Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. Declaración-Liquidación
Descrición
Instrucións para cubrir a autoliquidación
- SUXETO PASIVO: Deberá constar o nome completo e o enderezo fiscal da persoa física ou jurídica obrigada ao pago. Son suxeitos pasivos do imposto e, por tanto, obrigados á presentación e pago da liquidación: a) Nas transmisións onerosas (compravenda, permuta, ...) o transmítente ou persoa que constitúa ou transmita o dereito real do que se trate. Se o transmítente é a persoa física non residente en España, o obrigado ao pago será o adquirente, substituto do contribuínte. b) Nas transmisións lucrativas (herdanzas, doazóns, ...) o adquirente do terreo ou persoa a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real do que se trate.
- REPRESENTANTE: Os datos do representante indicaranse nos casos nos que se presente a autoliquidación por persoa distinta do obrigado ao pago.
- DATOS ADQUIRENTE/TRANSMITENTE: Neste apartado farase constar os datos relativos ao adquirinte no caso de transmisións onerosas, a cambio de prezo (compravendas, permutas, ...) ou do transmítente no caso de transmisións lucrativas (herdanza, doazóns, ...).
- FEITO IMPOÑIBLE:
- Data: No caso de transmisións intervivos, a do documento ou escritura pública ou, no caso de documentos privados, a do momento na que teña efectos fronte a terceiros, conforme ás normas de dereito civil. No caso de transmisións por causa de morte, a do falecemento do causante.
- Negocio xurídico: Sinalaranse se tratase dunha transmisión intervivos o mortis causa, así como os datos relativos á formalización do contrato, no seu caso (notario, protocolo, data, etc).
- Sinalaranse os datos de identificación do inmoble obxecto de transmisión (referencia catastral, situación e, de coñecerse número fixo), os valores catastrais do ano da transmisión así como os do ano 2005 de coñecerse) e a porcentaxe da propiedade do inmoble transmitido ou adquirido
- Data de transmisión anterior: indicaranse as datas da anterior transmisión da propiedade do inmoble. No caso de que se transmitise en varias datas, farase constar todas elas coa porcentaxe de propiedade transmitida.
Instrucións Xerais
- O suxeito pasivo deberá coincidir co obrigado ao pagamento do Imposto.
- No caso de actuar mediante representante, cumprimentaranse os datos do apartado destinado ó efecto. Neste caso, será precisa acreditar a representación.
- A autoliquidación poderase presentar nos Rexistros do Concello de Ourense, da Administración do Estado, das comunidades autónomas ou en calquera outro establecido nas disposicións vixentes. Tamén poderá remitirse mediante calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro
Prazos
- 30 días hábiles seguintes a aquel no que tivese lugar o feito impoñible para transmisións intervivos.
- 6 meses dende a data de falecemento do causante para as transmisións mortis causa. Con anterioridade ao vencemento deste prazo, o suxeito pasivo poderá solicitar a prórroga do mesmo por outro prazo de ata 6 meses de duración, que entenderase concedido polo tempo solicitado.
Como facelo
Tramitar por internet
Para proceder á autoliquidación do imposto deberá pulsar o botón "Tramitar" que atopará nesta páxina.
Unha vez cubra o formulario da autoliquidación, ten as seguintes opcións de pago:
- PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN A TRAVÉS DA PASARELA DE PAGO. Debe cumprir os seguintes requisitos para poder proceder ao pago a través da pasarela:
- Dispoñer do DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados da FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma,... )
- e que o propietario do certificado sexa titular ou cotitular dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñen habilitado este medio de pago (ABANCA, CaixaBank, Banco Santander, EspañaDuero, BBVA, Banco Pastor e Banco Popular)
- PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN NAS OFICINAS DAS ENTIDADES BANCARIAS. Información sobre o pago en efectivo nas oficinas das entidades bancarias colaboradoras:
Nota: non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación; o único necesario tal e como xa indicamos é que o propietario do certificado utilizado sexa titular ou cotitular da conta bancaria empregada para facer o pago.
