IN422D - Adhesión ao Plan Renove de caldeiras de Alta Eficiencia.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

A presente orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía e Industria destinadas a promover a instalación de caldeiras de alta eficiencia enerxética de gas natural, GLP ou biomasa de potencia térmica maior ou igual a 5 kW para a produción de auga quente sanitaria e/ou calefacción en substitución de caldeiras de baixa eficiencia enerxética situadas en vivendas particulares e comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

O plan entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2015.

Entidades colaboradoras.

1. As entidades colaboradoras actuarán de enlace entre os solicitantes das axudas e a DXEM. Serán as encargadas da venda, da promoción, da substitución e da instalación dos equipamentos indicados no artigo 2 desta orde.


Na súa relación ca DXEM, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
- Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda.
- Realización ante a DXEM dos trámites para solicitar a axuda.
- Desenvolvemento das accións vinculadas ao plan.
- Xustificación da axuda e a súa certificación ante a DXEM.

Para os efectos desta orde, poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen no artigo 5.

Será preciso que estas entidades sexan empresas instaladoras de instalacións térmicas en edificios.

Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e a DXEM. As características técnicas exixibles poderán consultarse na páxina web da DXEM (www.xunta.es).

Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos no artigo 5 e que o soliciten nos prazos que se indican no artigo 6 desta orde, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas das sinaladas no punto 2 do artigo 5 desta orde, nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.

As entidades colaboradoras seleccionaranse de acordo co procedemento que se establece no artigo 6 destas bases, con suxeición á normativa que resulte de aplicación.

De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e a CEI, en que se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, que figuran no anexo II desta orde. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.

As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:
a) Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda a través da aplicación informática que se habilite para o efecto. Vender no marco da iniciativa só os produtos que cumpran coas condicións establecidas nas bases.
b) Instalar a caldeira de gas natural, GLP ou biomasa dentro do prazo de 150 días hábiles desde o día seguinte ao da solicitude de reserva de fondos, e nunca máis alá do 30 de outubro 2015.
c) Aplicar os descontos correspondentes á subvención conforme o establecido nas bases.
d) Facilitar canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.
e) Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do plan.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas de dereito privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 se realice en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.

Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola DXEM no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

Requisitos

a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica así como coa Seguridade Social.
b) Someterse ás actuacións de inspección e control que a CEI poida efectuar respecto da xestión destas axudas, e que permitan a xustificación financeira perante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e o Tribunal de Contas, así como as comprobacións previstas na lexislación do Consello de Contas, de acordo co establecido na liña d) do artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Dar a adecuada publicidade do carácter público do cofinanciamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o cofinanciamento pola Xunta de Galicia a través da CEI.
d) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada durante un período de cinco anos desde a súa concesión, e deberán restituír as cantidades percibidas nos casos en que concorra causa de reintegro.

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA

SERVIZO DE ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA

Edificio Advo. San Caetano, s/n - bloque 5 - 4ª planta

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981957185 / 881999431

Fax: 981545515

Email: cei.dxem.axudasenerxía@xunta.es

http://economiaeindustria.xunta.es

Órgano responsable

SERVIZO DE ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan renove de caldeiras de alta eficiencia, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 119 do 26 de xuño de 2015).

Ligazón á normativa

Orde do 17 de agosto de 2015 pola que se modifica a do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan renove de caldeiras de alta eficiencia, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 163 do 27 de agosto de 2015)

Ligazón á normativa

Orde do 14 de outubro de 2015 pola que se modifica a Orde do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan renove de caldeiras de alta eficiencia, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 201 do 21 de outubro de 2015).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.