Xunta de Galicia

  • Obxecto

    1. As presentes bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape para o desenvolvemento e execución do Plan de fomento das exportación galegas (en diante, Plan Foexga), coa finalidade de incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

    2. O obxectivo principal do Plan Foexga é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.

    3. As actuacións que engloban o Plan Foexga están dirixidas a:

    a) Aumentar a base de empresas exportadoras.

    b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

    c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial como xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.

    d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

    4. O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/foexga a relación actualizada en todo momento das entidades colaboradoras adheridas ao programa.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

    b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

    c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.

    d) Os beneficiarios deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise. Para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no punto 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

    e) Que cumpran a normativa de axudas de minimis segundo o previsto no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), para as empresas do sector pesqueiro no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014) e para as empresas do sector agrícola no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).

    f) Que estean ao día nos pagamentos adebedados ás cámaras.

    2. Mediante a presentación da solicitude de participación na acción, os beneficiarios aceptan a tramitación a través da entidade colaboradora, que será, así mesmo, a encargada de informar puntualmente ao interesado sobre o estado da súa petición, os seus dereitos e obrigas, e das notificacións recibidas de acordo co establecido no artigo 16.2. O Igape porá a disposición deste programa, unha aplicación no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es para os efectos de cubrir o cuestionario de solicitude de participación electronicamente.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 30 de novembro de 2018 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2019-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 235 do 11 de decembro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 30 de novembro de 2018 pola que se lle dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2019-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 235 do 11 de decembro de 2018).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Regular os límites, condicións e procedementos para a tramitación de solicitudes de novacións significativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do Decreto 133/2002.

    A quen vai dirixido?

    Empresas debedoras do Igape e titulares de operacións de préstamo

    Requisitos

    Poderán acollerse a estas bases aquelas empresas debedoras do Igape e titulares de operacións de préstamo que foran concedidas ao abeiro de calquera das seguintes normativas:

    - Resolución do 26 de abril de 2002 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección que establece un programa de préstamos para financiar producións audiovisuais na Comunidade Autónoma de Galicia.

    - Resolución do 24 de marzo de 2003 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Igape, que establece un programa de préstamos para financiar proxectos emprendedores na Comunidade Autónoma de Galicia.

    - Resolución do 25 de abril de 2005 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Igape que establece un programa de préstamos para financiar proxectos en materia de innovación tecnolóxica en la Comunidade Autónoma de Galicia.


    - Resolución do 12 de decembro de 2007 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Igape que establece un programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).

    - Resolución do 16 de marzo de 2009 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Igape que establece un programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimento (BEI).

    - Resolución do 22 de marzo de 2011 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba o Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos del Banco Europeo de Investimentos (BEI).

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 133/2002, do 11 de abril, polo que se regula a concesión de préstamos polo Instituto Galego de Promoción Económica (DOG nº 78 do 23 de abril de 2002).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 7 de agosto de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases polas que se regulan os límites, condicións e procedementos para a tramitación de solicitudes de novacións significativas nos préstamos concedidos por este instituto nos diversos programas instrumentados ao abeiro do Decreto 133/2002 (DOG nº 168 do 4 de setembro de 2013).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Publicar as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos dos autónomos e as microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 €, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

    As presentes bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas ao financiamento dos investimentos en Galicia por parte das microempresas.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nestas bases aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa, incluídos os autónomos. Para os ditos efectos, terá a consideración de microempresa a unidade económica con personalidade física ou xurídica.

    Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que vai aplicar cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) Que teña menos de 10 traballadores.

    b) Que teña unha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.

    c) Que cumpra o criterio de independencia.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 14 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos autónomos e as microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (liña microempresas) (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2017).

    Ligazón á normativa

    Resolucion do 23 de outubro de 2017 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros, subscrito coas entidades financeiras adheridas e as sociedades de garantía recíproca (liña microempresas) (DOG nº 209 do 3 de novembro de 2017).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Creación dunha liña de financiamento subsidiado para producións audiovisuais participadas por produtoras galegas, entendendo como tales producións as longametraxes, películas para a televisión, documentais, animación, mini-series de ficción, programas piloto e producións de contidos interactivos.

    A axuda do Igape para o beneficiario consistirá nunha subvención ao tipo de xuro do 4% do principal do préstamo disposto. O importe resultante da axuda destinarase á amortización anticipada do principal do préstamo.

    A quen vai dirixido?

    As pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que cumpran os requisitos do artigo 8.3 da da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    En calquera caso, deberán exercer ou ter intención de exercer a actividade de produción audiovisual e ter radicado o centro da súa actividade económica en Galicia. Para os efectos de acreditar a actividade desenvolvida poderase considerar a alta no Imposto de Actividades Económicas, Declaración Censual, ou certificación de pertenza a algunha das asociacións empresariais do sector. Para os efectos de acreditar a participación na produción audiovisual consideraranse os seguintes documentos: o contrato de coprodución e/ou distribución, ou a acreditación de posuír os pertinentes dereitos de propiedade intelectual sobre o guión, e se é o caso, o de opción sobre a obra preexistente (contrato ou documento de cesión ao produtor e Rexistro da Propiedade Intelectual do guión).


    Os solicitantes terán que cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

    Non poderán ser beneficiarias da liña de financiamento contemplada nestas bases as empresas en crise, de acordo coa definición das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (DO C 244 do 1/10/2004).

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    -Serán financiables os gastos necesarios para o desenvolvemento da produción audiovisual que se incorporarán ao inmobilizado da empresa beneficiaria, tales como a adquisición de dereitos de guión e música, gastos de persoal artístico e equipo técnico, escenografía, estudos, rodaxe, aluguer de maquinaria e transportes, dietas, traballos de laboratorio, montaxe e sonorización, gravación de música, dobraxe, sonorización, primas de seguros, etc. Non se poderán financiar os impostos indirectos recuperables que graven a adquisición, nin as achegas a realizar ás sociedades de garantía recíproca.
    -Prazo de realización dos investimentos. Poderán ser financiadas as producións iniciadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2010.
    -O importe das operacións que se formalicen ao abeiro destas bases será como máximo de 1.500.000 euros. Unha mesma empresa non poderá acollerse durante tres anos consecutivos a préstamos por importe conxunto superior a 2.300.000 ?.

    -O importe dos préstamos subvencionables acollidos a estas bases poderá acadar ata o 100% do custo, excluíndo os impostos indirectos recuperables e a achega á SGR, determinándose en función da porcentaxe da participación de produtoras galegas na produción.
    -Prazo de disposición. O número de disposicións e/ou a súa contía mínima poderá pactarse libremente entre a entidade financeira e o prestameiro, dentro do prazo máximo ata o 31 de decembro de 2011.
    -Prazo de reembolso. Os préstamos terán un prazo de vixencia entre 3 e 5 anos, cunha única amortización ao seu vencemento. Os importes percibidos como consecuencia dos dereitos de crédito endosados en garantía da operación, serán destinados á amortización anticipada do préstamo.
    -Amortización anticipada. A operación financeira poderá ser amortizada sen custo de forma anticipada, total ou parcialmente, por vontade do beneficiario.
    -As sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas non lles repercutirán aos prestameiros e avalados ningún tipo de gasto ou comisión derivados das operacións aprobadas en aplicación destas bases. A estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.
    -Os prestameiros deberán realizar, se é o caso, a achega para adherirse á sociedade de garantía recíproca que corresponda.
    -As operacións formalizadas ao abeiro destas bases poderán contar alternativamente:
    a) Con aval de sociedade de garantía recíproca polo 100% do importe do financiamento. Neste caso a entidade financeira non requirirá garantías adicionais, e as sociedades de garantía recíproca poderán afectar como garantía os acordos contractuais sobre difusión ou vendas de producións que formalice o prestameiro, e tomar outras garantías persoais.
    b) Con outro tipo de garantías: neste caso as entidades financeiras poderán afectar como garantía os acordos contractuais sobre difusión ou vendas de producións que formalice o prestameiro, así como tomar outras garantías persoais ou reais.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981182239

    Fax: 981182240

    Email: coruña@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

    15403 Ferrol (Coruña, A)

    Teléfono: 981337101

    Fax: 981337106

    Email: ferrol@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294032

    Fax: 982294801

    Email: lugo@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988687289

    Fax: 988687290

    Email: ourense@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805305

    Fax: 986805308

    Email: pontevedra@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817366

    Fax: 986817361

    Email: vigo@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    Ligazón á normativa

    Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 1 de decembro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación dunha liña de financiamento subsidiado para producións audiovisuais que realicen as pemes galegas, instrumentada mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 235 de 9 de decembro de 2010)

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro de 1992).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Incentivar a realización de actuacións de difusión e promoción xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas do sector téxtil moda confección nos mercados externos a Galicia, tanto estatais coma internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:

    1. Actuacións de difusión:
    a) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizados a través de campañas ou insercións en prensa, revistas, internet e valos publicitarios, sempre que a súa difusión se realice fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
    b) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizadas a través da elaboración de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, que conteñan información da empresa beneficiaria e que contribúan á divulgación e coñecemento dos seus produtos fóra do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.


    2. Actuacións de promoción:
    a) Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos sectoriais de carácter profesional que teñan lugar fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto a participación en feiras incluídas no Plan Foexga (publicado na web do Igape) a non ser que non se poida participar na acción Foexga por exceso de cupo ou outras causas non imputables ao beneficiario.
    b) Eventos promocionais, realizados fóra de España, tanto se teñen por obxecto a presentación da marca e/ou produto ao mercado, como a propia empresa a potenciais clientes, socios ou inversores. Podendo tratarse de actuacións levadas a cabo de forma individual ou conxunta con outras empresas galegas, sexan ou non do sector téxtil-moda.

    3. So se concederá un expediente por beneficiario, no que se poderán incluír varios proxectos dos mencionados.

    4. Non se concederá nin liquidará axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, presenten un gasto subvencionable inferior a 5.700? (8.000? no caso de grandes empresas).

    Conceptos subvencionables:

    1. Nas actuacións de difusión, previstas no punto 1.1 do artigo 1º terán a consideración de conceptos subvencionables:
    - Estilismo, fotografía e contratación de modelos.
    - Deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.
    - Inserción nos medios de comunicación descritos no punto 1.1. a) do mesmo artigo.

    2. Nas actuacións de promoción, previstas no punto 1.2 do artigo 1 terán a consideración de conceptos subvencionables:
    - Aluguer de espazos e servizos.
    - Construción, montaxe e decoración de postos.
    - Inscrición e seguro obrigatorio.
    - Inserción no catálogo da feira.
    - Estilismo, fotografía e contratación de modelos.
    - Traballos de empresas de marketing, comunicación ou relacións públicas específicos para o evento.
    - Inserción de anuncios.
    - Cando se trate de feiras ou eventos no estranxeiro, a contratación de intérpretes.

    3. Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:
    a) Os gastos do persoal habitual contratado pola empresa e calquera outro derivado da actividade habitual e corrente da empresa solicitante.
    b) Os custos de mailings, convites e regalos promocionais.
    c) Deseño, creación e aloxamento de páxinas web.
    d) Imposto sobre o valor engadido (IVE).
    e) Gastos de actuacións realizadas ou dirixidas ao ámbito da Comunidade Autónoma galega.
    f) Aqueles gastos que resulten de carácter xeneralista ou non estean expresamente referidos á actuación concreta que se propón para a subvención.
    g) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
    h) Os gastos de viaxe.
    i) Aqueles outros que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable.

    4. Os gastos e investimentos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2015 (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir do 1 de xaneiro de 2015) e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda, sen que nunca poida exceder do 30 de xuño de 2015.

    Tamén serán subvencionables aquelas actuacións do punto 1.2 do artigo 1 executadas no exercicio 2014, sempre que a data de execución sexa posterior ao 31 de outubro de 2014. Xustifícase esta retroactividade dado que a convocatoria destas axudas para o ano 2014 (Resolución do 18 de xullo de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020. DOG núm. 142, do 29 de xullo de 2014), estableceu como data límite de execución o 31 de outubro de 2014.
    Tamén serán subvencionables os gastos efectuados no segundo semestre do exercicio 2014 exixidos en concepto de reserva para a participación en eventos expositivos realizados no exercicio 2015.

    5. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, o que deberá acreditar o solicitante, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.

    6. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.
    A non vinculación demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.
    Admítese a subcontratación das actividades subvencionadas polos beneficiarios, sen límite respecto ao importe da actividade subvencionada, esixíndose aos beneficiarios o cumprimento das obrigas establecidas nos artigos 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e 43 do seu regulamento. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

    7. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

    O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    As sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), sexan ou non pemes, pertencentes ao sector téxtil moda confección con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que figuren dadas de alta nas agrupacións 43, 44 e/ou 45 do imposto de actividades económicas ou no grupo 613, en Galicia

    Son obrigas dos beneficiarios:
    1. Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.
    2. Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.
    3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006.

    4. Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
    5. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante o prazo de tres anos posteriores ao peche do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, tal como se define no artigo 89.3 do Regulamento 1083/2006 do Consello. Todo isto, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control e deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
    6. Darlle publicidade ao financiamento dos gastos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape, Xunta de Galicia e o Feder, así como lendas relativas ao financiamento público nas stands, carteis, placas conmemorativas, materiais impresos que vaian a ser obxecto de difusión máis alá do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais, convocatorias e difusión de eventos ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, que teñan relación co proxecto subvencionado, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación, así como as normas e instrucións contidas no manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderanse descargar no enderezo da internet http://www.igape.es.
    Para dar publicidade do financiamento atenderase ao establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG núm. 227, do 19 de novembro) e nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, puntos 1) e 2) do Regulamento (CE) núm. 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009. Estas medidas están recollidas na «Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013», que pode consultarse na páxina web www.conselleriadefacenda.es.
    a) No caso de que o evento xa tivese lugar cando se solicitou ou concedeu a axuda ou por non ser posible por outros motivos, a publicidade do financiamento deberase facer mediante constancia na páxina web do solicitante da existencia da subvención, consistente na mención expresa na web da acción obxecto da subvención.
    b) No caso de campañas de publicidade, o solicitante poderá substituír a inserción dos logotipos anteriores nos anuncios pola constancia na web do solicitante da axuda da existencia da subvención, consistente na mención expresa na web da acción obxecto da subvención.
    7. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    8. No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.
    9. Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Os solicitantes que non teñan experiencia exportadora previa terán que dispor dun diagnóstico positivo do potencial de internacionalización da empresa realizado a través de programas de Igape a partir de 2012.

    Os solicitantes que non dispoñan do diagnóstico citado anteriormente pero teñan experiencia exportadora previa, deberán acreditar dita experiencia exportadora que deberá ser validada por Igape.

    A solicitude do diagnóstico, así como a actualización da información do diagnóstico anterior a 2012 ou a validación da experiencia exportadora deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda (a través do procedemento do Igape IG 192 - Prestación de servizos: diagnósticos de internacionalización).

    Non poderán ter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).


    Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as grandes empresas figura no punto 2.2 das directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras (DOUE C 249, do 31 de xullo de 2014) e que para as pemes aparece no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 19 de decembro de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 248 do 29 de decembro de 2014).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 4 de maio de 2015 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2015 das bases reguladoras das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 85 do 7 de maio de 2015).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica

    Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 02/01/2015 - 02/02/2015.

    Comezará o día 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 2 de febreiro de 2015.

    Prazo de resolución: O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o 15 de maio de 2015

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • O formulario de solicitude deberá vir acompañada da seguinte documentación:
      • Copia do DNI do solicitante ou do seu representante legal, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
      • Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e de nomeamento do representante legal e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.
      • Memoria de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención que incluirá: nome das actuacións, descrición, obxectivos, data de realización/execución, lugar de realización/execución, o/os provedor/es empregados para cada unha das actuacións así como orzamento por actuación e provedor.
      • As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3º da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.4 das bases reguladoras.
      • Ademais disto e, se e o caso, para os efectos sinalados no artigo 6.2 destas bases, achegarase a seguinte documentación:
        • a) Xustificantes de participación ou reserva de participación, ou xustificantes de aluguer ou reserva de espazo de actuacións destas bases realizadas ou a realizar no 2015 nos mercados internacionais ou en España sempre que teñan carácter internacional.
        • b) Xustificantes de aluguer ou reserva de espazo da participación en 2015 nun evento internacional celebrado fóra de España e das facturas e xustificantes de pagamento acreditativas da participación durante polo menos unha edición en cada un dos tres anos anteriores (2012, 2013 e 2014) na mesma feira internacional no estranxeiro.
        • c) Certificado expedido Clúster Galego Textil Moda da existencia dun protocolo de colaboración para a realización dunha actividade do tipo das citadas no artigo 1.2.b. desta resolución.
        • d) Certificado expedido polo órgano competente de pertenza ao Clúster Galego Textil Moda.
          De acordo co disposto no artigo 35 f) da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 20.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa se atope en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.
          De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución.
          Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, os requirimentos citados de emenda realizaranse preferentemente mediante publicación no DOG e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamen se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, e poderase indicar que os seguintes actos administrativos deste procedemento serán notificados a traves do citado enderezo. Excepcionalmente, se a instrución do procedemento o aconsella, o órgano competente poderá substituír esta publicación no DOG e na web, pola notificación individualizada de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.
      • A tramitación destas bases require a verificación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, o formulario de solicitude inclúirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice ao órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos nestas bases reguladoras.
      • As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nestas bases reguladoras, salvo que estes xa estivesen en poder do Igape; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia nos que foron presentados ou, se e o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.
        Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
      • A presentación da solicitude pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos establecidos regulamentariamente.
      • Dentro do prazo establecido na convocatoria, para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención a traves da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.
      • Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia tecnica, a traves dos números de telefono 902 30 09 03 ou 981 54 11 47, ou os que en cada momento se establezan para esta finalidade. Desde este servizo poderá accederse á aplicación informática e cubrir o formulario e xerar o IDE identificativo, no caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet.
        Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanumericos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.
      • As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatoria na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanumericos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, concedendolles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal se lles terá por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivo.
      • Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
        Alternativamente, unha vez xerada a solicitude, tamen se poderá presentar en soporte papel no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario de solicitude normalizada (anexo I) co IDE, acompañada da documentación establecida no artigo 8.4, en orixinal ou copia cotexada.
      • Na presentación por vía electrónica, de conformidade co artigo 35.2 da Lei 11/2007, os interesados deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 8.4, responsabilizándose e garantindo a persoa que asina a solicitude a fidelidade dos ditos documentos co orixinal mediante o emprego da súa sinatura electrónica. O Igape poderá requirir o interesado a exhibición do documento ou da información orixinal. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.
        Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.
        Os solicitantes por esta vía telemática deberán reunir os seguintes requisitos:
        a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.
        b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004 da Consellería de Economía e Facenda pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro de 2004). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.
        c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.
        d) Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
        e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no que quedará constancia do feito da presentación.
        f) Os interesados que cumpran os requisitos do punto b) anterior, tamen poderán empregar a vía telemática para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante teña indicado no formulario a súa preferencia polo emprego da notificación telemática neste procedemento de axudas. Neste caso o solicitante deberá acceder á web do Igape no enlace tramitación telemática, para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático). Os efectos destas notificacións serán os establecidos na Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE nº 150, do 23 de xuño).
        Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no que desexan recibir o xustificante.
      • No prazo prazo de presentación de solicitudes, no caso de que o día final do prazo coincidise en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
    15703Santiago de Compostela
    Teléfono: 900815151Fax: 981558844
    Email: informa@igape.es

