Licenza de apertura de actividades excluídas de avaliación de incidencia ambiental

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Descrición

Taxas:

Previamente a este trámite temos que tramitar a liquidación de taxas. Taxas detalladas na ordenanza fiscal vixente, neste caso Ordenanza fiscal nº 7; ordenanza fiscal reguladora da taxa por licenza de apertura de establecementos.

Dirixido a

Persoas físicas e xurídicas que pretendan exercer calquera actividade que se atopen excluídas da avaliación de incidencia ambiental.

As actividades excluidas da avaliación de incidencia ambiental atópanse descritas no Anexo III do Decreto 133/2008, do 12 de xuño (DOG nº 126 de 1 de xullo).

Como facelo

Pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral

Praza Maior nº 1

32005 Ourense

Tfno: 988 388 100

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

  • Oficina Municipal da Ponte

Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

32001 Ourense

Tfno: 988 511 442

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Modelos de solicitude dispoñibles

Documentación requirida

  • Instancia de apertura e obra en establecementos; por duplicado. No caso de actuar en representación, fotocopia do NIF do representante, coa autorización escrita do solicitante ou copia de poder para representalo.
  • Copia do NIF do solicitante
  • Copia da escritura de constitución no caso de tratarse de persoas xurídicas. Fotocopia do contrato de arrendamento e último recibo do IBI
  • Impreso de declaración de alta a efectos fiscais. Plano de emprazamento a escala 1:2000 da cartografía oficial, con indicación do local no que se solicita a actividade.
  • Fotocopia da licenza de primeira ocupación (no seu defecto datos do promotor e ano de construción da edificación
  • Informe do estado actual e certificado de seguridade e solidez do local no que se pretende a actividade, ambos redactados por técnico competente e visado polo Colexio profesional correspondente (xuntar tres copias en papel e dúas en formato electrónico). (Para actividades grupo 1, 3, 4.4, 4.5, 4.6, 4.7 e 4.8 do Anexo III do Decreto 133/2008 de 12 de xuño)
  • Proxecto técnico da actividade redactado por facultativo competente e visado polo Colexio profesional correspondente (xuntar tres copias en papel e dúas en formato electrónico). (Para actividades do grupo 2, 4.1, 4.2, 4.3 e 4.9 do Anexo III do Decreto 133/2008 de 12 de xuño).

Si se van acometer obras de acondicionamento do local deberase acompañar:

  • Xustificante do pagamento de taxas da licenza de obra
  • Proxecto técnico redactado por facultativo competente e visado polo respectivo Colexio profesional(por triplicado). De necesitarse proxecto para a actividade, presentarase proxecto técnico conxunto para a actividade e para a obra.
  • Nomeamento da dirección técnica da obra mediante os formularios oficiais do Colexio profesional correspondente.
  • Cuestionario de estatística de edificacións (Ministerio de Fomento)

Véxase o seguinte enlace no caso de realizar obras menores en locais comerciais, actividades e servizos excluídas de actuación comunicada


Oficinas tramitadoras

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Licenzas de Actividade e Apertura García Mosquera (esquina Padre Feijoo) nº 19 988 388 125 de 9 h a 14 h.
Oficina Enderezo Teléfonos
Licenzas de Actividade e Apertura García Mosquera (esquina Padre Feijoo) nº 19 988 388 125
Oficina Horario
Licenzas de Actividade e Apertura de 9 h a 14 h.

Normativa


Normativa Municipal

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.