MR515C - Declaración censual anual de explotacións gandeiras. Cunícola.
Obxecto
Con fin de actualizar os censos das explotacións gandeiras, o artigo 4.3 do Real Decreto 479/2004, de 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, esixe que se comuniquen os censos das explotacións á autoridade competente ao menos unha vez ao ano, antes do 1 de marzo de cada ano, facendo referencia ao censo do ano anterior.
A quen vai dirixido?
Os titulares das explotacións cunícolas.
Requisitos
Requisitos segundo o Real Decreto 1547/2004, de 25 de xuño.
As explotacións cunícolas, con carácter xeral, deberán cumprir as condicións seguintes:
1. Condicións hixiénico sanitarias.
a) As explotacións cunícolas, a excepción dos matadoiros, contarán cun programa sanitario básico que presentarán para a súa aprobación pola correspondente autoridade competente. Este programa básico será supervisado na súa aplicación polo veterinario autorizado ou habilitado da explotación, o cambio do cal deberá ser comunicado polo gandeiro. O programa comprenderá as seguintes actuacións:
1. ª Programa de control, polo menos, fronte ás enfermidades infecto-contaxiosas establecidas no anexo I.
2. ª Programa de control fronte a parasitses externas e internas.
3. ª Programa de control fronte a enfermidades micóticas.
4. ª Código de boas prácticas de hixiene, con indicación das medidas de bioseguridade que se prevexa adoptar, incluíndo, entre outros: un programa de limpeza e desinfección, desinsectación e desratización e un programa de eliminación hixiénica de cadáveres e outros subprodutos animais non destinados ao consumo humano.
5. ª Formación básica en materia de bioseguridade e benestar animal axeitados para os operarios.
As actuacións 2. ª, 3. ª e 4. ª non serán de aplicación no caso dos matadoiros cunícolas.
b) No caso dos matadoiros cunícolas, o programa sanitario básico establecido no parágrafo a) deste apartado consistirá nun protocolo ou manual de actuacións fronte ás enfermidades contempladas no anexo I, aprobado pola autoridade competente e supervisado polo veterinario oficial, sen prexuízo do disposto no artigo 10 do Real Decreto 1543/1994, do 8 de xullo, polo que se establecen os requisitos sanitarios e de policía sanitaria aplicables á produción e á comercialización de carne de coello doméstico e de caza de granxa. Así mesmo, o titular do matadoiro garantirá a formación dos operarios en materia de:
1. ª Bioseguridade, sen prexuízo do establecido no Real Decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas aos produtos alimenticios, e no Real Decreto 202/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas aos manipuladores de alimentos, e
2. ª Benestar animal, de acordo co Real Decreto 54/1995, do 20 de xaneiro, sobre protección dos animais no momento do seu sacrificio ou matanza.
c) As explotacións cunícolas clasificaranse, para efectos sanitarios, segundo as categorías establecidos no anexo II. A cualificación sanitaria poderase solicitar ao órgano competente da comunidade autónoma na que radiquen, segundo os criterios establecidos no anexo II. Para os efectos deste real decreto, os matadoiros consideraranse como explotacións sen cualificación.
d) As explotacións de selección, multiplicación e os centros de inseminación artificial deberán estar cualificados polo menos como indemnes da enfermidade hemorráxica vírica e indemnes de mixomatoxe. Os animais que se empreguen para repoboacións no medio natural deberán proceder de explotacións cualificadas polo menos como indemnes de mixomatoxe e enfermidade hemorráxica vírica.
e) O movemento dos animais dunha explotación cunícola realizarase baseándose na súa cualificación sanitaria, segundo se establece no anexo II.
f) O manexo da explotación estará baseado nos principios de bioseguridade. Despois do traslado ou da saída de cada grupo de animais ou ao rematar cada ciclo de produción, deberá practicarse a limpeza e desinfección dos cubículos e material de produción (gaiolas, comedeiros, bebedoiros e niñeiros) e, cando sexa factible, o baleiro sanitario. As explotacións deberán dispoñer dun un sistema eficaz de control de visitas ou rexistro de visitas onde se anoten todas as que se produzan.
g) A información relativa aos tratamentos medicamentosos, incluídos os pensos medicamentosos e as pautas vacunales, manterase continuamente actualizada no correspondente libro de tratamentos de acordo ao establecido na normativa vixente.
h) Adoptaranse as medidas oportunas para garantir a correcta xestión dos animais mortos e outros subprodutos animais non destinados ao consumo humano, de acordo coa normativa vixente.
i) No suposto de que unha agrupación de defensa sanitaria gandeira cunícola comprenda, polo menos, o 60 por cento das explotacións situadas dentro da área xeográfica delimitada polas explotacións integrantes da devandita agrupación ou da área xeográfica previamente determinada para o efecto pola autoridade competente, todas as explotacións cunícolas da devandita área xeográfica, a excepción dos matadoiros, con independencia do censo que posúan, deberán levar a cabo o mesmo programa sanitario autorizado oficialmente para a agrupación de defensa sanitaria gandeira segundo o artigo do 4 do Real Decreto 1547/2004, de 25 de xuño.
j) Con relación ao benestar animal deberá cumprirse como mínimo o establecido no Real Decreto 348/2000, do 10 de marzo, polo que se incorpora ao ordenamento xurídico a Directiva 98/58/CE do Consello, do 20 de xullo de 1998, relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras; no Real Decreto 1041/1997, do 27 de xuño, polo que se establecen as normas relativas á protección dos animais durante o seu transporte, e no Real Decreto 54/1995, do 20 de xaneiro, sobre protección dos animais no momento do seu sacrificio ou matanza.
2. Condicións das construcións e instalacións.
a) A explotación situarase nunha área cercada, que a ille do exterior, e dispoñerá de sistemas efectivos que protexan os animais en todo momento, na medida do posible, do contacto con insectos e outros posibles vectores da transmisión de enfermidades.
b) A explotación deberá contar con instalacións e equipos adecuados nos seus accesos que aseguren unha limpeza e desinfección eficaz das rodas dos vehículos e do calzado dos operarios e visitantes. Aos visitantes deberáselles proporcionar vestiario axeitado de doada limpeza e desinfección ou dun só uso.
c) As gaiolas en que se transporten os animais serán de material facilmente limpiable e desinfectable, e cada vez que se utilicen serán limpadas e desifectadas antes de utilizalas de novo, ou ben serán dun só uso.
d) O deseño, ferramenta e equipos da explotación posibilitarán en todo momento a realización dunha eficaz limpeza e desinfección, desinsectación e desratización.
e) Para a xestión de estercos, as explotacións deberán dispoñer de foxa ou esterqueira impermeabilizadas, natural ou artificialmente, que eviten o risco de filtración e contaminación das augas superficiais e subterráneas, asegurando a recollida de lixiviacións e evitando os arrastres por auga de chuvia, con capacidade abondo para permitir a súa xestión axeitada.
f) Dispoñerán de lazareto ou medios axeitados para a observación e secuestro de animais enfermos ou sospeitosos de enfermidades contaxiosas. A corentena dos animais procedentes doutras explotacións poderá realizarse nestas instalacións, cando non estean ocupadas, previo baleiro sanitario e desinfección.
g) As explotacións instaladas con posterioridade á entrada en vigor deste real decreto deberán, ademais, estar deseñada para evitar a entrada de vehículos de abastecemento de pensos, carga e descarga de animais e de retirada de estercos e zurros e de animais mortos. Estas operacións deberán realizarse dende fóra da explotación.
h) Exímese do cumprimento deste apartado 2 aos matadoiros cunícolas, que se rexerán pola normativa específica que estableza os requisitos aplicables a estes en materia de construcións e instalacións.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Servizo de Sanidade Animal
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15771 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544782
Fax: 981545735
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Gandaría da Coruña
R/ VICENTE FERRER, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184565
Fax: 981184653
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Gandaría de Lugo
RONDA DA MURALLA,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294534
Fax: 982294425
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Gandaría de Ourense
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386525
Fax: 988386524
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Gandaría de Pontevedra
R/FERNÁNDEZ LADREDA, 43,2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206569
Fax: 886206590
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
Servizo de Sanidade Animal
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 22 de abril de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
Ámbito Estatal
Real Decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras (BOE nº 89 do 13 de abril de 2004).
Corrección de erros do Real Decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras (BOE nº 108 do 4 de maio de 2004).
Real Decreto 1547/2004, do 25 de xuño, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións cunícolas (BOE nº 154, do 26 de xuño de 2004).
Ler máis Ler menos
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres