Xunta de Galicia

  • Obxecto

    1. O Igape poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos do programa Re-acciona TIC 2019, integrados nas seguintes categorías:

    a) Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0. Neste servizo analizarase a situación actual da empresa e farase unha detección das súas capacidades para orientarse cara a unha Industria 4.0. Tras a elaboración deste diagnóstico inicial, a contratista identificará as necesidades organizativas e tecnolóxicas que lle permitan á empresa incorporar novas tecnoloxías e preparará un itinerario de implantación tecnolóxico.

    b) Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0. Trátase de xestionar o proxecto de implantación dun mínimo de 2 medidas de solucións Industria 4.0 consideradas de maior relevancia pola empresa procedentes dun diagnóstico de capacidades que pode ser realizado dentro deste programa ou ben pode ser resultado doutra análise que ofreza similares resultados.

    c) Servizo de xeración de modelos e simulación industrial. Consiste en executar un proxecto de xeración de modelos e simulacións sobre estes. Deste xeito, debe existir un produto, prototipo ou proceso que sexa susceptible da súa modelización, así como un problema a resolver para o que se necesite realizar procesos de simulación sobre o modelo xerado.

    2. As pemes poderán solicitar axudas para a prestación dun ou varios servizos, ben que non poderán solicitar un servizo do mesmo tipo que outro xa solicitado anteriormente, a menos que renuncie ao anterior ou que a súa prestación xa estivese finalizada.

    3. Os servizos adaptaranse en cada unha das prestacións á realidade da peme destinataria. Para este efecto, deberán establecerse inicialmente os parámetros de cada un deles: priorización de necesidades, alcance do traballo e ámbitos complementarios necesarios. A empresa contratada polo Igape para a prestación do servizo actuará durante todo o proceso como facilitador, achegando a metodoloxía de traballo e asegurando a calidade deste.

    4. Determinados servizos poderían contar coa participación dun bolseiro tutelado polo axente colaborador do Igape, o cal será determinado pola dispoñibilidade destes no Igape, e pola especificidade do servizo que se vai prestar.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia, e cumprir a definición de peme. Para esta definición utilizarase a establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

    Son obrigas dos beneficiarios:

    a) Executar o proxecto de mellora no que poderán participar en todo momento técnicos do Igape.

    b) Ingresar antes da execución do servizo, mediante o procedemento establecido no artigo 10, o importe do cofinanciamento privado indicado na resolución de concesión, que non será reintegrado unha vez comezada a execución do servizo, salvo casos de forza maior debidamente xustificados.

    c) Colaborar co Igape nas actividades divulgativas do programa Re-acciona TIC: xeración de casos de éxito, material promocional, participación en presentacións, reportaxes audiovisuais, visitas demostrativas e calquera outra similar. O compromiso máximo exixido será o dunha xornada laboral dalgunha das persoas implicadas na prestación de servizo.

    d) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feder segundo o establecido no anexo II a estas bases.

    e) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ás comprobacións e verificacións a realizar polo Organismo Intermedio, a Autoridade de Xestión ou a Autoridade de Certificación e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo ou outras instancias de control, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control, durante polo menos un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos da operación. O Igape informará desta data de inicio a que se refire esta obriga.

    f) Proceder ao reintegro da axuda recibida, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    g) No caso de non ser quen de realizar o proxecto de mellora, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

    h) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza.

    i) Facilitar ao Igape ou as entidades que colaboren con el a recollida de indicadores de resultado cuantitativos e cualitativos tras a execución do servizo, e nun prazo de entre seis meses e tres anos despois da finalización deste.

    j) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

    k) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    l) As pemes beneficiarias están obrigadas a subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

    m) O beneficiario acepta que os datos resultantes da execución do servizo, unha vez desvinculados dos datos identificativos da súa empresa, pasarán a formar parte dunha base de datos para a súa explotación multicriterio con fins estatísticos, de deseño de políticas públicas e de difusión de situacións empresariais.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Non poderán ter a condición de beneficiarios:

    a) Entidades ou empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).

    b) Entidades ou empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento xeral de exención (Regulamento UE nº 651/2014).

    c) Entidades ou empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 7 do 10 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 7 del 10 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 18 de xaneiro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2019)

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 18 de xaneiro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 4 de abril de 2019 pola que se dá publicidade da resolución de concesión das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 72 do 12 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 16 maio de 2019 pola que se dá publicidade da resolución de concesión das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 99 do 27 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 17 xuño de 2019 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 120 do 26 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 19 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC 2019), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 146 do 2 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    O Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos investimentos das pemes en equipos produtivos na Comunidade Autónoma de Galicia.

    O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

    A quen vai dirixido?

    1.- Poderán ser beneficiarios destas axudas as sociedades mercantís con tamaño de pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
    2.- Que desenvolvan un proxecto de investimento para algunha das actividades subvencionables que se sinalan no Anexo II destas bases.
    3.-Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

    4.- Non poderán ter a condición de beneficiarios as sociedades que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
    5.- Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise. Para estes efectos, terase en conta a definición de empresa en crise establecida no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.
    6.- Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

    Obrigas dos beneficiarios.
    a)Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos obxecto da axuda durante 3 anos dende a finalización do prazo de execución do proxecto.
    b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención. Na súa virtude, a axuda concedida só será definitiva se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afecte a natureza do investimento ou ao cesamento da actividade . A axuda está condicionada ao respecto desas condicións e será obxecto dun procedemento de reintegro noutro caso.
    c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións do artigo 13 do Reg. (CE) nº 1828/2006. O beneficiario deberá conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do Programa Operativo Feder 2007-2013 de Galicia, tal como se define no artigo 89 punto 3º do Regulamento 1083/2006 do Consello.
    d) Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvenciona¬das, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere as porcentaxes máximas establecidas no artigo 5 destas bases respecto do custo elixible do proxecto que vai desenvolver o beneficiario.
    e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e pagamento dos conceptos subvencionables, durante polo menos un período de tres anos a partir do peche do programa operativo Feder Galicia 2017-2013, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.
    f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.
    g) Darlle publicidade ao financiamento polo Igape dos investimentos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape e a Xunta de Galicia, e Feder, así como lendas relativas ao financiamento público nos carteis, placas conmemorati¬vas, materiais impresos que vaian ser obxecto de difusión mais alá do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, que teñan relación co proxecto subvencionado, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación, así como as normas e instrucións contidas na manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderanse descargar no enderezo da internet http://www.igape.es.
    Para dar publicidade do financiamento atenderase ao establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG núm. 227, do 19 de novembro) e nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, apartados 1) e 2) do Regulamento (CE) núm. 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009. Estas medidas están recollidas na ?Guía de Publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013?, que pode consultarse na páxina web www.conselleriadefacenda.es.
    h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    i) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.
    j)Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1.- O proxecto de investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 150.000 ?, excluíndo impostos, taxas e arbitrios, e deberá estar relacionado coa creación dun novo establecemento empresarial, ampliación da capacidade dun establecemento existente, diversificación da produción en novos produtos adicionais ou un cambio esencial no proceso xeral de produción dun establecemento existente
    2.- Que a axuda solicitada supoña un efecto incentivador para o proxecto presentado. Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto o solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude ; de ser así, o proxecto, no seu conxunto, sería non subvencionable. Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos produtivos, entendéndose por proxecto os investimentos comprendidos na solicitude da axuda.

    3.- Os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos non serán subvencionables, excepto os correspondentes as actividades que tradicionalmente se viñan prestando por empresas privadas, a risco e ventura destas e cuxos clientes son tamén empresas privadas.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 19 de decembro de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos investimentos das pemes en equipamentos produtivos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 248 do 29 de decembro de 2014).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Resolución do 19 de decembro de 2014 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos investimentos das pemes en equipamentos produtivos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 68 do 13 de abril de 2015).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape para novos emprendedores e convocar para 2019 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG406F).

    A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 1420, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computando como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante. En particular:

    Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).

    Prioridade de investimento 03.01: promoción do espírito empresarial, en particular facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros de empresas.

    Obxectivo específico 03.01.02: creación de novas empresas e viveiros de empresas, en particular mellorando o acceso ao financiamento e a servizos de apoio avanzados.

    Actuación 3.1.2.1: incentivos aos investimentos en activos tanxibles e intanxibles, aprovisionamentos para a posta en marcha e outros gastos iniciais para novas persoas emprendedoras ou empresas de recente creación.

    Campo de intervención 067: desenvolvemento empresarial das peme, apoio ao espírito de empresa e á incubación (incluíndo o apoio a empresas incipientes e empresas derivadas).

    Liña de actuación 50: servizos a persoas emprendedoras e apoio financeiro para investimentos en activos tanxibles e intanxibles, aprovisionamentos para a posta en marcha para novos emprendedores ou empresas de recente creación.

    Proxectos obxecto de apoio .

    1. Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

    2. Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben que, aínda desempeñando unha actividade económica por conta propia no momento da solicitude de axuda, tanto a alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) coma o alta censual non superen os 42 meses na data de presentación da solicitude de axuda. Os autónomos societarios non teñen a condición de novo emprendedor.

    3. Considérase nova peme, para os efectos destas bases, aquela en que tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.

    4. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.

    b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.

    c) Os custos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado, nas cales non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

    Obrigas dos beneficiarios.

    a) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e das condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención.

    b) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos durante polo menos 3 anos. No caso de investimento en bens inmobles, a obriga de mantemento será de 5 anos desde a data de finalización do proxecto. No caso de reforma en inmobles arrendados, deberá manterse o arrendamento ata transcorrido o período de 5 anos desde a data de finalización do proxecto.

    c) Crear o emprego comprometido na solicitude de axuda e mantelo durante, polo menos, 2 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto.

    d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ás comprobacións e verificacións que realizará polo Organismo Intermedio, a Autoridade de Xestión ou a Autoridade de Certificación e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Consello. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e o aboamento dos custos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio adecuado das facultades de comprobación e control, durante, polo menos, un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas cales estean incluídos os gastos da operación. O Igape informará desta data de inicio a que se refire esta obriga.

    e) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere as porcentaxes establecidas no artigo 6.1 destas bases respecto do custo elixible do proxecto que vai desenvolver o beneficiario.

    As empresas beneficiarias deberán presentar unha declaración responsable, incluída no formulario de solicitude, na cal manifesten que se comprometen a axustarse ao limiar máximo de 200.000 € de importe máximo de axuda de minimis que poden recibir nun período de tres anos. Estes tres anos deben avaliarse con carácter permanente de tal modo que para cada subvención de axuda de minimis que se conceda a unha empresa en cuestión (como a presente), debe tomarse en consideración o exercicio fiscal en que se conceda a axuda (2019) e os dous exercicios fiscais anteriores.

    f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

    g) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feder segundo o establecido no anexo VI a estas bases.

    h) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

    i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    j) No caso de non poderse realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

    k) No caso de proxectos seleccionados por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado o dito plan durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previsto no artigo 13.b).

    l) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) No caso de sociedades mercantís, o seu capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que cumpran a condición de novo emprendedor segundo o establecido no artigo 1.2 e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels.

    A sociedade debe estar validamente constituída (debidamente inscrita no rexistro competente) na data de solicitude de axuda.

    b) Os solicitantes autónomos e, no caso de sociedades, polo menos unha das persoas físicas cunha participación superior ao 20 % no capital que cumpra a condición de novo emprendedor segundo o establecido no artigo 1.2, deberán ter unha dedicación exclusiva ao proxecto, non poderán desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade da nova empresa (ou no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude) e ata a fin do período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión.

    c) Cando da documentación e dos datos que consten no expediente se deduza que se produce continuidade empresarial, por baixa recente (antigüidade menor dun ano) nunha actividade que é igual ou similar á que se propón, ou por razóns que permiten concluír unha continuidade de empresa preexistente, poderase denegar motivadamente a axuda. Esta exixencia será de aplicación para todas as persoas físicas e xurídicas, e para todos os socios cando o solicitante sexa unha persoa xurídica. Para estes efectos, entenderase por actividade igual ou similar cando coincida coa actividade preexistente a nivel dos tres primeiros díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

    d) Contribución financeira exenta de axudas públicas:

    Os beneficiarios deberán achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 25 % do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

    e) Actividades:

    1º. Están excluídas das axudas as seguintes actividades, segundo o Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño):

    i) As actividades nos sectores da pesca e da acuicultura regulamentadas polo Regulamento (UE) nº 1379/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, se modifican os regulamentos (CE) nº 1184/2006 e (CE) nº 1224/2009, do Consello, e se derroga o Regulamento (CE) nº 104/2000, do Consello.

    ii) As actividades do sector da produción agrícola primaria.

    - CNAE 09: división 01 (todos os grupos e clases agás 01.61 e 01.62).

    iii) As actividades do sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

    - Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade dos ditos produtos adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.

    - Cando a axuda dependa de que se repercuta total ou parcialmente sobre os produtores primarios.

    iv) As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, do sector dos transportes, así como a infraestrutura conexa, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

    Obrigas dos beneficiarios.

    a) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e das condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención.

    b) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos durante polo menos 3 anos. No caso de investimento en bens inmobles, a obriga de mantemento será de 5 anos desde a data de finalización do proxecto. No caso de reforma en inmobles arrendados, deberá manterse o arrendamento ata transcorrido o período de 5 anos desde a data de finalización do proxecto.

    c) Crear o emprego comprometido na solicitude de axuda e mantelo durante, polo menos, 2 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto.

    d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ás comprobacións e verificacións que realizará polo Organismo Intermedio, a Autoridade de Xestión ou a Autoridade de Certificación e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Consello. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e o aboamento dos custos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio adecuado das facultades de comprobación e control, durante, polo menos, un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas cales estean incluídos os gastos da operación. O Igape informará desta data de inicio a que se refire esta obriga.

    e) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere as porcentaxes establecidas no artigo 6.1 destas bases respecto do custo elixible do proxecto que vai desenvolver o beneficiario.

    As empresas beneficiarias deberán presentar unha declaración responsable, incluída no formulario de solicitude, na cal manifesten que se comprometen a axustarse ao limiar máximo de 200.000 € de importe máximo de axuda de minimis que poden recibir nun período de tres anos. Estes tres anos deben avaliarse con carácter permanente de tal modo que para cada subvención de axuda de minimis que se conceda a unha empresa en cuestión (como a presente), debe tomarse en consideración o exercicio fiscal en que se conceda a axuda (2019) e os dous exercicios fiscais anteriores.

    f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

    g) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feder segundo o establecido no anexo VI a estas bases.

    h) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

    i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    j) No caso de non poderse realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

    k) No caso de proxectos seleccionados por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado o dito plan durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previsto no artigo 13.b).

    l) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 2 de abril de 2019 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Emprende) (DOG nº 75 do 17 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 2 de abril de 2019 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Emprende) (DOG nº 75 do 17 de abril de 2019)

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Incentivar proxectos e actuacións empresariais de distinta tipoloxía, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido ás iniciativas abertas de difusión, entendendo por tales:
    a) Xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade.
    b) Celebración en Galicia de encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados (business angels).
    c) Celebración en Galicia de congresos ou eventos expositivos de alcance internacional. O alcance internacional do evento proposto, será determinado en función do seu historial previo de congresistas e relatores no caso de congresos ou de asistentes e expositores no caso de eventos expositivos, non podendo por tanto ser considerados como tales as primeiras edicións dun determinado congreso ou evento, aqueles cuxa periodicidade sexa inferior a un ano, nin aqueles cuxo carácter internacional estea exclusivamente determinado por unha asistencia transfronteiriza ou pola presenza de relatores estranxeiros.


    Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa capacidade económica para organizar o evento (o orzamento anual da entidade non debe ser inferior ao custo do proxecto).

    Non se concederá axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, recibirían unha axuda inferior a 3.000 ?.

    O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 15 de xullo de 2016 e o prazo máximo para presentar a solicitude de cobramento será o 29 de xullo de 2016.

    O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    As entidades sen fin de lucro, con personalidade xurídica propia (organismos intermedios).

    Son obrigas dos beneficiarios:
    a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión.
    b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención. En particular, recolleranse e enviaranse ao Igape en formato electrónico os datos recollidos no anexo III.
    c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    d) Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados nacionais ou internacionais, supere o custo subvencionable do proxecto que vai desenvolver o beneficiario.
    e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables. Todo isto, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.
    f) Dar publicidade ao financiamento polo Igape dos gastos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape e a Xunta de Galicia, así como inscricións relativas ao financiamento público nos folletos, materiais impresos que vaian ser obxecto de difusión alén do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais, convocatorias e difusión de eventos ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, que teñan relación co proxecto subvencionado, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, se é o caso, sexan de aplicación. Así como as normas e instrucións contidas no manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderanse descargar no enderezo da internet http://www.igape.es
    Para dar publicidade do financiamento atenderase ao establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG núm. 227, do 19 de novembro).
    g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    h) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza de que non se executa.
    i) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) Que estean domiciliadas en Galicia ou que, tendo algún centro de actividade en Galicia, desenvolvan en Galicia, na súa totalidade, o proxecto obxecto de apoio.
    b) Que a súa actividade estea dirixida eminentemente ao mundo empresarial.

    Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817366

    Fax: 986817361

    Email: vigo@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

    15403 Ferrol (Coruña, A)

    Teléfono: 981337101

    Fax: 981337106

    Email: ferrol@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981182239

    Fax: 981182240

    Email: coruña@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294032

    Fax: 982294801

    Email: lugo@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988687289

    Fax: 988687290

    Email: ourense@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805305

    Fax: 986805308

    Email: pontevedra@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 24 de novembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección, que aproba as bases reguladoras das axudas de apoio ás iniciativas abertas de difusión, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 236 do 11 de decembro de 2015)

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Convocar, para o exercicio 2013, en réxime de concorrencia competitiva, as seguintes liñas de axuda das bases reguladoras das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa):
    1. Proxectos de adopción de novos modelos empresariais innovadores (procedemento IG127).
    2. Proxectos de deseño de novo produto (procedemento IG129).
    3. Proxectos de desenvolvemento tecnolóxico aplicado (procedemento IG131).
    4. Proxectos de implantación e certificación de proxectos de I+D+i e de sistemas de xestión (procedemento IG132).
    5. Proxectos de innovación en colaboración na cadea de valor (procedemento IG134).
    6. Proxectos de identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes (procedemento IG135).

    A quen vai dirixido?

    - As pequenas e medianas empresas (pemes) segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos, que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto, que desenvolvan actividades subvencionables e conten, polo menos, cun empregado a xornada completa con contrato laboral ou ben o equivalente en termos UTA (de acordo co artigo 5 do citado anexo I do Regulamento 800/2008).

    - Poderán ser beneficiarios as pemes dos sectores de industria (incluída a agroalimentaria), construción, turismo, comercio e servizos, e os organismos intermedios que desenvolvan proxectos para pemes destes sectores.


    Entenderase como organismo intermedio:
    a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á innovación e á modernización nas súas diversas formas ás pemes e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.
    b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á innovación e á competitividade das pemes e promovan proxectos nos cales non persigan a obtención de beneficios.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Requisitos dos proxectos subvencionables:
    a) Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, ambiental.
    b) No caso de proxectos que inclúan investimentos, o beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.
    c) Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Serán subvencionables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude de axuda e dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos.

    d) Non se concederá máis dunha axuda por cada liña a unha mesma peme ou a un mesmo organismo intermedio dentro da mesma convocatoria.
    e) Non se concederá axuda a aqueles proxectos que, unha vez avaliados, recibirían unha axuda inferior a 3.000 ?.

    Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 1.7 do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 800/2008). Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

    Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

    Non serán subvencionables as seguintes actividades:

    a) As actividades relacionadas coa exportación, concretamente as directamente vinculadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora.

    b) As axudas subordinadas á utilización preferente de produtos nacionais respecto a produtos importados.

    c) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura dos produtos regulados polo Regulamento (CE) 104/2000:
    - CNAE 09: divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases agás 01.61, 01.62 e 02.40).
    - CNAE 09: grupo 10.2 (todas as clases) e clase 46.38.

    d) O sector da industria siderúrxica conforme a definición que recolle o anexo I das Directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08):
    - CNAE 09: grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52.

    e) O sector de fibras sintéticas conforme a definición que recolle o anexo II das Directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08).

    f) O sector do carbón e do aceiro:
    - CNAE 09: división 05 (todos os grupos e clases).

    g) O sector da construción naval consonte ao disposto na comunicación da Comisión DO C 160, do 28.10.2006:
    - CNAE 09: clase 30.11.

    Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas cuxa actividade de subministradoras de bens ou prestadoras de servizos se desenvolva nos mesmos ámbitos para os cales solicitan a axuda.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981182239

    Fax: 981182240

    Email: coruña@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

    15403 Ferrol (Coruña, A)

    Teléfono: 981337101

    Fax: 981337106

    Email: ferrol@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294032

    Fax: 982294801

    Email: lugo@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988687289

    Fax: 988687290

    Email: ourense@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805305

    Fax: 986805308

    Email: pontevedra@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817366

    Fax: 986817361

    Email: vigo@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 20 de maio de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) (DOG nº 107 do 6 de xuño de 2013).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Resolución do 20 de maio de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (Gain) (DOG nº 129 do 9 de xullo de 2013).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 24 de setembro de 2013 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das solicitudes das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOG nº 189 do 3 de outubro de 2013).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 17 de decembro de 2013 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o exercicio 2013 das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOG nº 242 do 19 de decembro de 2013).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Incentivar proxectos e actuacións empresariais de distinta tipoloxía, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 ? e 200.000 euros (procedemento IG174).

    O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

    O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro de 2014 para os proxectos que finalicen en 2014 e o 30 de xuño de 2015 para os proxectos que finalicen no ano 2015. Os beneficiarios deberán presentar a solicitude de cobramento no prazo improrrogable dun mes desde o día seguinte á dita data (no caso de que coincida en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte).

    A quen vai dirixido?

    As pequenas e medianas empresas (pemes) segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), que teñan radicado algún centro de actividade de carácter permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolvan no centro radicado en Galicia algunha actividade empresarial non excluída no citado Regulamento (CE) nº 800/2008, xeral de exención por categorías, e acometan proxectos subvencionables. Non serán subvencionables as seguintes actividades:

    a) As actividades de produción primaria dos produtos agrarios, e as actividades nos sectores da pesca e da acuicultura reguladas polo Regulamento (CE) 104/2000.

    - CNAE 09: divisións 01, 02, 03 e 05 (todos os grupos e clases agás 01.61, 01.62 e 02.40).
    - CNAE 09: grupo 10.2 (todas as clases) e clase 46.38.

    b) O sector da industria siderúrxica conforme a definición que recolle o anexo I das directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08):
    - CNAE 09: grupos 24.1, 24.2 e 24.3 (todas as clases) e clases 24.51, 24.52.

    c) O sector de fibras sintéticas conforme a definición que recolle o anexo II das directrices comunitarias sobre as axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08).

    d) O sector do carbón e do aceiro:
    - CNAE 09: división 05 (todos os grupos e clases).

    e) O sector da construción naval consonte o disposto na comunicación da Comisión DO C 160, do 28 de outubro de 2006:
    - CNAE 09: clase 30.11.

    Se cumpren os requisitos de domiciliación e actividade, poderán ser, así mesmo, beneficiarias:
    a) As persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou estean na situación que motiva a concesión da subvención. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos dos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    b) As agrupacións de interese económico.

    Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 1, número 7º, do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 800/2008). Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

    Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

    Son obrigas dos beneficiarios:
    a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión e, se é o caso, manter os investimentos durante polo menos 3 anos desde a finalización do dito prazo. Na súa virtude, a axuda concedida só será definitiva se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afecte a natureza do investimento, o cesamento da actividade ou os postos de traballo. A axuda está condicionada ao respecto desas condicións e poderá ser obxecto dun procedemento de reintegro noutro caso.
    b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.
    c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, especialmente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006.
    d) Comunicarlle ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados nacionais ou internacionais, supere o custo elixible do proxecto.
    e) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante o prazo de tres anos posteriores ao peche do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, tal como se define no artigo 89.3 do Regulamento 1083/2006 do Consello. Todo isto coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control, e deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permitan seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
    f) Darlle publicidade ao financiamento dos gastos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape, a Consellería de Economía e Industria e o Feder, así como lendas relativas ao financiamento público nos postos, carteis, placas conmemorativas, materiais impresos que vaian ser obxecto de difusión máis alá do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais, convocatorias e difusión de eventos ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, que teñan relación co proxecto subvencionado, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación, así como as normas e instrucións contidas no manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderanse descargar no enderezo da internet http://www.igape.es
    Para dar publicidade do financiamento atenderase o establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG nº 227, do 19 de novembro) e nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, apartados 1) e 2), do Regulamento (CE) nº 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro. Estas medidas están recollidas na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013, que pode consultarse na páxina web www.conselleriadefacenda.es
    g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    h) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.
    i) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Requisitos dos proxectos subvencionables:

    a) Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, ambiental.

    b) O beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.

    c) Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención poderá ser incorrido con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Serán subvencionables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude de axuda e dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos establecido na resolución de concesión.


    d) O proxecto subvencionable deberá, en todo caso, estar vinculado á consolidación ou posta en marcha dalgunha das seguintes actividades do sector servizos, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante:
    - A construción.
    - O comercio por xunto e o comercio retallista: reparación de vehículos de motor e motocicletas (CNAE 09, grupos 45.1, 45.2 e 45.4)
    - O transporte e almacenamento.
    - Servizos hostaleiros de aloxamento.
    - Servizos de información e comunicacións.
    - Seguros, reaseguros e fondos de pensións, excepto seguridade social obrigatoria, actividades financeiras auxiliares aos servizos financeiros e aos seguros.
    - Actividades inmobiliarias.
    - Actividades profesionais, científicas e técnicas.
    - Actividades administrativas e servizos auxiliares.
    - Educación.
    - Actividades sanitarias e de servizos sociais.
    - Actividades artísticas, recreativas e de entretenemento.
    - Outros servizos.

    e) Un solicitante só poderá presentar unha solicitude por convocatoria. Para estes efectos consideraranse como un único solicitante as empresas pertencentes a un mesmo grupo empresarial ou vinculadas entre si.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981182239

    Fax: 981182240

    Email: coruña@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

    15403 Ferrol (Coruña, A)

    Teléfono: 981337101

    Fax: 981337106

    Email: ferrol@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294032

    Fax: 982294801

    Email: lugo@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988687289

    Fax: 988687290

    Email: ourense@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805305

    Fax: 986805308

    Email: pontevedra@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817366

    Fax: 986817361

    Email: vigo@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    Ligazón á normativa

    Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 26 de novembro de 2013 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 ? e 200.000 ?, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 230 do 2 de decembro de 2013).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 5 de decembro de 2013 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o exercicio 2013 das axudas aos proxectos de equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pemes cun investimento subvencionable entre 300.001 e 500.000 (procedemento IG103) ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á reorientación e competitividade das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 237 do 12 de decembro de 2013).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Resolución do 26 de novembro de 2013 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 244 do 23 de decembro de 2013).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 23 de decembro de 2013 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o exercicio 2013 das axudas aos proxectos de equipamento das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 euros (procedemento IG174) ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á reorientación e competitividade das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2013).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 24 de marzo de 2014 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 € e 200.000 €, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 61 do 28 de marzo de 2014).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 20 de xuño de 2014 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2014 das bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos de equipamento tecnolóxico das pemes no sector dos servizos, cun investimento subvencionable entre 30.000 € e 200.000 €, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 119 do 25 de xuño de 2014).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 5 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestres de 2017 (DOG nº 112 do 13 de xuño de 2018).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (BOE nº 285 do 27 de novembro de 1992).

    Ligazón á normativa

    Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276 do 18 de novembro de 2003).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 do 25 de xullo de 2006).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape aos proxectos de investimento empresarial e convocar as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

    O obxecto das axudas reguladas nestas bases é o de estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, así como a innovación, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

    Proxectos obxecto de apoio .

    1. Serán subvencionables os proxectos de investimento en activos fixos que respondan a algunha das seguintes tipoloxías:

    1.1. Creación dun novo establecemento.

    1.2. Ampliación de capacidade dun establecemento existente.

    1.3. Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían nel.

    1.4. Transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento existente. Estes proxectos suporán a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.

    2. Dimensión do proxecto de investimento:

    O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 € e non superior a 2.000.000 €, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.

    No caso dos proxectos do punto 1.3. anterior, o investimento subvencionable deberá, ademais, superar o 200 % do valor neto contable dos activos que se reutilizan, de acordo cos rexistros do balance de situación ao fin do exercicio económico anterior ao comezo do proxecto.

    Actividades subvencionables .

    1. Serán subvencionables os investimentos realizados para o desenvolvemento de actividades relacionadas no anexo II destas bases, excluíndose as seguintes:

    a) As recollidas no ámbito de aplicación do Regulamento (UE) nº 1388/2014 da Comisión, do 16 de decembro, polo que se declaran determinadas categorías de axudas a empresas dedicadas á produción, transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

    b) As actividades de produción e comercialización dos produtos agrícolas enumerados no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea e as actividades de transformación de produtos agrícolas enumerados no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea en produtos agrícolas enumerados no dito anexo I.

    c) As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, do sector do transporte, así como as infraestruturas conexas e a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

    2. Nas actividades de prestación de servizos en que así se prevexa no anexo II destas bases, deberase acreditar que máis do 50 % da súa cifra neta de negocios, no exercicio anterior ao da solicitude, foi facturado a empresas industriais.

    3. No sector da hostaleira só serán subvencionables:

    – Os novos establecementos coas seguintes categorías mínimas: hoteis de catro estrelas, cando os novos establecementos estean situados nos termos municipais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago ou Ferrol, e hoteis de tres estrelas no resto de localizacións.

    – En establecementos hoteleiros xa existentes, os investimentos necesarios para incrementar a categoría ata acadar, como mínimo, as indicadas no parágrafo anterior.

    4. Serán subvencionables, así mesmo, os proxectos de carácter innovador levados a cabo por pemes que desenvolvan calquera actividade, excepto as relacionadas nas letras a), b) e c) do punto 1 do presente artigo. Para estes efectos, para que a actividade poida considerarse subvencionable, será preceptivo o informe da Axencia Galega de Innovación (Gain) que acredite o carácter innovador do proxecto. No caso de que a actividade se considere subvencionable de acordo co establecido nos puntos 1, 2 e 3 anteriores, o informe da Axencia Galega de Innovación non será preceptivo.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Son obrigas dos beneficiarios:

    a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos e, se é o caso, o emprego durante os seguintes prazos:

    1º. Manter os investimentos, vinculados á actividade económica subvencionable, no centro de traballo en Galicia, durante 3 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto, salvo que se trate de bens inscribibles nun rexistro público, que deberán manterse durante 5 anos. O investimento subvencionado poderá ser substituído dentro deste período, no caso de obsolescencia ou avaría, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante o período mencionado, non podendo ser obxecto de subvención. No caso de reforma en inmobles arrendados, deberá manterse o arrendamento ata transcorrido o período de 5 anos desde a data de finalización do proxecto. No caso de edificación ou adquisición de inmobles en terreo alleo, deberá manterse o dereito de superficie ou a concesión administrativa durante 5 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto.

    2º. No caso de compromiso de mantemento de emprego na comunidade autónoma de Galicia, manter a cifra media de emprego do beneficiario dos 3 meses anteriores ao da solicitude da axuda, ou dos 12 meses no caso de elevada estacionalidade acreditada, durante todo o período de execución do proxecto e durante os 2 anos posteriores ao dito prazo. A empresa deberá contar coa cifra de mantemento establecida na resolución de concesión á data de execución do proxecto.

    3º. No caso de compromiso de creación de emprego estable deberán crearse, na Comunidade Autónoma de Galicia, durante o prazo de execución do proxecto, os postos de traballo comprometidos e contar, á data de finalización do prazo de execución do proxecto fixada na resolución de concesión, con ese incremento neto de postos de traballo indefinidos con respecto á cifra de emprego a manter establecida. Así mesmo, deberán manter o emprego acadado á data de finalización do prazo de execución do proxecto (o que está obrigado a manter máis o de nova creación) durante os 2 anos posteriores á finalización do dito prazo.

    A obriga de mantemento do emprego durante o prazo de execución do proxecto e a obriga de creación de emprego comprobarase á finalización do prazo de execución do proxecto, debéndose acreditar a creación neta de postos de traballo con contratos indefinidos, a tempo completo ou a tempo parcial, segundo proceda.

    Para a comprobación do mantemento da cifra de emprego establecida na resolución de concesión e, se é o caso, a creación de emprego comprometido, calcularase a media correspondente ao prazo de execución do proxecto. Ao final do dito prazo o beneficiario deberá acreditar os postos de traballo que se van manter máis os de nova creación, tanto para o emprego total como para o emprego indefinido. Así mesmo, nos dous anos seguintes ao fin do prazo de execución do proxecto terase que manter a media do emprego tanto para o emprego total, como para os empregos indefinidos.

    A axuda concedida só será definitiva se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afecte a natureza do investimento, o cesamento da actividade ou os postos de traballo. A axuda está condicionada ao cumprimento desas condicións e será obxecto dun procedemento de inicio de expediente de incumprimento, que poderá derivar en reintegro, noutro caso.

    b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

    c) Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ás comprobacións e verificacións que realizará o organismo intermedio, a Autoridade de Xestión ou a Autoridade de Certificación e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo ou outras instancias de control, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control durante, polo menos, un período de 3 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación ou, no caso de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 €, de 2 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída. O Igape informará desta data de inicio a que se refire esta obriga.

    d) Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere as porcentaxes máximas establecidas no artigo 8 destas bases respecto do custo elixible do proxecto que vai desenvolver o beneficiario.

    e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

    f) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feder segundo o establecido no anexo V a estas bases.

    g) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

    h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    i) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

    j) Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) Que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia para desenvolver algunha das actividades subvencionables que se sinalan nestas bases.

    b) Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25 % dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

    - Non poderán ter a condición de beneficiarios as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

    - Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise, de acordo coa definición de empresa en crise establecida no punto 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE. As empresas cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

    - Non poderán ter a condición de beneficiarios as empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

    - O Igape realizará as comprobacións documentadas necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do referido Regulamento (UE) nº 651/2014, e que non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no punto 18 do artigo 2, do mesmo texto normativo, para considerar unha empresa en crise.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981182239

    Fax: 981182240

    Email: coruña@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

    15403 Ferrol (Coruña, A)

    Teléfono: 981337101

    Fax: 981337106

    Email: ferrol@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294032

    Fax: 982294801

    Email: lugo@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988687289

    Fax: 988687290

    Email: ourense@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805305

    Fax: 986805308

    Email: pontevedra@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817366

    Fax: 986817361

    Email: vigo@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 19 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 13 do 18 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 19 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 13 do 18 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    As presentes bases teñen por finalidade o fomento da competitividade, da innovación e da cooperación empresarial en distintos sectores da actividade económica en Galicia mediante a concesión de axudas ás entidades xurídicas xestoras de agrupacións empresariais (clúster) innovadoras galegas para a realización de actividades neses eidos.

    Para tal efecto, a entidade solicitante deberá achegar unha relación descritiva e cuantificada dos proxectos colaborativos que promoverá durante todo o período de vixencia da axuda. Estes proxectos deberán consistir en:

    – Plan de formación a traballadores e directivos das empresas asociadas en temáticas relacionadas coa Industria 4.0, ecoindustria, hibridación sectorial, retos sectoriais de innovación, transformación dixital ou outras, en xeral, aliñadas coa Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0 e a RIS3 de Galicia.

    – Actividades para fortalecer a I+D+i ou a internacionalización das empresas.

    O financiamento destes proxectos non é o obxecto destas axudas ao funcionamento e, polo tanto, poderán ser financiados de forma privada ou pública e concorrer á convocatorias de axudas de calquera entidade pública ou privada, incluído o Igape.

    As entidades comprometeranse a achegar información destes proxectos mensualmente a través dos medios electrónicos que habilite o Igape.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. As axudas previstas nestas bases destínanse ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras, segundo a definición do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño), que cumpran todas estas condicións:

    a) Que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación clúster.

    b) Que representen un ámbito de actividade/sector definido como prioritario segundo a orientación sectorial do documento Axenda da Competitividade Industrial Galicia: Industria 4.0.

    1º. Estratéxicos: agroalimentación, produtos do mar e acuicultura, automoción, enerxías renovables, madeira/forestal, naval/industria marítima, pedra natural, téxtil-moda.

    2º. Emerxentes e de alto potencial: aeronáutico/aeroespacial, industria da saúde e do benestar, industrias creativas, biotecnoloxía, novos materiais, ecoindustria, TIC.

    3º. De soporte da nova industria: telecomunicacións, enerxía, loxística.

    c) Que colaboren e desenvolvan proxectos en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    d) Que representen un ámbito de actividade cuxa facturación conxunta en Galicia supere o valor do 1 % no PIB da Comunidade Autónoma no ano 2017.

    e) Que cando menos o 60 % dos seus asociados directos sexan empresas e, destas, que o 50 % ou máis dispoñan dun centro de traballo en Galicia.

    f) Que teñan como socios directos un número de empresas que cumpra, cando menos, con dous dos tres seguintes requisitos:

    1º. 30 % da facturación do ámbito de actividade englobado.

    2º. 10 % das empresas do ámbito de actividade.

    3º. 20 % do emprego do ámbito de actividade.

    g) Capacidade tecnolóxica e de innovación. O clúster deberá contar con centros tecnolóxicos propios ou postos á súa disposición mediante colaboración con outras entidades. Neste último caso, só se considerarán válidos para estes efectos os acordos de colaboración con contidos específicos respecto da innovación e da tecnoloxía. Rexeitaranse os acordos con contidos de carácter xeral, de xestión ou administrativos aínda que estean asinados con centros ou institucións tecnolóxicas.

    h) Proxección internacional. O ámbito de actividade do clúster deberá ter vocación e proxección cara a mercados internacionais pola súa propia natureza e non representar un negocio de proximidade ou local.

    i) Capacidade de execución de proxectos que impliquen os seus asociados. O clúster deberá acreditar esta capacidade mediante memoria de actividades realizadas nos últimos 3 anos, enumerando e describindo brevemente os proxectos desenvolvidos xunto cos seus asociados ou promovendo a súa participación, tivesen ou non financiamento público. Considerarase que ten esta capacidade se acredita a execución de, polo menos, dous proxectos por ano.

    2. Tamén poderán ser beneficiarias as entidades que, sen cumpriren calquera das condicións d), e), f) ou g) do número anterior, teñan en vigor na data da solicitude o recoñecemento como AEI (agrupación empresarial innovadora) dentro do programa de excelencia do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo ou ben que posúan a etiqueta Gold de excelencia na xestión de clústers expedida pola ESCA (European Secretariat for Cluster Analysis).

    Obrigas dos beneficiarios.

    Son obrigas dos beneficiarios:

    a) Executar as actividades que fundamentan a concesión da subvención durante o prazo establecido na resolución de concesión.

    b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e das condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión ou desfrute da concesión.

    c) Colaborar co Igape na realización de análises e estudos clúster e iniciativas coherentes cos plans presentados en materia de difusión e exemplificación transversal, en beneficio do conxunto do sistema produtivo de Galicia.

    d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións previstas. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

    e) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere o 100 % do gasto subvencionable.

    f) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto por parte do Igape e da Xunta de Galicia, segundo o establecido no anexo III destas bases.

    g) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

    h) Reintegrar os fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    i) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

    j) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    - Non poderán ser entidades beneficiarias as que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais ou incompatibles co mercado común, nin as empresas en crise segundo a definición do artigo 2 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior.

    - Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 29 de marzo de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 71 do 11 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 29 de marzo de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 71 do 11 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

    Corección de erros. Resolución do 29 de marzo de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 80 do 26 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Convocar para 2013 un máximo de 20 bolsas en réxime de concorrencia competitiva.
    O obxecto destas axudas é a concesión do número de bolsas de formación en promoción exterior indicado na resolución de convocatoria coa finalidade de formar a especialistas no ámbito da captación internacional de investimentos, a expansión exterior da empresa galega, a detección de potenciais investidores estranxeiros cara a Galicia, a busca de oportunidades de negocio e a investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.

    A quen vai dirixido?

    Os titulados universitarios aos que se refire o artigo 4.4 das bases reguladoras nados a partir do 1 de xaneiro de 1983.

    Sen prexuízo doutras obrigas conforme estas bases e demais disposicións aplicables, os beneficiarios das bolsas quedarán suxeitos ás seguintes obrigas:
    - Incorporarse ao seu destino dentro do prazo fixado na resolución de concesión.
    - Cumprir as normas de conduta da oficina ou entidade de destino do bolseiro.
    - Elaborar e presentarlle ao Igape os estudos, informes ou traballos prácticos durante a duración da bolsa e, ao remate desta, presentar unha memoria final sobre os traballos realizados e, se for o caso, devolver o material non funxible entregado polo Igape para o desenvolvemento da bolsa.
    - Xestionar, tramitar e obter os visados, permisos ou autorizacións exixidos polas autoridades do país ou cidade de destino e presentar unha copia no Igape antes de ocupar o seu destino.

    - Vacinarse e recibir os tratamentos preventivos necesarios para o país ou cidade de destino.
    - Contratar un seguro de enfermidade e accidentes por unha duración equivalente á da bolsa e as súas posibles prórrogas e presentar unha copia no Igape antes de ocupar o seu destino.
    - Comunicar ao Igape a obtención doutras bolsas ou axudas de carácter similar, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade ao aboamento da bolsa.
    - Darlle publicidade ao financiamento polo Fondo Social Europeo da bolsa concedida, consistente na inclusión de que a bolsa foi cofinanciada polo Igape, pola Consellería de Economía e Industria e polo Fondo Social Europeo do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013 no certificado final de beneficiario da bolsa.
    - Proceder ao reintegro da bolsa percibida, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    - Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Poderán presentar solicitude para acollerse a estas bolsas aqueles titulados que cumpran os seguintes requisitos:

    1. Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1983.

    2. O cumprimento dalgunha das seguintes condicións:
    - Ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.
    - Ser natural de Galicia.
    - Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao, de emigrantes galegos no exterior.

    3. Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser considerado beneficiario de subvencións.

    4. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes:
    - Universitarias (licenciatura, diplomatura, enxeñaría ou grao): administración e dirección de empresas, ciencias do transporte e loxística, ciencias económicas e empresariais, ciencias empresariais, ciencias políticas, comercio, comercio exterior, dereito, dirección e creación de empresa, dirección de empresas-BBA, dirección financeira e contabilidade, economía, enxeñaría, estatística e empresa, marketing e dirección comercial, marketing e investigación de mercados, relacións internacionais.

    - Formación profesional: técnico superior en comercio internacional.

    Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

    5. Ter recibido formación específica en comercio exterior, debendo os candidatos acreditar a realización dun curso completo nesta materia de duración igual ou superior a 140 horas ou 14 créditos; ou ter experiencia laboral por conta allea ou por conta propia en comercio exterior (grupo 01 ou 02 de cotización á Seguridade Social ou equivalente no estranxeiro) de polo menos un ano; ou ter a titulación universitaria de relacións internacionais ou comercio exterior.

    6. Coñecementos de inglés (falado e escrito) que se acreditará mediante a realización dun exame no que os aspirantes deberán obter a cualificación de apto.

    Os aspirantes que non comparezan ou non acaden a cualificación de apto na proba de inglés quedarán excluídos do proceso de selección.

    Os candidatos, ademais de examinarse de inglés, poderán indicar na solicitude ata dous idiomas adicionais dos que queiran examinarse, de cara a ter posibilidades de optar a destinos deses idiomas. Os idiomas adicionais dispoñibles son: francés, alemán, portugués, chinés e ruso.

    7. Non ter desfrutado doutra bolsa no estranxeiro concedida polo Igape ou outros organismos. Exceptúanse as bolsas de estudos desfrutadas durante os anos escolares ou universitarios.

    8. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.

    9. Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma. O cumprimento deste requisito acreditarase cubrindo no formulario telemático a declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no artigo 11.h) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981182239

    Fax: 981182240

    Email: coruña@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817366

    Fax: 986817361

    Email: vigo@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

    15403 Ferrol (Coruña, A)

    Teléfono: 981337101

    Fax: 981337106

    Email: ferrol@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294032

    Fax: 982294801

    Email: lugo@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988687289

    Fax: 988687290

    Email: ourense@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805305

    Fax: 986805308

    Email: pontevedra@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    Ligazón á normativa

    Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 10 de xuño de 2013 pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras do programa do Igape de bolsas de formación en promoción exterior, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 116 do 19 de xuño de 2013).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro de 1992).

    Ligazón á normativa

    Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276 do 18 de novembro de 2003).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 do 25 de xullo de 2006).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 270 do 11 de novembro de 2006).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Cualificación de axente comercial mediador no exterior para a prospección de mercados e apoio á internacionalización da empresa galega. Estes axentes deben ser expertos en comercio exterior, canles de distribución e servizos á internacionalización, con gran coñecemento do mercado do país para o que soliciten a cualificación e poden obter a cualificación para varios países.

    A quen vai dirixido?

    Persoas xurídicas con plena capacidade de obrar que acrediten o cumprimento dos requisitos establecidos e superen unha determinada puntuación na avaliación dos criterios, segundo o baremo que se relaciona no apartado 5.

    Requisitos

    Para cada país ao que opten:
    - Suficiente e acreditada experiencia como profesional en comercio exterior.
    - Infraestrutura permanente, medios persoais e materiais suficientes, e grao de implantación adecuado, para o desenvolvemento das funcións obxecto destas bases.
    - Nivel alto de idioma español ou, no seu defecto, dominio do inglés; e, en todo caso, dominio do idioma do país para o que se solicite a cualificación.
    - Solvencia económica en relación aos servizos a prestar obxecto destas bases.
    - Non estar incurso en ningunha das prohibicións do artigo 20 do Real Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Área de internacionalización Galicia@world

    Complexo Admtvo. San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981541114

    Órgano responsable

    Área de internacionalización Galicia@world

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 2 de novembro de 2004 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, que aproba as bases reguladoras para a cualificación de axentes comerciais mediadores no exterior para o apoio á internacionalización da empresa galega (DOG nº 223, do 16 de novembro de 2004).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.