TR357D - Liña III: Axudas á conciliación da vida laboral, familiar e persoal.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras, para o ano 2019, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas con traballadores a cargo, para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Liña III: Conciliación da vida laboral, familiar e persoal (TR357D) que, pola súa vez, comprende tres subliñas:
Subliña 1. Incentivos económicos para o fomento do teletraballo
Contía dos incentivos.
As axudas consistirán nun incentivo de 3.000 euros por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 12.000 euros por empresa.
O incentivo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina é polo menos igual á masculina. Este incremento non será aplicable a aquelas empresas que xa o obtiveran noutras convocatorias.
Subliña 2. Incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria.
Contía dos incentivos.
As axudas consistirán nun incentivo de 3.000 euros por persoa traballadora beneficiada, co límite máximo de 12.000 euros por empresa.
O incentivo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina é polo menos igual á masculina.
Subliña 3. Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.
Actividades subvencionables.
1. Terán a consideración de actividades subvencionables os gastos efectivamente satisfeitos e desglosados, e conforme aos prezos do mercado, sen incluír o IVE, derivados dos investimentos realizados pola/s empresa/s de xeito individual ou mancomunadamente.
2. Só se subvencionarán os gastos que se consideren imprescindibles para o axeitado funcionamento das instalacións habilitadas.
3. Nas instalacións subvencionadas teranse en conta as necesidades das persoas traballadoras con discapacidade e con necesidades específicas, debendo recoller tal circunstancia na memoria das actuacións.
Contía das axudas.
1. As axudas consistirán nunha subvención de ata o 80% do investimento, e por unha soa vez, co límite máximo de 10.000 euros por empresa.
2. A intensidade da axuda verase incrementada nun 10% para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
As empresas solicitantes poderán ser pemes, ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras.
Tamén poderán presentar solicitude as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia que deberán ter contratado nesta comunidade autónoma un mínimo de 8 persoas.
Requisitos
- As entidades solicitantes deben atoparse ao corrente das súas obrigacións tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración xeral da comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento.
- Para efectos destas axudas, terán a consideración de pemes as empresas que ocupan a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual no excede os 43 millóns de euros.
Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude.
- No caso de grupos de empresas, ou empresas vinculadas, só se poderá presentar a solicitude da axuda por unha única empresa, e soamente se tramitará aquela que teña o primeiro número de entrada no rexistro administrativo.
- Así mesmo, non se outorgarán axudas a empresas ou grupos empresariais que xa fosen beneficiarios destas axudas, polos mesmos conceptos, en anos anteriores. Non obstante, na liña III (conciliación) non se concederán axudas ás empresas que foron beneficiarias pola cantidade máxima subvencionable, en convocatorias anteriores.
- Non poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as entidades públicas.
Subliña 1 .
Requisitos específicos das empresas beneficiarias.
Poderán ser beneficiarias as empresas que alén de cumprir cos requisitos do artigo 5 desta orde, non pertenzan aos sectores da denominada Tecnoloxía da Información e a Comunicación (desde agora TIC) da economía e que:
a) Formalicen polo menos, un acordo de teletraballo, por un período de tempo non inferior a dous anos, cunha persoa xa vinculada á empresa por contrato laboral e xornada completa, cunha antigüidade de polo menos un ano, e/ou
b) Contraten ex novo persoal na modalidade de teletraballo a xornada completa, e asinen coa persoa traballadora un acordo que regule esta situación por un período de tempo non inferior a dous anos.
Requisitos do acordo de teletraballo.
1. O teletraballo xa forme parte da descrición inicial do posto de traballo ou se inicie posteriormente, debe en ambos os casos documentarse mediante o «acordo individual de teletraballo», e o paso ao teletraballo non modificará as condicións laborais da persoa traballadora.
2. O acordo de teletraballo debe indicar, de forma separada e numerada, o seguinte contido:
2.1. Que a súa finalidade é a conciliación da vida laboral, familiar e persoal.
2.2. Establecer a comparativa, en forma de táboa ou outra forma similar, na que se poidan comparar as condicións laborais do posto ou postos de teletraballo, coas condicións das persoas que presten o seu traballo nas instalacións da empresa da mesma ou similar categoría. Nas que necesariamente se deberán expoñer as retribucións e xornadas de traballo duns e outros, así como as vacacións, licenzas e permisos.
2.3. Fixar un número mínimo de horas de dedicación ao teletraballo que non poderá ser inferior ao 50 % da xornada semanal ordinaria.
2.4. O lugar onde se vai teletraballar. O método de traballo polo que fixará o sistema formalizado de traballo: quen supervisa o traballo, tipos de supervisión, supostos nos que a persoa teletraballadora deberá acudir ás instalacións da empresa e forma de comunicación.
2.5. Establecer o reembolso ou compensación dos custos variables, tales como electricidade, teléfono, material de oficina, funcionamento do equipo, ou seguros derivados da realización de traballo.
2.6. Que a propiedade dos equipos informáticos, hardware e software, utilizados no teletraballo, así como o seu mantemento corresponden á empresa.
2.7. Establecer o sistema de prevención de riscos laborais, debendo a empresa facilitar ás persoas teletraballadoras e a quen exerza a súa representación legal e no caso de non existir estas, á totalidade dos traballadores e traballadoras do cadro de persoal da empresa, información sobre as condicións de seguridade e saúde laboral en que deba prestarse o teletraballo.
Subliña 2.
Requisitos específicos das empresas beneficiarias.
Poderán ser beneficiarias, as empresas que, alén de cumprir cos requisitos do artigo 5, establezan nun convenio colectivo de empresa, ou mediante un acordo entre a empresa e quen exerza a representación legal das persoas traballadoras ou no seu defecto, coa totalidade do cadro de persoal, medidas de flexibilidade horaria. Entre as que poderá acordarse calquera medida de flexibilidade como, sistemas de compensación de días e horas, xornada laboral continua ou semana laboral comprimida, traballo a tempo parcial, permisos especiais no caso de emerxencias familiares e por un período non inferior a dous anos. No caso de persoas traballadoras autónomas deberán acordalo con todo o persoal traballador por conta allea.
Requisitos do acordo de flexibilidade horaria.
O acordo adoptado deberá detallar as medidas que se van implantar, tales como días, horas e supostos nos que se aplicará, segundo o número de persoas asinantes, de xeito que queden reflectidas as melloras propostas con respecto da situación anterior e o compromiso de que as ditas medidas manteranse durante, cando menos, dous anos.
Subliña 3 .
Poderán ser beneficiarias as empresas que conten cos requisitos do artigo 5 desta Orde, e que poñan en marcha as seguintes medidas de conciliación: habilitación de servizos de comedor, gardaría, lugares axeitados para o repouso das traballadoras embarazadas ou salas de lactación, co fin de garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras da empresa.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
SUBDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS
SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS, SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957752
Fax: 981957751
Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal
Órgano responsable
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2019).
Extracto da Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2019).
Corrección de erros. Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres