TR807E - Axudas para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción do cooperativismo.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento.

- IV: Programa de promoción das cooperativas xuvenís.

Este programa de subvencións está dirixido a apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación de cooperativas xuvenís mediante subvencións para financiar os custos derivados do lanzamento da actividade.

O período de execución de accións abranguerá desde o 1 de xaneiro de 2015 ata o 14 de novembro 2015.

Excepcionalmente e para posibilitar a atención de proxectos iniciados en períodos en que a convocatoria de subvencións estivo pechada, as accións realizadas entre o 8 de abril de 2014 e a data de publicación desta orde darán lugar ao acceso á condición de beneficiario. Porén, o gasto subvencionable corresponderá ao ultimo trimestre do 2014 e ao exercicio orzamentario do 2015.

A quen vai dirixido?

As cooperativas xuvenís de nova creación formadas maioritariamente por persoas socias traballadoras ou de traballo que teñan entre 16 e 29 anos de idade poderán acollerse ás subvencións para o financiamento de custos previstos neste programa por unha soa vez.

Para os efectos deste programa, consideraranse como cooperativa de nova creación aquelas que non superen os dous anos de actividade, contados ininterrompidamente desde a data de alta no imposto de actividades económicas ou, de ser o caso, da alta no censo de persoas obrigadas tributarias do Ministerio de Economía e Facenda, ata a finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Requisitos

Con carácter xeral, as beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:
1. Estar ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.
2. Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
3. Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e reunir os restantes requisitos previstos nesta.
4. As cooperativas deberán estar inscritas no Rexistro de Cooperativas de Galicia dependente da Xunta de Galicia e as sociedades laborais deberán estar inscritas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais dependente da Xunta de Galicia e no Rexistro Mercantil.
5. As cooperativas e sociedades laborais deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas legais referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos sociais nos rexistros competentes.


Esta orde non será de aplicación ás solicitudes formuladas polas empresas e para as actividades que se indican a seguir:
1. Empresas que operan nos sectores da pesca e a acuicultura, segundo se recolle no Regulamento (CE) núm. 104 do Consello (DO L 17, do 21 de xaneiro de 2000, agás para as que poidan acollerse ao Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014) e dentro dos límites previstos no artigo 20 desta orde.
2. Empresas dedicadas á produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado, agás para as que poidan acollerse ao Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013) e dentro dos límites previstos no artigo 20 desta orde.
3. Actividades relacionadas coa exportación a terceiros países ou Estados membros, é dicir, as axudas directamente vinculadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e á explotación dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE ECONOMÍA SOCIAL

Servizo de Promoción da Economía Social

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545679

Fax: 981957748

Órgano responsable

Servizo de Promoción da Economía Social

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 3 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción do cooperativismo, e se convocan para o ano 2015 (DOG nº 133 do 16 de xullo de 2015).

Ligazón á normativa

Orde do 29 de outubro de 2015 pola que se modifica o prazo de xustificación da Orde do 3 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción do cooperativismo, e se convocan para o ano 2015 (DOG nº 213 do 9 de novembro de 2015).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.