ED318A - Admisión ás probas de acceso ás ensinanzas deportivas.

Actualizado el 28 de abril de 2020
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 07/07/2016 - 21/07/2016.

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 21 de xullo de 2016.

Versión en formato PDF

  • Para a formalización das solicitudes de inscrición para as probas os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo I a esta resolución. Tamen poderá utilizarse o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es . Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría do centro.
    Igualmente, poderase presentar a solicitude por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    En ambos os casos se xuntará a documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:
    • DNI (só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade).
    • Certificación academica en que conste o expediente academico e/ou depósito dalgún dos seguintes títulos:
      • Título de graduado na ESO ou de bacharel (ou equivalente), ou certificación academica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou libro de cualificacións da ESO ou do bacharelato, ou certificado de ter superadas todas as materias do bacharelato.
      • Título de tecnico superior.
      • Título universitario.
    • Certificado de estudos do ciclo formativo en que figuren as cualificacións das materias cursadas e ter realizado o depósito do correspondente título ou o libro de cualificacións do ciclo formativo.
    • Certificado de superación da proba de madureza de acceso ás ensinanzas deportivas.
    • Certificación de superación da proba de acceso á formación profesional de grao medio/superior (parte común), ou a de artes plásticas e deseño.
    • Certificación de superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
    • Resolución personalizada da consellería competente en materia de deporte pola que quen solicita obten a consideración de deportista galego de alto nivel.
    • Resolución personalizada do Consello Superior de Deportes pola que quen solicita obten a consideración de deportista nacional de alto nivel.
    • Certificación de meritos deportivos expedida pola federación española ou autonómica correspondente.
    • Volante de inscrición condicional (só para titulacións obtidas no estranxeiro).
    • Certificación academica en que conste o expediente academico e/ou depósito do título de tecnico deportivo alegado para o acceso.
    • Certificado do recoñecemento do grao de discapacidade se non foi emitido pola Xunta de Galicia ou, no caso de que fose emitido pola Xunta de Galicia, non se fose autorizado expresamente o órgano encargado da tramitación para a súa consulta.
  • As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se e o caso, emitidos e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.
    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
    A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non sexa autorizado o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.
  • Tal e como se establece no punto 2 do apartado II(adscrición para as probas), as persoas solicitantes da exención total ou parcial da realización da proba de madureza por ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, segundo o establecido no punto decimo da Orde do 24 de marzo de 2003, xuntarán o certificado correspondente onde conste a opción efectuada e a puntuación conseguida. A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador.
  • As persoas solicitantes que aleguen merito deportivo xuntarán algúns dos documentos acreditativos establecidos no punto 2, da correspondente modalidade ou especialidade, emitido polo órgano competente en materia deportiva. A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador.
  • O alumnado que deba realizar a proba de madureza farao constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar a dita proba, non será admitido na específica.
  • No caso dos/das aspirantes con discapacidade que soliciten adaptación nas probas de madureza e de carácter específico para o acceso ás ensinanzas deportivas, farano constar no punto correspondente da inscrición, e só deberán acreditar o grao de discapacidade mediante certificado, cando este non sexa emitido pola Xunta de Galicia ou no caso de que o interesado non autorice a súa consulta.
    Co obxecto de garantir a eficacia da formación e o posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ao título, o tribunal avaliará o grao de discapacidade e as limitacións que comporte para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas e, de ser o caso, adaptará os requisitos e as probas de acceso que deban superar as persoas aspirantes que, en todo caso, deberán respectar o esencial dos obxectivos fixados no Real decreto 1363/2007 e das ensinanzas mínimas da modalidade ou especialidade deportiva correspondente.
  • No caso de alegar titulacións obtidas no estranxeiro, achegarase volante de inscrición condicional, segundo o modelo recollido como anexo II na Orde ECD/3305/2002, do 16 de decembro, pola que se modifican as do 14 de marzo de 1988 e do 30 de abril de 1996, para a aplicación do disposto no Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria (BOE do 28 de decembro).
  • Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso, poderán presentarse á proba de madureza.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA

S.X. DE APRENDIZAXE PERMANENTE E ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL

SERVIZO DE ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL.
San Caetano, s/n - Bloque 2, 2º Andar
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981546511Fax: 981546551

Versión en formato PDF

Convocar as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2016/17.
Inscrición para as probas.
A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo VI, coa excepción dos aspirantes ás especialidade de Hípica, que se imparte no CPR Cemar Mondariz e no CPR Santa Apolonia e de Vela que se imparte no CPR Santa Apolonia, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos. Alternativamente tamén se poderán presentar por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e utilizarase o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es (código ED318A).
O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 21 de xullo de 2016. Para tal fin, os centros docentes deberán expor nos seus taboleiros de anuncios o seguinte:
a) Normativa reguladora da admisión do alumnado.
b) Calendario de publicación da relación de alumnado admitido, así como dos prazos para presentar reclamacións.
c) Calendario e normas para formalizar a matrícula.

Beneficiarios:

Alumnos que cumpran os requisitos establecidos no seguinte apartado.

Requisitos:

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos:
a) Dispor do título de graduado en educación secundaria obrigatoria na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puidesen establecer na especialidade ou modalidade correspondente, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos para efectos académicos:
- Bacharel ou equivalente.
- Técnico superior.
- Título universitario.
- Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, ou algún dos títulos establecidos no punto anterior, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder.
Tanto nun como noutro caso, a idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas.
c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Versión en formato PDF

ESTATAL

Real Decreto 1363/2007, de 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial (BOE nº 268, de 8 de novembro de 2007).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 24 de marzo de 2003 pola que se regulan as probas de madurez e de carácter específico para o acceso ás ensinanzas deportivas reguladas polo Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro (DOG nº 65 do 2 de abril de 2003).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Resolución do 20 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2016/17 (DOG nº 127 do 6 de xullo de 2016).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.