ED515B - Solicitude de exención do módulo de formación práctica en empresa, estudio ou taller (FPEET) pola correspondencia coa práctica laboral
Forma presentación
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos da solicitude
Prazo de presentación: Aberto todo o ano.
Durante os primeiros quince días do comezo do ciclo formativo correspondente.
- Solicitude normalizada
- Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboral á que estivera afiliado, onde conste a empresa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de contratación ou, se e o caso, o período de cotización no rexime especial de traballadores autónomos, ou calquera outro medio de proba admitido en dereito.
- Certificación da empresa onde adquirira a experiencia laboral, en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que realizou a dita actividade. No caso de traballadores por conta propia, certificación de alta no imposto de actividades económicas (IAE) e xustificantes de pagamento do dito imposto. A certificación da empresa substituirase por unha declaración do propio interesado acompañada de canta outra documentación de apoio á súa solicitude considere oportuna.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA
S.X. DE APRENDIZAXE PERMANENTE E ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL
SERVIZO DE ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL.
San Caetano, s/n - Bloque 2, 2º Andar
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981546511Fax: 981546551
A organización, a avaliación e a acreditación académica do alumnado que curse ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño nos centros docentes públicos e privados que estean autorizados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral determinados módulos cando así o dispoñan os decretos en que se establecen os respectivos currículos para a comunidade autónoma.
Así mesmo, a fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres é susceptible de exención a partir da experiencia laboral no campo profesional directamente relacionado co ciclo formativo que se vai cursar.
Beneficiarios:
Alumnado que desexe solicitar a exención do módulo de formación práctica en empresa, estudio ou taller (FPEET) pola correspondencia coa práctica laboral.
Requisitos:
-Acreditar unha experiencia laboral de, cando menos, doce meses no mesmo campo profesional directamente relacionado co ciclo formativo que se vai cursar.
Recoñecerase a correspondencia entre os módulos ou a formación práctica en empresa, estudio ou taller dos ciclos formativos de formación específica de artes plásticas e deseño e a práctica laboral cando se cumpran as seguintes condicións:
a) A acreditación polo interesado de experiencia laboral relacionada cos módulos ou a formación práctica en empresa, estudio ou taller dos que se solicita a correspondencia ou exención. Para isto, realizarase a comprobación, mediante os requisitos obxectivos e documentais, de maneira que a experiencia laboral se corresponda cos estudos profesionais obxecto da dita solicitude. O titor ou a titora do ciclo realizará un informe de cada unha das solicitudes presentadas, sobre a idoneidade das actividades desenvolvidas, contrastando a documentación achegada pola persoa solicitante coas capacidades terminais que se deben acadar segundo o caso. Para elaborar o informe reunirá a información precisa do profesor ou profesora que imparta o módulo para o que se solicita validación.
b) No caso de informe favorable, a persoa que solicita a correspondencia de módulos coa práctica laboral terá que superar unha proba que permita evidenciar a competencia profesional establecida nos obxectivos de cada módulo que se solicita. A exención da formación práctica en empresa, estudio ou taller coa práctica laboral non precisa desta proba. A proba tomará como elementos de referencia as capacidades terminais cos seus respectivos criterios de avaliación expresados no módulo e, con carácter orientativo, aquelas capacidades profesionais do perfil do currículo relacionadas coas ditas capacidades terminais, para medir o seu grao de consecución, en función da experiencia laboral do solicitante. Esta proba realizaraa unha comisión constituída por tres membros, presidida polo director ou directora do centro educativo e da que formarán parte o titor ou titora do ciclo e o profesor ou profesora do módulo correspondente.
AUTONÓMICA
Orde do 1 de decembro de 2008, pola que se regula a pola que se regula a organización, a avaliación e a acreditación académica das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 238 do 9 de decembro de 2008).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres