IN690A - Habilitación - Modificación de entidades de certificación de conformidade municipal.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

O presente decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de comunicaciones comezará o día 29 de novembro de 2016.

Versión en formato PDF

  • Comunicación segundo o Anexo III.
  • Certificado da acreditación de cumprimento da norma UNE-EN ISO/IEC 17020 (entidades de tipo A).
  • Xustificante da constitución do seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 1.000.000 euros, que deberá incluír a actividade da entidade e dos seus profesionais. Na cobertura do seguro contratado incluiranse polo menos os factores de risco asociados ás actividades obxecto das funcións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade das instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.
  • Declaración do persoal tecnico directamente responsable das actuacións de certificación, verificación, inspección e control (anexo IV).
  • No caso de representación, documento que acredite a dita representación.
  • Escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a actividade da entidade, debidamente inscritos, de ser o caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • A presentación da comunicación previa realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Administración autonómica, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo, e no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das comunicacións previas será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica na normativa reguladora do procedemento administrativo.
  • As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido na normativa básica do procedemento administrativo común das administracións públicas.
    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
  • A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na normativa reguladora do procedemento administrativo, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
  • A sede electrónica da Administración autonómica ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa básica do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL

SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL
Edificio Administrativo San Caetano s/n,
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981545572Fax: 981957192

Versión en formato PDF

1. Este regulamento ten por obxecto establecer o réxime xurídico e o procedemento de intervención administrativa aplicables ao exercicio de actividades económicas e á apertura dos establecementos destinados a estas, e á organización e desenvolvemento de espectáculos públicos e actividades recreativas en cumprimento do mandato de desenvolvemento regulamentario contido na disposición derradeira sexta da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
2. Así mesmo, é obxecto deste regulamento o réxime xurídico das entidades de certificación de conformidade municipal, en execución da habilitación normativa contida na disposición derradeira sexta da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
Son entidades de certificación de conformidade municipal as entidades dotadas de personalidade xurídica e plena capacidade de obrar que, logo de cumpriren os requisitos establecidos neste título, desenvolven actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.

Beneficiarios:

Entidades dotadas de personalidade xurídica e plena capacidade de obrar.

Requisitos:

1. As entidades que desexen actuar como entidades de certificación de conformidade municipal deben ter personalidade xurídica e plena capacidade de obrar segundo as normas do ordenamento xurídico que lles resulten de aplicación.
2. Así mesmo, deben dispoñer dos recursos humanos, materiais e financeiros necesarios para realizar as actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.
Presumirase que dispoñen dos devanditos recursos se xustifican o cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Contar cunha acreditación como entidade de inspección tipo A conforme a norma UNE-EN ISO/IEC 17020 para as actividades de avaliación. Os organismos que vaian levar a cabo a actividade de control deberán obter a acreditación da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC), organismo nacional de acreditación designado en virtude do Real decreto 1715/2010, do 17 de decembro, polo que se designa a Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) como organismo nacional de acreditación de acordo co establecido no Regulamento (CE) nº 765/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 9 de xullo de 2008, polo que se establecen os requisitos de acreditación e vixilancia do mercado relativos á comercialización dos produtos e polo que se derroga o Regulamento (CEE) nº 339/1993.
b) Ter constituído como garantía patrimonial un seguro de responsabilidade civil de 1.000.000 ?, de acordo coa lexislación aplicable, que deberá incluír a actividade da entidade e dos seus profesionais. Na cobertura do seguro contratado incluiranse, polo menos, todos os factores de risco asociados ás actividades obxecto das funcións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.
Esta cantidade poderá actualizarse anualmente por orde da consellería competente en materia de seguridade industrial.
c) Que o persoal técnico directamente responsable das actuación de certificación, verificación, inspección e control estea en posesión das titulacións universitarias oficiais de grao ou, de ser o caso, máster, en Arquitectura, Enxeñaría e Dereito, ou os seus equivalentes no sistema anterior de titulacións universitarias.
d) As actividades da entidade e do seu persoal son incompatibles con calquera vinculación técnica, comercial, financeira ou de calquera outro tipo que poida afectar a súa independencia e influenciar o resultado das súas actividades.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Corrección de erros. Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2014).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Corrección de erros. Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (DOG nº 88 do 9 de maio de 2014).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (DOG nº 247 do 27 de decembro de 2013).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos (DOG nº 213 do 9 de novembro de 2016).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.