1. As presentes bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape para o desenvolvemento e execución do Plan de fomento das exportación galegas (en diante, Plan Foexga), coa finalidade de incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
2. O obxectivo principal do Plan Foexga é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.
3. As actuacións que engloban o Plan Foexga están dirixidas a:
a) Aumentar a base de empresas exportadoras.
b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial como xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.
4. O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/foexga a relación actualizada en todo momento das entidades colaboradoras adheridas ao programa.
Ler máis Ler menos
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Os beneficiarios deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise. Para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no punto 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
e) Que cumpran a normativa de axudas de minimis segundo o previsto no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), para as empresas do sector pesqueiro no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014) e para as empresas do sector agrícola no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).
f) Que estean ao día nos pagamentos adebedados ás cámaras.
2. Mediante a presentación da solicitude de participación na acción, os beneficiarios aceptan a tramitación a través da entidade colaboradora, que será, así mesmo, a encargada de informar puntualmente ao interesado sobre o estado da súa petición, os seus dereitos e obrigas, e das notificacións recibidas de acordo co establecido no artigo 16.2. O Igape porá a disposición deste programa, unha aplicación no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es para os efectos de cubrir o cuestionario de solicitude de participación electronicamente.
Ler máis Ler menos
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Resolución do 30 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2019-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 235 do 11 de decembro de 2018).
Extracto da Resolución do 30 de novembro de 2018 pola que se lle dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2019-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 235 do 11 de decembro de 2018).
Regular os límites, condicións e procedementos para a tramitación de solicitudes de novacións significativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do Decreto 133/2002.
Empresas debedoras do Igape e titulares de operacións de préstamo
Poderán acollerse a estas bases aquelas empresas debedoras do Igape e titulares de operacións de préstamo que foran concedidas ao abeiro de calquera das seguintes normativas:
- Resolución do 26 de abril de 2002 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección que establece un programa de préstamos para financiar producións audiovisuais na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Resolución do 24 de marzo de 2003 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Igape, que establece un programa de préstamos para financiar proxectos emprendedores na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Resolución do 25 de abril de 2005 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Igape que establece un programa de préstamos para financiar proxectos en materia de innovación tecnolóxica en la Comunidade Autónoma de Galicia.
- Resolución do 12 de decembro de 2007 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Igape que establece un programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).
- Resolución do 16 de marzo de 2009 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Igape que establece un programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimento (BEI).
- Resolución do 22 de marzo de 2011 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba o Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos del Banco Europeo de Investimentos (BEI).
Ler máis Ler menos
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Decreto 133/2002, do 11 de abril, polo que se regula a concesión de préstamos polo Instituto Galego de Promoción Económica (DOG nº 78 do 23 de abril de 2002).
Resolución do 7 de agosto de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases polas que se regulan os límites, condicións e procedementos para a tramitación de solicitudes de novacións significativas nos préstamos concedidos por este instituto nos diversos programas instrumentados ao abeiro do Decreto 133/2002 (DOG nº 168 do 4 de setembro de 2013).
Publicar as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos dos autónomos e as microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 , instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.
As presentes bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas ao financiamento dos investimentos en Galicia por parte das microempresas.
Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nestas bases aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa, incluídos os autónomos. Para os ditos efectos, terá a consideración de microempresa a unidade económica con personalidade física ou xurídica.
Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que vai aplicar cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Ler máis Ler menos
a) Que teña menos de 10 traballadores.
b) Que teña unha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.
c) Que cumpra o criterio de independencia.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Resolución do 14 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos autónomos e as microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (liña microempresas) (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2017).
Resolucion do 23 de outubro de 2017 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros, subscrito coas entidades financeiras adheridas e as sociedades de garantía recíproca (liña microempresas) (DOG nº 209 do 3 de novembro de 2017).
Creación dunha liña de financiamento subsidiado para producións audiovisuais participadas por produtoras galegas, entendendo como tales producións as longametraxes, películas para a televisión, documentais, animación, mini-series de ficción, programas piloto e producións de contidos interactivos.
A axuda do Igape para o beneficiario consistirá nunha subvención ao tipo de xuro do 4% do principal do préstamo disposto. O importe resultante da axuda destinarase á amortización anticipada do principal do préstamo.
As pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que cumpran os requisitos do artigo 8.3 da da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
En calquera caso, deberán exercer ou ter intención de exercer a actividade de produción audiovisual e ter radicado o centro da súa actividade económica en Galicia. Para os efectos de acreditar a actividade desenvolvida poderase considerar a alta no Imposto de Actividades Económicas, Declaración Censual, ou certificación de pertenza a algunha das asociacións empresariais do sector. Para os efectos de acreditar a participación na produción audiovisual consideraranse os seguintes documentos: o contrato de coprodución e/ou distribución, ou a acreditación de posuír os pertinentes dereitos de propiedade intelectual sobre o guión, e se é o caso, o de opción sobre a obra preexistente (contrato ou documento de cesión ao produtor e Rexistro da Propiedade Intelectual do guión).
Os solicitantes terán que cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
Non poderán ser beneficiarias da liña de financiamento contemplada nestas bases as empresas en crise, de acordo coa definición das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (DO C 244 do 1/10/2004).
Ler máis Ler menos
-Serán financiables os gastos necesarios para o desenvolvemento da produción audiovisual que se incorporarán ao inmobilizado da empresa beneficiaria, tales como a adquisición de dereitos de guión e música, gastos de persoal artístico e equipo técnico, escenografía, estudos, rodaxe, aluguer de maquinaria e transportes, dietas, traballos de laboratorio, montaxe e sonorización, gravación de música, dobraxe, sonorización, primas de seguros, etc. Non se poderán financiar os impostos indirectos recuperables que graven a adquisición, nin as achegas a realizar ás sociedades de garantía recíproca.
-Prazo de realización dos investimentos. Poderán ser financiadas as producións iniciadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2010.
-O importe das operacións que se formalicen ao abeiro destas bases será como máximo de 1.500.000 euros. Unha mesma empresa non poderá acollerse durante tres anos consecutivos a préstamos por importe conxunto superior a 2.300.000 ?.
-O importe dos préstamos subvencionables acollidos a estas bases poderá acadar ata o 100% do custo, excluíndo os impostos indirectos recuperables e a achega á SGR, determinándose en función da porcentaxe da participación de produtoras galegas na produción.
-Prazo de disposición. O número de disposicións e/ou a súa contía mínima poderá pactarse libremente entre a entidade financeira e o prestameiro, dentro do prazo máximo ata o 31 de decembro de 2011.
-Prazo de reembolso. Os préstamos terán un prazo de vixencia entre 3 e 5 anos, cunha única amortización ao seu vencemento. Os importes percibidos como consecuencia dos dereitos de crédito endosados en garantía da operación, serán destinados á amortización anticipada do préstamo.
-Amortización anticipada. A operación financeira poderá ser amortizada sen custo de forma anticipada, total ou parcialmente, por vontade do beneficiario.
-As sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas non lles repercutirán aos prestameiros e avalados ningún tipo de gasto ou comisión derivados das operacións aprobadas en aplicación destas bases. A estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.
-Os prestameiros deberán realizar, se é o caso, a achega para adherirse á sociedade de garantía recíproca que corresponda.
-As operacións formalizadas ao abeiro destas bases poderán contar alternativamente:
a) Con aval de sociedade de garantía recíproca polo 100% do importe do financiamento. Neste caso a entidade financeira non requirirá garantías adicionais, e as sociedades de garantía recíproca poderán afectar como garantía os acordos contractuais sobre difusión ou vendas de producións que formalice o prestameiro, e tomar outras garantías persoais.
b) Con outro tipo de garantías: neste caso as entidades financeiras poderán afectar como garantía os acordos contractuais sobre difusión ou vendas de producións que formalice o prestameiro, así como tomar outras garantías persoais ou reais.
Ler máis Ler menos
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182239
Fax: 981182240
Email: coruña@igape.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981337101
Fax: 981337106
Email: ferrol@igape.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294032
Fax: 982294801
Email: lugo@gape.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988687289
Fax: 988687290
Email: ourense@gape.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805305
Fax: 986805308
Email: pontevedra@igape.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817366
Fax: 986817361
Email: vigo@igape.es
Ler máis Ler menos
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
Resolución do 1 de decembro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación dunha liña de financiamento subsidiado para producións audiovisuais que realicen as pemes galegas, instrumentada mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 235 de 9 de decembro de 2010)
Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro de 1992).
Ler máis Ler menos
Incentivar a realización de actuacións de difusión e promoción xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas do sector téxtil moda confección nos mercados externos a Galicia, tanto estatais coma internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:
1. Actuacións de difusión:
a) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizados a través de campañas ou insercións en prensa, revistas, internet e valos publicitarios, sempre que a súa difusión se realice fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizadas a través da elaboración de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, que conteñan información da empresa beneficiaria e que contribúan á divulgación e coñecemento dos seus produtos fóra do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Actuacións de promoción:
a) Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos sectoriais de carácter profesional que teñan lugar fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto a participación en feiras incluídas no Plan Foexga (publicado na web do Igape) a non ser que non se poida participar na acción Foexga por exceso de cupo ou outras causas non imputables ao beneficiario.
b) Eventos promocionais, realizados fóra de España, tanto se teñen por obxecto a presentación da marca e/ou produto ao mercado, como a propia empresa a potenciais clientes, socios ou inversores. Podendo tratarse de actuacións levadas a cabo de forma individual ou conxunta con outras empresas galegas, sexan ou non do sector téxtil-moda.
3. So se concederá un expediente por beneficiario, no que se poderán incluír varios proxectos dos mencionados.
4. Non se concederá nin liquidará axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, presenten un gasto subvencionable inferior a 5.700? (8.000? no caso de grandes empresas).
Conceptos subvencionables:
1. Nas actuacións de difusión, previstas no punto 1.1 do artigo 1º terán a consideración de conceptos subvencionables:
- Estilismo, fotografía e contratación de modelos.
- Deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.
- Inserción nos medios de comunicación descritos no punto 1.1. a) do mesmo artigo.
2. Nas actuacións de promoción, previstas no punto 1.2 do artigo 1 terán a consideración de conceptos subvencionables:
- Aluguer de espazos e servizos.
- Construción, montaxe e decoración de postos.
- Inscrición e seguro obrigatorio.
- Inserción no catálogo da feira.
- Estilismo, fotografía e contratación de modelos.
- Traballos de empresas de marketing, comunicación ou relacións públicas específicos para o evento.
- Inserción de anuncios.
- Cando se trate de feiras ou eventos no estranxeiro, a contratación de intérpretes.
3. Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:
a) Os gastos do persoal habitual contratado pola empresa e calquera outro derivado da actividade habitual e corrente da empresa solicitante.
b) Os custos de mailings, convites e regalos promocionais.
c) Deseño, creación e aloxamento de páxinas web.
d) Imposto sobre o valor engadido (IVE).
e) Gastos de actuacións realizadas ou dirixidas ao ámbito da Comunidade Autónoma galega.
f) Aqueles gastos que resulten de carácter xeneralista ou non estean expresamente referidos á actuación concreta que se propón para a subvención.
g) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
h) Os gastos de viaxe.
i) Aqueles outros que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable.
4. Os gastos e investimentos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2015 (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir do 1 de xaneiro de 2015) e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda, sen que nunca poida exceder do 30 de xuño de 2015.
Tamén serán subvencionables aquelas actuacións do punto 1.2 do artigo 1 executadas no exercicio 2014, sempre que a data de execución sexa posterior ao 31 de outubro de 2014. Xustifícase esta retroactividade dado que a convocatoria destas axudas para o ano 2014 (Resolución do 18 de xullo de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020. DOG núm. 142, do 29 de xullo de 2014), estableceu como data límite de execución o 31 de outubro de 2014.
Tamén serán subvencionables os gastos efectuados no segundo semestre do exercicio 2014 exixidos en concepto de reserva para a participación en eventos expositivos realizados no exercicio 2015.
5. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, o que deberá acreditar o solicitante, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.
6. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.
A non vinculación demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.
Admítese a subcontratación das actividades subvencionadas polos beneficiarios, sen límite respecto ao importe da actividade subvencionada, esixíndose aos beneficiarios o cumprimento das obrigas establecidas nos artigos 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e 43 do seu regulamento. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.
7. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Ler máis Ler menos
As sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), sexan ou non pemes, pertencentes ao sector téxtil moda confección con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que figuren dadas de alta nas agrupacións 43, 44 e/ou 45 do imposto de actividades económicas ou no grupo 613, en Galicia
Son obrigas dos beneficiarios:
1. Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.
2. Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.
3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006.
4. Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
5. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante o prazo de tres anos posteriores ao peche do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, tal como se define no artigo 89.3 do Regulamento 1083/2006 do Consello. Todo isto, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control e deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
6. Darlle publicidade ao financiamento dos gastos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape, Xunta de Galicia e o Feder, así como lendas relativas ao financiamento público nas stands, carteis, placas conmemorativas, materiais impresos que vaian a ser obxecto de difusión máis alá do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais, convocatorias e difusión de eventos ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, que teñan relación co proxecto subvencionado, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación, así como as normas e instrucións contidas no manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderanse descargar no enderezo da internet http://www.igape.es.
Para dar publicidade do financiamento atenderase ao establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG núm. 227, do 19 de novembro) e nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, puntos 1) e 2) do Regulamento (CE) núm. 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009. Estas medidas están recollidas na «Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013», que pode consultarse na páxina web www.conselleriadefacenda.es.
a) No caso de que o evento xa tivese lugar cando se solicitou ou concedeu a axuda ou por non ser posible por outros motivos, a publicidade do financiamento deberase facer mediante constancia na páxina web do solicitante da existencia da subvención, consistente na mención expresa na web da acción obxecto da subvención.
b) No caso de campañas de publicidade, o solicitante poderá substituír a inserción dos logotipos anteriores nos anuncios pola constancia na web do solicitante da axuda da existencia da subvención, consistente na mención expresa na web da acción obxecto da subvención.
7. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
8. No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.
9. Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Ler máis Ler menos
Os solicitantes que non teñan experiencia exportadora previa terán que dispor dun diagnóstico positivo do potencial de internacionalización da empresa realizado a través de programas de Igape a partir de 2012.
Os solicitantes que non dispoñan do diagnóstico citado anteriormente pero teñan experiencia exportadora previa, deberán acreditar dita experiencia exportadora que deberá ser validada por Igape.
A solicitude do diagnóstico, así como a actualización da información do diagnóstico anterior a 2012 ou a validación da experiencia exportadora deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda (a través do procedemento do Igape IG 192 - Prestación de servizos: diagnósticos de internacionalización).
Non poderán ter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).
Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as grandes empresas figura no punto 2.2 das directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras (DOUE C 249, do 31 de xullo de 2014) e que para as pemes aparece no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Ler máis Ler menos
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Resolución do 19 de decembro de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 248 do 29 de decembro de 2014).
Resolución do 4 de maio de 2015 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2015 das bases reguladoras das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 85 do 7 de maio de 2015).
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica
Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación: 02/01/2015 - 02/02/2015.
Comezará o día 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 2 de febreiro de 2015.
Prazo de resolución: O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o 15 de maio de 2015
Sentido do silencio administrativo: Negativo
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703Santiago de Compostela
Teléfono: 900815151Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
Incentivar a realización de actuacións de difusión e promoción xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas do sector téxtil moda confección nos mercados externos a Galicia, tanto estatais coma internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:
1. Actuacións de difusión:
a) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizados a través de campañas ou insercións en prensa, revistas, internet e valos publicitarios, sempre que a súa difusión se realice fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizadas a través da elaboración de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, que conteñan información da empresa beneficiaria e que contribúan á divulgación e coñecemento dos seus produtos fóra do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Actuacións de promoción:
a) Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos sectoriais de carácter profesional que teñan lugar fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto a participación en feiras incluídas no Plan Foexga (publicado na web do Igape) a non ser que non se poida participar na acción Foexga por exceso de cupo ou outras causas non imputables ao beneficiario.
b) Eventos promocionais, realizados fóra de España, tanto se teñen por obxecto a presentación da marca e/ou produto ao mercado, como a propia empresa a potenciais clientes, socios ou inversores. Podendo tratarse de actuacións levadas a cabo de forma individual ou conxunta con outras empresas galegas, sexan ou non do sector téxtil-moda.
3. So se concederá un expediente por beneficiario, no que se poderán incluír varios proxectos dos mencionados.
4. Non se concederá nin liquidará axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, presenten un gasto subvencionable inferior a 5.700? (8.000? no caso de grandes empresas).
Conceptos subvencionables:
1. Nas actuacións de difusión, previstas no punto 1.1 do artigo 1º terán a consideración de conceptos subvencionables:
- Estilismo, fotografía e contratación de modelos.
- Deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.
- Inserción nos medios de comunicación descritos no punto 1.1. a) do mesmo artigo.
2. Nas actuacións de promoción, previstas no punto 1.2 do artigo 1 terán a consideración de conceptos subvencionables:
- Aluguer de espazos e servizos.
- Construción, montaxe e decoración de postos.
- Inscrición e seguro obrigatorio.
- Inserción no catálogo da feira.
- Estilismo, fotografía e contratación de modelos.
- Traballos de empresas de marketing, comunicación ou relacións públicas específicos para o evento.
- Inserción de anuncios.
- Cando se trate de feiras ou eventos no estranxeiro, a contratación de intérpretes.
3. Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:
a) Os gastos do persoal habitual contratado pola empresa e calquera outro derivado da actividade habitual e corrente da empresa solicitante.
b) Os custos de mailings, convites e regalos promocionais.
c) Deseño, creación e aloxamento de páxinas web.
d) Imposto sobre o valor engadido (IVE).
e) Gastos de actuacións realizadas ou dirixidas ao ámbito da Comunidade Autónoma galega.
f) Aqueles gastos que resulten de carácter xeneralista ou non estean expresamente referidos á actuación concreta que se propón para a subvención.
g) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
h) Os gastos de viaxe.
i) Aqueles outros que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable.
4. Os gastos e investimentos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2015 (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir do 1 de xaneiro de 2015) e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda, sen que nunca poida exceder do 30 de xuño de 2015.
Tamén serán subvencionables aquelas actuacións do punto 1.2 do artigo 1 executadas no exercicio 2014, sempre que a data de execución sexa posterior ao 31 de outubro de 2014. Xustifícase esta retroactividade dado que a convocatoria destas axudas para o ano 2014 (Resolución do 18 de xullo de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020. DOG núm. 142, do 29 de xullo de 2014), estableceu como data límite de execución o 31 de outubro de 2014.
Tamén serán subvencionables os gastos efectuados no segundo semestre do exercicio 2014 exixidos en concepto de reserva para a participación en eventos expositivos realizados no exercicio 2015.
5. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, o que deberá acreditar o solicitante, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.
6. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.
A non vinculación demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.
Admítese a subcontratación das actividades subvencionadas polos beneficiarios, sen límite respecto ao importe da actividade subvencionada, esixíndose aos beneficiarios o cumprimento das obrigas establecidas nos artigos 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e 43 do seu regulamento. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.
7. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
As sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), sexan ou non pemes, pertencentes ao sector téxtil moda confección con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que figuren dadas de alta nas agrupacións 43, 44 e/ou 45 do imposto de actividades económicas ou no grupo 613, en Galicia
Son obrigas dos beneficiarios:
1. Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.
2. Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.
3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006.
4. Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
5. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante o prazo de tres anos posteriores ao peche do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, tal como se define no artigo 89.3 do Regulamento 1083/2006 do Consello. Todo isto, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control e deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
6. Darlle publicidade ao financiamento dos gastos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape, Xunta de Galicia e o Feder, así como lendas relativas ao financiamento público nas stands, carteis, placas conmemorativas, materiais impresos que vaian a ser obxecto de difusión máis alá do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais, convocatorias e difusión de eventos ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, que teñan relación co proxecto subvencionado, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación, así como as normas e instrucións contidas no manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderanse descargar no enderezo da internet http://www.igape.es.
Para dar publicidade do financiamento atenderase ao establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG núm. 227, do 19 de novembro) e nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, puntos 1) e 2) do Regulamento (CE) núm. 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009. Estas medidas están recollidas na «Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013», que pode consultarse na páxina web www.conselleriadefacenda.es.
a) No caso de que o evento xa tivese lugar cando se solicitou ou concedeu a axuda ou por non ser posible por outros motivos, a publicidade do financiamento deberase facer mediante constancia na páxina web do solicitante da existencia da subvención, consistente na mención expresa na web da acción obxecto da subvención.
b) No caso de campañas de publicidade, o solicitante poderá substituír a inserción dos logotipos anteriores nos anuncios pola constancia na web do solicitante da axuda da existencia da subvención, consistente na mención expresa na web da acción obxecto da subvención.
7. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
8. No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.
9. Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Os solicitantes que non teñan experiencia exportadora previa terán que dispor dun diagnóstico positivo do potencial de internacionalización da empresa realizado a través de programas de Igape a partir de 2012.
Os solicitantes que non dispoñan do diagnóstico citado anteriormente pero teñan experiencia exportadora previa, deberán acreditar dita experiencia exportadora que deberá ser validada por Igape.
A solicitude do diagnóstico, así como a actualización da información do diagnóstico anterior a 2012 ou a validación da experiencia exportadora deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda (a través do procedemento do Igape IG 192 - Prestación de servizos: diagnósticos de internacionalización).
Non poderán ter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).
Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as grandes empresas figura no punto 2.2 das directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras (DOUE C 249, do 31 de xullo de 2014) e que para as pemes aparece no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
AUTONÓMICA
Resolución do 4 de maio de 2015 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2015 das bases reguladoras das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 85 do 7 de maio de 2015).
AUTONÓMICA
Resolución do 19 de decembro de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DO
Publicar as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos financeiros das pequenas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 , instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.
As presentes bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas ao financiamento dos investimentos en Galicia por parte das pequenas empresas.
Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nestas bases aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa ou pequenas empresas, incluídos os autónomos, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión das axudas. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Ler máis Ler menos
- Terán que ter formalizada unha operación de préstamo cunha entidade financeira adherida ao convenio de colaboración asinado para efecto, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das presentes bases, con fondos do ICO das liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2017, ICO-Garantía SGR/SAECA 2017 ou ben con fondos da propia entidade financeira, sempre que estean avalados por unha SGR.
No caso de sociedades civís e comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica, o préstamo deberá estar formalizado a nome da entidade e deberá ser asinado por cada un dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo da autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.
En calquera caso, os préstamos deberán estar formalizados a partir do 1 de xaneiro de 2017 e con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, por un importe superior a 25.000 , a un prazo igual ou superior a cinco anos, e cumprir coas condicións específicas e características dos proxectos que se van financiar, establecidas nestas bases.
- En aplicación do artigo 48.b) da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, os solicitantes poderán acreditar o cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro mediante unha declaración responsable que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude.
- Ademais de reunir os requisitos establecidos para cada liña de financiamento deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións e non ser considerados empresas en crise de acordo coa definición de empresa en crise establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE.
Condicións específicas para o acceso ás axudas do Igape
1. Actividade.
Os proxectos obxecto de financiamento a través desta liña terán que corresponderse con algunha das actividades sinaladas no anexo II. Non obstante, no caso de proxectos que se van desenvolver por emprendedores, considéranse atendibles todas as actividades, agás as excluídas nas letras c), d) e e) do artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis; para as empresas do sector pesqueiro, as establecidas no artigo 1 do Regulamento (CE) nº 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e para as empresas do sector agrícola, as descritas no artigo 1 do Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis no sector da produción de produtos agrícolas (DOUE do 21 de decembro).
2. Localización.
O investimento obxecto de financiamento deberá realizarse en Galicia.
Ler máis Ler menos
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Resolución do 14 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (liña pequenas empresas) (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2017).
Resolución do 23 de outubro de 2017 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, subscrito coas entidades financeiras adheridas e as sociedades de garantía recíproca (liña pequenas empresas) (DOG nº 209 do 3 de novembro de 2017).
Estas bases regulan o contido e o procedemento de tramitación do programa de apoio dirixido a facilitar o acceso ao financiamento por parte das pemes do seu activo corrente.
Poderán acceder aos reavais previstos nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.
Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso, o préstamo deberá estar formalizado a nome da entidade e deberá ser asinado por cada un dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo de autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.
Ler máis Ler menos
- En calquera caso, deberán ter radicado o seu domicilio fiscal e desenvolver a súa actividade económica en Galicia..
- En aplicación do artigo 49.b) da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, os solicitantes poderán acreditar o cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma ou ser debedor por resolución de procedencia de reintegro mediante unha declaración responsable que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude.
- Ademais, deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecida no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións, e non ser considerados empresas en crise, de acordo coa definición de empresa en crise establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE.
- Poderán acollerse a este programa de apoio aquelas pequenas e medianas empresas que formalicen un préstamo que se destine ao financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas aos traballadores, tributos, cotas á Seguridade Social, gastos de alugamento, pagamentos a provedores e a acredores por prestación de servizos, cotas de débedas bancarias a longo prazo e cotas de leasing que venzan durante o período de disposición do préstamo formalizado ao abeiro desta liña, así como a cancelación anticipada de pólizas de crédito ou préstamos destinados á mesma finalidade, que venzan durante o devandito período de disposición. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou en activos financeiros.
Ler máis Ler menos
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Resolución do 26 de xullo de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras do programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2018), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 153 do 10 de agosto de 2018)
Extracto da Resolución do 26 de xullo de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras do programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2018), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 153 do 10 de agosto de 2018).
Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación dunha liña de compensación dos xuros asociados ao financiamento obtido polos autónomos e microempresas do sector do comercio polo miúdo, mediante a liña de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas (Resolución do 25 de setembro de 2009, DOG nº191, do 29 de setembro) en diante, Plan Re-Solve. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Axuda do Igape, compatibilidade e límites.
1. O Igape compensará o tipo de xuro das operacións acollidas ás presentes bases mediante unha axuda adicional do 2,5% do principal do préstamo ou crédito formalizado.
2. A concesión das axudas destas bases queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.
3. As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis e cumprirán co establecido no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379/5 do 28 de decembro). As axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 ? durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Ler máis Ler menos
Poderán acceder ás axudas previstas nestas bases as microempresas e autónomos beneficiarios do Plan Re-Solve que desenvolvan algunha das actividades recollidas nos seguintes epígrafes do CNAE 2009:
Venda e reparación de vehículos de motor e moticicletas coa exclusión da actividade 45.31.-Comercio por xunta de recambios e accesorios de vehículos de motor.
Comercio polo miúdo, salvo de vehículos de motor e motocicletas.
Os beneficiarios terán que estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma de Galicia e cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e no seu regulamento, para seren beneficiarios da axuda.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Área de financiamento
Subdirección de Programas de Acceso ao Crédito
Complexo Admtvo. San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541156 / 902300903
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182239
Fax: 981182240
Email: coruña@igape.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981337101
Fax: 981337106
Email: ferrol@igape.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294032
Fax: 982294801
Email: lugo@gape.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988687289
Fax: 988687290
Email: ourense@gape.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805305
Fax: 986805308
Email: pontevedra@igape.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817366
Fax: 986817361
Email: vigo@igape.es
Ler máis Ler menos
Subdirección de Programas de Acceso ao Crédito
Resolución do 25 de febreiro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ao sector do comercio polo miúdo, complementarias á liña de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas (Plan Re-Solve) (DOG nº 44 do 5 de marzo de 2010).
Estas bases regulan o obxecto, requisitos e procedemento de tramitación para a creación e posta en marcha dun mecanismo que lles facilite ás pemes galegas produtoras de uva, directamente ou a través das súas asociacións, o financiamento da venda da súa produción ás adegas e demais industrias transformadoras, mediante o desconto ou anticipo bancario de letras de cambio aceptadas, obrigas de pagamento á orde, ou calquera outro documento que poida ser anticipado pola entidade financeira, asinados polos seus clientes para o pagamento de facturas emitidas dende o 1 de setembro de 2011 ata un mes despois da data de publicación destas bases reguladoras.
A liña de desconto terá un límite global máximo de 15 millóns de euros e o seu importe distribuirase entre as entidades financeiras participantes. O criterio de repartición será o seguinte: os primeiros 10 millóns de euros repartiranse proporcionalmente ao montante de operacións financeiras de desconto realizadas ao abeiro das bases publicadas mediante Resolución do 5 de xaneiro de 2010, cun mínimo de 200.000 ? por entidade financeira adherida. Os restantes 5 millóns de euros serán asignados á solicitude das entidades financeiras adheridas, unha vez esgotado o seu correspondente cupo, por orde de solicitude e en función das solicitudes que certifiquen ter recibidas.
Poderán acceder ao mecanismo de financiamento previsto nestas bases aquelas pequenas ou medianas empresas conforme a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008) polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), produtoras de uva e que teñan un centro de traballo en Galicia, que non tivesen percibido axudas en réxime de minimis nos tres anos anteriores por importe superior a 7.500 ? e que cumpran os requisitos para obter a condición de beneficiario establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As liñas de desconto bancario deberán destinarse a adiantar o 100% do importe das letras de cambio aceptadas, das obrigas de pagamento á orde ou calquera outro documento habitualmente aceptado para o desconto ou anticipo polas entidades financeiras, asinados por razón da venda de uva.
Os documentos de pagamento presentados a desconto bancario deberán ter un vencemento non superior a doce meses dende a data da factura.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)
Resolución do 10 de abril de 2012 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a habilitación dunha liña de financiamento específica para os produtores galegos de uva, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras adheridas, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 69 do 11 de abril de 2012).
Corrección de erros. Resolución do 10 de abril de 2012 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a habilitación dunha liña de financiamento específica para os produtores galegos de uva, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras adheridas, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 81 do 27 de abril de 2012).