IG406A - Axudas do Igape aos investimentos das Pemes en equipos produtivos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder galicia 2007-2013

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

O Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos investimentos das pemes en equipos produtivos na Comunidade Autónoma de Galicia.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

A quen vai dirixido?

1.- Poderán ser beneficiarios destas axudas as sociedades mercantís con tamaño de pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
2.- Que desenvolvan un proxecto de investimento para algunha das actividades subvencionables que se sinalan no Anexo II destas bases.
3.-Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

4.- Non poderán ter a condición de beneficiarios as sociedades que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
5.- Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise. Para estes efectos, terase en conta a definición de empresa en crise establecida no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.
6.- Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

Obrigas dos beneficiarios.
a)Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos obxecto da axuda durante 3 anos dende a finalización do prazo de execución do proxecto.
b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención. Na súa virtude, a axuda concedida só será definitiva se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afecte a natureza do investimento ou ao cesamento da actividade . A axuda está condicionada ao respecto desas condicións e será obxecto dun procedemento de reintegro noutro caso.
c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións do artigo 13 do Reg. (CE) nº 1828/2006. O beneficiario deberá conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do Programa Operativo Feder 2007-2013 de Galicia, tal como se define no artigo 89 punto 3º do Regulamento 1083/2006 do Consello.
d) Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvenciona¬das, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere as porcentaxes máximas establecidas no artigo 5 destas bases respecto do custo elixible do proxecto que vai desenvolver o beneficiario.
e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e pagamento dos conceptos subvencionables, durante polo menos un período de tres anos a partir do peche do programa operativo Feder Galicia 2017-2013, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.
f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.
g) Darlle publicidade ao financiamento polo Igape dos investimentos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape e a Xunta de Galicia, e Feder, así como lendas relativas ao financiamento público nos carteis, placas conmemorati¬vas, materiais impresos que vaian ser obxecto de difusión mais alá do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, que teñan relación co proxecto subvencionado, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación, así como as normas e instrucións contidas na manual de imaxe corporativa da Xunta de Galicia. Os logotipos poderanse descargar no enderezo da internet http://www.igape.es.
Para dar publicidade do financiamento atenderase ao establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG núm. 227, do 19 de novembro) e nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, apartados 1) e 2) do Regulamento (CE) núm. 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009. Estas medidas están recollidas na ?Guía de Publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013?, que pode consultarse na páxina web www.conselleriadefacenda.es.
h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
i) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.
j)Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Ler máis Ler menos

Requisitos

1.- O proxecto de investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 150.000 ?, excluíndo impostos, taxas e arbitrios, e deberá estar relacionado coa creación dun novo establecemento empresarial, ampliación da capacidade dun establecemento existente, diversificación da produción en novos produtos adicionais ou un cambio esencial no proceso xeral de produción dun establecemento existente
2.- Que a axuda solicitada supoña un efecto incentivador para o proxecto presentado. Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto o solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude ; de ser así, o proxecto, no seu conxunto, sería non subvencionable. Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos produtivos, entendéndose por proxecto os investimentos comprendidos na solicitude da axuda.

3.- Os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos non serán subvencionables, excepto os correspondentes as actividades que tradicionalmente se viñan prestando por empresas privadas, a risco e ventura destas e cuxos clientes son tamén empresas privadas.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

Órgano responsable

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 19 de decembro de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos investimentos das pemes en equipamentos produtivos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 248 do 29 de decembro de 2014).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Resolución do 19 de decembro de 2014 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos investimentos das pemes en equipamentos produtivos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 68 do 13 de abril de 2015).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.