MR333A - Creación de grupos operativos de innovación da AEI en materia de productividade e sostenibilidade, agrícola e forestal.
Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para o apoio á creación de grupos operativos (GO) da Asociación Europea de Innovación conforme o artigo 35.1.c) e os artigos 56 e 57 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda para o desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
2. E, así mesmo, convocar, para o ano 2017, as axudas á iniciativa de creación de grupos operativos para gastos destinados á definición, elaboración e busca de socios para proxectos innovadores, de acordo coas bases reguladoras sinaladas no punto anterior.
Gastos subvencionables.
1. As axudas previstas nesta orde destinaranse a cubrir os gastos, efectuados posteriormente á presentación da solicitude da axuda, que estean directamente relacionados co orzamento de constitución do grupo operativo, e poderán aplicarse aos conceptos que a seguir se detallan:
a) Gastos de viaxe e reunións vinculados ao obxectivos de creación e busca de información do grupo operativo.
b) Accións formativas puntuais, concretas e xustificadas que posibiliten a capacitación de membros do grupo operativo, vinculadas aos obxectivos propostos polo grupo.
c) Elaboración e redacción do proxecto de innovación e/ou plan empresarial que analice a viabilidade do proxecto.
d) Custo da contratación dos servizos do axente de innovación.
e) Estudos preparativos vinculados á temática do proxecto do grupo operativo con obxectivo de definir e valorar os resultados esperados.
2. O IVE só será subvencionable no caso de que sexa real e definitivamente soportado polo beneficiario e, polo tanto, non recuperable, agás no caso de que o beneficiario sexa un organismo de dereito público, xa que neste caso non será subvencionable a través da axuda Feader.
Gastos non subvencionables.
Non será subvencionable ningún gasto correspondente a actuacións ou actividades anteriores á data de presentación da solicitude.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións as persoas físicas ou xurídicas tales como agricultores, gandeiros, silvicultores e as organizacións representativas destes; investigadores, persoas que desenvolvan por conta propia a súa actividade no eido do medio rural; empresas do sector agrícola, gandeiro ou forestal e as súas organizacións representativas; cooperativas agrarias e as súas asociacións e outras entidades que demostren intereses no fomento da competitividade da agricultura, na sustentabilidade dos recursos naturais e do clima ou desenvolvemento das economías e comunidades rurais.
2. O solicitante presentará a solicitude de axuda para a definición, elaboración e busca de socios co fin da constitución dun grupo operativo para a elaboración dun proxecto innovador en materia de sustentabilidade e produtividade agrícola no marco da Asociación Europea de Innovación (AEI).
3. Só serán elixibles aquelas solicitudes de carácter autonómico que presenten un proxecto que se vaia desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia destinado a resolver un problema existente no sector agrario, forestal ou agroalimentario galego.
Obrigas dos beneficiarios.
Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do capítulo III do título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:
1º. Proceder ao reintegro das cantidades percibidas coa subvención, xunto cos xuros de demora calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días entre a data de reembolso ou dedución.
2º. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas co fondo Feader, os beneficiarios deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Regulamento (UE) nº 809/2014.
3º. Os beneficiarios deberán levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas á acción de cooperación subvencionada.
Ler máis Ler menos
Requisitos
1. A persoa física ou a entidade solicitante deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Realizar a actividade obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.
b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
c) No caso de entidade, posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención da subvención pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou outros entes públicos.
d) No caso de persoa física, demostrará a súa actividade profesional no sector agrícola ou forestal.
e) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Relación de axudas de minimis percibidas polo solicitante nos últimos 3 anos, recollida no anexo I.
2. Os consellos reguladores das denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario que aínda non teñan acadada personalidade xurídica de seu, por non ter adaptados os seus regulamentos ao establecido na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, poderán solicitar as axudas reguladas pola presente orde sempre que cumpran co recollido no punto 3 do artigo 8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Os membros comprometeranse a permanecer no grupo operativo durante o período de creación do grupo, deseño e redacción do proxecto innovador.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540021
Fax: 981540018
Email: mediorural.recursosforestais@xunta.gal
Órgano responsable
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 27 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a creación de grupos operativos de innovación da Asociación Europea de Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 5 do 9 de xaneiro de 2017).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres