MR237D - Cumprimento das condicións específicas da eliminación mediante degradación in situ de cadáveres equinos mortos nos pastos.
Obxecto
Este decreto ten como obxecto autorizar, en condicións que garantan a protección da saúde pública, a sanidade animal e o ambiente e consonte o disposto no artigo 16 do Real decreto 1528/2012, do 8 de novembro, polo que se establecen as normas aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano, a seguinte actuación:
- A eliminación, baixo supervisión oficial, mediante degradación in situ, de cadáveres de animais equinos explotados en liberdade mortos nos pastos.
A quen vai dirixido?
- Propietarios ou operadores que presten servizo de enterramento de animais de compañía.
- Titulares de explotacións gandeiras equinas ou apícolas.
Requisitos
- Requisitos xerais dos enterramentos dos cadáveres e SANDACH:
1. Os enterramentos realizaranse de forma que se evite a contaminación das capas freáticas e dos acuíferos e, en todo caso, deberán gardar unha distancia mínima de 250 metros desde calquera captación de auga potable e 50 metros desde calquera curso de auga.
2. Os enterramentos realizaranse de forma que se eviten outros riscos para a saúde pública ou a sanidade animal, mesmo polos ruídos ou olores.
3. Os enterramentos deberán realizarse de forma e coa profundidade que garanta que os animais preeiros, oportunistas ou as pragas non poidan acceder a eles e non se expoñan outros riscos engadidos para a saúde pública e/ou para a sanidade animal.
4. Os cadáveres ou subprodutos na fosa, antes de seren enterrados, deberán ser cubertos ou impregnados cun desinfectante apropiado, como pode ser o cal vivo, distribuído uniformemente entre capa e capa de subproduto.
5. Nos enterramentos evitaranse, así mesmo, danos ou alteracións ao ambiente natural, en concreto, riscos para a auga, o aire e o solo á biota, aos elementos xeomorfolóxicos e elementos de significación patrimonial, cultural ou histórica.
- Requisitos específicos dos enterramentos dos équidos e dos SANDACH apícolas mortos ou xerados nas explotacións gandeiras:
1. Os enterramentos deberanse realizar na propia explotación, en terreos da súa propiedade ou en terreos alleos, pero respecto dos que se posúa un título que o permita, preferiblemente no lugar onde se atope o cadáver ou SANDACH ou, de ser o caso, nos puntos máis próximos posibles ao dito lugar e, levaranse a cabo nun prazo máximo de 48 horas desde a morte do animal ou o momento en que se atopou.
2. Os enterramentos realizaranse de forma que se eviten outros riscos para a saúde pública ou a sanidade animal e especificamente:
a) A unha distancia mínima de 100 metros doutras explotacións gandeiras e de vivendas alleas.
b) Separados claramente da zona de estabulación dos animais da explotación, así como do almacén de alimentos e doutros lugares da explotación cuxa proximidade no momento do enterramento poida xerar calquera risco para a saúde humana e/ou para a sanidade animal.
- Requisitos específicos dos enterramentos de cadáveres de animais de compañía:
1. As persoas propietarias dos animais de compañía poderán enterralos en terreos da súa propiedade ou en terreos alleos, pero respecto dos que se posúa un título que o permita.
2. Os operadores que presten un servizo de enterramento de animais de compañía a terceiros asegurarán:
a) Que os enterramentos se realizan nos lugares e establecementos expresamente autorizados polo concello correspondente.
b) Que as fosas son estancas e que, unha vez completa a súa capacidade, son seladas de forma adecuada.
- Requisitos específicos da eliminación mediante degradación in situ de cadáveres de equinos mortos nos pastos:
1. As persoas titulares ou representantes das explotacións equinas extensivas en liberdade poderán eliminar, baixo supervisión oficial, mediante degradación in situ, os cadáveres de animais equinos, destas explotacións, mortos nos pastos sempre que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) Os cadáveres se atopen nunha zona de acceso practicamente imposible.
b) Polas características da zona, se corran riscos para a saúde e a seguridade do persoal que leve a cabo a recollida.
c) Que a súa recollida implicase o uso de medios desproporcionados.
2. Así mesmo, os cadáveres deberan estar situados a unha distancia mínima de 100 metros doutras explotacións gandeiras e de vivendas alleas. Porén, nos pastos de uso común, non se considera a existencia doutras explotacións gandeiras.
3. A acreditación destas circunstancias levarase a cabo mediante a presentación dunha declaración responsable cos contidos mínimos previstos no anexo I deste decreto.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras
Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546187
Fax: 981546798
Órgano responsable
Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras
Normativa
Ámbito Autonómico
Decreto 72/2016, do 9 de xuño, polo que se autorizan e se regulan determinados sistemas de eliminación de subprodutos animais non destinados ao consumo humano en Galicia e se concretan determinados aspectos sanitarios das explotacións porcinas (DOG nº 118 do 22 de xuño de 2016).
Ccorrección de erros. Decreto 72/2016, do 9 de xuño, polo que se autorizan e se regulan determinados sistemas de eliminación de subprodutos animais non destinados ao consumo humano en Galicia e se concretan determinados aspectos sanitarios das explotacións porcinas (DOG nº 124 do 1 de xullo de 2016).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres