Ayuntamiento de Orense

  • Descrición

    Estarán exentos do imposto os vehículos para persoas de mobilidade reducida a que se refire o apartado A do anexo II do Regulamento Xeral de Vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro, previa solicitude do titular

    Tramitación

    1. Solicitude do interesado coa documentación esixida.
    2. Comprobación e requerimiento, se procede, da documentación.
    3. Informe-proposta do servizo de Facenda.
    4. Notificación da proposta de resolución no caso de que sexa desestimatoria.
    5. Resolución do Concelleiro delegado de Facenda.

    Dirixido a

    Titulares dos vehículos para persoas de mobilidade reducida a que se refire o apartado A do anexo II do Regulamento Xeral de Vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro

    Como facelo

    A solicitude de exención e resto de documentación pódese presentar en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    • Documentación acreditativa da representación.
    • Fotocopia do Permiso de Circulación do vehículo.
    • Fotocopia da Tarxeta de Inspección Técnica do Vehículo, na que debe constar que se trata dun vehículo para persoas de mobilidade reducida a que se refire o apartado A do anexo do Regulamento Xeral de Vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro.

    Información de interese

    Non resultará aplicable a exención aos suxeitos pasivos beneficiarios da mesma por máis dun vehículo simultáneamente.

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114 de 9 h a 14 h.
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114
    Oficina Horario
    Servizo de Facenda de 9 h a 14 h.

    Normativa

    Normativa Municipal

  • Descrición

    Este trámite permite realizar o pago do imposto sobre construcións, instalacións e obras.

    O obxecto do imposto é a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística obtivérase ou non a dita licenza, ou para a que se esixa a presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control lle corresponda ao Concello de Ourense.

    Tipo de gravame

    O 2,60% sobre a base impoñible do imposto (constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e enténdese por tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela).

    Instrucións para cubrir a autoliquidación

    1. Suxeito pasivo: Deberá constar o nome completo e o domicilio fiscal da persoa obrigada ao pago do tributo.
    2. Representante: Os datos do representante indicaranse nos casos nos que presente a autoliquidación unha persoa distinta do suxeito pasivo.
    3. Descrición da obra ou instalación: Breve descrición desta.
    4. Identificación do inmoble en que se realizará a obra ou instalación: Identificarase o inmoble mediante a súa referencia catastral, que está composta de 20 caracteres alfanuméricos, dos cales os 7 primeiros identifican a leira ou parcela, os 7 seguintes indican a folla de plano catastral onde se sitúa, os 4 seguintes identifican o inmoble dentro da leira e os 2 últimos son caracteres de control. A referencia catastral deberá introducirse deixando un espazo en branco entre cada grupo de caracteres e entre os dous díxitos de control conforme ao seguinte exemplo: 1234567 1234567 1234 1 2.
    5. Calculo da autoliquidación: Unha vez introducidos os datos anteriores no formulario da autoliquidación procederase ao cálculo do importe para pagar e tramitarase.

    Como facelo

    Tramitar por Internet

    Para proceder á autoliquidación do imposto deberá pulsar o botón "TRAMITAR" que atopará nesta páxina.

    Unha vez que cubra o formulario da autoliquidación, ten as seguintes opcións de pago:

    • PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN a TRAVÉS DA PASARELA DE PAGO. Debe cumprir os seguintes requisitos para poder proceder ao pago a través da pasarela:
      • Dispoñer do DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados da FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma,... )
      • Que o propietario do certificado sexa titular ou cotitular dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teña habilitado este medio de pago (ABANCA, CaixaBank, Banco Santander, EspañaDuero, BBVA, Banco Pastor e Banco Popular)
    • Nota: non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación; o único necesario tal e como xa indicamos é que a persoa prppietaria do certificado utilizado sexa titular ou cotitular da conta bancaria empregada para facer o pago.

      O sistema devolverá un documento como xustificante de pago que ademais da súa utilidade para acreditar o pago, conterá as instrucións para finalizar o proceso de autoliquidación.

    • PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN NAS OFICINAS DAS ENTIDADES BANCARIAS.
    • Co impreso da autoliquidación poderá efectuar o pago en efectivo en calquera oficina das seguintes entidades financeiras autorizadas: ABANCA, Caixabank, Banco Santander, EspañaDuero, Banco Pastor, Banco Caixa Geral, BBVA, Banco Sabadell e Banco Popular.

    Documentación requirida

    Unha vez pagada a autoliquidación deberá presentar o exemplar para a Administración no servizo de licenzas urbanísticas ou na oficina municipal correspondente.

    Normativa

    Tramitar

  • Descrición

    Instrucións para cubrir a autoliquidación

    1. SUXETO PASIVO: Deberá constar o nome completo e o enderezo fiscal da persoa física ou jurídica obrigada ao pago. Son suxeitos pasivos do imposto e, por tanto, obrigados á presentación e pago da liquidación: a) Nas transmisións onerosas (compravenda, permuta, ...) o transmítente ou persoa que constitúa ou transmita o dereito real do que se trate. Se o transmítente é a persoa física non residente en España, o obrigado ao pago será o adquirente, substituto do contribuínte. b) Nas transmisións lucrativas (herdanzas, doazóns, ...) o adquirente do terreo ou persoa a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real do que se trate.
    2. REPRESENTANTE: Os datos do representante indicaranse nos casos nos que se presente a autoliquidación por persoa distinta do obrigado ao pago.
    3. DATOS ADQUIRENTE/TRANSMITENTE: Neste apartado farase constar os datos relativos ao adquirinte no caso de transmisións onerosas, a cambio de prezo (compravendas, permutas, ...) ou do transmítente no caso de transmisións lucrativas (herdanza, doazóns, ...).
    4. FEITO IMPOÑIBLE:
      • Data: No caso de transmisións intervivos, a do documento ou escritura pública ou, no caso de documentos privados, a do momento na que teña efectos fronte a terceiros, conforme ás normas de dereito civil. No caso de transmisións por causa de morte, a do falecemento do causante.
      • Negocio xurídico: Sinalaranse se tratase dunha transmisión intervivos o mortis causa, así como os datos relativos á formalización do contrato, no seu caso (notario, protocolo, data, etc).
      • Sinalaranse os datos de identificación do inmoble obxecto de transmisión (referencia catastral, situación e, de coñecerse número fixo), os valores catastrais do ano da transmisión así como os do ano 2005 de coñecerse) e a porcentaxe da propiedade do inmoble transmitido ou adquirido
      • Data de transmisión anterior: indicaranse as datas da anterior transmisión da propiedade do inmoble. No caso de que se transmitise en varias datas, farase constar todas elas coa porcentaxe de propiedade transmitida.

    Instrucións Xerais

    1. O suxeito pasivo deberá coincidir co obrigado ao pagamento do Imposto.
    2. No caso de actuar mediante representante, cumprimentaranse os datos do apartado destinado ó efecto. Neste caso, será precisa acreditar a representación.
    3. A autoliquidación poderase presentar nos Rexistros do Concello de Ourense, da Administración do Estado, das comunidades autónomas ou en calquera outro establecido nas disposicións vixentes. Tamén poderá remitirse mediante calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro

    Prazos

    • 30 días hábiles seguintes a aquel no que tivese lugar o feito impoñible para transmisións intervivos.
    • 6 meses dende a data de falecemento do causante para as transmisións mortis causa. Con anterioridade ao vencemento deste prazo, o suxeito pasivo poderá solicitar a prórroga do mesmo por outro prazo de ata 6 meses de duración, que entenderase concedido polo tempo solicitado.

    Como facelo

    Tramitar por internet

    Para proceder á autoliquidación do imposto deberá pulsar o botón "Tramitar" que atopará nesta páxina.

    Unha vez cubra o formulario da autoliquidación, ten as seguintes opcións de pago:

    • PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN A TRAVÉS DA PASARELA DE PAGO. Debe cumprir os seguintes requisitos para poder proceder ao pago a través da pasarela:
      • Dispoñer do DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados da FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma,... )
      • e que o propietario do certificado sexa titular ou cotitular dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñen habilitado este medio de pago (ABANCA, CaixaBank, Banco Santander, EspañaDuero, BBVA, Banco Pastor e Banco Popular)
    • Nota: non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación; o único necesario tal e como xa indicamos é que o propietario do certificado utilizado sexa titular ou cotitular da conta bancaria empregada para facer o pago.

      O sistema devolverá un documento como xustificante de pago que ademais da súa utilidade para acreditar o pago, conterá as instrucións para finalizar o proceso de autoliquidación.

    • PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN NAS OFICINAS DAS ENTIDADES BANCARIAS. Información sobre o pago en efectivo nas oficinas das entidades bancarias colaboradoras:
    • Coa Carta de pago, pódese realizar o pago da autoliquidación en efectivo en calquera oficina das entidades financeiras autorizadas: ABANCA, Caixabank, Banco Santander, EspañaDuero, Banco Pastor, Banco Caixa Geral, BBVA, Banco Sabadell e Banco Popular, dentro do horario de atención ao público habitual das mesmas.

      A entidade financeira devolverá ao contribuínte os exemplares para o interesado e para Administración Municipal, ao que xuntarase a documentación que se sinala nestas instrucións (e que tamén apareceran indicadas na información que se xunta coa Carta de Pago).

    Documentación requirida

    Co exemplar do xustificante de pago da autoliquidación deberá xuntarse a seguinte documentación:

    • No caso de transmisións intervivos:
      1. Orixinal e copia ou copia compulsada ou simple do documento público ou privado no que conste o acto que orixina a imposición.
      2. Se no documento anterior non constase a data da anterior transmisión á adquisición do inmoble, orixinal e copia ou copia compulsada ou simple do documento público ou privado correspondente a dita transmisión ou adquisición.
      3. Fotocopia do último recibo do Imposto sobre Bens Inmobles ou calquera outro documento que acredite a referencia catastral do inmoble.
      4. Fotocopia do DNI/NIF/NIE ou pasaporte do suxeito pasivo.
      5. No seu caso, documento que acredite a representación e fotocopia do DNI do representante.
      6. No caso de acollerse a algún suposto de exención, documentación acreditativa da mesma.
    • No caso de transmisións mortis causa:
      1. Orixinal e copia ou copia compulsada ou simple da escritura de aceptación de herdanza ou, no seu defecto, duplicado ou fotocopia do escrito de relación de bens presentada ao efecto da liquidación do Imposto sobre Sucesións e Doazóns; certificado de defunción, certificado de últimas vontades e, no seu caso, declaración de herdanzas.
      2. Se en ditos documentos non consta a data da anterior transmisión á adquisición do inmoble, orixinal e copia o copia compulsada ou simple do documento público ou privado correspondente a dita transmisión ou adquisición.
      3. Fotocopia do DNI/NIF/NIE ou pasaporte do suxeito pasivo.
      4. No seu caso, documento que acredite a representación e fotocopia do DNI do representante.
      5. No caso de acollerse a algún suposto de bonificación ou exención, documentación acreditativa da mesma.

    Información de interese

    • No caso de que a declaración sexa referida a varias fincas catastrais, haberá de realizarse unha por cada inmoble.
    • No caso de existencia de varios suxeitos pasivos, deberá practicarse unha autoliquidación para cada un deles en función da porcentaxe de propiedade que adquira ou transmita.
    • A autoliquidación realizada a través da Carpeta Cidadá só está dispoñible cando o feito impoñible consista na transmisión da propiedade. No caso de constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio, poderá realizarse de forma presencial no negociado de plusvalías do Concello, na Rúa Bispo Carrascosa, nº 8.
    • Conforme co previsto no artígo 27.2 da Ley General Tributaria, as recargas aplicadas ás autoliquidacións ingresadas fora de prazo serán os seguintes:
      • Ata 3 meses 5 %
      • Máis de 3 meses ata 6 meses 10 %
      • Máis de 6 meses ata 12 meses 15 %
      • Máis de 12 meses 20 %
      • No caso de autoliquidacións ingresadas transcorridos máis de 12 meses dende a finalización do prazo para a súa presentación, esixirase, ademais, intereses de demora dende o día seguinte ao termino dos 12 meses ata a data da súa presentación e ingreso. O importe de estas recargas reducirase nun 25 % nos termos establecidos no artigo 27.5 da Ley General Tributaria.
    Tramitar

  • Descrición

    Estarán exentos do imposto os tractores, remolques, semirremolques e maquinaria provistos de Cartilla de Inspección Agrícola, previa solicitude do seu titular.

    Tramitación:

    1. Solicitude do interesado coa documentación esixida.
    2. Comprobación e requerimiento, se procede, da documentación.
    3. Informe-proposta do servizo de Facenda.
    4. Notificación da proposta de resolución no caso de que sexa desestimatoria.
    5. Resolución do Concelleiro delegado de Facenda.

    Dirixido a

    Titulares de tractores, remolques, semirremolques e maquinaria provistos de Cartilla de Inspección Agrícola.

    Como facelo

    A solicitude de exención e resto de documentación pódese presentar en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    • Documentación acreditativa da representación.
    • Fotocopia do Permiso de Circulación do vehículo.
    • Fotocopia da Tarxeta de Inspección Técnica do Vehículo.
    • Fotocopia da Cartilla de Inspección Agrícola na que conste a data de inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola da administración competente.

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114 de 9 h a 14 h.
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Servizo de Facenda Rúa da imprenta nº 2, 2º 988 388 114
    Oficina Horario
    Servizo de Facenda de 9 h a 14 h.

    Normativa

    Normativa Municipal

  • Como facelo

    Pódese presentar a documentación en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Servizos Xerais Praza Maior nº 1, baixo 988 388 190 de 9 h a 14 h.
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Servizos Xerais Praza Maior nº 1, baixo 988 388 190
    Oficina Horario
    Servizos Xerais de 9 h a 14 h.

    Normativa

  • Como facelo

    Pódese presentar en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Información de interese

    Información sobre a Inspección Técnica de Edificios na Web Municipal

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Urbanismo, licenzas e vivenda Rúa García Mosquera (esquina Padre Feijoo) nº 19 988 388 109 de 9 h a 14 h.
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Urbanismo, licenzas e vivenda Rúa García Mosquera (esquina Padre Feijoo) nº 19 988 388 109
    Oficina Horario
    Urbanismo, licenzas e vivenda de 9 h a 14 h.

    Normativa

  • Descrición

    A Instancia Xanela Única é o modelo de instancia que a cidadanía pode utilizar para o envio de solicitudes, escritos e comunicacións a órganos das administracións públicas que no sexan o propio Concello de Ourense, xa que para as solicitudes, escritos e comunicacións ao propio Concello debe ser utilizado o modelo de Instancia de Procedementos Xerais.

    Como facelo

    Pódese presentar documentación en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Rexistro Xeral Praza Maior nº 1 988 388100 Atención ao público de 9 h a 14 h
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Rexistro Xeral Praza Maior nº 1 988 388100
    Oficina Horario
    Rexistro Xeral Atención ao público de 9 h a 14 h

  • Como facelo

    Pódese presentar en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Urbanismo, licenzas e vivenda Rúa García Mosquera (esquina Padre Feijoo) nº 19 988 388 109 de 9 h a 14 h.
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Urbanismo, licenzas e vivenda Rúa García Mosquera (esquina Padre Feijoo) nº 19 988 388 109
    Oficina Horario
    Urbanismo, licenzas e vivenda de 9 h a 14 h.

    Normativa

  • Como facelo

    Pódese presentar en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Urbanismo, licenzas e vivenda Rúa García Mosquera (esquina Padre Feijoo) nº 19 988 388 109 de 9 h a 14 h.
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Urbanismo, licenzas e vivenda Rúa García Mosquera (esquina Padre Feijoo) nº 19 988 388 109
    Oficina Horario
    Urbanismo, licenzas e vivenda de 9 h a 14 h.

    Normativa

  • Descrición

    Taxas:

    Previamente a este trámite temos que tramitar a liquidación de taxas. Taxas detalladas na ordenanza fiscal vixente, neste caso Ordenanza fiscal nº 7; ordenanza fiscal reguladora da taxa por licenza de apertura de establecementos.

    Dirixido a

    Persoas físicas e xurídicas que pretendan exercer calquera actividade que se atopen excluídas da avaliación de incidencia ambiental.

    As actividades excluidas da avaliación de incidencia ambiental atópanse descritas no Anexo III do Decreto 133/2008, do 12 de xuño (DOG nº 126 de 1 de xullo).

    Como facelo

    Pódese presentar en:

    • Rexistro Xeral

    Praza Maior nº 1

    32005 Ourense

    Tfno: 988 388 100

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    • Oficina Municipal da Ponte

    Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

    32001 Ourense

    Tfno: 988 511 442

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

    Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

    Modelos de solicitude dispoñibles

    Documentación requirida

    • Instancia de apertura e obra en establecementos; por duplicado. No caso de actuar en representación, fotocopia do NIF do representante, coa autorización escrita do solicitante ou copia de poder para representalo.
    • Copia do NIF do solicitante
    • Copia da escritura de constitución no caso de tratarse de persoas xurídicas. Fotocopia do contrato de arrendamento e último recibo do IBI
    • Impreso de declaración de alta a efectos fiscais. Plano de emprazamento a escala 1:2000 da cartografía oficial, con indicación do local no que se solicita a actividade.
    • Fotocopia da licenza de primeira ocupación (no seu defecto datos do promotor e ano de construción da edificación
    • Informe do estado actual e certificado de seguridade e solidez do local no que se pretende a actividade, ambos redactados por técnico competente e visado polo Colexio profesional correspondente (xuntar tres copias en papel e dúas en formato electrónico). (Para actividades grupo 1, 3, 4.4, 4.5, 4.6, 4.7 e 4.8 do Anexo III do Decreto 133/2008 de 12 de xuño)
    • Proxecto técnico da actividade redactado por facultativo competente e visado polo Colexio profesional correspondente (xuntar tres copias en papel e dúas en formato electrónico). (Para actividades do grupo 2, 4.1, 4.2, 4.3 e 4.9 do Anexo III do Decreto 133/2008 de 12 de xuño).

    Si se van acometer obras de acondicionamento do local deberase acompañar:

    • Xustificante do pagamento de taxas da licenza de obra
    • Proxecto técnico redactado por facultativo competente e visado polo respectivo Colexio profesional(por triplicado). De necesitarse proxecto para a actividade, presentarase proxecto técnico conxunto para a actividade e para a obra.
    • Nomeamento da dirección técnica da obra mediante os formularios oficiais do Colexio profesional correspondente.
    • Cuestionario de estatística de edificacións (Ministerio de Fomento)

    Véxase o seguinte enlace no caso de realizar obras menores en locais comerciais, actividades e servizos excluídas de actuación comunicada


    Oficinas tramitadoras

    Oficina Enderezo Teléfonos Horario
    Licenzas de Actividade e Apertura García Mosquera (esquina Padre Feijoo) nº 19 988 388 125 de 9 h a 14 h.
    Oficina Enderezo Teléfonos
    Licenzas de Actividade e Apertura García Mosquera (esquina Padre Feijoo) nº 19 988 388 125
    Oficina Horario
    Licenzas de Actividade e Apertura de 9 h a 14 h.

    Normativa


    Normativa Municipal

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.