PR100A - Acceso á información pública.
Obxecto
A orde do 3 de marzo de 2016 ten por obxecto aprobar o modelo normalizado de solicitude de acceso á información pública da Administración xeral e das entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia, de acordo cos requisitos mínimos establecidos no artigo 17 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e no artigo 26 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Lugar de presentación segundo o artigo 2 da mencionada orde:
1. As solicitudes de información deberán dirixirse ao titular do órgano administrativo ou entidade que posúa a información, segundo o modelo do anexo I da presente orde.
2. As devanditas solicitudes deberán presentarse na Secretaría Xeral da Presidencia e nas secretarías xerais técnicas das respectivas consellerías, segundo a materia obxecto da solicitude, que serán as encargadas de remitilas, se é o caso, aos órganos competentes para a súa tramitación e resolución, previstos no artigo 27.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
3. A presentación será preferiblemente por vía electrónica a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es Para a presentación electrónica das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia así como mediante a Chave concertada 365, na dirección https://sede.xunta.es/chave365.
4. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. De acordo co establecido no artigo 26.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información. Non obstante, poderá expoñer os motivos polos cales solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución. Non obstante, a ausencia de motivación non será por si soa causa de rexeitamento da solicitude.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Persoas físicas e xurídicas.
Requisitos
Requisitos segundo o artigo 26 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno:
1. O procedemento para o exercicio do dereito de acceso iniciarase coa presentación da correspondente solicitude, que deberá dirixirse á persoa titular do órgano administrativo ou da entidade que posúa a información. Cando se trate de información en posesión de persoas físicas ou xurídicas que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, a solicitude dirixirase á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 desta Lei aos cales estean vinculadas.
2. A persoa solicitante ten dereito a recibir orientación e asesoramento para o exercicio deste dereito a través do Sistema integrado de atención á cidadanía regulado na Lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración.
3. Para fomentar a presentación das solicitudes por vía electrónica, a Administración ofrecerá á cidadanía, a través do Portal de transparencia e Goberno aberto de Galicia, modelos normalizados de solicitude e a posibilidade de envío á Administración pública requirida, sen prexuízo das posibilidades que cada unha delas poida ofrecer na súa páxina web propia.
Requisitos segundo o artigo 17 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo gobernó:
1. O procedemento para o exercicio do dereito de acceso iniciarase coa presentación da correspondente solicitude, que deberá dirixirse ao titular do órgano administrativo ou entidade que posúa a información. Cando se trate de información en posesión de persoas físicas ou xurídicas que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, a solicitude dirixirase á Administración, organismo ou entidade das previstas no artigo 2.1 ás que se atopen vinculadas.
2. A solicitude poderá presentarse por calquera medio que permita ter constancia de:
a) A identidade do solicitante.
b) A información que se solicita.
c) Unha dirección de contacto, preferentemente electrónica, a efectos de comunicacións.
d) No seu caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada.
3. O solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información. Con todo, poderá expoñer os motivos polos que solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución. Con todo, a ausencia de motivación non será por se soa causa de rexeitamento da solicitude.
4. Os solicitantes de información poderán dirixirse ás Administracións Públicas en calquera das linguas cooficiais do Estado no territorio no que radique a Administración en cuestión.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
Secretaría Xeral da Presidencia
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541283
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545201
CONSELLERÍA DE FACENDA
SECRETARÍA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO DA CONSELLERÍA DE FACENDA
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544121
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Edificios Administrativos - San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995347
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544312
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Edificios Administrativos - San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545532 / 981545533
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544416 / 981544417
CONSELLERÍA DE SANIDADE
SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE SANIDADE
Edificios Administrativos - San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881542726 / 881542727
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544699
Consellería do Medio Rural
Secretaría Xeral Técnica
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544718
CONSELLERÍA DO MAR
SECRETARÍA XERAL TÉCNICA
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544038 / 981995339
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
DIRECCIÓN XERAL DE AVALIACIÓN E REFORMA ADMINISTRATIVA
Normativa
Ámbito Autonómico
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).
Orde do 3 de marzo de 2016 pola que se aproba o modelo normalizado de solicitude de acceso á información pública da Administración xeral e das entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 44 do 4 de marzo de 2016).
Corrección de erros. Orde do 3 de marzo de 2016 pola que se aproba o modelo normalizado de solicitude de acceso á información pública da Administración xeral e das entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 95 do 20 de maio de 2016).
Ámbito Estatal
Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (BOE nº 295, do 10 de decembro de 2013).
Ler máis Ler menos
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres