IG523A - Axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 euros (Liña pequenas empresas).

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Publicar as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos financeiros das pequenas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 €, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

As presentes bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas ao financiamento dos investimentos en Galicia por parte das pequenas empresas.

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nestas bases aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa ou pequenas empresas, incluídos os autónomos, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión das axudas. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ler máis Ler menos

Requisitos

- Terán que ter formalizada unha operación de préstamo cunha entidade financeira adherida ao convenio de colaboración asinado para efecto, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das presentes bases, con fondos do ICO das liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2017, ICO-Garantía SGR/SAECA 2017 ou ben con fondos da propia entidade financeira, sempre que estean avalados por unha SGR.

No caso de sociedades civís e comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica, o préstamo deberá estar formalizado a nome da entidade e deberá ser asinado por cada un dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo da autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.

En calquera caso, os préstamos deberán estar formalizados a partir do 1 de xaneiro de 2017 e con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, por un importe superior a 25.000 €, a un prazo igual ou superior a cinco anos, e cumprir coas condicións específicas e características dos proxectos que se van financiar, establecidas nestas bases.

- En aplicación do artigo 48.b) da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, os solicitantes poderán acreditar o cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro mediante unha declaración responsable que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude.

- Ademais de reunir os requisitos establecidos para cada liña de financiamento deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións e non ser considerados empresas en crise de acordo coa definición de empresa en crise establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE.

Condicións específicas para o acceso ás axudas do Igape

1. Actividade.

Os proxectos obxecto de financiamento a través desta liña terán que corresponderse con algunha das actividades sinaladas no anexo II. Non obstante, no caso de proxectos que se van desenvolver por emprendedores, considéranse atendibles todas as actividades, agás as excluídas nas letras c), d) e e) do artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis; para as empresas do sector pesqueiro, as establecidas no artigo 1 do Regulamento (CE) nº 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e para as empresas do sector agrícola, as descritas no artigo 1 do Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis no sector da produción de produtos agrícolas (DOUE do 21 de decembro).

2. Localización.

O investimento obxecto de financiamento deberá realizarse en Galicia.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

Órgano responsable

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 14 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (liña pequenas empresas) (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2017).

Ligazón á normativa

Resolución do 23 de outubro de 2017 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, subscrito coas entidades financeiras adheridas e as sociedades de garantía recíproca (liña pequenas empresas) (DOG nº 209 do 3 de novembro de 2017).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.