PR604A - Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 21/03/2017 - 20/04/2017.

Un (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ata ao primeiro día hábil seguinte.

Prazo de resolución: Cinco meses

Versión en formato PDF

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación económica complementaria:
    • a) A oferta para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida para a cal o interesado solicita a subvención.
    • b) As outras ofertas para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida, na localización para a cal se solicita a subvención e que non foron elixidas polo interesado, de térense recibido.
    • c) Xustificación da elección da oferta para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida para a cal o interesado solicita a subvención, cando a elección non recaia na oferta de menor importe.
    • d) No caso de que non sexa posible obter as tres ofertas indicadas no artigo 4.1.d) deberá porse de manifesto este feito mediante a declaración responsable incluída no anexo II e o solicitante xuntará unha xustificación de dita imposibilidade na cal indicará os motivos que impediron obter as tres ofertas (ausencia de provedores do servizo na zona, inexistencia de solucións técnicas dos provedores para a localización na cal se solicita a provisión, etc.)
      As ofertas presentadas e os provedores escollidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de resultar beneficiario da subvención.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
  • A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, os profesionais colexiados e as persoas representantes dalgunha das anteriores.
  • Se algunha das persoas obrigadas anteriores presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
  • Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Se a solicitude non reunir os requisitos establecidos, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, se non o fixer, se dará por desistido da súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • No caso de que as persoas interesadas se opoñan á comprobación de datos segundo o indicado no artigo 12 das bases reguladoras ou existan circunstancias que aconsellen a súa presentación expresa, as persoas interesadas deberán presentar aqueles documentos sobre os cales se opoñan á súa comprobación.
  • No caso de que as persoas interesadas teñan que acreditar a representación cun documento expreso sen poderen empregar as distintas opcións de comprobación de datos xa indicadas no artigo 12, achegarán a documentación suficiente en dereito para acreditar a representación exercida.
  • Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.
    A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas suxeitas á dita obriga presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
    Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica opcionalmente poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA (AMTEGA)

Cidade da Cultura. Monte Gaiás
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981545535
Email: amtega@xunta.gal
Información web: http://amtega.xunta.gal

Versión en formato PDF

As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida.

Esta actuación enmárcase na folla de ruta do Plan de banda larga de Galicia 2020 (PDBL2020), aprobado por Acordo do 1 de outubro de 2015 adoptado polo Consello da Xunta de Galicia.

Así mesmo, as subvencións reguladas nas presentes bases ampárase no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado por Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, o cal prevé actuacións encamiñadas á concesión de axudas directas á provisión de acceso á banda larga ultrarrápida na submedida 7.3 de apoio ás infraestruturas de banda larga. O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 está cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e ao 17,50 % pola Xunta de Galicia.

Beneficiarios:

As empresas privadas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, legalmente constituídas.

Obrigas das persoas beneficiarias.

1. Con carácter xeral, son obrigas das persoas beneficiarias as establecidas no artigo 11 da LSG e, en particular, as establecidas nestas bases reguladoras, as que se determinen en cada convocatoria, as que figuren na resolución de concesión das subvencións e nas instrucións específicas que, en aplicación e cumprimento das presentes bases e de cada convocatoria, sexan aprobadas en materia de execución, seguimento, pagamento das subvencións, información e publicidade, xustificación e control do gasto.

2. Terán a consideración de obrigas das persoas beneficiarias:
a) Realizar o proxecto que fundamente a concesión da subvención.
b) Manter a alta no servizo contratado inicial durante, polo menos, un (1) ano.
c) Acreditar a realización do proxecto obxecto de subvención no prazo sinalado na convocatoria ou excepcionalmente o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso potestativo de reposición.
d) Dispor de acceso a redes de banda larga ultrarrápida na localización obxecto de subvención por un período mínimo de tres (3) anos desde a realización do proxecto subvencionado.
e) Atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da LSG, non acrediten o cumprimento das ditas obrigas, requirirase o solicitante ou beneficiario para que acredite a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.
f) Facilitar as comprobacións do órgano encargado do seguimento das subvencións encamiñadas a comprobar a realización das actividades obxecto da subvención. Así mesmo, en relación co proxecto obxecto de subvención, os beneficiarios deberán someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das entidades competentes e, en particular, da Consellería do Medio Rural, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), do Consello de Contas, do Tribunal de Contas e ás que sexan realizadas por calquera órgano comunitario de inspección ou control.
g) Someterse aos controis administrativos, controis sobre o terreo e controis a posteriori previstos na normativa comunitaria, en aplicación do establecido no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control.
h) Proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.
i) Comunicar ao órgano concedente a obtención de subvencións ou axudas que financien o proxecto subvencionado, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Estas comunicacións deberán efectuarse tan pronto como se coñezan.
j) Manter un código contable diferenciado que recolla axeitadamente todas as operacións relacionadas co proxecto tal e como se establece no artigo 66.1.c) e i) do Regulamento (UE) nº 1305/2013. Así mesmo, deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos nos termos exixidos pola lexislación aplicable ao beneficiario, así como das facturas e demais xustificantes de gasto de valor probatorio equivalente e os correspondentes xustificantes de pagamento. Este conxunto de documentos constitúe o soporte xustificativo da subvención concedida e garante o seu adecuado reflexo na contabilidade das persoas beneficiarias, polo que deberá manterse accesible durante un período mínimo de 5 anos.
k) Dar axeitada publicidade ás subvencións recibidas conforme o disposto no artigo 29.

3. O incumprimento de calquera das obrigas sinaladas nas presentes bases poderá ser causa da perda de dereito ao cobramento ou do reintegro da subvención concedida segundo a fase do procedemento en que se atope a tramitación do expediente.

4. Cando un beneficiario non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención e, de ser o caso, proceder ao reintegro da subvención recibida. Non renunciar poderá conducir á instrución dun expediente sancionador en materia de subvencións.

Requisitos:

a) Ter domicilio fiscal ou polo menos un centro de traballo en Galicia.
b) Non ter contratado nin poder contratar en condicións de mercado, na localización obxecto de solicitude, servizos de banda larga con trinta (30) ou máis megabits por segundo de descarga (fluxo de datos no sentido da rede ao usuario), e estar, por tanto, illada das redes que prestan estes servizos.
c) Non estar situada a empresa dentro dun polígono industrial que xa conte con acceso a redes de banda larga ultrarrápida ou que dispoña de plans de despregamento en curso para estas redes e estar, por tanto, a empresa illada destas redes.
Especialmente, consideraranse polígonos con plans de despregamento en curso os polígonos beneficiados ao abeiro da Resolución do 8 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (procedemento administrativo PR603A; DOG do 22 de abril de 2016).
d) Solicitar e obter tres ofertas, como mínimo, de diferentes provedores de acordo co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, agás que polas especiais características dos gastos ou a localización en que se pretende levar a cabo o proxecto non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

- Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica.

- Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG). A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que preceptivamente deba efectuar o órgano xestor.

- Non poderán acadar a condición de beneficiaria as empresas en crise, de acordo coa definición e coas condicións establecidas nas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01). Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Resolución do 10 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2017).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.