Regular, no ámbito da formación profesional para o emprego, o procedemento de autorización para a impartición de accións formativas non financiadas por fondos públicos, conducentes á obtención de certificados de profesionalidade, para a formación das persoas traballadoras ocupadas e desempregadas, desenvolvidas por empresas e centros de formación debidamente acreditados polo órgano competente.
Empresas e centros de formación acreditados polo órgano competente de conformidade coa normativa vixente.
Son obrigas das empresas e centros de formación autorizados:
1. Realizar as accións solicitadas segundo o previsto nesta orde e na resolución de autorización, así como nos reais decretos reguladores de cada certificado, no Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, e na Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
2. Remitir á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente á provincia na cal estea a empresa ou centro autorizado, con quince días de antelación ao inicio da acción formativa:
a) As datas de inicio e finalización de cada acción formativa.
b) A relación do alumnado participante, con indicación do que vai realizar o módulo de formación práctica en centros de traballo (detallando empresas e datas de realización), así como do alumnado que se atopa exento da súa realización.
c) A documentación xustificativa da acreditación requirida polos formadores/as e
titores/as-formadores/as intervenientes na acción formativa.
d) Acta asinada pola persoa representante legal da entidade autorizada, na que, unha vez realizado o proceso de selección, se incluirá a manifestación expresa de que os/as candidatos/as seleccionados/as cumpren os requisitos para cursar con aproveitamento a formación nos termos previstos no artigo 20 do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, e na normativa autonómica de aplicación.
e) O programa formativo en formato normalizado, co desenvolvemento de cada un dos módulos formativos que comprenda a acción formativa que se vai impartir, a duración e os equipamentos necesarios.
f) A planificación do proceso da avaliación, con indicación das datas de realización das probas finais, cando proceda, dos instrumentos que se van utilizar, dos espazos destinados ás probas e da duración destas.
g) O convenio ou acordo entre os centros formativos e os centros de traballo para a realización do módulo de formación práctica en centros de traballo.
h) A documentación acreditativa da existencia dunha póliza de seguro para a realización da acción formativa e do módulo de formación práctica en centros de traballo.
3. Comunicar mensualmente á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente o control de asistencia mensual que conteña a sinatura diaria do alumnado asistente, as baixas e altas do alumnado e as datas en que se producen, así como calquera circunstancia que puidese ter incidencia sobre o desenvolvemento da acción formativa. Para os ditos efectos utilizarase a aplicación informática que lles facilitará a Dirección Xeral de Emprego e Formación.
4. Facilitarlle á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente as tarefas de seguimento e control.
5. Someterse ás actuacións de supervisión e control que, en calquera momento, poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Traballo e Benestar, así como a todas aquelas actuacións de avaliación, seguimento e control exixidas polo Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polos reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación, e pola Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
6. Cando se imparta o módulo de prácticas non laborais en centros de traballo, comunicar aos/ás representantes legais dos/as traballadores/as dos centros laborais nos cal se desenvolvan as prácticas, así como á Inspección de Traballo, a relación de alumnos/as participantes neste programa, a duración deste, e o seu programa formativo.
7. Remitir á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente, nun prazo non superior a tres meses desde a finalización a acción formativa, a documentación relativa ao proceso de avaliación e os cuestionarios de avaliación da calidade das accións formativas. Para tal efecto, presentaranse as actas de avaliacion asinadas polo/a representante do centro colaborador e o/a titor/a do grupo e os documentos onde se reflicten os seus resultados, co contido previsto no artigo 14 do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro.
8. Verificar que todo o persoal docente, participante na formación, reúna as prescricións sobre formación e experiencia profesional e competencia docente exixidas por cada certificado, segundo o establecido nos respectivos reais decretos.
9. Avaliar o alumnado por módulos formativos, de forma sistemática e continua, co obxecto de comprobar os resultados de aprendizaxe e, en consecuencia, a adquisición das competencias profesionais, segundo o establecido nos reais decretos polos que se regulan os certificados de profesionalidade e no capítulo I do título III da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
10. Desenvolver a formación aquí recollida con medios económicos suficientes para o seu desenvolvemento, sen que en ningún caso a Consellería de Traballo e Benestar adquira ningún compromiso ou responsabilidade económica derivada do desenvolvemento e/ou xestión desta.
Ler máis Ler menos
Para a impartición das accións formativas desenvolvidas ao abeiro desta orde, as empresas e centros de formación non poderán utilizar a acreditación provisional recollida no artigo 3.4 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se ó caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A acción formativa desenvolvida debe incluír, como mínimo, un módulo formativo dunha especialidade asociada a un certificado de profesionalidade. Se se ofrecese a totalidade da especialidade formativa asociada a un certificado de profesionalidade, hase de ofertar, obrigatoriamente, o módulo de prácticas non laborais. En todo caso, a formación deberá adecuarse á normativa reguladora dos certificados de profesionalidade.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545640
Fax: 981544604
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL
Orde do 30 de xaneiro de 2014 pola que regula o procedemento de autorización para a impartición de accións formativas non financiadas por fondos públicos, conducentes á obtención de certificados de profesionalidade (DOG nº 26 do 7 de febreiro de 2014).
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución das accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do Programa de activación para o emprego regulado polo Real decreto lei 16/2014, do 19 de decembro, xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, a través das súas xefaturas territoriais.
As accións formativas subvencionables serán aquelas en que se impartan:
- Especialidades formativas vinculadas a certificados de profesionalidade.
- Competencias clave de nivel 2 en lingua castelá (FCOV22), matemáticas (FCOV23), comunicación en lingua galega (FCOVXX01).
- Competencias clave de nivel 3 en lingua castelá (FCOV02), matemáticas (FCOV12), comunicación en lingua galega (FCOVXX02).
- Accións formativas vinculadas coa aprendizaxe de idiomas que figuran no anexo III.
- Accións formativas vinculadas ás competencias requiridas polas empresas no ámbito das TIC que figuran no anexo III.
A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.
Ler máis Ler menos
Todos aqueles centros e entidades de formación inscritos e acreditados no rexistro de centros e entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, naquelas especialidades formativas a que fai referencia o artigo anterior en que estean inscritas ou acreditados á data de publicación desta orde.
- Dentro da programación de formación profesional para o emprego financiada con fondos públicos, o alumnado que resulte seleccionado para un curso non poderá asistir en ningún caso a outro simultaneamente. Tampouco poderá causar baixa nun curso para acceder a outro, salvo autorización expresa do respectivo/a xefe/a territorial, por causas excepcionais debidamente xustificadas.
- Terán a obriga de asistir e de seguir con aproveitamento os cursos e de facilitar a documentación que lles sexa solicitada polo centro ou entidade impartidora, segundo o artigo 9, dentro dos 10 primeiros días lectivos.
- Nos cursos de especialidades formativas correspondentes a novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, terán a obriga de presentar copia da documentación acreditativa dos requisitos de acceso para poder participar no curso. Se é o caso, tamén deben presentar a documentación acreditativa para a exención do módulo de prácticas profesionais non laborais.
- Será causa de exclusión incorrer en máis de dúas faltas de asistencia non xustificadas nun mes ou non seguir o curso con aproveitamento segundo criterio do seu responsable.
A xustificación das faltas deberá facerse mediante documentos ou calquera outro medio que acredite de modo fidedigno o motivo da non asistencia. Os/as alumnos/as disporán dun prazo de 3 días hábiles para presentar no centro colaborador os xustificantes das súas faltas de asistencia. Unha vez transcorrido este prazo sen que os presentasen, a falta será considerada como sen xustificar. As faltas de asistencia por actividade laboral, cun máximo de cinco ao mes, xustificaranse cunha copia do contrato de traballo.
Igualmente será causa de exclusión incorrer en cinco incumprimentos horarios nun mes, sen xustificación. Enténdese por incumprimento horario tanto o retraso na hora de entrada, como o adianto na saída ou as ausencias durante parte das horas lectivas.
Mediante resolución da persoa titular da xefatura territorial correspondente, os/as alumnos/as, logo de audiencia, poderán ser excluídos das accións formativas, por petición das entidades de formación, cando non sigan con suficiente aproveitamento a acción formativa ou dificulten o normal desenvolvemento desta. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada.
- O alumnado deberá acudir á súa oficina de emprego, unha vez rematado o curso, para cancelar a suspensión da demanda.
- Nas accións formativas de especialidades vinculadas a novos certificados de profesionalidade, os/as alumnos/as que teñan xa cursado con aproveitamento algún módulo formativo dos que integran a especialidade que estean cursando, non poderán volver a realizalo, sempre que esa formación sexa acreditable para os efectos da obtención dos certificados de profesionalidade.
Ler máis Ler menos
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545640
Fax: 981544604
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881599
Fax: 881881576
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO
Ronda da Muralla, 70 baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294261 / 982294257
Fax: 982294281
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE
Avda. da Habana, 79, 6º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386828 / 988386827
Fax: 988386829
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817685 / 986817632
Fax: 986817010
Ler máis Ler menos
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN DA PROMOCIÓN LABORAL
Orde do 29 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do Programa de activación para o emprego regulado polo Real decreto lei 16/2014, do 19 de decembro, correspondente ao exercicio de 2015 (DOG nº 107 do 9 de xuño de 2015).
Corrección de erros. Orde do 29 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do Programa de activación para o emprego regulado polo Real decreto lei 16/2014, do 19 de decembro, correspondente ao exercicio de 2015 (DOG nº 136 do 21 de xullo de 2015).
O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, cómpre establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave, así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.
Competencias clave que se convocan .
1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
Comunicación en lingua galega.
Comunicación en lingua castelá.
Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
Competencia matemática.
2. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3, son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.
A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.
Ler máis Ler menos
Todas as persoas que desexen realizar as probas de avaliación e competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
O artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 establece os requisitos para acceder á formación dos certificados de profesionalidade.
No anexo III desta resolución infórmase das titulacións, certificacións ou acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DAS CUALIFICACIÓNS
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546840
Fax: 981544604
DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL
Orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 9 do 15 de xaneiro de 2014).
Resolución do 25 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (DOG nº 44 do 4 de marzo de 2019).
Aprobar o modelo de solicitude de certificación persoal para a manipulación de gases fluorados, que figura como anexo I a esta resolución.
Só poderán solicitarse, ante esta consellería, aqueles certificados acreditativos cando a persoa estea en posesión dun certificado de profesionalidade, ou ben como consecuencia da realización da formación prevista no anexo II do R.D. 795/2010, do 16 de xuño, cando esta se realizase nun centro autorizado pola Consellería de Traballo e Benestar.
As persoas solicitantes deberán cumprir os requisitos establecidos no anexo I do Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro.
1. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPAMENTOS CON SISTEMAS FRIGORÍFICOS DE CALQUERA CARGA DE REFRIXERANTES FLUORADOS:
Poderase obter por algunha das seguintes vías:
a) Curso de formación co contido do Programa Formativo 1 + posesión de:
b) Curso de formación cos contidos dos Programas Formativos 1 e 2 + experiencia anterior de polo menos 2 anos en empresas habilitadas polo RSIF ou RITE.
c) Curso de formación co contido do Programa Formativo 1 + proba teórico-práctica de coñecementos sobre os contidos do Programa Formativo 2 + experiencia de polo menos de 5 anos en empresas habilitadas polo RSIF ou RITE.
d) Estar en posesión dun dos seguintes certificados de profesionalidade:
2. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPAMENTOS CON SISTEMAS FRIGORÍFICOS DE CARGA DE REFRIXERANTE INFERIOR A 3 KG DE GASES FLUORADOS
Poderase obter por algunha das seguintes vías:
a) Curso de formación co contido do Programa Formativo 3 + experiencia anterior de polo menos 2 anos en materia de instalacións de refrixeración e aire acondicionado.
b) Curso de formación co contido do Programa Formativo 3.A + proba teórico-práctica de coñecementos sobre os contidos do Programa Formativo 3.B + experiencia de polo menos de 5 anos en materia de instalacións de refrixeración e aire acondicionado.
c) Curso de formación co contido do Programa Formativo 4.
d) Estar en posesión dun dos seguintes certificados de profesionalidade:
3. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPAMENTOS DE TRANSPORTE REFRIXERADO DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CARGA DE REFRIXERANTES FLUORADOS.
Poderase obter por algunha das seguintes vías:
a) Cursos de formación cos contidos dos Programas Formativos 1 e 2 + experiencia anterior de polo menos 2 anos en empresas dedicadas ao mantemento e reparación de aplicacións non fixas de vehículos dedicados ao transporte refrixerado.
b) Curso de formación co contido do Programa Formativo 1 + proba teórico-práctica de coñecementos sobre os contidos do Programa Formativo 2 + experiencia anterior de polo menos 5 anos en empresas dedicadas ao mantemento e reparación de aplicacións non fixas de vehículos dedicados ao transporte refrixerado.
4. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPAMENTOS DE TRANSPORTE REFRIXERADO DE MERCADORÍAS QUE EMPREGUEN MENOS DE 3 KG DE REFRIXERANTES FLUORADOS.
a) Curso de formación co contido do Programa Formativo 3.A + proba teórico-práctica de coñecementos sobre os contidos do Programa Formativo 3.B relativo a aplicacións non fixas de vehículos de transporte refrixerado de mercancías.
5. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE SISTEMAS FRIGORÍFICOS QUE EMPREGUEN REFRIXERANTES FLUORADOS DESTINADOS A CONFORT TÉRMICO DE PERSOAS INSTALADOS EN VEHÍCULOS.
a) Acreditación de ter superado un curso de formación co contido do Programa Formativo 5.
6. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPOS DE PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS QUE EMPREGUEN GASES FLUORADOS COMO AXENTE EXTINTOR.
a) Acreditación de ter superado un curso de formación co contido do Programa Formativo 6.
7. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE DISOLVENTES QUE CONTEÑAN GASES FLUORADOS E EQUIPAMENTOS QUE OS EMPREGAN.
a) Acreditación de ter superado un curso de formación co contido do Programa Formativo 7.
8. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE CONMUTADORES ELÉCTRICOS FIXOS QUE CONTEÑAN GASES FLUORADOS DE EFECTO INVERNADOIRO.
a) Acreditación de ter superado un curso de formación co contido do Programa Formativo 8.
NOTAS:
*A xustificación da experiencia debe realizarse presentando a vida laboral acompañada de contratos de traballo ou unha certificación da empresa/s onde traballase, certificando dita experiencia.
Ler máis Ler menos
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DAS CUALIFICACIÓNS
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546841 / 981546806
Fax: 981544604
DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL
Decreto 100/2011, do 19 de maio, polo que se regula a distribución de competencias en materia de expedición de certificados para a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles (DOG nº 105 do 1 de xuño de 2011).
Real Decreto 115/2017, de 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipos baseados nos mesmos, así como a certificación dos profesionais que os utilizan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados (BOE nº 42 de 18 de febreiro de 2017).
Orde PRA/905/2017, de 21 de setembro, pola que se modifican os anexos I e II do Real Decreto 115/2017, de 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipos baseados nos mesmos, así como a certificación dos profesionais que os utilizan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados (BOE nº 233 de 27 de setembro de 2017).
Aprobar as bases reguladoras e convocar os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia).
Tipoloxía de premios .
Os recoñecementos dos Premios Responsabilidade Social Empresarial de Galicia son de dous tipos: Premio á Responsabilidade Social Empresarial, en que haberá 3 categorías, pequena, mediana e grande empresa e Mención á Conciliación, que non ten categorías sendo independente o tamaño da empresa.
Valoración da empresa segundo tipoloxía .
1. No Premio á Responsabilidade Social Empresarial, a valoración da empresa realizarase dun xeito integral nos tres ámbitos: laboral-económico, ambiental e de acción social. O xurado terá en conta os seguintes aspectos en que deberá destacar a empresa:
1.1. No ámbito laboral-económico:
a) Creación de emprego de calidade e indefinido.
b) Implantación de medidas para a redución de taxas de absentismo inxustificado, enfermidades profesionais e de número de accidentes de traballo.
c) Promoción do desenvolvemento individual e profesional das persoas traballadoras mediante plans de formación, promoción, cualificación así como desenvolvemento de actuacións e habilidades das persoas para mellorar a súa empregabilidade.
d) Investir en novas tecnoloxías.
e) Contar con plan de igualdade ou con medidas positivas en materia de igualdade que vaian máis alá dos requerimentos legais convencionais.
f) Adopción de medidas para a prevención do acoso laboral, sexual e o acoso por razón de xénero.
g) Aplicar unha igualdade retributiva.
h) Contar coa presenza de mulleres nos órganos de goberno e administración da empresa e outras similares.
i) Integrar un goberno responsable da empresa.
j) Sistematizar as canles de diálogo entre a empresa e os distintos grupos de interese.
k) Dispoñer dun código ético ou similar.
l) Dispoñer de órganos específicos responsables de velar pola adopción e aplicación de programas en materia de RSE e/ou de igualdade.
m) Reportar información financieira e/ou non financieira aos órganos de control.
n) Inexistencia de multas significativas e de sancións por incumprimento da normativa laboral.
ñ) Apoio explícito ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
o) Emprego de mulleres mozas.
p) Emprego de modelos de publicidade igualitaria e non sexista nas comunicacións comerciais.
q) Promoción interna nos niveis en que as mulleres estean en menor proporción que os homes.
r) Outros criterios alegados pola empresa e que veñan fixados polo Global Reporting Initiative (GRI).
1.2. No ámbito ambiental:
a) Innovacións en produtos e servizos, en sistemas ou procesos de produción, con fins ambientalmente sustentables.
b) Campañas de información e sensibilización ambiental entre os grupos de interese internos e/ou externos e a sociedade en xeral.
c) Plans ou actuacións de eco-eficiencia no consumo de enerxía, auga e recursos naturais.
d) Tratamento de residuos.
e) Establecemento de medidas de aforro de enerxía, reciclaxe e transportes alternativos para redución de custos.
f) Inexistencia de multas significativas e de sancións por incumprimento da normativa ambiental.
g) Outros aspectos alegados pola empresa e que veñan fixados polo Global Reporting Initiative( GRI).
1.3. No ámbito de acción social:
a) Recoñecemento da diversidade.
b) Procura da igualdade de oportunidades e integración social.
c) Compromiso coa comunidade.
d) Actividades de voluntariado.
e) Inexistencia de multas significativas e de sancións por incumprimento da normativa social.
f) Outros aspectos alegados pola empresa e que veñan fixados polo Global Reporting Initiative (GRI).
2. Na Mención á Conciliación distinguirase a iniciativas empresariais que de maneira significativa propicien a conciliación laboral, familiar e persoal e a corresponsabilidade. O xurado terá en conta os seguintes aspectos en que deberá destacar a empresa:
a) Medidas de usos de tempo que faciliten que o seu persoal poida organizarse mellor, á vez que se mellora a organización empresarial.
b) Promoción da igualdade efectiva entre homes e mulleres en todos os ámbitos relacionados coa actividade da empresa.
c) Dotación de salas de repouso e lactación nos centros de traballo para as traballadoras embarazadas e nais e pais nos casos de lactación.
d) Recursos e estruturas para o coidado doutras persoas.
e) Medidas que posibiliten o desenvolvemento persoal.
f) Promoción interna nos niveis en que as mulleres estean en menor proporción que os homes.
g) Modificación de roles entre mulleres e homes que posibiliten a implicación de ambos coa familia, co fogar ou co traballo.
h) Desenvolvemento de medidas innovadoras para a conciliación e a corresponsabilidade tales como: teletraballo, flexibilidade horaria, sistemas de compensación de días e horas, xornadas intensivas ou comprimidas, permisos especiais para situacións de emerxencia, xornadas especiais en períodos de vacacións escolares.
i) Incentivos á solicitude de permisos de paternidade.
j) Reducións de xornada ou excedencias para o coidado de fillos e fillas ou de persoas dependentes a cargo.
h) Outros aspectos alegados pola empresa e que veñan fixados polo Global Reporting Initiative (GRI).
Ler máis Ler menos
Poderán optar aos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia todo tipo de empresas, públicas ou privadas, galegas ou que conten con sede ou con centros de traballo en Galicia.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
SUBDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS
SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS, SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957759 / 981544615
Fax: 981957751
Email: relacionslaborais.emprego@xunta.es
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
Orde do 3 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) (DOG nº 74 do 16 de abril de 2019).
Orde do 11 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 3 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2019).
É obxecto da presente resolución establecer os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás que se prestarán os servizos do programa Responsabilízate, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2018 (TR320B).
Servizos aos que optarán as empresas beneficiarias do Programa.
1º. Unha diagnose ou análise do estado e potencial da Responsabilidade Social Empresarial (RSE). Para esta diagnose e análise, utilizarase a plataforma software XUNTA PRO-RSE e consistirá en analizar a situación da empresa seleccionada desde o punto de vista da RSE.
2º. Un programa de formación, no que se tratarán aspectos referidos á sensibilización, grupos de interese e ferramentas de xestión existentes no contexto da RSE.
3º. Plan de implantación: a cada empresa participante, unha vez realizados e superados os servizos anteriores e que expresamente manifeste continuar no Programa, elaboraráselle un Plan de RSE específico que finalizará coa implantación das primeiras accións do dito plan.
Ler máis Ler menos
Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia.
a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
SUBDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS
SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS, SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957744 / 981544615
Fax: 981957751
Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
Resolución do 1 de febreiro de 2018 pola que se lle dá publicidade ás bases reguladoras e á convocatoria para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás que se prestarán servizos do programa Responsabilízate (2ª edición) (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2018).
Pechado o prazo de solicitudes para participar no programa Responsabilízate.
Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións ás entidades que presten servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articulados en itinerarios personalizados para o emprego e dirixidos a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de orientación laboral, no ámbito da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia
a) As entidades locais, coa excepción das entidades de ámbito territorial provincial, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a ela, sempre que por si soas ou asociadas entre concellos limítrofes, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2018 superior a 350 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou a dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
Neste caso, un mesmo concello non poderá presentar solicitude por si só e en agrupación a través de convenio de colaboración.
b) As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións delas dependentes con experiencia na realización de accións de orientación laboral.
c) As entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade, así como aquelas entidades que teñan por obxecto a atención a un colectivo específico de persoas en determinadas situacións de exclusión social (por razóns étnicas, adiccións, ex reclusos, etc) que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras. A entidade solicitante deberá xustificar e cuantificar a súa atención a un número significativo de persoas na dita situación.
d) As entidades sen ánimo de lucro non incluídas na alínea anterior, que teñan entre as súas finalidades a atención a colectivos de persoas en risco ou situación de vulnerabilidade ou exclusión social que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras. A entidade solicitante deberá xustificar e cuantificar a súa atención a un número significativo de persoas na dita situación.
Ler máis Ler menos
a) Dispoñer de locais con despacho ou despachos axeitados para a atención individual ás persoas demandantes de emprego e que reúnan as condicións de accesibilidade e calidade necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades descritas no artigo 3. Os locais e despachos deberan atoparse completamente habilitados na data de inicio do período subvencionable.
b) Estar en condicións de habilitar unha conta de correo electrónico que actúe como caixa de correo do servizo (polo que na súa denominación deberá constar, necesariamente, o termo «orientación» e a denominación da entidade), para os efectos de realizar as comunicacións electrónicas coa entidade.
c) Dispoñer dos medios técnicos e materiais para habilitar unha conexión coa Rede corporativa da Xunta de Galicia vía internet. O hardware de comunicación que posibilite a conexión á rede corporativa da Xunta de Galicia terá que cumprir os estándares definidos polo organismo xestor da dita rede.
d) Dispoñer dun ordenador persoal con protocolo TCP/IP. A conexión do ordenador á rede corporativa da Xunta de Galicia deberá ser exclusiva. Unha vez establecida esta, non se poderá acceder a través doutras canles de comunicación por elementos situados en redes alleas á propia entidade. A entidade, para o seu acceso vía internet, deberá dispor dunha IP fixa. Tanto o software de base instalado como as características do hardware da estación de traballo deberán posibilitar o correcto funcionamento da aplicación informática cliente do Servizo Público de Emprego de Galicia.
e) Dispoñer de acceso á internet e correo electrónico e aplicar medidas de seguridade de nivel medio no tratamento da información de carácter persoal; as entidades que teñan acceso a datos de nivel alto deberán contar coas medidas de seguridade acordes á información que tratan. Ademais, deberase contar con software antivirus debidamente actualizado e con mantemento periódico en todas as estacións de traballo que teñan acceso á rede corporativa da Xunta de Galicia.
- Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades que incorran nalgunha das prohibicións que establece o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Ler máis Ler menos
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN LABORAL
SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545292
Fax: 981545765
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
Orde do 10 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2019 (DOG nº 30 do 12 de febreiro de 2019).
Extracto da Orde do 10 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2019 (DOG nº 30 do 12 de febreiro de 2019).
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación: 23/01/2016 - 22/02/2016.
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN LABORAL
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981545292Fax: 981545765
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008Coruña, A
Teléfono: 881881597Fax: 881881576
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE
Avda. da Habana, 79, 6º
32071Ourense
Teléfono: 988386828Fax: 988386829
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª
36201Vigo
Teléfono: 986817685 / 986817632Fax: 986817010
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO
Ronda da Muralla, 70
27071Lugo
Teléfono: 982294241Fax: 982294282
As subvencións reguladas na presente orde terán por obxecto o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de programas integrados de emprego con intermediación laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante un período de 12 meses, facilitándolle as ditas persoas os recursos e ferramentas que melloren a súa empregabilidade, os active laboralmente e lles proporcione competencias transversais que incrementen as súas posibilidades de inserción laboral.
Enténdese por programas integrados de emprego con intermediación laboral aqueles proxectos que combinen accións de diferente natureza, tales como:
a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección empresarial.
g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Formación para o emprego, distinta á prevista na letra b).
i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico práctico das accións formativas.
l) Mobilidade laboral.
m) Todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego.
Nestes programas incluiranse de xeito obrigatorio accións de carácter formativo e de intermediación laboral e estableceranse obxectivos cuantitativos de inserción laboral das persoas demandantes de emprego participantes neles.
Distínguense dous tipos de programas.
A) Programas integrados para o emprego, en xeral:
Todas as persoas participantes neste tipo de programas deberán ser persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
O número mínimo de persoas a atender será de 60 e o máximo de 120. O obxectivo de inserción laboral deberá ser, polo menos, do 30 por cento das persoas demandantes de emprego atendidas durante o desenvolvemento do programa.
B) Programas integrados específicos para persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia (RISGA).
