IN532A - Axudas para a renovación total ou parcial de ascensores.
Obxecto
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto incentivar a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e pola finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4 desta lei.
3. A concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario e o seu esgotamento comportará a non admisión das solicitudes posteriores.
Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2017.
Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas.
1. Terán a consideración de actuacións subvencionables a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Estes investimentos en renovación de ascensores deberán permitir unha redución anual, cando menos, do 35 % no uso da enerxía convencional ou un incremento xustificable na seguridade.
Estas actuacións levaranse a cabo en ascensores xa instalados que conten co Rexistro de Aparello Elevador (RAE).
2. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á naturaleza da actividade subvencionada.
Os gastos subvencionables deberán ser ofertados, orzados, realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2017 e a data límite establecida para a presentación da documentación xustificativa da subvención (15 de novembro de 2017). Todos os investimentos obxecto de axuda deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables a partir da data de xustificación do investimento.
Consideraranse subvencionables os custos en equipamentos, materiais, obra civil, man de obra e os impostos indirectos asociados para a reforma e posta en servizo do ascensor, de xeito que este quede operativo. Estes gastos deberán corresponder de maneira indubidable coas actuacións subvencionables.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que se deberá achegar coa solicitude de subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía. Deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
Non se considerarán subvencionables:
- Os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento.
- Os gastos realizados en bens usados.
3. Os traballos deberán realizalos empresas mantedoras/conservadoras habilitadas de acordo coa lexislación vixente en materia de ascensores e, de ser o caso, deberán contar co correspondente proxecto técnico de modificacións esenciais.
4. Non se considerarán subvencionables as actuacións cun investimento inferior a 5.000 euros por ascensor.
5. Non se considerarán subvencionables aqueles conceptos das facturas que non se poidan facer corresponder, dun xeito inequívoco, cos considerados como subvencionables.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Poderán ser beneficiarias da subvención as comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e legalmente constituídas de acordo cos artigos 2 e 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal. Todo isto sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas presentes bases, así como os que fundamenten a concesión e os que se prevexan nesta orde e na normativa aplicable. Non se poderá disolver a comunidade ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Requisitos
Non poderán obter a condición de beneficiario das subvencións reguladas nestas bases as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Ademais, os beneficiarios deben estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS
SUBDIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL
R/ Avelino Pousa Antelo, 5 (San Lázaro)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957187 / 981545572
Fax: 981957192
Email: cei.sxai@xunta.es
Órgano responsable
SUBDIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 27 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Renove de ascensores), e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2017).
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres