Solicitude de valoración do grao de dependencia

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Descrición

Regular o procedemento para a valoración e recoñecemento da situación de dependencia e o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención (PIA) no que se recoñecen as prestacións económicas e/ou servizos concedidos, así como determinar os órganos técnicos competentes para a valoración e asesoramento da dependencia e a coordinación destes así como a súa composición e funcións.

Formas de iniciación.

Á instancia da persoa interesada ou á instancia da propia administración.

Requisitos xerais

Titulares do dereito:

  1. Poderán solicitar o recoñecemento da situación de dependencia as persoas de nacionalidade española que, de conformidade co previsto no artigo 5 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, cumpran os seguintes requisitos:
    • Encontrarse en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos.
    • Para os menores de tres anos, encontrarse en situación de dependencia conforme o disposto na disposición adicional décimo terceira da Lei 39/2006, do 14 de decembro.
    • Residir en territorio español e telo feito durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. Para os menores de cinco anos o período de residencia esixiráselle a quen exerza a súa garda e custodia
  2. Así mesmo, será necesario que a persoa beneficiaria resida na Comunidade Autónoma de Galicia na data da presentación da solicitude.
  3. As persoas que, reunindo os requisitos dispostos no parágrafo anterior, carezan da nacionalidade española ou non sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Aos/ás menores de idade que carezan da nacionalidade española aplicaráselles o disposto nas leis do/a menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como nos tratados internacionais
  4. As persoas en situación de dependencia que, como consecuencia da súa condición de emigrantes retornados, non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder ás prestacións con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.

Efectos do silencio

Nos procedementos de recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia, unha vez transcorridos seis meses dende a entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación sen que recaia resolución expresa, a dita solicitude entenderase desestimada.

Prazo de resolución

Prazo máximo de tres meses dende a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a instrución e resolución do expediente.

No caso dos menores de 3 anos, prazo máximo de 30 días naturais

Impugnación

Contra a resolución de recoñecemento do grao e nivel de dependencia as persoas interesadas poderán interpor, no prazo dun mes dende o día seguinte á súa notificación, un recurso de alzada perante a persoa titular da consellería con competencia en materia de servizos sociais

Dirixido a

Persoas de calquera idade que se atopen en situación de dependencia.

Como facelo

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral

Praza Maior nº 1

32005 Ourense

Tfno: 988 388 100

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

  • Oficina Municipal da Ponte

Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

32001 Ourense

Tfno: 988 511 442

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Modelos de solicitude dispoñibles

Documentación requirida

  • Solicitude de valoración do grao de dependencia

Ademais da “Solicitude das Axudas de Inclusión Social (AIS)” que está dispoñible dende a sección “Modelos de solicitude dispoñibles” o resto da documentación que debe ser presentada pode atoparse en https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS210A e é a seguinte:

  • Solicitude normalizada.(Modelo de solicitude dispoñible dende https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS210A
  • Fotocopia compulsada do DNI/NIE/Pasaporte da persoa solicitante ou calquera outro documento acreditativo da súa identidade, de conformidade coa normativa vixente, no caso de que non se autorice a súa consult
  • Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla na que apareza o nome do/a beneficiario/a, no caso de non posuír DN
  • Acreditación da representación que se ten da persoa solicitante, se e o caso, e copia compulsada do DNI/NIE do representan
  • Certificado de empadroamento emitido polo concello correspondente que acredite a residencia nun municipio da comunidade autónoma no momento de presentar a solicitude, no caso de que non se autorice a súa consulta. Da presentación deste documento están eximidas as persoas que estean sendo atendidas dentro do sistema público de servizos sociais (residencias, centro de día, axuda no fogar) da Comunidade Autónoma de Galici
  • Certificado/s de empadroamento emitido polos concellos correspondentes que acrediten a residencia da persoa solicitante en España durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude. Para o caso de menores de cinco anos, certificado de empadroamento que acredite a residencia de quen teña a súa representación. No suposto de residentes que carezan da nacionalidade española deberán presentar certificado emitido polo Ministerio do Interior que acredite o cumprimento dos mesmos períod
  • No caso de ser emigrante retornado e non cumprir o requisito do período de residencia, acreditarase esta circunstancia mediante certificado de emigrante retornado expedido na Delegación do Goberno correspondente ou mediante a correspondente baixa consula
  • Informe de condicións de saúde emitido por un profesional do Servizo Galego de Saúde, doutras administracións públicas que traten habitualmente á persoa solicitante ou de entidades concertadas ou conveniadas coa Seguridade Social ou réximes especiais, conforme o modelo do anexo I(Modelo de solicitude dispoñible dende https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS210A )
  • Informe social, emitido polo/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante e, se é o caso, do/a traballador/a social do sistema de saúde ou do/a traballador/a social dos servizos sociais especializados, conforme o modelo do anexo III( Modelo de solicitude dispoñible dende https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS210A )
  • Certificado de discapacidade coa puntuación de axuda de terceira persoa (ATP) cando fora emitido por outra comunidade autónoma, se é o cas
  • Resolución de grao e nivel, se é o caso, cando sexa emitido por outra comunidade autónom
  • Manifestación da persoa solicitante ou do seu representante, conforme o punto nº 10 e 11 do modelo anexo I da solicitude, da súa preferencia dentro do catálogo de servizos e prestacións económicas do sistema para a autonomía e atención á dependencia. No caso de solicitude de prestación económica para coidados no contorno familiar, certificado de empadroamento da persoa coidadora, declaración xurada do grao de parentesco que os une ou tipo de relación se non é a filial, conforme o punto nº 11 do modelo anexo I da solicitude, e DNI/NIE ou outro documento acreditativo da súa identidad
  • Certificado de convivencia da persoa solicitante segundo o padrón municipa
  • Declaración do imposto da renda das persoas físicas, certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante ou declaración xurada de non percibilas, xunto coa autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme o modelo anexo I da solicitude, en cuxo caso o solicitante non estará obrigado a presentar estes documento
  • Declaración responsable acerca do patrimonio da persoa solicitante na que se detalle o conxunto das súas titularidades de bens e dereitos de contido económico, de xeito que quede completamente acreditada a súa situación patrimonial, conforme o anexo I
  • Copia compulsada, de ser o caso, do DNI/NIE ou doutro documento acreditativo da súa identidade, do cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, que dependan economicamente do solicitante. Cando existan menores de idade que dependan economicamente da persoa solicitante, copia compulsada do libro de familia no caso de que estes non posúan DN
  • Declaración do imposto da renda das persoas físicas, certificado de toda clase de pensións percibidas polo cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, economicamente a cargo da persoa solicitante, ou declaración xurada de non percibilas, xunto coa autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme o modelo anexo I da solicitude, en cuxo caso non estarán obrigados a presentar estes documentos, e declaración responsable do seu patrimonio, conforme o modelo anexo I
  • O solicitante e as demais persoas obrigadas a presentar copia compulsada do DNI/NIE ou doutro documento acreditativo da súa identidade, sinaladas no artigo anterior, autorizarán expresamente o departamento territorial da consellería competente en materia de servizos sociais a acceder aos datos do DNI por medios dixitais, suposto en que non será necesaria a presentación de copias destes documentos en soporte papel.

Oficinas tramitadoras

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
UNIS A Ponte Rúa Eulogio Gómez Franqueira, núm. 43 988 511 907 de 9 h a 13 h
UNIS Centro Rúa Bernardo González Cachamuíña, núm. 11-13 988 782 914 de 9 h a 13 h
UNIS Centro Histórico Rúa Colón,. Núm. 18-20 988 393 110 de 9 h a 13 h
Para cita previa. Oficina de Atención ao Cidadán Praza Maior nº 1 baixo 988 390 929 de 9.00h a 14 h
UNIS Couto Rúa Francisco de Moure, núm.2, entreplanta 988 220 856 de 9 h a 13 h
Oficina Enderezo Teléfonos
UNIS A Ponte Rúa Eulogio Gómez Franqueira, núm. 43 988 511 907
UNIS Centro Rúa Bernardo González Cachamuíña, núm. 11-13 988 782 914
UNIS Centro Histórico Rúa Colón,. Núm. 18-20 988 393 110
Para cita previa. Oficina de Atención ao Cidadán Praza Maior nº 1 baixo 988 390 929
UNIS Couto Rúa Francisco de Moure, núm.2, entreplanta 988 220 856
Oficina Horario
UNIS A Ponte de 9 h a 13 h
UNIS Centro de 9 h a 13 h
UNIS Centro Histórico de 9 h a 13 h
Para cita previa. Oficina de Atención ao Cidadán de 9.00h a 14 h
UNIS Couto de 9 h a 13 h

Normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.