O sistema devolverá un documento como xustificante de pago que ademais da súa utilidade para acreditar o pago, conterá as instrucións para finalizar o proceso de autoliquidación.
Coa Carta de pago, pódese realizar o pago da autoliquidación en efectivo en calquera oficina das entidades financeiras autorizadas: ABANCA, Caixabank, Banco Santander, EspañaDuero, Banco Pastor, Banco Caixa Geral, BBVA, Banco Sabadell e Banco Popular, dentro do horario de atención ao público habitual das mesmas.
A entidade financeira devolverá ao contribuínte os exemplares para o interesado e para Administración Municipal, ao que xuntarase a documentación que se sinala nestas instrucións (e que tamén apareceran indicadas na información que se xunta coa Carta de Pago).
Documentación requirida
Co exemplar do xustificante de pago da autoliquidación deberá xuntarse a seguinte documentación:
- No caso de transmisións intervivos:
- Orixinal e copia ou copia compulsada ou simple do documento público ou privado no que conste o acto que orixina a imposición.
- Se no documento anterior non constase a data da anterior transmisión á adquisición do inmoble, orixinal e copia ou copia compulsada ou simple do documento público ou privado correspondente a dita transmisión ou adquisición.
- Fotocopia do último recibo do Imposto sobre Bens Inmobles ou calquera outro documento que acredite a referencia catastral do inmoble.
- Fotocopia do DNI/NIF/NIE ou pasaporte do suxeito pasivo.
- No seu caso, documento que acredite a representación e fotocopia do DNI do representante.
- No caso de acollerse a algún suposto de exención, documentación acreditativa da mesma.
- No caso de transmisións mortis causa:
- Orixinal e copia ou copia compulsada ou simple da escritura de aceptación de herdanza ou, no seu defecto, duplicado ou fotocopia do escrito de relación de bens presentada ao efecto da liquidación do Imposto sobre Sucesións e Doazóns; certificado de defunción, certificado de últimas vontades e, no seu caso, declaración de herdanzas.
- Se en ditos documentos non consta a data da anterior transmisión á adquisición do inmoble, orixinal e copia o copia compulsada ou simple do documento público ou privado correspondente a dita transmisión ou adquisición.
- Fotocopia do DNI/NIF/NIE ou pasaporte do suxeito pasivo.
- No seu caso, documento que acredite a representación e fotocopia do DNI do representante.
- No caso de acollerse a algún suposto de bonificación ou exención, documentación acreditativa da mesma.
Información de interese
- No caso de que a declaración sexa referida a varias fincas catastrais, haberá de realizarse unha por cada inmoble.
- No caso de existencia de varios suxeitos pasivos, deberá practicarse unha autoliquidación para cada un deles en función da porcentaxe de propiedade que adquira ou transmita.
- A autoliquidación realizada a través da Carpeta Cidadá só está dispoñible cando o feito impoñible consista na transmisión da propiedade. No caso de constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio, poderá realizarse de forma presencial no negociado de plusvalías do Concello, na Rúa Bispo Carrascosa, nº 8.
- Conforme co previsto no artígo 27.2 da Ley General Tributaria, as recargas aplicadas ás autoliquidacións ingresadas fora de prazo serán os seguintes:
- Ata 3 meses 5 %
- Máis de 3 meses ata 6 meses 10 %
- Máis de 6 meses ata 12 meses 15 %
- Máis de 12 meses 20 %
- No caso de autoliquidacións ingresadas transcorridos máis de 12 meses dende a finalización do prazo para a súa presentación, esixirase, ademais, intereses de demora dende o día seguinte ao termino dos 12 meses ata a data da súa presentación e ingreso. O importe de estas recargas reducirase nun 25 % nos termos establecidos no artigo 27.5 da Ley General Tributaria.