    Versión en formato PDF

    Incentivar a realización de actuacións de difusión e promoción xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas do sector téxtil moda confección nos mercados externos a Galicia, tanto estatais coma internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:
    1. Actuacións de difusión:
    a) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizados a través de campañas ou insercións en prensa, revistas, internet e valos publicitarios, sempre que a súa difusión se realice fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
    b) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizadas a través da elaboración de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, que conteñan información da empresa beneficiaria e que contribúan á divulgación e coñecemento dos seus produtos fóra do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
    2. Actuacións de promoción:
    a) Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos sectoriais de carácter profesional que teñan lugar fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto a participación en feiras incluídas no Plan Foexga (publicado na web do Igape) a non ser que non se poida participar na acción Foexga por exceso de cupo ou outras causas non imputables ao beneficiario.
    b) Eventos promocionais, realizados fóra de España, tanto se teñen por obxecto a presentación da marca e/ou produto ao mercado, como a propia empresa a potenciais clientes, socios ou inversores. Podendo tratarse de actuacións levadas a cabo de forma individual ou conxunta con outras empresas galegas, sexan ou non do sector téxtil-moda.
    3. So se concederá un expediente por beneficiario, no que se poderán incluír varios proxectos dos mencionados.
    4. Non se concederá nin liquidará axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, presenten un gasto subvencionable inferior a 5.700? (8.000? no caso de grandes empresas).
    Conceptos subvencionables:
    1. Nas actuacións de difusión, previstas no punto 1.1 do artigo 1º terán a consideración de conceptos subvencionables:
    - Estilismo, fotografía e contratación de modelos.
    - Deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.
    - Inserción nos medios de comunicación descritos no punto 1.1. a) do mesmo artigo.
    2. Nas actuacións de promoción, previstas no punto 1.2 do artigo 1 terán a consideración de conceptos subvencionables:
    - Aluguer de espazos e servizos.
    - Construción, montaxe e decoración de postos.
    - Inscrición e seguro obrigatorio.
    - Inserción no catálogo da feira.
    - Estilismo, fotografía e contratación de modelos.
    - Traballos de empresas de marketing, comunicación ou relacións públicas específicos para o evento.
    - Inserción de anuncios.
    - Cando se trate de feiras ou eventos no estranxeiro, a contratación de intérpretes.
    3. Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:
    a) Os gastos do persoal habitual contratado pola empresa e calquera outro derivado da actividade habitual e corrente da empresa solicitante.
    b) Os custos de mailings, convites e regalos promocionais.
    c) Deseño, creación e aloxamento de páxinas web.
    d) Imposto sobre o valor engadido (IVE).
    e) Gastos de actuacións realizadas ou dirixidas ao ámbito da Comunidade Autónoma galega.
    f) Aqueles gastos que resulten de carácter xeneralista ou non estean expresamente referidos á actuación concreta que se propón para a subvención.
    g) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
    h) Os gastos de viaxe.
    i) Aqueles outros que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable.
    4. Os gastos e investimentos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2015 (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir do 1 de xaneiro de 2015) e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda, sen que nunca poida exceder do 30 de xuño de 2015.
    Tamén serán subvencionables aquelas actuacións do punto 1.2 do artigo 1 executadas no exercicio 2014, sempre que a data de execución sexa posterior ao 31 de outubro de 2014. Xustifícase esta retroactividade dado que a convocatoria destas axudas para o ano 2014 (Resolución do 18 de xullo de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020. DOG núm. 142, do 29 de xullo de 2014), estableceu como data límite de execución o 31 de outubro de 2014.
    Tamén serán subvencionables os gastos efectuados no segundo semestre do exercicio 2014 exixidos en concepto de reserva para a participación en eventos expositivos realizados no exercicio 2015.
    5. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, o que deberá acreditar o solicitante, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.
    6. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.
    A non vinculación demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.
    Admítese a subcontratación das actividades subvencionadas polos beneficiarios, sen límite respecto ao importe da actividade subvencionada, esixíndose aos beneficiarios o cumprimento das obrigas establecidas nos artigos 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e 43 do seu regulamento. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.
    7. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
    O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

    Beneficiarios:

    As sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), sexan ou non pemes, pertencentes ao sector téxtil moda confección con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que figuren dadas de alta nas agrupacións 43, 44 e/ou 45 do imposto de actividades económicas ou no grupo 613, en Galicia
    Son obrigas dos beneficiarios:
    1. Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.
    2. Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.
    3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006.
    4. Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
    5. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante o prazo de tres anos posteriores ao peche do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, tal como se define no artigo 89.3 do Regulamento 1083/2006 do Consello. Todo isto, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control e deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
    6. Darlle publicidade ao financiamento dos gastos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape, Xunta de Galicia e o Feder, así como lendas relativas ao financiamento público nas stands, carteis, placas conmemorativas, materiais impresos que vaian a ser obxecto de difusión máis alá do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais, convocatorias e difusión de eventos ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, que teñan relación co proxecto subvencionado, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación, así como as normas e instrucións contidas no manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderanse descargar no enderezo da internet http://www.igape.es.
    Para dar publicidade do financiamento atenderase ao establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG núm. 227, do 19 de novembro) e nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, puntos 1) e 2) do Regulamento (CE) núm. 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009. Estas medidas están recollidas na «Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013», que pode consultarse na páxina web www.conselleriadefacenda.es.
    a) No caso de que o evento xa tivese lugar cando se solicitou ou concedeu a axuda ou por non ser posible por outros motivos, a publicidade do financiamento deberase facer mediante constancia na páxina web do solicitante da existencia da subvención, consistente na mención expresa na web da acción obxecto da subvención.
    b) No caso de campañas de publicidade, o solicitante poderá substituír a inserción dos logotipos anteriores nos anuncios pola constancia na web do solicitante da axuda da existencia da subvención, consistente na mención expresa na web da acción obxecto da subvención.
    7. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    8. No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.
    9. Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Requisitos:

    Os solicitantes que non teñan experiencia exportadora previa terán que dispor dun diagnóstico positivo do potencial de internacionalización da empresa realizado a través de programas de Igape a partir de 2012.
    Os solicitantes que non dispoñan do diagnóstico citado anteriormente pero teñan experiencia exportadora previa, deberán acreditar dita experiencia exportadora que deberá ser validada por Igape.
    A solicitude do diagnóstico, así como a actualización da información do diagnóstico anterior a 2012 ou a validación da experiencia exportadora deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda (a través do procedemento do Igape IG 192 - Prestación de servizos: diagnósticos de internacionalización).
    Non poderán ter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).
    Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as grandes empresas figura no punto 2.2 das directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras (DOUE C 249, do 31 de xullo de 2014) e que para as pemes aparece no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución do 4 de maio de 2015 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2015 das bases reguladoras das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 85 do 7 de maio de 2015).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Resolución do 19 de decembro de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DO

  • Obxecto

    Publicar as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos financeiros das pequenas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 €, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

    As presentes bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas ao financiamento dos investimentos en Galicia por parte das pequenas empresas.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nestas bases aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa ou pequenas empresas, incluídos os autónomos, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión das axudas. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    - Terán que ter formalizada unha operación de préstamo cunha entidade financeira adherida ao convenio de colaboración asinado para efecto, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das presentes bases, con fondos do ICO das liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2017, ICO-Garantía SGR/SAECA 2017 ou ben con fondos da propia entidade financeira, sempre que estean avalados por unha SGR.

    No caso de sociedades civís e comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica, o préstamo deberá estar formalizado a nome da entidade e deberá ser asinado por cada un dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo da autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.

    En calquera caso, os préstamos deberán estar formalizados a partir do 1 de xaneiro de 2017 e con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, por un importe superior a 25.000 €, a un prazo igual ou superior a cinco anos, e cumprir coas condicións específicas e características dos proxectos que se van financiar, establecidas nestas bases.

    - En aplicación do artigo 48.b) da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, os solicitantes poderán acreditar o cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro mediante unha declaración responsable que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude.

    - Ademais de reunir os requisitos establecidos para cada liña de financiamento deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións e non ser considerados empresas en crise de acordo coa definición de empresa en crise establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE.

    Condicións específicas para o acceso ás axudas do Igape

    1. Actividade.

    Os proxectos obxecto de financiamento a través desta liña terán que corresponderse con algunha das actividades sinaladas no anexo II. Non obstante, no caso de proxectos que se van desenvolver por emprendedores, considéranse atendibles todas as actividades, agás as excluídas nas letras c), d) e e) do artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis; para as empresas do sector pesqueiro, as establecidas no artigo 1 do Regulamento (CE) nº 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e para as empresas do sector agrícola, as descritas no artigo 1 do Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis no sector da produción de produtos agrícolas (DOUE do 21 de decembro).

    2. Localización.

    O investimento obxecto de financiamento deberá realizarse en Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 14 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (liña pequenas empresas) (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2017).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 23 de outubro de 2017 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, subscrito coas entidades financeiras adheridas e as sociedades de garantía recíproca (liña pequenas empresas) (DOG nº 209 do 3 de novembro de 2017).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Estas bases regulan o contido e o procedemento de tramitación do programa de apoio dirixido a facilitar o acceso ao financiamento por parte das pemes do seu activo corrente.

    A quen vai dirixido?

    Poderán acceder aos reavais previstos nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.

    Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso, o préstamo deberá estar formalizado a nome da entidade e deberá ser asinado por cada un dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo de autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    - En calquera caso, deberán ter radicado o seu domicilio fiscal e desenvolver a súa actividade económica en Galicia..

    - En aplicación do artigo 49.b) da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, os solicitantes poderán acreditar o cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma ou ser debedor por resolución de procedencia de reintegro mediante unha declaración responsable que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude.

    - Ademais, deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecida no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións, e non ser considerados empresas en crise, de acordo coa definición de empresa en crise establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE.

    - Poderán acollerse a este programa de apoio aquelas pequenas e medianas empresas que formalicen un préstamo que se destine ao financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas aos traballadores, tributos, cotas á Seguridade Social, gastos de alugamento, pagamentos a provedores e a acredores por prestación de servizos, cotas de débedas bancarias a longo prazo e cotas de leasing que venzan durante o período de disposición do préstamo formalizado ao abeiro desta liña, así como a cancelación anticipada de pólizas de crédito ou préstamos destinados á mesma finalidade, que venzan durante o devandito período de disposición. En ningún caso poderán aplicarse a financiar investimentos en inmobilizado ou en activos financeiros.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 26 de xullo de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras do programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2018), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 153 do 10 de agosto de 2018)

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 26 de xullo de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras do programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2018), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 153 do 10 de agosto de 2018).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación dunha liña de compensación dos xuros asociados ao financiamento obtido polos autónomos e microempresas do sector do comercio polo miúdo, mediante a liña de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas (Resolución do 25 de setembro de 2009, DOG nº191, do 29 de setembro) en diante, Plan Re-Solve. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Axuda do Igape, compatibilidade e límites.

    1. O Igape compensará o tipo de xuro das operacións acollidas ás presentes bases mediante unha axuda adicional do 2,5% do principal do préstamo ou crédito formalizado.

    2. A concesión das axudas destas bases queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.


    3. As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis e cumprirán co establecido no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379/5 do 28 de decembro). As axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 ? durante calquera período de tres exercicios fiscais.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán acceder ás axudas previstas nestas bases as microempresas e autónomos beneficiarios do Plan Re-Solve que desenvolvan algunha das actividades recollidas nos seguintes epígrafes do CNAE 2009:

    Venda e reparación de vehículos de motor e moticicletas coa exclusión da actividade 45.31.-Comercio por xunta de recambios e accesorios de vehículos de motor.

    Comercio polo miúdo, salvo de vehículos de motor e motocicletas.

    Requisitos

    Os beneficiarios terán que estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma de Galicia e cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e no seu regulamento, para seren beneficiarios da axuda.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Área de financiamento

    Subdirección de Programas de Acceso ao Crédito

    Complexo Admtvo. San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981541156 / 902300903

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981182239

    Fax: 981182240

    Email: coruña@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

    15403 Ferrol (Coruña, A)

    Teléfono: 981337101

    Fax: 981337106

    Email: ferrol@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294032

    Fax: 982294801

    Email: lugo@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988687289

    Fax: 988687290

    Email: ourense@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805305

    Fax: 986805308

    Email: pontevedra@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817366

    Fax: 986817361

    Email: vigo@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Subdirección de Programas de Acceso ao Crédito

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 25 de febreiro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ao sector do comercio polo miúdo, complementarias á liña de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas (Plan Re-Solve) (DOG nº 44 do 5 de marzo de 2010).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Estas bases regulan o obxecto, requisitos e procedemento de tramitación para a creación e posta en marcha dun mecanismo que lles facilite ás pemes galegas produtoras de uva, directamente ou a través das súas asociacións, o financiamento da venda da súa produción ás adegas e demais industrias transformadoras, mediante o desconto ou anticipo bancario de letras de cambio aceptadas, obrigas de pagamento á orde, ou calquera outro documento que poida ser anticipado pola entidade financeira, asinados polos seus clientes para o pagamento de facturas emitidas dende o 1 de setembro de 2011 ata un mes despois da data de publicación destas bases reguladoras.

    A liña de desconto terá un límite global máximo de 15 millóns de euros e o seu importe distribuirase entre as entidades financeiras participantes. O criterio de repartición será o seguinte: os primeiros 10 millóns de euros repartiranse proporcionalmente ao montante de operacións financeiras de desconto realizadas ao abeiro das bases publicadas mediante Resolución do 5 de xaneiro de 2010, cun mínimo de 200.000 ? por entidade financeira adherida. Os restantes 5 millóns de euros serán asignados á solicitude das entidades financeiras adheridas, unha vez esgotado o seu correspondente cupo, por orde de solicitude e en función das solicitudes que certifiquen ter recibidas.

    A quen vai dirixido?

    Poderán acceder ao mecanismo de financiamento previsto nestas bases aquelas pequenas ou medianas empresas conforme a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008) polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), produtoras de uva e que teñan un centro de traballo en Galicia, que non tivesen percibido axudas en réxime de minimis nos tres anos anteriores por importe superior a 7.500 ? e que cumpran os requisitos para obter a condición de beneficiario establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Requisitos

    As liñas de desconto bancario deberán destinarse a adiantar o 100% do importe das letras de cambio aceptadas, das obrigas de pagamento á orde ou calquera outro documento habitualmente aceptado para o desconto ou anticipo polas entidades financeiras, asinados por razón da venda de uva.

    Os documentos de pagamento presentados a desconto bancario deberán ter un vencemento non superior a doce meses dende a data da factura.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 10 de abril de 2012 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a habilitación dunha liña de financiamento específica para os produtores galegos de uva, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras adheridas, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 69 do 11 de abril de 2012).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Resolución do 10 de abril de 2012 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a habilitación dunha liña de financiamento específica para os produtores galegos de uva, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras adheridas, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 81 do 27 de abril de 2012).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.