MR571A - Axudas destinadas ás explotacións porcinas que xestionaban os seus xurros no Centro Tecnolóxico Ambiental ata o seu peche.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas para subvencionar as actuacións de transporte e aplicación a campo ou por transporte a un centro de xestión de dexeccións gandeiras ou a un xestor autorizado de residuos, dos xurros das explotacións da Comunidade Autónoma de Galicia que se destinaban ás plantas de secado antes do seu peche, en réxime de rateo en virtude do establecido no artigo 19.3 da Lei 9/2013, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Poderán ser obxecto de financiamento as seguintes actividades:

Axudas destinadas a subvencionar o transporte temporal e aplicación dos xurros porcinos a que se refire o artigo 1 desta orde.

1. Poderanse transportar e aplicar como máximo os metros cúbicos e o seu equivalente en kg de nitróxeno que o gandeiro tiña contratado coa planta de secado de xurros. Este transporte poderase realizar desde a data de presentación da solicitude e como máximo ata o 31 de decembro de 2015.


2. A distancia mínima entre a explotación gandeira e a parcela onde se apliquen os xurros para que o transporte sexa unha actuación subvencionable deberá ser de 20 km e deberán ser parcelas que no momento de realizar a aplicación non se atopen incluídas en ningún plan de xestión de dexeccións gandeiras.

3. Poderanse transportar ata un centro de xestión de dexeccións ou a unha instalación de tratamento de residuos como máximo os metros cúbicos e o seu equivalente en kg de nitróxeno que o gandeiro tiña contratado coa planta de secado de xurros.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras, asociacións de defensa sanitaria, agrupacións de produtores, cooperativas, agrupacións de xestión de xurros, sociedades agrarias de transformación, comunidades de bens e outras entidades que sexan titulares dunha explotación porcina, e que en relación co transporte e aplicación dos xurros producidos na súa explotación entregasen os xurros xerados nela á planta de tratamento de secado antes do seu peche.

Requisitos

a) Non terán a consideración de empresa en crise. No caso de empresas intermedias, a consideración de empresa en crise efectuarase de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01), considerándose que unha empresa intermedia está en crise se concorre polo menos unha das circunstancias a que se fai referencia no punto 20, letras a), b), c) e d) das ditas directrices. Mentres que no caso das pequenas ou medianas empresas, aquelas que entren dentro da categoría de empresas en crise son as que concordan coa definición do artigo 2, número 18) do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.
b) Non poderán ser beneficiarias as persoas que se atopen nas circunstancias sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia. Esta condición poderá xustificarse nos termos sinalados no número 7 deste artigo.

c) Estar inscritas en estado de alta no rexistro de explotacións gandeiras previsto no artigo 3.3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, como explotación de produción e reprodución, así como dispor do correspondente libro de rexistro debidamente actualizado.
d) Achegar declaración responsable de que se cumpre a normativa sectorial mínima correspondente en materia de ordenación, benestar, identificación, sanidade animal, ambiente e hixiene.
e) Dispor das instalacións de almacenamento de xurros necesarias e de acordo coa normativa vixente, en particular co Real decreto 324/2000, do 3 de marzo, polo que se establecen normas básicas de ordenación de explotacións porcinas.
f) Cumprir os requisitos para a consideración de peme conforme o anexo I do Regulamento (CE) núm. 702/2014, da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado.
g) Achegar declaración do beneficiario sobre calquera outra axuda de minimis recibidas durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso (artigo 6.1 do Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro).
h) Achegar declaración doutras axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como pendentes de resolución (para os mesmos gastos subvencionables) das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO

15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546186 / 981540048

Fax: 981546892

Órgano responsable

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 1 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas destinadas ás explotacións porcinas que xestionaban os seus xurros no Centro Tecnolóxico Ambiental ata o seu peche e se convocan para o ano 2015 (DOG nº 70 do 15 de abril de 2015).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.