Xunta de Galicia

  • Obxecto

    Regular os elementos e procedementos, así como a solicitude das axudas que se indican a continuación:

    1. Liñas de axuda integradas polos pagamentos directos á agricultura e á gandaría, en concreto, os seguintes réximes de axuda comunitarios:

    a) Un pagamento básico aos agricultores («pagamento básico»).

    b) Un pagamento para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente («pagamento verde»).

    c) Un pagamento suplementario para os agricultores mozos que comecen a súa actividade agrícola.

    d) Un réxime de axuda asociada:

    1ª. Axuda asociada aos cultivos proteicos.

    2ª. Axuda asociada aos legumes de calidade.

    3ª. Axuda asociada para as explotacións que manteñan vacas nutrices.

    4ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de cebo.

    5ª. Axuda asociada para as explotacións de vacún de leite.

    6ª. Axuda asociada para as explotacións de ovino.

    7ª. Axuda asociada para as explotacións de cabrún.

    8ª. Axudas asociadas para os gandeiros de vacún de leite, vacún de cebo e de ovino e cabrún que mantiveron dereitos especiais en 2014 e non dispoñen de hectáreas admisibles para a activación de dereitos de pagamento básico.

    9ª. Tamén poderá solicitarse calquera outra axuda asociada regulada no título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

    e) Un réxime simplificado para os pequenos agricultores.

    Todas as axudas citadas anteriormente son financiadas integramente polo Feaga.

    2. Tamén se inclúen as solicitudes da axuda e/ou do pagamento das medidas de desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, que na Comunidade Autónoma de Galicia son:

    a) Prima anual de mantemento das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.

    b) Prima anual das axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, da submedida 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.

    c) Prima anual das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, da submedida 8.2 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.

    d) Prima anual das axudas para o pagamento por compromisos silvoambientais e climáticos e de conservación de bosques, da submedida 15.1 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude de pagamento.

    e) Prima anual das axudas de Agroambiente e clima da submedida 10.1 e da agricultura ecolóxica das submedidas 11.1 e 11.2 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Beneficiarios con compromisos vixentes: solicitude do pagamento.

    f) Pagamento a zonas con limitacións naturais das submedidas 13.1 e 13.2 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020: solicitude da axuda e do pagamento.

    Prazo de resolución:

    a) Para as axudas dos pagamento directos á agricultura e á gandería: Unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo e comunicados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os coeficientes previstos, se é o caso, a Subdirección Xeral de Xestión da PAC.

    b) Para as solicitudes de indemnización compensatoria, de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica: nove meses.

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Agricultores/as activos e con actividade agraria con explotacións situadas na Comunidade Autónoma de Galicia..

    Requisitos

    Para que unha explotación agraria se considere situada en Galicia deberá encontrarse nunha das dúas situacións seguintes:

    a) No caso de que o/a produtor/a presente unha solicitude de axuda baseada na superficie, cando a maior parte da superficie da explotación estea nesta comunidade autónoma.

    b) Nos demais casos, cando o maior número de animais se atope en Galicia. Para que un agricultor se considere activo e que unha actividade se considere actividade agraria deberán: Acreditar o cumprimento do establecido respectivamente nos capítulos I e II, do título II do Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

    A onde acudir

    Consellería do Medio Rural

    Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN DA PAC

    SERVIZO DE AXUDAS GANDEIRAS DA PAC

    Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546262

    Fax: 981546268

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

    Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

    Rúa Vicente Ferrer, 2-4º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184525

    Fax: 981184559

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

    Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

    Rolda da Muralla, 70-B-1

    27003 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294462

    Fax: 982294411

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

    Servizo Territorial do FOGGA de Ourense

    Rúa do Paseo, 22 - 1º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386948

    Fax: 988386940

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

    Servizo Territorial do FOGGA de Pontevedra

    Paseo de Cervantes, 7-1º

    36001 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805455

    Fax: 986805569

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Orde do 23 de abril de 2019 pola que se modifica a Orde do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG nº 81 do 29 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural (BOE nº 307 do 20 de decembro de 2014).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 1172/2015, do 29 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, o Real Decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da Política Agrícola Común, e o Real Decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (BOE nº 312, do 30 de decembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Europeo

    Regulamento (UE) nº 1305/2013 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello

    Ligazón á normativa

    Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2016 as axudas de minimis, en réxime de concorrencia non competitiva, establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ás explotacións de vacún de leite da nosa Comunidade Autónoma que, no momento de publicarse esta convocatoria, estean en dificultades financeiras (procedemento MR259B) derivadas dalgunhas das situacións establecidas nela.

    Serán subvencionables os seguintes conceptos:
    a) As cotas de amortización de capital vencidas e impagadas dun préstamo concedido para mellorar a explotación.
    b) Os xuros impagados xerados por un préstamo concedido para mellorar a explotación.
    c) A amortización dun préstamo refinanciado concedido para mellorar a explotación.
    d) Gastos impagados de xestión da explotación (tales como alimentación, sementes, abonos, fitosanitarios, etc.) con máis de tres meses desde o seu vencemento.

    O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    A quen vai dirixido?

    As persoas titulares de explotacións agrarias de vacún de leite que se atopen, no momento da publicación desta convocatoria, nalgunha das situacións relacionadas a continuación:

    1. Con relación a cotas vencidas e impagadas ou embargos de préstamos:
    a) Que teñan cotas vencidas e impagadas dun préstamo concedido para a mellora da súa explotación.
    b) Que teñan unha resolución ou providencia de embargo de bens propios ou alleos por débedas relacionadas co impagamento dun préstamo concedido para a mellora da súa explotación.

    2. Con relación á modificación das condicións do crédito concedido:
    a) Que refinanciasen a débeda concedida pola entidade bancaria
    b) Que ampliasen o prazo do pagamento do crédito.
    c) Que ampliasen o período de carencia do capital.

    3. Con relación ás débedas con provedores da súa explotación gandeira vencidas e non pagadas, nas cales concorra algunha das seguintes circunstancias:
    a) Que pasase un prazo de máis de tres meses desde o seu vencemento.
    b) Que as obrigas fosen reclamadas xudicialmente.

    Requisitos

    1. Todas as explotacións que soliciten a axuda deberán:
    a) Estar inscritas no Rexistro Xeral de Explotacións Agrarias de Galicia (en diante Reaga), co tipo de explotación vacún de leite, e ter realizadas entregas de leite nos últimos 12 meses anteriores á data da publicación desta convocatoria.
    b) Estar nalgún dos supostos establecidos nos puntos 1, 2 e 3 do artigo 3 desta orde.
    c) Ter a condición de pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.

    2. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:

    a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
    b) Solicitar a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, estar declaradas en concurso, salvo que neste adquirise eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
    c) Ter dado lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.
    d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
    e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.
    f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
    g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.
    h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.
    i) Ser sancionada por delitos ou infraccións ambientais.

    3. Os beneficiarios non poderán ser empresas en crise. A consideración de empresa en crise efectuarase de acordo coas definicións establecidas no número 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado, e no punto 20 das Directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01).

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería do Medio Rural

    Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

    Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

    Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario

    San Caetano, s/n

    15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546186

    Fax: 981546892

    Órgano responsable

    Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 20 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os titulares de explotacións leiteiras que estean en dificultades financeiras derivadas da súa actividade (DOG nº 143 do 29 de xullo de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do réxime de axudas destinadas á subministración, incluída a loxística e repartición, ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo, recollidos nesta resolución.

    1. As persoas interesadas que teñan a súa sede social en Galicia e que pretendan subministrar produtos no marco do Programa escolar, deberán presentar unha declaración de participación de acordo co modelo do anexo II desta resolución.

    2. Os requisitos para poder participar como persoa subministradora nos cursos escolares 2018/19 e 2019/20 serán os establecidos nos capítulos II e III, respectivamente.

    3. As declaracións presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

    A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes destas.

    Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa declaración presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da declaración aquela en que fose realizada a emenda.

    Para a presentación das declaracións poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as declaracións presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A declaración dirixirase ao Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga); rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Será destinatario final da axuda o alumnado que asista regularmente aos centros ou establecementos escolares, administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, que pertenza aos seguintes niveis de ensino:

    a) Educación infantil.

    b) Educación primaria.

    c) Educación secundaria obrigatoria.

    Requisitos

    1. Poderán solicitar a axuda as persoas físicas ou xurídicas que exerzan a actividade de produción e/ou comercialización dos produtos subvencionables determinados no artigo 3, cuxas empresas ou establecementos estean dados de alta no correspondente rexistro sanitario oficial (Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos-RXSEAA, ou Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos-Regasa) e que reúnan os requisitos establecidos nesta resolución.

    2. Para os efectos da aplicación da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, será persoa beneficiaria da axuda unha persoa solicitante que fose aprobada para participar no Programa escolar.

    3. Non poderán ser aprobados para a súa participación no Programa nin polo tanto, concedérselles a axuda a aqueles que estean incursos nalgunha das causas de prohibición que impiden obter a condición de persoa beneficiaria previstas na normativa aplicable en materia de subvencións.

    4. Para os efectos de xustificar o cumprimento dos requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as persoas solicitantes asinarán unha declaración de cumprimento dos ditos requisitos.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería do Medio Rural

    Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN DA PAC

    SERVIZO DO SECTOR LÁCTEO E MERCADOS AGRÍCOLAS

    Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

    15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981540079

    Fax: 981546268

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

    Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

    Praza Luis Seoane, s/n

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184525

    Fax: 981184559

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

    Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

    Rolda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294454

    Fax: 982294411

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

    Servizo Territorial do FOGGA de Ourense

    Rúa do Paseo, 22 - 1º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386942

    Fax: 988386940

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

    Servizo Territorial do FOGGA de Pontevedra

    Paseo de Cervantes, 7-1º

    36002 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805442

    Fax: 986805569

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2018/19, e a convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2019/20 (DOG nº 137 do 18 de xullo de 2018).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2018/19, e a convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2019/20 (DOG nº 137 do 18 de xullo de 2018).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do réxime de axudas destinadas á subministración, incluída a loxística e repartición, ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo, recollidas na presente resolución.

    2. Igualmente, é obxecto desta resolución a convocatoria das ditas axudas para o curso escolar 2019/20, consonte o disposto no Regulamento (UE) nº 2016/791 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de maio de 2016, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1308/2013 e (UE) nº 1306/2013 no que atinxe ao réxime de axudas para a distribución nos centros escolares de froitas e hortalizas, plátanos e leite, e no Regulamento (UE) nº 2016/795 do Consello, do 11 de abril de 2016, que modifica o Regulamento (UE) nº 1370/2013 polo que se establecen medidas relativas á fixación de axudas e restitucións en relación coa organización común de mercados dos produtos agrícolas, e os regulamentos que os desenvolven e complementan.

    Período de subministración, calendario de distribución e racións .

    1. A subministración dos produtos nos centros escolares farase durante un ou os dous seguintes períodos de repartición autorizados:

    1º período: de novembro de 2019 a febreiro de 2020 (ambos incluídos).

    2º período: de marzo a xuño de 2020 (ambos incluídos).

    A distribución de froitas frescas e castañas levarase a cabo, para cada un dos períodos, durante dez (10) días lectivos consecutivos.

    A distribución de leite líquido de consumo levarase a cabo, para cada un dos períodos, durante un mínimo de vinte (20) días lectivos consecutivos.

    2. A ración máxima de consumo por alumno/a e día é de:

    a) Froitas frescas e castañas: 0,17 kg.

    b) Leite líquido de consumo e as súas versións sen lactosa: 200 cc.

    Para cada centro escolar admitirase unicamente un provedor por grupo de produto e período de repartción.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Centros escolares.

    Requisitos

    - As persoas solicitantes da axuda que foron aprobadas deberán comunicar ao Fogga previamente á repartición dos produtos as modificacións que pretendan realizar na distribución dos produtos da súa solicitude de axuda.

    A onde acudir

    Consellería do Medio Rural

    Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN DA PAC

    SERVIZO DO SECTOR LÁCTEO E MERCADOS AGRÍCOLAS

    Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

    15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981184525

    Fax: 981546268

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

    Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

    Praza Luis Seoane, s/n

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184525

    Fax: 981184559

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

    Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

    Rolda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294454

    Fax: 982294411

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

    Servizo Territorial do FOGGA de Ourense

    Rúa do Paseo, 22 - 1º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386942

    Fax: 988386940

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

    Servizo Territorial do FOGGA de Pontevedra

    Paseo de Cervantes, 7-1º

    36002 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805442

    Fax: 986805569

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 18 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2019/20 (DOG nº 125 do 3 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 18 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2019/20 (DOG nº 125 do 3 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 1 de agosto de 2019 pola que se modifica o anexo I da Resolución do 18 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2019/20 (DOG nº 152 do 12 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    A presente resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do réxime de axudas destinadas á distribución de froita ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia e a convocatoria das ditas axudas para o curso escolar 2016/17.

    A quen vai dirixido?

    Será destinatario da axuda o alumnado que asista regularmente aos centros escolares situados na Comunidade Autónoma, administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenza aos seguintes niveis de ensino:
    a) Educación infantil segundo ciclo.
    b) Educación primaria.
    c) Educación secundaria obrigatoria.

    A onde acudir

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

    Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

    Praza Luis Seoane, s/n

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184688

    Fax: 981184559

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

    Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

    Rolda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294454

    Fax: 982294411

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

    Servizo Territorial do FOGGA de Ourense

    Rúa do Paseo, 22 - 1º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386942

    Fax: 988386940

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

    Servizo Territorial do FOGGA de Pontevedra

    Paseo de Cervantes, 7-1º

    36002 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805442

    Fax: 986805569

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 17 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2016/17(DOG nº 125 do 4 de xullo de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria para o ano 2019 das axudas que, en réxime de concorrencia competitiva, vai conceder a Agacal para actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020.

    Definicións .

    1. Para os efectos desta resolución, consideraranse agrupacións de produtores os consellos reguladores e as entidades asociativas sen ánimo de lucro en que participan produtores –entendidos como tales os titulares de explotacións agrarias ou de instalacións de transformación– implicados nalgún réxime de calidade diferenciada dos alimentos. No caso das ditas entidades asociativas, os seus asociados terán que ser maioritariamente produtores vinculados ao programa de calidade do que se trate e o obxecto social da entidade terá que incluír a realización de actividades relacionadas directamente coa información aos consumidores ou a promoción do produto de calidade a que se refira o programa.

    2. Para os efectos desta resolución, considerarase programa ou réxime de calidade diferenciada dos alimentos aquel que se atope nalgún dos seguintes casos:

    a) Programas comunitarios de calidade de produtos galegos establecidos en virtude dos seguintes regulamentos e disposicións:

    1º. Produción agrícola ecolóxica, regulada polo Regulamento (CE) núm. 834/2007 do Consello, do 28 de xuño de 2007, sobre produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos e polo que se derroga o Regulamento (CEE) núm. 2092/91.

    2º. Denominacións de orixe protexidas (DOP), indicacións xeográficas protexidas (IXP) e especialidades tradicionais garantidas (ETG) reguladas polo Regulamento (UE) núm. 1151/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de novembro de 2012, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios.

    3º. Viños de calidade con denominación de orixe protexida ou indicación xeográfica protexida, regulados polo Regulamento (UE) núm. 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) núm. 922/72, (CEE) núm. 234/79, (CE) núm. 1037/2001 e (CE) núm. 1234/2007.

    4º. As bebidas espirituosas con indicación xeográfica, de acordo co Regulamento (CE) núm. 110/2008 do Parlamento europeo e do Consello, do 15 de xaneiro de 2008, relativo á definición, designación, presentación, etiquetaxe e protección da indicación xeográfica de bebidas espirituosas e polo que se derroga o Regulamento (CEE) núm. 1576/89 do Consello, e a Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega.

    b) Programas de calidade correspondentes ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas que aínda non están definitivamente inscritas no correspondente rexistro comunitario, pero que teñen xa enviada á Comisión Europea a documentación para a inscrición e contan xa coa protección nacional transitoria.

    Gastos subvencionables .

    1. Considéranse subvencionables os gastos realizados nas seguintes actividades:

    a) Promoción.

    Serán subvencionables os gastos relativos á realización e execución de campañas publicitarias nos distintos medios de comunicación e outras accións de promoción, como misións comerciais, misións comerciais inversas, catas comentadas, degustacións, presentacións públicas ou accións publicitarias nos puntos de venda.

    Cando as actividades teñan por obxecto a promoción dos produtos procedentes da agricultura ecolóxica ou de produtos amparados conforme o Regulamento (UE) núm. 1151/2012 por unha denominación de orixe protexida (DOP), indicación xeográfica protexida (IXP) ou especialidade tradicional garantida (ETG), aparecerá en todo o material informativo, promocional ou publicitario o logotipo comunitario identificador destes.

    Nas actuacións realizadas, os produtos alimenticios elaborados polos integrantes da agrupación empregados nas campañas de promoción poderán ser considerados como parte da achega ao gasto correspondente ao solicitante, valorándose a prezos de orixe, cos límites máximos que se establecen no anexo III. En todo caso, nestes produtos non se empregarán marcas comerciais.

    b) Feiras e exposicións.

    1º. Poderá subvencionarse a participación en feiras e exposicións do sector agrario e agroalimentario.

    Cando un beneficiario pretenda solicitar axuda para asistir a distintos eventos poderá acumulalos todos nun único expediente, pero deberá presentar, xunto coa solicitude, unha memoria explicativa e un orzamento pormenorizado relativo a cada unha das feiras ou exposicións a que se refire o expediente. Terán a consideración de gastos subvencionables os correspondentes a gastos de instalación do posto (alugamento de espazo e mobiliario, decoración, seguros, etc.), traslado de produtos, actividades e material de promoción complementarios e gastos de contratación dun máximo de dous empregados para a atención do posto ou, de ser o caso, os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención dun máximo de dúas persoas por entidade solicitante. No caso de accións desenvolvidas no estranxeiro poderá admitirse adicionalmente o gasto relativo a unha persoa de atención ao público que poida actuar de intérprete.

    2º. Organización.