Todas as persoas participantes neste tipo de programas deberán ser persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e ademais beneficiarias titulares da renda de integración social de Galicia.
O número mínimo de persoas desempregadas a atender será de 50 e máximo de 100. O obxectivo de inserción laboral deberá ser, polo menos, do 25 por cento das persoas demandantes de emprego atendidas durante o desenvolvemento do programa.
O Servizo Público de Emprego de Galicia seleccionará, coa participación da entidade beneficiaria, e mediante un procedemento de selección específico para estes programas regulado mediante instrución, ás persoas demandantes de emprego dispoñibles para a súa incorporación aos mesmos, tendo en conta que non poderán ser seleccionadas aquelas persoas que xa participaran nun programa integrado de emprego ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2014 (convocatoria 2015-2016).
As persoas finalmente seleccionadas serán identificadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia e non poderán participar noutras medidas activas de emprego que se consideren incompatibles coa participación en programas integrados para o emprego.
Con carácter xeral, consideraranse persoas atendidas aquelas nas que se acredite a súa participación en, cando menos, cinco sesións individuais e outras tres accións de distinta natureza, das previstas no proxecto. As ditas sesións, deberán ser distribuídas regularmente ao longo do período de desenvolvemento das accións do programa.
Con carácter xeral, considerarase inserción laboral das persoas atendidas cando, durante o prazo de 12 meses de execución do programa, sexan contratadas por conta allea por unha duración non inferior a tres meses ou inicien, durante este mesmo prazo ou dentro dos tres meses inmediatamente posteriores, unha actividade por conta propia ou formando parte como socios traballadores ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral, por unha duración non inferior a seis meses. Non obstante, na correspondente resolución de concesión poderase adecuar a definición desta inserción por conta allea, en función de circunstancias como a actividade profesional que desenvolverá a persoa inserida ou a súa pertenza a colectivos de persoas desempregadas con especiais dificultades de inserción.
Non computarán como inserción laboral:
a) As contratacións que se produzan en calquera administración pública con cargo a subvencións de programas de políticas activas de emprego.
b) A contratación das persoas participantes nos programas da propia entidade beneficiaria da subvención.
As entidades locais ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local, cuxa titularidade corresponda integramente á mesma, sempre que por si soas ou asociadas, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2015 superior a 500 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou a dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciones de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:
a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención de acordo co previsto nesta orde e nos documentos de instrucións operativas que se porán a disposición das entidades beneficiarias na páxina web institucional da Xunta de Galicia no enlace (http://ceei.xunta.es/programas-integrados).
b) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e pola Inspección de Traballo e Seguridade Social, e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Consello de Contas. Neste sentido deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
c) Dispoñer de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específico da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións realizadas, para garantir a rastrexabilidade dos pagos e o seguimento da pista de auditoría. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
d) Comunicarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.
e) Comunicar á Consellería de Economía, Emprego e Industria e á oficina de emprego correspondente os datos básicos das persoas desempregadas que se incorporan ao programa integrado, así como as baixas e as novas incorporacións a el, de acordo coas instrucións para a posta en marcha dos programas publicadas na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://ceei.xunta.es/programas-integrados).
f) Asegurar os participantes contra accidentes, tanto para as accións formativas como no caso de realización de prácticas profesionais non laborais, quedando a Consellería de Economía, Emprego e Industria exonerada de calquera responsabilidade ao respecto. Será sempre sen franquía ou no seu defecto a carta de garantías deste, e terá polo menos a seguinte cobertura:
? Asistencia médica, farmacéutica e hospitalaria para calquera accidente acontecido durante o horario de desenvolvemento da formación ou das prácticas, incluíndo o tempo necesario para o desprazamento do participante desde a súa residencia habitual ao lugar de impartición ou desenvolvemento (o desprazamento deberá cubrir calquera medio de locomoción).
? Indemnización mínima de 30.000 euros por falecemento e mínima de 60.000 euros por invalidez permanente, derivadas ambas as dúas situacións dun accidente na empresa onde se realicen as prácticas e no desprazamento.
O incumprimento total ou parcial de calquera das obrigas, condicións ou finalidades establecidas nesta orde, así como a falsidade comprobada en relación cos datos achegados para a súa obtención, orixinará, á vista da natureza e causas do incumprimento, a perda do dereito ao cobro ou o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora, nas condicións e de conformidade co establecido no título II (artigos 32 e seguintes) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo do establecido no título IV (artigos 50 e seguintes) da citada lei e no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
- Unha mesma entidade non poderá presentar máis dunha solicitude para cada tipo de programa dos regulados no artigo 3.1 desta orde.
