ED319B - Homologación de diplomas federativos de fútbol e fútbol sala cos títulos de ensinanzas deportivas de réxime especial en fútbol e fútbol sala.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Regular para o ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia o procedemento para a obtención individual do recoñecemento establecido pola Orde EDU/216/2011, do 8 de febreiro, dos diplomas federativos nas modalidades de fútbol ou fútbol sala de: adestrador/a nacional, adestrador/a rexional, instrutor/a base ou instrutor/a de xuvenís, acadados pola realización de formacións con carácter meramente federativo.

A quen vai dirixido?

Quen superase a formación deportiva federativa en fútbol ou fútbol sala, levada a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia entre o 15 de xullo de 1999 e o 9 de novembro de 2007, recoñecida mediante Resolución do 7 de abril de 2011, da presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se outorga o recoñecemento a determinadas formacións deportivas federativas impartidas pola Real Federación de Fútbol e as federacións territoriais entre 1999 e 2007 (BOE do 25 de abril), poderán solicitar as seguintes homologacións:

- Homologación do diploma federativo de adestrador/a rexional de fútbol ou fútbol sala, co título de técnico deportivo superior en fútbol ou en fútbol sala.

- Homologación do diploma federativo de adestrador/a nacional de fútbol ou fútbol sala, co título de técnico deportivo superior en fútbol ou en fútbol sala.

Requisitos

Homologación do diploma federativo de adestrador/a rexional de fútbol ou fútbol sala.

Quen desexe obter a homologación do diploma federativo de técnico deportivo en fútbol ou fútbol sala co título de técnico deportivo en fútbol ou fútbol sala deberá reunir os seguintes requisitos:
a) Acreditar a condición de adestrador/a rexional de fútbol ou fútbol sala segundo o modelo establecido no anexo II da presente orde.
b) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou equivalente para efectos académicos, ou acreditar calquera das condicións a que se refire o punto 1 da disposición adicional décimo segunda do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

c) Superar a proba de conxunto de grao medio establecida no capítulo IV desta orde, cuxa superación dará dereito á expedición do correspondente certificado segundo o modelo establecido no anexo V da presente orde.

Homologación do diploma federativo de adestrador/a nacional de fútbol ou fútbol sala.

Quen desexe obter a homologación do diploma federativo de adestrador/a nacional de fútbol o fútbol sala co título de técnico deportivo superior en fútbol ou fútbol sala deberá reunir os seguintes requisitos:
a) Acreditar a condición de adestrador/a nacional de fútbol ou fútbol sala segundo o modelo establecido no anexo II da presente orde.
b) Estar en posesión do título de Bacharel establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou equivalente para efectos académicos, ou acreditar calquera das condicións a que se refire o punto 2 da disposición adicional décimo segunda do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.
c) Superar a proba de conxunto de grao superior establecida no capítulo IV desta orde, cuxa superación dará dereito á expedición do correspondente certificado segundo o modelo establecido no anexo V da presente orde.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

S.X. DE APRENDIZAXE PERMANENTE E ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL

SERVIZO DE ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL.

San Caetano, s/n - Bloque 2, 2º Andar

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546511

Fax: 981546551

Órgano responsable

SERVIZO DE ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL.

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 27 de xuño de 2014 pola que se regula para a Comunidade Autónoma de Galicia o procedemento de recoñecemento das formacións de adestradores/as deportivos/as na modalidade de fútbol, realizadas entre o 15 de xullo de 1999 e o 9 de novembro de 2007 (DOG nº 129 do 9 de xullo de 2014).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Orde do 27 de xuño de 2014 pola que se regula para a Comunidade Autónoma de Galicia o procedemento de recoñecemento das formacións de adestradores/as deportivos/as na modalidade de fútbol, realizadas entre o 15 de xullo de 1999 e o 9 de novembro de 2007 (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2014).

Ligazón á normativa

Resolución do 27 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se abre un novo prazo de presentación de solicitudes para concorrer ás probas de conxunto establecidas na Orde do 27 de xuño de 2014, corrixida no Diario Oficial de Galicia do 20 de outubro, e se nomean os membros do tribunal que actuará nos procedementos de recoñecemento das formacións de adestradores/as deportivos/as nas modalidades de fútbol e fútbol sala (DOG nº 86 do 8 de maio de 2015).

Ligazón á normativa

Resolución do 29 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se abre un novo prazo de presentación de solicitudes para concorrer ás probas de conxunto establecidas na Orde do 27 de xuño de 2014, corrixida no Diario Oficial de Galicia do 20 de outubro, e se nomean os membros do tribunal que actuará nos procedementos de recoñecemento das formacións de adestradores/as deportivos/as nas modalidades de fútbol e fútbol sala (DOG nº 216 do 12 de novembro de 2015).

Ligazón á normativa

Ámbito Estatal

Orde EDU/216/2011, do 8 de febreiro, pola que se establece o procedemento de recoñecemento das formacións de adestradores deportivos nas modalidades de fútbol e fútbol sala (BOE nº 36 do 11 de febreiro de 2011).

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.