    Será tamén subvencionable a organización de feiras e exposicións relativas a produtos incluídos nalgún programa de calidade diferenciada dos alimentos. Ao igual que no punto anterior, cando se trate de distintos eventos poderá acumulalos nun único expediente coas especificacións sinaladas.

    c) Estudos e outras accións de divulgación.

    Serán subvencionables os estudos de mercado relacionados directamente con campañas de promoción e os de avaliación do impacto destas sobre os consumidores e sobre a comercialización dos produtos incluídos en programas de calidade diferenciada dos alimentos.

    Poderase subvencionar tamén a organización de xornadas técnicas, seminarios e congresos que teñan por obxectivo a divulgación de coñecementos científicos e técnicos sobre eses produtos co fin de chamar a atención das persoas consumidoras sobre as súas características ou vantaxes específicas para inducir a estas a adquirilos.

    2. Para os efectos da moderación de custos, no anexo III recóllense importes máximos de gasto subvencionable para determinadas actuacións relacionadas coas actividades que poden beneficiarse das axudas reguladas nesta resolución. Así mesmo, e con ese mesmo obxectivo, en concepto de prestación de servizos de coordinación e organización, para cada acción non se admitirán gastos por riba do 10 % do seu custo total.

    3. Poderán ter a consideración de subvencionables aqueles gastos anteriores á solicitude que se fixesen en concepto de adianto ou reserva para a participación nunha determinada feira ou exposición, sempre que a efectiva participación sexa obxecto de axuda e se produza con posterioridade á solicitude desta.

    4. Segundo o disposto no artigo 69.3 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, o imposto sobre o valor engadido, excepto cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre o IVE, non será subvencionable.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións que, baixo calquera fórmula xurídica, reúnan a produtores (entendidos como tales os titulares de explotacións agrarias ou de instalacións de transformación) que participen nun réxime de calidade susceptible de apoio pola submedida 310, para accións de promoción e información no mercado interior relacionadas con produtos cubertos por algún deses réximes.

    Requisitos

    - Quedan excluídas da axuda as seguintes actuacións:

    a) A promoción de marcas comerciais.

    b) A promoción e publicidade fóra do mercado interior.

    c) Aquelas actividades que induzan o consumidor a comprar un produto pola súa orixe particular, excepto nos casos dos produtos regulados polo réxime de calidade establecido polo título II do Regulamento (UE) núm. 1151/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de novembro de 2012, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios; os regulados na parte II, título II, capítulo I, sección 2 do Regulamento (UE) núm. 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) núm. 922/72, (CEE) núm. 234/79, (CE) núm. 1037/2001 e (CE) núm. 1234/2007; e os regulados polo capítulo III do Regulamento (CE) núm. 110/2008 do Parlamento Europeo e do Consello. Non obstante, poderá indicarse a orixe dun produto sempre que tal indicación quede subordinada á mensaxe principal.

    d) As actividades de información e promoción subvencionadas ao abeiro do Regulamento (CE) núm. 2826/2000 do Consello, do 19 de decembro de 2000, sobre accións de información e de promoción dos produtos agrícolas no mercado interior.

    - Como requisito previo á realización das actividades que se pretende que sexan subvencionadas, o material piloto informativo, promocional e publicitario que se utilice, tanto nas accións promocionais recollidas na letra a) do artigo 5.1 desta resolución como o que eventualmente se utilice nas restantes actividades que se recollen no dito artigo 5.1, deberá ser remitido á Agacal para verificar a súa adecuación á normativa comunitaria.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería do Medio Rural

    Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL)

    Dirección da AGACAL

    Área de Calidade Alimentaria

    Departamento de Promoción da Calidade Agroalimentaria

    Avenida do Camiño Francés, 10

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981540062

    Fax: 981540018

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

    Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria da Coruña

    Vicente Ferrer, nº 2

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184530

    Fax: 981184651

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

    Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria de Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294517

    Fax: 982294452

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

    Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria de Ourense

    R/ Florentino López Cuevillas, 4 - 6

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386547

    Fax: 988386566

    Consellería do Medio Rural

    Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

    Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria de Pontevedra

    Avenida Fernández Ladreda, nº 43 - 2º

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805460

    Fax: 986805485

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2019 (DOG nº 26 do 6 de febreiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2019 (DOG nº 26 do 6 de febreiro de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    As solicitudes dirixiranse á Subdirección de Formación e Transferencia Tecnolóxica.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Positivo

    Versión en formato PDF

    • Solicitude (Anexo I).
    • 1. Entidade solicitante:
      • Copia do NIF da entidade solicitante ou do empresario individual, só no caso de non autorizar a súa consulta.
      • Memoria explicativa na que se acredite a dispoñibilidade dos medios e instalacións necesarias para impartir a actividade.
      • Relación dos medios humanos cos que se conta para a realización da actividade.
    • Póliza de seguros (achegar copia dunha das pólizas que se relacionan ou marcar o compromiso de achegalas)
      • Copia da póliza de seguros de responsabilidade civil referente ás dependencias onde se realizarán os cursos.
      • Copia da póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil que cubra á totalidade do persoal docente e do alumnado.
      • Compromiso de achegalas con anterioridade ao comezo da actividade lectiva.
      • Copia da licencia municipal de apertura.
      • Copia dos estatutos fundacionais da entidade solicitante, en que apareza recollido o seu obxecto social.
    • 2. Persoa responsable da formación:
      • Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta no sistema de verificación de datos verificación no anexo II.
      • Curriculum Vitae.
      • Copia do título universitario, só no caso de non autorizar a consulta dos datos no anexo II.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

    DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E PRODUCIÓN FORESTAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN E INNOVACIÓN AGROFORESTAL

    SERVIZO DE FORMACIÓN AGROFORESTAL
    Rua Camiño Francés 10, sotano
    15703Santiago de Compostela
    Teléfono: 981546790Fax: 981546651
    Email: formacion.cmrm@xunta.es

    Versión en formato PDF

    Esta orde ten por obxecto desenvolver a normativa básica contida no Decreto 247/2000, do 29 de setembro, sobre o procedemento de autorización das entidades que, en colaboración coa Consellaría do Medio Rural, impartan cursos de formación continua e desenvolvan actividades de transferencia de tecnoloxía dirixidas a persoas que traballan no sector agrario dentro da comunidade autónoma galega. Así mesmo, é obxecto desta orde regular o procedemento para a homologación das actividades formativas que as ditas entidades realicen e para o recoñecemento oficial dos certificados, carnés ou diplomas das persoas asistentes aos cursos e actividades impartidas polas entidades colaboradoras.
    As disposicións desta orde serán de aplicación con carácter xeral ás actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía agraria que, previamente homologadas pola Consellería do Medio Rural, se realicen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia polas entidades colaboradoras, con independencia de que sexan ou non subvencionadas con cargo aos orzamentos da consellería.
    Entidades colaboradoras en materia de capacitación agraria e transferencia tecnolóxica:
    -Poderán optar á consideración de entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural en materia de capacitación agraria e transferencia tecnolóxica as entidades públicas ou privadas que presten servizo en materia de formación e capacitación de profesionais do sector e as súas familias, cuxo ámbito de actuación radique na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que dispoñan dos medios adecuados para realizar este labor de maneira estable e que os programas impartidos se axusten ao disposto nesta orde ou á normativa particular que os regule.
    -Estas entidades deberán ser autorizadas e rexistradas como colaboradoras de conformidade co procedemento establecido nesta orde.

    Requisitos:

    As entidades que pretendan obter a consideración de colaboradoras nos programas de formación continua e transferencia tecnolóxica da Consellería do Medio Rural deberán cumprir os seguintes requisitos:
    1. Contar coas licenzas e autorizacións administrativas que lles sexan exixibles.
    2. Cumprir as súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.
    3. Ter entre os seus obxectivos estatutarios ou obxecto social a formación e o desenvolvemento do medio rural galego.
    4. Contar cun responsable de formación, cun nivel de titulación universitaria de grao medio ou superior, no ámbito da actividade que desenvolva a entidade.
    5. Dispor de recursos pedagóxicos, instalacións e medios técnicos de apoio adecuados para a correcta execución das actividades de formación e transferencia tecnolóxica.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se ditan normas relativas á inscrición no rexistro de entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria e sobre o procedemento de homologación dos cursos realizados por estas entidades e a expedición de certificacións e diplomas oficiais por parte da Administración pública (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2009).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 22 de abril de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para a realización de accións de cooperación para a implantación de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal, e convocar estas axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o ano 2019.

    As iniciativas de innovación traduciranse na implantación de proxectos piloto ou no desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agrícola, alimentario e forestal e agroalimentario.

    O desenvolvemento poderá entenderse tanto na incorporación de novidades como na aplicación de produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías xa existentes en condicións donde tradicionalmente non se utilizaron previamente. Non obstante, non poderán financiarse proxectos xa realizados en territorios e condicións similares. En ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións obxecto da presente resolución:

    a) Organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura.

    b) Empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

    2. Na realización da actividade subvencionada poderán participar, ademais dos beneficiarios regulados no punto 1, os axentes cooperantes, podendo adquirir tal condición as seguintes entidades:

    a) Produtores do sector agroforestal e as súas asociacións e outras organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria.

    b) Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da comunidade autónoma.

    c) Entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio rural, así como as que desenvolvan actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nos ámbitos agrario ou forestal.

    d) Entidades asesoras na conservación ou uso sustentables dos recursos naturais.

    e) Outras entidades con intereses recoñecidos no ámbito rural.

    O orzamento das actividades dos axentes cooperantes non poderá ser inferior ao 10 % do orzamento total da proposta de cooperación, excepto no caso de produtores primarios que acrediten a súa participación activa no proxecto.

    3. Na acción de cooperación deberán intervir como mínimo dous actores e, cando menos, un deles deberá ser un produtor primario ou pertencer á industria da transformación a que se fai referencia no punto 1 deste artigo, outro deberá ser un dos axentes cooperantes a que se fai referencia no punto 2 do artigo 2 desta resolución.

    Obrigas dos beneficiarios

    Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do Capítulo III do Título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

    1. Reintegrar as cantidades percibidas coa subvención, xunto cos xuros de demora calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

    2. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas cos fondos do Feader, os beneficiarios deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Regulamento (UE) nº 809/2014.

    3. Proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013.

    4. Os beneficiarios deberán levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas á acción de cooperación subvencionada.

    5. Todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan ao abeiro desta resolución, deberán de levarse a cabo de acordo co anexo II do Regulamento 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, e co disposto na «Estratexia de información e publicidade» do PDR 2014_2020 de Galicia. O beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

    a) O emblema da Unión.

    b) Unha referencia á axuda do Feader.

    Durante a realización da operación, o beneficiario informará ao público da axuda obtida do Feader, da seguinte forma:

    a) Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión Europea.

    b) No caso de operacións non comprendidas no punto a) (obras de infraestruturas ou construción que se beneficien dunha axuda pública total de importe superior a 500.000 euros), atenderanse as seguintes obrigas:

    As operacións que reciban unha axuda pública total superior a 10.000 euros, en función da operación financiada, colocarán, polo menos, un panel coa información sobre a operación (de tamaño mínimo A3), onde se destaque a axuda financeira recibida pola Unión, nun lugar visible para o público.

    Cando a operación no marco dun PDR dea lugar a un investimento, que reciba unha axuda pública total superior a 50.0000 euros, o beneficiario colocará unha placa explicativa coa información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión Europea (anexo 2 desta resolución).

    Os carteis, paneis ou placas e sitos web levarán unha descrición do proxecto ou da operación e os elementos descritos anteriormente. Esta información ocupará como mínimo o 25 % do cartel, da placa ou da páxina web.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. As entidades beneficiarias da acción de cooperación deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Realizar a actividade obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

    b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

    c) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvención ou axuda pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou outros entes públicos.

    d) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    2. Unha mesma entidade non poderá ser beneficiaria de máis de dúas axudas nesta convocatoria. No caso das entidades que teñan máis de dúas solicitudes que superen a fase de avaliación, só serán admitidas aquelas dúas solicitudes que acadasen a maior puntuación nesta fase.

    3. Os consellos reguladores das denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario que aínda non teñan acadada personalidade xurídica de seu, por non ter adaptados os seus regulamentos ao establecido na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, poderán solicitar as axudas reguladas pola presente resolución sempre que cumpran co recollido no punto 3 do artigo 8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería do Medio Rural

    Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL)

    Dirección da AGACAL

    Área de Formación, Innovación e Investigación

    Avenida do Camiño Francés, 10

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546665

    Fax: 981546651

    Email: mediorural.montesgalicia@xunta.gal

    Órgano responsable

    Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 26 do 6 de febreiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 26 do 6 de febreiro de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para o apoio á creación de grupos operativos (GO) da Asociación Europea de Innovación conforme o artigo 35.1.c) e os artigos 56 e 57 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda para o desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

    2. E, así mesmo, convocar, para o ano 2017, as axudas á iniciativa de creación de grupos operativos para gastos destinados á definición, elaboración e busca de socios para proxectos innovadores, de acordo coas bases reguladoras sinaladas no punto anterior.


    Gastos subvencionables.

    1. As axudas previstas nesta orde destinaranse a cubrir os gastos, efectuados posteriormente á presentación da solicitude da axuda, que estean directamente relacionados co orzamento de constitución do grupo operativo, e poderán aplicarse aos conceptos que a seguir se detallan:
    a) Gastos de viaxe e reunións vinculados ao obxectivos de creación e busca de información do grupo operativo.
    b) Accións formativas puntuais, concretas e xustificadas que posibiliten a capacitación de membros do grupo operativo, vinculadas aos obxectivos propostos polo grupo.
    c) Elaboración e redacción do proxecto de innovación e/ou plan empresarial que analice a viabilidade do proxecto.
    d) Custo da contratación dos servizos do axente de innovación.
    e) Estudos preparativos vinculados á temática do proxecto do grupo operativo con obxectivo de definir e valorar os resultados esperados.

