalidade A: poderanse conceder ata 46 axudas (a previsión inicial é de 40 en universidades do SUG e 6 no resto de entidades beneficiarias), dun máximo de tres anos, que se desenvolverán nas datas que se indiquen na resolución de adxudicación, que terá que ser a partir do 1 de outubro de 2019 ata a data que corresponda segundo a sinatura dos contratos das persoas seleccionadas, sen que en ningún caso poidan superar a duración máxima de tres anos e que non poderán ser obxecto de prórroga. O importe máximo de cada axuda é de 49.900 euros anuais, con contías variables en función do destino dos dous primeiros anos de estadía, tal e como se describe no artigo 3 do anexo I. Ademais, as axudas destinadas ás persoas investigadoras que obteñan a condición de bolseiras Fulbright terán unha dotación complementaria de 5.000 euros en cada ano de estadía.

Para as universidades do SUG, o número de axudas concedidas para cada rama de coñecemento das cinco recollidas no Real decreto 1393/2007 (Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias da Saúde; Ciencias Sociais e Xurídicas, e Enxeñaría e Arquitectura) non será inferior ao 14 % sempre que o número de solicitudes avaliadas favorablemente o permita.

Das axudas convocadas proporanse ata un máximo de 10 axudas para as universidades do SUG e de 2 axudas para as demais entidades, para as persoas candidatas de nacionalidade española que presenten un plan de estadías de dous anos nos EUA para obter a condición de bolseiras Fulbright, sempre e cando acaden a puntuación necesaria e cumpran as condicións que se indican no artigo 2 do anexo I.

Obxecto da axuda .

Axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Gain, de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral, co obxecto de ampliar a formación do persoal investigador no estranxeiro con posibilidade de retorno, mediante o financiamento dun contrato de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración na Comunidade Autónoma de Galicia.

As solicitudes presentadas correspondentes a persoas investigadoras de nacionalidade española que propoñan un plan de estadías de dous anos nos EUA optarán a contar co apoio da Comisión Fulbright e ter a condición de bolseiras Fulbright.

A Comisión Fulbright prestaralles ás persoas investigadoras que obteñan a condición de bolseiras Fulbright os seguintes servizos: xestión de visados; apoio, xestión e asesoría durante a estadía nos EUA; participación das persoas investigadoras en seminarios, actividades científicas e culturais que se organicen no nome e polo Programa Fulbright; seguro médico con cobertura de enfermidade e accidentes, e formar parte da rede de antigas/os alumnas/os Fulbright do U.S. Department of State.

Contía, duración e características .

O número máximo de contratos que poderán formalizarse con cargo a estas axudas é de 46, por un período máximo de dous anos (fase de estadía), e un terceiro (fase de retorno), sempre que a persoa contratada obteña unha avaliación positiva da fase de estadía.

Das axudas convocadas proporanse ata un máximo de 10 axudas das universidades do SUG e de 2 axudas das demais entidades, para obter a condición de bolseiras Fulbright, sempre e cando acaden a puntuación necesaria e cumpran as condicións que se indican no artigo 2 deste anexo.

O importe das axudas na fase de estadía (máximo de dous anos) é o seguinte:

– Un total de 34.680 euros brutos anuais en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está en Portugal ou Andorra (zona 1).

– Un total de 42.000 euros brutos anuais en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está en Europa (agás Portugal ou Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá (zona 2).

– Un total de 48.400 euros brutos anuais en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está nos EUA, Canadá, Asia ou Oceanía (zona 3).

– Un total de 5.000 euros brutos anuais durante cada un dos dous anos de estadía nos EUA para as solicitudes daquelas persoas investigadoras que acaden a condición de bolseiras Fulbright.

Para que estes contratos sexan financiables será preciso que as persoas contratadas permanezan un mínimo de tres meses no programa.

– Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.500 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas. Este complemento ten por obxecto cubrir, ademais dos gastos asociados á contratación, os custos para cada persoa contratada da subscrición dun seguro de accidentes, de responsabilidade civil e, cando se trate de países sen concerto coa Seguridade Social española ou cando as coberturas deste concerto fosen insuficientes, un seguro de asistencia médica cuxo ámbito de cobertura inclúa o país de destino. Estes seguros deberán cubrir o período total de estadía efectiva.

O importe das axudas na fase de retorno (máximo dun ano) é o seguinte:

– Un máximo de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.

– Un complemento a cada unha das entidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.

No ámbito das universidades do SUG a porcentaxe de axudas concedidas para cada rama de coñecemento (Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias da Saúde; Ciencias Sociais e Xurídicas; Enxeñaría e Arquitectura) non será inferior ao 14 % dos contratos financiados. A rama de coñecemento será a sinalada no anexo III.

