MR330C - Inscrición de entidades colaboradoras da Consellería de Medio Rural para a realización de actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos da solicitude
Prazo de presentación: Aberto todo o ano.
As solicitudes dirixiranse á Subdirección de Formación e Transferencia Tecnolóxica.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio administrativo: Positivo
- Solicitude (Anexo I).
- 1. Entidade solicitante:
- Copia do NIF da entidade solicitante ou do empresario individual, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Memoria explicativa na que se acredite a dispoñibilidade dos medios e instalacións necesarias para impartir a actividade.
- Relación dos medios humanos cos que se conta para a realización da actividade.
- Póliza de seguros (achegar copia dunha das pólizas que se relacionan ou marcar o compromiso de achegalas)
- Copia da póliza de seguros de responsabilidade civil referente ás dependencias onde se realizarán os cursos.
- Copia da póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil que cubra á totalidade do persoal docente e do alumnado.
- Compromiso de achegalas con anterioridade ao comezo da actividade lectiva.
- Copia da licencia municipal de apertura.
- Copia dos estatutos fundacionais da entidade solicitante, en que apareza recollido o seu obxecto social.
- 2. Persoa responsable da formación:
- Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta no sistema de verificación de datos verificación no anexo II.
- Curriculum Vitae.
- Copia do título universitario, só no caso de non autorizar a consulta dos datos no anexo II.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E PRODUCIÓN FORESTAL
SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN E INNOVACIÓN AGROFORESTAL
SERVIZO DE FORMACIÓN AGROFORESTAL
Rua Camiño Francés 10, sotano
15703Santiago de Compostela
Teléfono: 981546790Fax: 981546651
Email: formacion.cmrm@xunta.es
Esta orde ten por obxecto desenvolver a normativa básica contida no Decreto 247/2000, do 29 de setembro, sobre o procedemento de autorización das entidades que, en colaboración coa Consellaría do Medio Rural, impartan cursos de formación continua e desenvolvan actividades de transferencia de tecnoloxía dirixidas a persoas que traballan no sector agrario dentro da comunidade autónoma galega. Así mesmo, é obxecto desta orde regular o procedemento para a homologación das actividades formativas que as ditas entidades realicen e para o recoñecemento oficial dos certificados, carnés ou diplomas das persoas asistentes aos cursos e actividades impartidas polas entidades colaboradoras.
As disposicións desta orde serán de aplicación con carácter xeral ás actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía agraria que, previamente homologadas pola Consellería do Medio Rural, se realicen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia polas entidades colaboradoras, con independencia de que sexan ou non subvencionadas con cargo aos orzamentos da consellería.
Entidades colaboradoras en materia de capacitación agraria e transferencia tecnolóxica:
-Poderán optar á consideración de entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural en materia de capacitación agraria e transferencia tecnolóxica as entidades públicas ou privadas que presten servizo en materia de formación e capacitación de profesionais do sector e as súas familias, cuxo ámbito de actuación radique na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que dispoñan dos medios adecuados para realizar este labor de maneira estable e que os programas impartidos se axusten ao disposto nesta orde ou á normativa particular que os regule.
-Estas entidades deberán ser autorizadas e rexistradas como colaboradoras de conformidade co procedemento establecido nesta orde.
Requisitos:
As entidades que pretendan obter a consideración de colaboradoras nos programas de formación continua e transferencia tecnolóxica da Consellería do Medio Rural deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Contar coas licenzas e autorizacións administrativas que lles sexan exixibles.
2. Cumprir as súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.
3. Ter entre os seus obxectivos estatutarios ou obxecto social a formación e o desenvolvemento do medio rural galego.
4. Contar cun responsable de formación, cun nivel de titulación universitaria de grao medio ou superior, no ámbito da actividade que desenvolva a entidade.
5. Dispor de recursos pedagóxicos, instalacións e medios técnicos de apoio adecuados para a correcta execución das actividades de formación e transferencia tecnolóxica.
AUTONÓMICA
Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se ditan normas relativas á inscrición no rexistro de entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria e sobre o procedemento de homologación dos cursos realizados por estas entidades e a expedición de certificacións e diplomas oficiais por parte da Administración pública (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2009).
AUTONÓMICA
Orde do 22 de abril de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres