Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO)
Descrición
Este trámite permite realizar o pago do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
O obxecto do imposto é a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística obtivérase ou non a dita licenza, ou para a que se esixa a presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control lle corresponda ao Concello de Ourense.
Tipo de gravame
O 2,60% sobre a base impoñible do imposto (constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e enténdese por tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela).
Instrucións para cubrir a autoliquidación
- Suxeito pasivo: Deberá constar o nome completo e o domicilio fiscal da persoa obrigada ao pago do tributo.
- Representante: Os datos do representante indicaranse nos casos nos que presente a autoliquidación unha persoa distinta do suxeito pasivo.
- Descrición da obra ou instalación: Breve descrición desta.
- Identificación do inmoble en que se realizará a obra ou instalación: Identificarase o inmoble mediante a súa referencia catastral, que está composta de 20 caracteres alfanuméricos, dos cales os 7 primeiros identifican a leira ou parcela, os 7 seguintes indican a folla de plano catastral onde se sitúa, os 4 seguintes identifican o inmoble dentro da leira e os 2 últimos son caracteres de control. A referencia catastral deberá introducirse deixando un espazo en branco entre cada grupo de caracteres e entre os dous díxitos de control conforme ao seguinte exemplo: 1234567 1234567 1234 1 2.
- Calculo da autoliquidación: Unha vez introducidos os datos anteriores no formulario da autoliquidación procederase ao cálculo do importe para pagar e tramitarase.
Como facelo
Tramitar por Internet
Para proceder á autoliquidación do imposto deberá pulsar o botón "TRAMITAR" que atopará nesta páxina.
Unha vez que cubra o formulario da autoliquidación, ten as seguintes opcións de pago:
- PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN a TRAVÉS DA PASARELA DE PAGO. Debe cumprir os seguintes requisitos para poder proceder ao pago a través da pasarela:
- Dispoñer do DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados da FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma,... )
- Que o propietario do certificado sexa titular ou cotitular dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teña habilitado este medio de pago (ABANCA, CaixaBank, Banco Santander, EspañaDuero, BBVA, Banco Pastor e Banco Popular)
- PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN NAS OFICINAS DAS ENTIDADES BANCARIAS.
Nota: non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación; o único necesario tal e como xa indicamos é que a persoa prppietaria do certificado utilizado sexa titular ou cotitular da conta bancaria empregada para facer o pago.
O sistema devolverá un documento como xustificante de pago que ademais da súa utilidade para acreditar o pago, conterá as instrucións para finalizar o proceso de autoliquidación.
Co impreso da autoliquidación poderá efectuar o pago en efectivo en calquera oficina das seguintes entidades financeiras autorizadas: ABANCA, Caixabank, Banco Santander, EspañaDuero, Banco Pastor, Banco Caixa Geral, BBVA, Banco Sabadell e Banco Popular.
Documentación requirida
Unha vez pagada a autoliquidación deberá presentar o exemplar para a Administración no servizo de licenzas urbanísticas ou na oficina municipal correspondente.
Normativa
Tramitar