O período de 24 meses de estadías no estranxeiro deberá aterse ás seguintes normas:

a) Deberá presentarse un plan completo para o período cunha relación detallada das datas e centros de destino. Ademais das sinaturas da persoa que vai realizar a estadía e da persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación ou equivalente, deberanse xuntar as cartas de aceptación, asinadas por persoas con capacidade para iso, de cada un dos centros de destino.

b) A persoa contratada non poderá realizar as estadías no país de nacemento, no de nacionalidade, naquel en que obtivo o título de licenciatura, grao ou equivalente ou o de doutora ou doutor que lle deu acceso ao programa, ou nun país en que desenvolvese actividade investigadora posdoutoral durante máis de tres meses.

c) A estadía deberá ser continuada desde o inicio do contrato. As solicitudes das persoas candidatas a obteren a condición de bolseiras Fulbright terán que desenvolver os dous anos de estadía nos EUA.

d) Unicamente por circunstancias excepcionais sobrevidas poderá modificarse o plan de estadía aprobado, logo da solicitude e informe favorable da entidade en que a persoa está contratada, e coa autorización expresa da Secretaría Xeral de Universidades ou da Gain, segundo corresponda.

O período de contrato retorno deberá aterse ás seguintes normas:

a) A persoa contratada desenvolverá o seu traballo na entidade, grupo e departamento (ou equivalentes) polos que se realizou a solicitude de axuda.

b) Unicamente por circunstancias excepcionais poderá autorizarse un cambio de destino ou área con respecto ao solicitado. Para estes efectos, a entidade beneficiaria deberá solicitar o cambio mediante escrito motivado, xunto coa petición da persoa contratada e o visto e prace das persoas responsables ou coordinadoras do grupo ao cal inicialmente foi asignada e do novo grupo de acollida (ou equivalentes), dirixido á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain (segundo corresponda), que resolverá ao respecto.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita entidade.

Poderán acceder a estas axudas os organismos e entidades sinaladas no parágrafo anterior que presenten como candidatas persoas co grao de doutor que cumpran na data de peche da convocatoria as condicións que se indican no anexo I.

Requisitos

As persoas que contraten as distintas entidades con cargo a estas axudas deberán cumprir na data límite de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

a) Que a data de finalización dos estudos conducentes á obtención do título de licenciatura, grao ou equivalente que lle deu acceso ao doutoramento sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2008.

b) Estar en posesión do grao de doutor e que este fose obtido en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2014. Entenderase como data de obtención do título de doutor a data de lectura e aprobación da tese de doutoramento.

A data de obtención do título de doutor/a poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2014, pero igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2012, no caso das persoas tituladas que acrediten fidedignamente algún dos seguintes supostos:

1. Que se atopaban de baixa maternal ou que tiñan a cargo menores de tres anos entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2013.

2. Que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.

3. Que interrompesen a súa formación por causa dunha enfermidade grave ou que se dedicasen á atención de persoas maiores da familia en primeira liña parental.

No caso das persoas candidatas que estean en posesión de máis dun doutoramento, os requisitos expresados referiranse ao primeiro dos doutoramentos obtidos.

c) Non ter sido seleccionada nos programas posdoutorais da Xunta de Galicia, non ter sido seleccionada para unha axuda nunha convocatoria estatal das actuacións Juan de la Cierva-Formación ou Juan de la Cierva-Incorporación, formación posdoutoral, e non ter gozado con anterioridade de ningunha axuda e/ou contrato posdoutoral que recolla estadías en centros de investigación no estranxeiro de dous ou máis anos de duración.

d) Ademais, as solicitudes que presenten persoas candidatas que opten á condición de bolseiras Fulbright deberán cumprir os seguintes requisitos:

– Que o plan de traballo se vaia desenvolver nos EUA durante os dous anos de estadía.

– Ter nacionalidade española.

– Nivel de idioma inglés –falado e escrito– adecuado para completar o proxecto de investigación nos EUA, demostrable mediante o Test of English as a Foreign Language (TOEFL) cunha puntuación mínima de 94 no Internet-based Test; o International English Language Testing System (IELTS), Academic Version, cunha puntuación mínima de 6,5; o Advanced Cambridge Exam ou o nivel B2 do Marco común europeo.

– Non ter participado e completado unha estadía de investigación posdoutoral nos EUA cun visado J-1 durante os 24 meses previos á data de incorporación ao seu centro de destino.

– Non estar gozando na actualidade dun programa de investigación posdoutoral nos EUA cun visado J-1 por un período superior a seis meses.

– Non ser residente, cidadán ou ter dereito á cidadanía dos Estados Unidos.

Para viaxar aos Estados Unidos, as persoas beneficiarias Fulbright deberán estar en posesión dun visado especial (J-1) de acordo coa normativa estadounidense e os familiares acompañantes dun visado (J-2) ligado ao visado da persoa beneficiaria. A persoa beneficiaria e/ou os familiares acompañantes, unha vez completado o período da estadía financiada, comprometeranse a non fixar a súa residencia permanente nos Estados Unidos ata que transcorran dous anos. En caso contrario, deberase contar coa oportuna autorización dos dous países.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Secretaría Xeral de Universidades

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881995152 / 881995157

Fax: 881999135

Email: sxu@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Praza de Europa 10A-6º. Fontiñas

15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881999213

Fax: 981541039

Email: axudas.gain@xunta.es

http://gain.xunta.es

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 28 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 111 do 13 de xuño de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 28 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 111 do 13 de xuño de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.