- Todas elas deberán acreditar experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento ás persoas en situación de desemprego en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.
- Non poderán ser entidades beneficiarias aquelas en que concorra algunha das causas expresadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
AUTONÓMICA
Orde do 13 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia durante os anos 2016 e 2017 (DOG nº 14 do 22 de xaneiro de 2016).
AUTONÓMICA
Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia durante os anos 2016 e 2017 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).
1. As subvencións reguladas na presente orde terán por obxecto o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de Lanzadeiras de emprego de Galicia no ámbito da Comunidade Autónoma e durante un período de 12 meses, facilitándolles ás ditas persoas os recursos e ferramentas que melloren a súa empregabilidade, as activen laboralmente e lles proporcionen competencias transversais que incrementen as súas posibilidades de inserción laboral.
2. Enténdese por lanzadeiras de emprego aqueles proxectos con intermediación laboral que combinen accións de diferente natureza, tales como:
a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección empresarial.
g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Formación para o emprego, distinta á prevista na letra b).
i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico práctico das accións formativas.
l) Mobilidade laboral.
m) Todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego.
Nestes programas incluiranse de xeito obrigatorio accións de carácter formativo e de intermediación laboral e estableceranse obxectivos cuantitativos de inserción laboral das persoas demandantes de emprego participantes neles.
Ler máis Ler menos
Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento das Lanzadeiras de emprego reguladas nesta orde as entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.
Todas elas deberán acreditar experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento ás persoas en situación de desemprego en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.
Non poderán ser entidades beneficiarias aquelas en que concorra algunha das causas expresadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
1. Todas as persoas participantes neste tipo de programas deberán ser persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
O número mínimo de persoas que se van atender será de 60 e o máximo de 120. O obxectivo de inserción laboral deberá ser, polo menos, do 30 % das persoas demandantes de emprego atendidas durante o desenvolvemento do programa.
2. O Servizo Público de Emprego de Galicia seleccionará, coa participación da entidade beneficiaria, e mediante un procedemento de selección específico para estes programas regulado mediante instrución, as persoas demandantes de emprego dispoñibles para a súa incorporación a eles tendo en conta que non poderán ser seleccionadas aquelas persoas que xa participasen nun programa integrado de emprego ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2014 (convocatoria 2015-2016) ou que participen ou participasen nun programa integrado de emprego ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2015 (convocatoria 2016-2017).
As persoas finalmente seleccionadas serán identificadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia e non poderán participar noutras medidas activas de emprego que se consideren incompatibles coa participación no programa Lanzadeiras de emprego.
3. Con carácter xeral, consideraranse persoas atendidas aquelas en que se acredite a súa participación en, cando menos, cinco sesións individuais e outras tres accións de distinta natureza, das previstas no proxecto. As ditas sesións deberán ser distribuídas regularmente ao longo do período de desenvolvemento das accións do programa.
4. De xeito xenérico, considerarase inserción laboral das persoas atendidas cando, durante o prazo de 12 meses de execución do programa, sexan contratadas por conta allea por unha duración non inferior a tres meses ou inicien, durante este mesmo prazo ou dentro dos tres meses inmediatamente posteriores, unha actividade por conta propia ou formando parte como socios traballadores ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral, por unha duración non inferior a seis meses.
5. Non computarán como inserción laboral:
a) As contratacións que se produzan en calquera Administración pública ou empresa pública con cargo a subvencións de programas de políticas activas de emprego.
b) A contratación das persoas participantes nos programas da propia entidade beneficiaria da subvención.
Ler máis Ler menos
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN LABORAL
SERVIZO DE PROGRAMAS MIXTOS
Programas Integrados de Emprego
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545945 / 881999629
Programas Integrados de Emprego
Orde do 18 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de Lanzadeiras de emprego de Galicia durante os anos 2016-2017. (DOG nº 144 do 1 de agosto de 2016).
1. Coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2019 dos incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
2. As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cada modalidade, que se produzan e realicen entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan neste programa para cada modalidade.
As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
1.Para poder acceder ás distintas liñas de axudas desta orde deberase crear emprego estable para persoas desempregadas.
2. Non poderán obter a condición de beneficiario das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, agás que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Dar lugar, por causa de que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, as persoas administradoras das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día do pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Ler máis Ler menos
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO
SERVIZO DE EMPREGO POR CONTA ALLEA
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544610 / 981957731
Fax: 981957748
Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).
Extracto da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2019 (Programa II) (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).
Corrección de erros. Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 30 do 12 de febreiro de 2019).