IN643B - Inscrición/modificación/baixa na sección 1ª "estacións de servizo" no rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Será de aplicación ás instalacións en que se desenvolva a actividade da distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos situadas no ámbito de Galicia e que se inclúan no seguinte epígrafe:

- Instalacións de subministración de carburantes e combustibles petrolíferos a vehículos en instalacións habilitadas para o efecto, tales como estacións de servizo e unidades de subministración.

A quen vai dirixido?

Persoa física ou entidade xurídica encargada da súa explotación.

Requisitos

A inscrición neste rexistro será condición necesaria para a posta en funcionamento das instalacións, sen prexuízo doutras inscricións e/ou autorizacións que sexan necesarias de acordo coa lexislación vixente.

Os titulares das instalacións serán responsables do seu mantemento en correcto estado de funcionamento, así como de que cumpren os requisitos técnicos e de seguridade que as afecten, sen prexuízo da lexislación de protección do ambiente aplicable.

Os titulares das instalacións obxecto de inscrición terán a obriga de comunicar cantas modificacións se produzan nos datos achegados con posterioridade á súa inscrición, no prazo dun mes desde que se produzan, sendo responsables da veracidade dos mesmos datos.


No caso en que os titulares das instalacións que fosen obxecto de inscrición neste rexistro teñan decidido dalas de baixa, estarán obrigados a deixar fóra de servizo toda a instalación, incluíndo os tanques de almacenamento de produtos petrolíferos líquidos, segundo os procedementos recollidos na lexislación de aplicación, e a comunicalo ao rexistro no prazo dun mes mediante a correspondente solicitude de baixa.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

Servizo de Ordenación e Coordinación

Edificio Administrativo San Caetano, s/n bloque 5, 4ª planta

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981957185

Fax: 981545515

Órgano responsable

Servizo de Ordenación e Coordinación

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 24 de maio de 2006, polo que se crea e se regula o rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de productos petrolíferos líquidos (DOG nº 114 do 15 de xuño de 2006).

Ligazón á normativa

Decreto 45/2015, do 26 de marzo, polo que se regula o procedemento integrado para a implantación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos, a súa posta en funcionamento e se determinan os órganos competentes para o exercicio da potestade sancionadora en materia de hidrocarburos (DOG nº 68 do 13 de abril de 2015).

Ligazón á normativa

Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

Ligazón á normativa

Resolución do 20 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se modifica o procedemento IN643B de inscrición/modificación/baixa na Sección I. Estacións de servizo do Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos (DOG nº 66 do 5 de abril de 2018).

Ligazón á normativa

Ámbito Estatal

Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos (BOE nº 241 do 8 de outubro de 1998).

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.