TR802O - Certame Cooperativismo no Ensino.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. O certame Cooperativismo no ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

2. No desenvolvemento das actividades deberanse potenciar e propiciar os valores e principios que inspiran o cooperativismo, tales como: a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva ou a solución de conflitos de forma pactada.

Modalidades .

O alumnado dos centros educativos de Galicia poderá presentar os traballos nas seguintes modalidades:

a) Actividades artísticas tales como debuxos, pinturas, maquetas, fotografías ou vídeos dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.

b) Actividades cooperativizadas dirixidas ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.

c) Proxectos empresariais cooperativos dirixidos ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

- Modalidade de actividades artísticas dirixido ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial .

1. O alumnado dos centros de infantil, primaria e educación especial poderá presentar a este concurso os debuxos, pinturas, maquetas, fotografías ou vídeos, realizados por eles, en que que se reflicta a posta en práctica dos valores e principios cooperativos, segundo as seguintes categorías:

a) Categoría A: alumnado de 2º ciclo de educación infantil.

b) Categoría B: alumnado de 1º e 2º de educación primaria.

c) Categoría C: alumnado de 3º e 4º de educación primaria.

d) Categoría D: alumnado de 5º e 6º de educación primaria.

2. Os traballos presentados poderán optar aos seguintes premios:

a) Un premio ao mellor traballo de cada categoría.

b) Un accésit por cada categoría.

3. Condicións técnicas.

• Os traballos de debuxo, pintura e elaboración de maquetas presentaranse en formato e soporte libre, empregando as técnicas que o alumnado decida. Os traballos deberán estar correctamente identificados en letras maiúsculas cos datos de autoría: nome, apelidos, idade, curso, enderezo do centro escolar, así como a categoría en que participan e o título do traballo.

• Os traballos de fotografía presentaranse en formato dixital, arquivos JPG, RAW ou TIFF, en alta resolución para a súa posible publicación, de 2.000 píxeles como mínimo no seu lado máis reducido. A resolución recomendada é de 300 ppp. Ademais dos arquivos en formato dixital deberán enviarse copias en papel. Cada fotografía (copia impresa), así como o correspondente soporte coas copias dos arquivos, deberán levar unha inscrición no reverso que indique con letra lexible os datos de identificación da autoría: nome, apelidos, idade, curso, dirección do centro escolar, así como a categoría en que participan e título do traballo.

• No caso de vídeos, as producións presentaranse nun DVD estándar ou noutro soporte reproducible en calquera reprodutor convencional, poden conter menú de inicio. O formato será MPEG2 PAL, configurado como zona 2 ou como zona libre. A súa duración non poderá exceder os 10 minutos. O soporte non poderá conter máis dun traballo e deberá estar identificado cos datos da autoría: nome, apelidos, idade, curso, enderezo do centro escolar e a categoría en que participan, título da creación presentada, así como unha ficha técnica.

• Todos os textos, locucións e grafismos empregados nos traballos deberán utilizar o galego. Non se admitirá ningún traballo en soporte distinto dos anteriores ou que non respecte as condicións indicadas.

4. En cada traballo deberán participar como mínimo tres alumnos ou alumnas.

- Modalidade de actividades cooperativizadas dirixido ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.

1. O alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e de educación especial poderá presentar a este concurso as memorias de actividades realizadas cooperativamente por grupos de alumnos ou alumnas. As actividades poderán consistir, entre outras, en viaxes de ampliación de estudos, festivais de fin de curso, campionatos deportivos, xornais, páxinas web, programas de radio ou obras de teatro.

2. Os traballos presentados poderán optar aos seguintes premios:

a) Un premio ao mellor traballo.

b) Un accésit.

3. A memoria dos traballos realizados describirá o proceso de elaboración e realización da actividade de xeito que indique:

a) Título do traballo.

b) Definición dos obxectivos, aclarando as metas que se pretenden acadar e os beneficios de tipo cooperativo que se espera que reporte a actividade.

c) Asignación de tarefas. Débese dividir o traballo en partes e decidir que persoa ou persoas se encargan de cada unha delas. Para isto é importante ter en conta os intereses de cadaquén, as súas posibilidades, coñecementos, preferencias etc.

d) Tarefas desenvolvidas. Débese especificar que tipo de recursos se precisan para levar a cabo a actividade e cales deles se utilizan. Estes poden ser materiais de tipo documental, gráficos, sonoros, económicos etc. Tamén é necesario precisar a maneira de obtelos.

e) Dinámica das reunións. Para que o traballo estea coordinado hai que celebrar reunións periódicas para poñer en común o realizado, así como para establecer cales son as seguintes tarefas, os prazos, as persoas encargadas de realizalas e calquera decisión sobre a marcha do proxecto. Para este fin débense levantar actas das reunións en que se deixe constancia de todo isto.

f) Resultado final.

Esta memoria deberá estar redactada en galego e terá unha extensión máxima de 6 follas DIN A4 escritas por unha soa cara. Engadiranse, como anexos, o resultado final e os documentos precisos para xustificar a realización do proxecto, nas súas diferentes etapas, tales como fotografías da realización, documentos, materiais realizados e actas das reunións, debidamente identificados co nome do centro e o título do proxecto.

4. En cada traballo deberán participar como mínimo tres alumnos ou alumnas.

- Modalidade de proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

1. O alumnado dos centros educativos que impartan formación profesional específica e de ensinanzas de réxime especial, nos cales se realizasen actividades de fomento e divulgación do cooperativismo poderán presentar a este concurso os proxectos empresariais elaborados por eles, baixo a única modalidade de proxectos empresariais cooperativos.

2. Os traballos presentados á modalidade de proxectos empresariais cooperativos poderán optar aos seguintes premios:

a) Premio ao mellor proxecto.

b) Un accésit ao proxecto finalista.

3. Os proxectos deberán desenvolver o proceso completo de posta en marcha dun proxecto empresarial, baixo a fórmula cooperativa, orixinal, coherente e viable economicamente.

Os proxectos deberán estar redactados en galego e presentaranse en formato papel e en formato electrónico que permita a súa posterior publicación, acompañados obrigatoriamente dunha ficha resumo segundo o modelo que pode obterse na parte de Cooperativismo e Economía Social na web http://emprego.ceei.xunta.gal/, así como dun currículo do grupo (nomes, apelidos, idades e estudos do alumnado).

4. Na elaboración de cada proxecto deberán participar como mínimo tres alumnos ou alumnas, que deberán estar dirixidos por un profesor ou profesora, ou un director ou directora.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial, presentando os traballos elaborados polo seu alumnado, segundo as modalidades e nos termos previstos nestas bases.

Obrigas dos beneficiarios, compatibilidade e reintegro.

1. As persoas e entidades beneficiarias quedan obrigados a someterse ás accións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, a achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Os premios serán compatibles con calquera subvención ou axuda para a mesma finalidade.

3. Procederá a revogación das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Ler máis Ler menos

Requisitos

Non poderán participar as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, en quen concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE ECONOMÍA SOCIAL

Servizo de Promoción da Economía Social

Edificio Admvos. San Lázaro, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881999268

Fax: 981957748

Órgano responsable

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).

Ligazón á normativa

Resolución do 29 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a concesión dos premios do certame Cooperativismo no ensino 2019, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.