IN421E - Axudas para proxectos de enerxías renovables. Biogas.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica

Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 14/12/2011 - 27/01/2012.

Desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG ata o día 27 de xaneiro de 2012, ambos inclusive.

Prazo de resolución: 5 meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • A solicitude de subvención será presentada segundo os modelos normalizados dos documentos anexos II e III ás presentes bases reguladoras. Non serán admitidas a trámite aquelas solicitudes en que non figuren cubertos os campos obrigatorios, sen prexuízo do disposto no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Á solicitude xuntarase a documentación que se relaciona no artigo seguinte.
    Os formularios de solicitude deberán ser obtidos, cubertos e validados polo solicitante a traves do enderezo http://www.inega.es. Estes modelos valerán tanto para presentación en papel, unha vez impresos, como para a presentación electrónica, que se describe máis adiante.
  • Documentación que deben achegar todos os solicitantes:
    • 1. Modelo de solicitude (anexo II ADM 00). Marcarase expresamente o procedemento correspondente ao concepto solicitado.
    • 2. Declaración responsable (anexo II ADM 01) referida aos seguintes aspectos:
      a) Non atoparse en ningunha das causas de prohibición para ser beneficiario das subvencións establecidas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
      b) Non atoparse en ningún dos supostos establecidos no artigo 1 do Regulamento (CE) núm. 1998/2006 (DOUE 28.12.2006) da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, ou do regulamento sectorial de minimis que resulte de aplicación.
    • 3. Declaración expresa doutras axudas (anexo II ADM 02).
      A solicitude da axuda leva consigo a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións expedidas polos organismos competentes que acrediten estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e a consellería competente en materia de economía e facenda.
      En caso de que o solicitante denegue expresamente a devandita autorización deberá, obrigatoriamente, presentar as certificacións coa solicitude. Non obstante o anterior, están exentos de achegar os xustificantes de cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social os beneficiarios das subvencións establecidos no artigo 49 da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 (DOG núm. 250, do 30 de decembro).
  • Especificacións segundo o tipo de solicitante:
    • 1. Particulares:
      Declaración expresa de que o obxecto da subvención non se destina nin se adscribe a unha actividade empresarial ou profesional (anexo II ADM 03).
    • 2. Autónomos:
      No suposto de que quen presente a solicitude se defina como profesional autónomo levará implícita a autorización ao órgano xestor para solicitar o certificado da AEAT en que se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas (IAE) en que figura dado de alta. No caso de que o solicitante denegue expresamente esta autorización deberá, obrigatoriamente, acreditar o dito aspecto achegando a documentación tributaria correspondente.
    • 3. Empresas:
      A solicitude da axuda leva consigo a autorización ao órgano xestor para solicitar ao Rexistro Mercantil toda a información das empresas solicitantes que sexa necesaria para a resolución do procedemento. Se non tivesen o domicilio social en Galicia, deberá acreditarse a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da comunidade autónoma. As entidades que non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente.
      Se se trata dunha empresa que teña contratada a xestión enerxetica, total ou parcialmente, dun inmoble ou instalación, deberase achegar ademais unha copia cotexada do contrato de servizos enerxeticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o que se solicita a axuda, así como a constancia por escrito do coñecemento por parte do titular ou titulares do inmoble ou instalación de que se solicita a subvención ao abeiro desta resolución de convocatoria.
    • 4. Administracións públicas:
      ? Certificación do acordo do órgano competente para solicitar a subvención, en que conste expresamente o compromiso de realizar a actividade para a que se pide, no caso de obtela.
      ? Certificación expedida pola Secretaría-Intervención ou informe da Intervención-Tesouraría en que se indique se o IVE derivado do gasto que supón executar a actuación que se subvenciona pode ou non ser repercutido, para efectos da súa posible consideración como concepto integrante do custo elixible.
    • 5. Entidades sen ánimo de lucro:
      ? Documentación que acredite a representación con que se actúa.
      ? Declaración expresa de que o obxecto da subvención non se destina nin se adscribe a unha actividade empresarial ou profesional (anexo II ADM 03).
    • 6. Agrupación de persoas físicas e xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica:
      ? Documentación que acredite a súa constitución.
      ? Documentación que acredite a representación con que se actúa.
      ? Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, indicando a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios (anexo II ADM 04).
  • Documentación tecnica. Consta de:
    • 1. Datos xerais do proxecto (anexo II TEC 01).
    • 2. Memoria tecnica en función do procedemento e concepto solicitado. Debese presentar unha documentación completa por cada proxecto para o que se solicita subvención (anexo III).
  • Memoria tecnica descritiva do proceso.
  • Fotografía de vista aerea en que se indique de forma apreciable a edificación onde se executará a instalación. Esta fotografía pode obterse no visor Sixpac, no enderezo da internet http://emediorural.xunta.es/visor5/, cunha escala de impresión 1:1000.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707Santiago de Compostela
Teléfono: 981541538Fax: 981541515

Versión en formato PDF

Esta resolución ten por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de enerxías renovables, tal e como aparecen definidos no anexo I de carácter técnico (Normas por tecnoloxía aplicada), que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no seu articulado e anexos.
Biogás/gasificación.
Instalacións subvencionables.
Produción de enerxía térmica e/ou eléctrica mediante o aproveitamento enerxético en procesos de gasificación de biomasa (grupos b.6 e b.8 do Real decreto 661/2007) ou en sistemas de aproveitamento do biogás producido por dixestión anaerobia de residuos biodegradables (grupo b.7.2), para instalacións de potencia eléctrica igual ou inferior a 500 kW.
Requisitos da instalación.
A potencia nominal das instalacións de xeración de electricidade será igual ou menor de 500 kW.
A memoria descritiva do proxecto especificará os seguintes aspectos:
- Análise da existencia de recurso e xustificación contractual de dispoñibilidade da biomasa empregada en cantidade e prezos de adquisición;
? Loxística para garantía de subministración á planta;
? Xustificación dos aproveitamentos da calor (no caso de coxeracións);
? Redución de emisións contaminantes nos terreos, augas e atmosfera;
? Xestión dos subprodutos do proceso;
? Estudo de viabilidade económico-financeira.
Investimentos subvencionables.
As partidas subvencionables corresponden aos sistemas de tratamento, manipulación e control de residuos, equipamentos do proceso de dixestión ou gasificación, equipamentos de tratamento e almacenamento do biogás e subprodutos, grupo de xeración eléctrica e térmica, recuperadores, así como a obra civil asociada, posta en marcha e enxeñería de proxecto.
Contía máxima da subvención.
A contía máxima da subvención non superará o 30% do investimento subvencionable.

Beneficiarios:

Persoas físicas, empresas, profesionais autónomos, entidades públicas, comunidades de veciños, mancomunidades de veciños, asociacións, cooperativas ou empresas xeradoras ou xestoras de residuos biodegradables.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Resolución do 1 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións a proxectos de enerxías renovables con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 (DOG nº 236 de 13 de decembro de 2011).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Resolución do 5 de setembro de 2012 pola que se amplía o prazo establecido para a presentación da xustificación por parte dos beneficiarios de subvencións outorgadas ao abeiro da Resolución do 1 de decembro de 2011, desta entidade, pola que se aprobaron as bases reguladoras e se anunciou a convocatoria anticipada de subvencións a proxectos de enerxías renovables con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 (DOG nº 174 do 12 de setembro de 2012).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.