    2. O IVE só será subvencionable no caso de que sexa real e definitivamente soportado polo beneficiario e, polo tanto, non recuperable, agás no caso de que o beneficiario sexa un organismo de dereito público, xa que neste caso non será subvencionable a través da axuda Feader.

    Gastos non subvencionables.
    Non será subvencionable ningún gasto correspondente a actuacións ou actividades anteriores á data de presentación da solicitude.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións as persoas físicas ou xurídicas tales como agricultores, gandeiros, silvicultores e as organizacións representativas destes; investigadores, persoas que desenvolvan por conta propia a súa actividade no eido do medio rural; empresas do sector agrícola, gandeiro ou forestal e as súas organizacións representativas; cooperativas agrarias e as súas asociacións e outras entidades que demostren intereses no fomento da competitividade da agricultura, na sustentabilidade dos recursos naturais e do clima ou desenvolvemento das economías e comunidades rurais.
    2. O solicitante presentará a solicitude de axuda para a definición, elaboración e busca de socios co fin da constitución dun grupo operativo para a elaboración dun proxecto innovador en materia de sustentabilidade e produtividade agrícola no marco da Asociación Europea de Innovación (AEI).

    3. Só serán elixibles aquelas solicitudes de carácter autonómico que presenten un proxecto que se vaia desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia destinado a resolver un problema existente no sector agrario, forestal ou agroalimentario galego.

    Obrigas dos beneficiarios.

    Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do capítulo III do título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:
    1º. Proceder ao reintegro das cantidades percibidas coa subvención, xunto cos xuros de demora calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días entre a data de reembolso ou dedución.
    2º. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas co fondo Feader, os beneficiarios deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Regulamento (UE) nº 809/2014.
    3º. Os beneficiarios deberán levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas á acción de cooperación subvencionada.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. A persoa física ou a entidade solicitante deberá cumprir os seguintes requisitos:
    a) Realizar a actividade obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.
    b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
    c) No caso de entidade, posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención da subvención pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou outros entes públicos.
    d) No caso de persoa física, demostrará a súa actividade profesional no sector agrícola ou forestal.
    e) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    f) Relación de axudas de minimis percibidas polo solicitante nos últimos 3 anos, recollida no anexo I.

    2. Os consellos reguladores das denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario que aínda non teñan acadada personalidade xurídica de seu, por non ter adaptados os seus regulamentos ao establecido na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, poderán solicitar as axudas reguladas pola presente orde sempre que cumpran co recollido no punto 3 do artigo 8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    3. Os membros comprometeranse a permanecer no grupo operativo durante o período de creación do grupo, deseño e redacción do proxecto innovador.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería do Medio Rural

    Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

    Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

    15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981540021

    Fax: 981540018

    Email: mediorural.recursosforestais@xunta.gal

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 27 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a creación de grupos operativos de innovación da Asociación Europea de Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 5 do 9 de xaneiro de 2017).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 dentro da medida 4 (investimentos en activos físicos), submedida 4.11 (apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas), procedemento MR351A, así como convocalas para o ano 2019.

    2. Esta axuda ten como finalidade:

    a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.

    b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.

    c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarios da axuda regulada nesta orde:

    a) As cooperativas agrarias.

    b) As cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.

    c) As sociedades agrarias de transformación procedentes da fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais. En diante SAT de fusión.

    Requisitos

    Requisitos para todas as entidades beneficiarias da axuda .

    1. Deberán ter un mínimo 4 de socios, agás nas SAT de fusión que deben ter un mínimo de 3.

    2. Deberán xustificar a necesidade e a viabilidade dos investimentos mediante a presentación dun estudo de viabilidade.

    3. Non ter a consideración de empresa en crise. Considérase que as empresas en crise son as que concordan coa definición do artigo 2, número 18) do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.

    4. Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias establecidas polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    5. No caso das cooperativas agrarias que teñan como obxecto social único a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, denominadas convencionalmente cooperativas de utilización de maquinaria agrícola, en diante CUMA, todas as explotacións estarán situadas dentro dun raio de acción de 20 km.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería do Medio Rural

    Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

    Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

    EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO

    15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546186 / 981540053

    Fax: 981546892

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 30 de abril de 2019 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 90 do 13 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 30 de abril de 2019 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, cofinancidas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 90 do 13 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.