IN422E - Axuda do Plan Renove de caldeiras de Alta Eficiencia.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica

Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 27/07/2015 - 30/10/2015.

As solicitudes de axuda poderán efectuarse a partir dos 25 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente plan ata a finalización do prazo da xustificación ou ata que se esgote o crédito.

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Solicitude segundo o Anexo III desta orde, acompañada da seguinte documentación:
  • Documentación adicional obrigatoria para persoas físicas:
    • Copia da Escritura da vivenda a nome do solicitante, ou recibo do imposto de bens inmobles (IBI) a nome do solicitante.
    • Copia do DNI ou NIE, da persoa solicitante, no caso de non autorizar a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade.
    • Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f das bases reguladoras da orde.
    • Anexo IV de ser o caso.
  • Documentación adicional obrigatoria para agrupacións de persoas físicas:
    • Copia do documento que acredite a constitución da agrupación.
    • Copia do nomeamento do representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.
    • Documento en que consten os compromisos de execución asumidos, así como o importe da subvención que se aplicará a cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios (Anexo V).
    • Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f das bases reguladoras da orde.
    • Anexo IV de ser o caso.
  • Documentación adicional obrigatoria para comunidades de vecinos:
    • Copia da acta de constitución da comunidade de propietarios coa relación de propietarios e a determinación da cota de participación respectiva.
    • Copia da Certificación do acordo adoptado pola maioría legalmente establecida pola correspondente comunidade de propietarios aceptando as bases da convocatoria, comprometendose á execución das respectivas obras e facultando o presidente ou administrador de predios para formular a solicitude de subvención.
    • Copia do acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este extremo, ou certificación do administrador de predios que xestione a comunidade.
    • Anexo V debidamente cumprimentado.
    • Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f das bases reguladoras da orde.
    • Anexo IV de ser o caso.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , ou ben desde as páxinas web: https://entidadescolaboradoras.xunta.es , https://planrenovecaldeiras.xunta.es , de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel (orixinal ou copia compulsada) en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA

SERVIZO DE ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA
Edificio Advo. San Caetano, s/n - bloque 5 - 4ª planta
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981957185 / 881999431Fax: 981545515
Email: cei.dxem.axudasenerxía@xunta.es
Información web: http://economiaeindustria.xunta.es

Versión en formato PDF

A presente orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía e Industria destinadas a promover a instalación de caldeiras de alta eficiencia enerxética de gas natural, GLP ou biomasa de potencia térmica maior ou igual a 5 kW para a produción de auga quente sanitaria e/ou calefacción en substitución de caldeiras de baixa eficiencia enerxética situadas en vivendas particulares e comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007.
A concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario, e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración deberá publicar no Diario Oficial de Galicia e tamén na páxina web da DXEM a devandita circunstancia, o que levará consigo a non admisión das solicitudes posteriores.
Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas
1. Terán a consideración de investimentos subvencionables:
- O custo da caldeira de gas natural, GLP ou biomasa.
- O custo do conduto de evacuación dos produtos da combustión.
- Os gastos derivados da montaxe e conexión dos equipamentos.
No referente ás caldeiras de biomasa, serán considerados investimentos subvencionables ademais dos mencionados anteriormente, o custo do equipamento que permita o seu adecuado funcionamento e dos sistemas de almacenamento e alimentación de combustible. Non se considerarán subvencionables, en ningún caso, as estufas de aire, cociñas calefactoras e xeradores de aire quente.
As solicitudes efectuadas por propietarios de vivendas particulares non poderán coonsiderar a instalación de caldeiras de máis de 70 kW de potencia térmica nominal.
Non se admitirá a substitución dunha caldeira colectiva ou centralizada que de servizo a varias vivendas por caldeiras individuais situadas en cada unha das vivendas do mesmo edificio.
A contía da axuda calcularase en función do equipamento que se prevé instalar, da potencia térmica nominal de este e do titular da instalación tendo como límites máximos en calquera caso os recollidos nas seguintes táboas. A intensidade máxima da axuda non superará o 30 % do investimento subvencionable, elevándose esta porcentaxe nun 10 % se a caldeira que se prevé substituír ten como combustible gasoil.
Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.
Non se considerarán subvencionables:
- Os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento.
- Os gastos realizados en bens usados.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día seguinte da reserva de fondos e o derradeiro día do prazo de xustificación.
O IVE (imposto sobre o valor engadido) será subvencionable para o cal será necesario realizar unha declaración responsable (opción establecida na solicitude-anexo III) indicando que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional.
Soamente se admitirá unha solicitude de axuda por solicitante e unha única actuación por solicitude.
En ningún caso, o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.
O plan entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2015.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas de dereito privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 desta orde se realice en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.
Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola DXEM no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

Requisitos:

Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo do disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as seguintes:
a) As descritas no artigo 5, letras a), b), c) e d) desta orde, obrigas comúns ás entidades colaboradoras.
b) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención.
c) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.
d) Acreditar ante a entidade colaboradora, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma, no caso de non autorizar a súa consulta.
e) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data de xustificación establecida no artigo 19. O pagamento corresponderá ao investimento total da renovación descontando a axuda outorgada pola CEI. Este pagamento debe estar debidamente xustificado mediante xustificante bancario, tal e como establece o artigo 19.3 destas bases.
f) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, preste ou subministren ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que haberá de achegarse coa solicitude de subvención, se realizará conforme a criterios de eficiencia y economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
g) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención, así como colaborar e achegar a documentación á entidade colaboradora.
h) Xustificar, no prazo establecido no artigo 19, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención.
i) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
j) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
k) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
l) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 14 de outubro de 2015 pola que se modifica a Orde do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan renove de caldeiras de alta eficiencia, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 201 do 21 de outubro de 2015).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan renove de caldeiras de alta eficiencia, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 119 do 26 de xuño de 2015).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 17 de agosto de 2015 pola que se modifica a do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan renove de caldeiras de alta eficiencia, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 163 do 27 de agosto de 2015)

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.