Xunta de Galicia

  • Obxecto

    De conformidade coa normativa vixente, a autorización administrativa para facer transporte público habilita para efectualo unicamente ao seu titular. Porén, axustándose a determinados requisitos, pode autorizarse a súa transmisión a un terceiro.

    A onde acudir

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de A Coruña

    Alcalde Pérez Arda, 4

    15006

    Teléfono: 881881003

    Fax: 881881000

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Xefatura Territorial Da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de Lugo

    Servizo de Mobilidade de Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294421

    Fax: 982294389

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de Ourense

    Servizo de Mobilidade de Ourense

    R/ Valente Docasar, 2 baixo

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988687307 / 988687308

    Fax: 988687303

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de Pontevedra

    Servizo de Mobilidade de Pontevedra

    Fernández Ladreda, nº 43 - 1º andar

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 886206004 / 886206005

    Fax: 886206026

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Mobilidade

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    Ligazón á normativa

    Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 182, do 31 de xullo de 1987).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 241 do 8 de outubro de 1990).

    Ligazón á normativa

    Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia (BOE nº 163 do 9 de xullo de 2013).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Os titulares de autorizacións administrativas para prestar servizos de transporte público ou privado complementario, tanto de viaxeiros como de mercadorías, poden dar de baixa as devanditas autorizacións e as súas copias, solicitándoo ante os correspondentes Servizos de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

    A onde acudir

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de A Coruña

    Alcalde Pérez Arda, 4

    15006

    Teléfono: 881881003

    Fax: 881881000

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Xefatura Territorial Da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de Lugo

    Servizo de Mobilidade de Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294421

    Fax: 982294389

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de Ourense

    Servizo de Mobilidade de Ourense

    R/ Valente Docasar, 2 baixo

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988687307 / 988687308

    Fax: 988687303

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de Pontevedra

    Servizo de Mobilidade de Pontevedra

    Fernández Ladreda, nº 43 - 1º andar

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 886206003 / 886206004

    Fax: 886206026

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Mobilidade

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    Ligazón á normativa

    Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 182 do 31 de xullo de 1987).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 241 do 8 de outubro de 1990).

    Ligazón á normativa

    Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia (BOE nº 163 do 9 de xullo de 2013).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    A prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia está plenamente liberalizado desde a entrada en vigor da Lei 2/2008, do 6 de maio. Non obstante, o inicio de novos servizos de carácter regular (isto é, con calendario, horarios e percorridos predefinidos) está suxeito á previa inscrición destes no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo, dependente da Dirección Xeral de Mobilidade (Consellería de Infraestruturas e Vivenda).

    A quen vai dirixido?

    Empresas navieiras que pretendan prestar servizos de transporte marítimo regular en augas interiores de Galicia

    Requisitos

    O servizo obxecto de inscrición deberá ter un itinerario prefixado, ter unhas horas fixas de saída e axustarse a un calendario de prestación que pode ser anual ou de temporada.
    Pola súa parte, os buques teñen que reunir os requisitos esixidos pola lexislación vixente en materia de transporte marítimo de pasaxeiros e seguridade marítima.
    No caso de transporte a espazos naturais protexidos, o seu organismo xestor deberá certificar que a empresa está en condicións de cumprir todas as especificacións operacionais que aquel estableza

    A onde acudir

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Dirección Xeral de Mobilidade

    Servizo de Estudos e Apoio Xurídico

    Praza de Europa, 5-A 2ª planta. Área Central - Polígono de Fontiñas.

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544585 / 981544502

    Fax: 981544351

    Email: formacion.transportes@xunta.es

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Mobilidade

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 2/2008, do 6 de maio, pola que se desenvolve a libre prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 90 do 12 de maio de 2008).

    Ligazón á normativa

    Decreto 228/2008, do 2 de outubro, sobre a prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 202 do 17 de outubro de 2008).

    Ligazón á normativa

    Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    Ligazón á normativa

    Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Todos aqueles servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores que estean inscritos no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo deben pór en coñecemento deste calquera alteración que afecte á súa inscrición, tales como variacións de horarios, períodos de prestación, condicións económicas ou buques adscritos.

    A quen vai dirixido?

    Empresas navieiras que estean inscritas no rexistro como prestameiras de servizos de transporte marítimo regular en augas interiores de Galicia.

    Requisitos

    As modificacións da oferta de servizos ou a súa supresión deberán ser notificadas polo armador interesado ao órgano competente sobre o Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo cunha antelación mínima dun mes á prevista para a súa aplicación.
    Logo da súa inscrición, as modificacións poderán ser postas en práctica unha vez teñan transcorrido sete días desde que fosen anunciadas ao público, pola empresa que presta os servizos, nos locais de expedicións de billetes e nas embarcacións que realicen os transportes.

    A onde acudir

    Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

    Dirección Xeral de Mobilidade

    Servizo de Estudos e Apoio Xurídico

    Praza de Europa, 5-A 2ª planta. Área Central - Polígono de Fontiñas.

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544585 / 981544502

    Fax: 981544351

    Email: formacion.transportes@xunta.es

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Mobilidade

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 2/2008, do 6 de maio, pola que se desenvolve a libre prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 90 do 12 de maio de 2008).

    Ligazón á normativa

    Decreto 228/2008, do 2 de outubro, sobre a prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 202 do 17 de outubro de 2008).

    Ligazón á normativa

    Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    Ligazón á normativa

    Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Establecer as hipóteses e decisións que soporten unha viabilidade futura da empresa e obter financiamento nalgunha entidade financeira acorde coas necesidades a curto prazo da empresa.

    A quen vai dirixido?

    - As pemes, segundo a definición establecida pola Comisión Europea, que exerzan ou teñan intención de exercer en Galicia a súa actividade económica, agás as actividades excluídas no Regulamento (CE) nº 800/2008, xeral de exención por categorías, baixo calquera forma de persoa xurídica de obxecto mercantil.
    - Cumprindo os requisitos de domiciliación e actividade, poderán ser así mesmo beneficiarios as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención e cumpran os requisitos do artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e as agrupacións de interese económico.

    Non poderán ter a condición de beneficiarios as empresas en crise, as que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común ou nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei de subvencións de Galicia.

    Requisitos

    -Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade económica e financeira e non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape.
    -Os proxectos aprobados contarán cunha subvención a fondo perdido do 50% sobre o custo dos traballos de consultoría externa previstos na solicitude, co límite de 6.000 ? por proxecto, sempre que conste acreditado que como resultado do proxecto e do acompañamento dos consultores, a empresa beneficiaria obteña un financiamento en algunha entidade financeira acorde coas necesidades a curto prazo detectadas na análise e por un valor non inferior á cobertura do 50% desas necesidades. No caso de non obter financiamento ou ser inferior ao establecido no parágrafo anterior, a subvención reduciríase ao 30% dos custos dos traballos de consultoría.

    -Os gastos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, o cal se iniciará na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data que, á vista das características do proxecto, sexa establecida na resolución de concesión. Se o importe do gasto supera os 12.000 ?, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores de contraer o compromiso para a prestación do servizo. Deberá xustificarse a elección, con criterios de eficiencia e economía, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa, agás que polas especiais características do gasto non exista no mercado suficiente número de entidades que o presten, ou se o contrato se celebrase con anterioridade á solicitude. Os gastos deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final e en ningún caso poderá concertarse polo beneficiario a execución total ou parcial das actividades nin o custo de adquisición dos gastos poderá ser superior ao valor de mercado.
    -Quedan expresamente excluídos os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais sobre a renda.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981558844

    Email: informa@igape.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981182239

    Fax: 981182240

    Email: coruña@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

    15403 Ferrol (Coruña, A)

    Teléfono: 981337101

    Fax: 981337106

    Email: ferrol@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294032

    Fax: 982294801

    Email: lugo@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988687289

    Fax: 988687290

    Email: ourense@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805305

    Fax: 986805308

    Email: pontevedra@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817366

    Fax: 986817361

    Email: vigo@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    Ligazón á normativa

    Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 15 de abril de 2010 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica aos proxectos de consultoría externa dirixidos á análise económico-financeira das pequenas e medianas empresas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 76 do 23 de abril de 2010).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 17 de decembro de 2010 pola que se convocan para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia non competitiva e trámite anticipado de gasto, as axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) aos proxectos de consultoría externa dirixidos á análise económico-financeira das pequenas e medianas empresas (DOG nº1 de 3 de xaneiro de 2011).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276 do 18 de novembro de 2003).

    Ligazón á normativa

    Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 do 25 de xullo de 2006).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    As presentes bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape destinadas a incentivar a demanda de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño en Galicia, para persoas físicas, co fin de incrementar e incentivar a demanda interna e tratar de repercutir con ela nos sectores industriais e comerciais galegos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

    A quen vai dirixido?

    Entidades colaboradoras.

    Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

    a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

    b) Someterse ás actuacións de inspección e control que o Igape poida efectuar respecto á xestión destas axudas, e que permitan a xustificación financeira perante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e o Tribunal de Contas, así como as comprobacións previstas na lexislación do Consello de Contas, de acordo co establecido na letra d) do artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    c) Dar a adecuada publicidade do carácter público do cofinanciamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En concreto, deberán facer constar na súa publicidade ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado o cofinanciamento pola Xunta de Galicia a través do Igape, así como colocar carteis indicativos e visibles nos establecementos onde consten con notoriedade os logotipos da Xunta de Galicia e do Igape.

    d) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada durante un período de cinco anos desde a súa concesión e deberán restituír as cantidades percibidas nos casos en que concorra causa de reintegro.

    e) Remitir copia dixitalizada da dita documentación ao Igape.

    f) Deixar clara constancia nos seus rexistros contables das operacións de venda subvencionadas, así como dos importes aboados polo Igape, de acordo co establecido no artigo 13.2.j) da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:

    a) Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda, que inclúe a documentación xustificativa, a través da aplicación informática que se habilite para o efecto.

    b) Vender no marco da iniciativa só os produtos que cumpran coas condicións establecidas nas bases.

    c) Aplicar os descontos correspondentes ao establecemento de venda e á subvención conforme o establecido nas bases, o cal reflectirá adecuadamente na correspondente factura.

    d) Facilitar canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.

    e) Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do programa.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Email: informa@igape.es

    http://www.igape.es

    Presencialmente, nas oficinas do Igape indicadas no enderezo seguinte: http://www.igape.es/es/que-e-o-igape/onde-estamos

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 184 do 27 de setembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 184 do 27 de setembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 22 de novembro de 2017 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2017 das bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17) (DOG nº 225 do 27 de novembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 26 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o segundo trimestre de 2018 (DOG nº 212 do 7 de novembro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    As presentes bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape destinadas a incentivar a demanda de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño en Galicia, para persoas físicas, co fin de incrementar e incentivar a demanda interna e tratar de repercutir con ela nos sectores industriais e comerciais galegos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

    Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas.

    1. Serán subvencionables as operacións de adquisición de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño realizadas nun establecemento de venda adherido, que cumpran as seguintes condicións:

    a) Adquirir un ou varios bens obxecto de subvención nalgún dos establecementos de venda adheridos á presente iniciativa.

    b) Para ser subvencionable unha operación de compra deberá acadar un custo mínimo de 1.000 € (sen incluír IVE).

    c) A subvención máxima que percibirá cada persoa física será de 1.000 € nunha ou varias operacións.

    d) Os bens obxecto de axuda deberán ser destinados, nun prazo de 3 meses desde a solicitude, á reforma ou nova instalación de mobiliario no enderezo indicado na solicitude de axuda. O dito domicilio non poderá figurar en ningún expediente doutro solicitante de axuda ao abeiro deste programa. Os beneficiarios da axuda declararán responsablemente que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional.

    A obriga de destinar os bens obxecto da axuda á reforma no domicilio indicado na solicitude recae, en primeira instancia, no beneficiario da axuda, sen prexuízo de que este poida demostrar a imposibilidade de realizar a dita reforma en prazo por retrasos ou outras causas achacables ao establecemento colaborador, en cuxo caso e de quedaren acreditadas as ditas circunstancias, se procederá a incoar procedemento de incumprimento de condicións ao establecemento colaborador, que poderá rematar cunha resolución de revogación da axuda.

    e) Os establecementos de venda deberán identificar claramente os materiais e pezas de mobiliario susceptibles de axuda conforme o establecido nestas bases.

    f) Quedan expresamente excluídos: a man de obra da reforma; os electrodomésticos; as ventás e os seus marcos; portas de paso e os seus marcos; estufas e cociñas de gas, leña, pellets ou similares e radiadores de calquera tipo; cortinas e estores.

    g) Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

    2. Non se considerarán subvencionables os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento nin os gastos realizados en bens usados.

    3. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día da presentación da solicitude e o derradeiro día do prazo de xustificación.

    4. O IVE (imposto sobre o valor engadido) considerarase gasto subvencionable, dado que os beneficiarios son particulares, para xustificar o cal será necesario realizar unha declaración responsable (establecida na solicitude-anexo II) en que se indique que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional. No entanto, para calcular a contía da subvención terase en conta o prezo dos bens impostos excluídos.

    5. A contía da axuda será dun 20 % sobre o prezo dos bens, impostos excluídos, e antes do desconto requirido no seguinte parágrafo, cun máximo acumulado de subvención de 1.000 € por beneficiario.

    A axuda do Igape virá condicionada a un desconto realizado polo establecemento de venda, que será realizado sobre a base impoñible da factura, de importe polo menos da mesma contía que a axuda outorgada polo Igape.

    Polo tanto, a diferenza de prezo sobre a base impoñible resultante para o comprador dos bens obxecto de axuda será do 40 % desta, cos límites expostos, mediante o desconto e a subvención á compra, sen prexuízo de calquera desconto adicional que se puidese obter por políticas concretas de venda ou promocións dos establecementos ou fabricantes.

    6. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao seu valor do mercado.

    O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4 desta lei.

    A concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración deberá publicar no Diario Oficial de Galicia, e tamén na páxina web do Igape a dita circunstancia, o que suporá a non admisión das solicitudes posteriores, sen prexuízo de que a Administración poida optar por incrementar o crédito orzamentario nos seguintes supostos:

    a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

    b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

    O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

    Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas, maiores de idade, consumidores individuais, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os bens subvencionables descritos no artigo 3 se adquiran nunha entidade colaboradora adherida ao programa Reforma17 e se destinen ao dito inmoble.

    Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo do disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as seguintes:

    a) As descritas no artigo 6.6, letras a), b), c) e d), obrigas comúns ás entidades colaboradoras.

    b) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.

    c) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data na que deban ser presentadas ante o Igape. O pagamento corresponderá ao importe total da factura emitida pola entidade colaboradora descontando a axuda outorgada polo Igape. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como establece o artigo 10 destas bases.

    d) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención, así como colaborar e achegar a documentación á entidade colaboradora.

    e) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    f) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

    g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

    h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    i) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. En virtude do establecido no artigo 11.i) do Regulamento de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009), a certificación que acredita o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma poderá ser substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, así como de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

    Non poderán ser beneficiarias as persoas físicas titulares, ou socias da persoa xurídica titular, dunha entidade colaboradora, nin os seus cónxuxes ou familiares en primeiro grao.

    Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida polo Igape no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

    Mediante a presentación da solicitude os beneficiarios aceptan a tramitación a través da entidade colaboradora, que será, así mesmo, a encargada de informar puntualmente o interesado sobre o estado da súa petición, os dereitos e obrigas desta, e das notificacións recibidas de acordo co establecido no artigo 15.2 desta Resolución.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Email: informa@igape.es

    http://www.igape.es

    Presencialmente, nas oficinas do Igape indicadas no enderezo seguinte: http://www.igape.es/es/que-e-o-igape/onde-estamos

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 184 do 27 de setembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 8 de novembro de 2017 pola que se amplían os prazos de presentación de solicitudes e de xustificación establecidos na Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 217 do 15 de novembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 22 de novembro de 2017 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2017 das bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17) (DOG nº 225 do 27 de novembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    1. O obxecto destas bases é a regulación da concesión dun premio a un máximo de seis proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de pemes non inferior a 3, así como das axudas á devandita implantación para cada peme participante en cada un dos proxectos.

    A implantación consistirá na incorporación ás empresas de tecnoloxías relacionadas cos conceptos de Industria 4.0, segundo os termos recollidos na Axenda de competitividade industrial, Galicia: Industria 4.0, que inclúe as seguintes:

    1º. Robotización e robotización colaborativa.

    2º. Fabricación aditiva.

    3º. Sensórica e actuadores mecatrónicos.

    4º. Sistemas ciber-físicos.

    5º. Automatización total ou estendida.

    6º. Intercomunicación máquina-máquina.

    7º. Conectividade total ou estendida.

    8º. Vehículos autónomos (optimización de fluxos e redución de custos).

    9º. Personalización de produtos.

    10º. Internet das cousas, internet dos equipamentos e máquinas.

    11º. Big Data, cloud computing e ciberseguridade aplicadas á industria.

    12º. Loxística 4.0 para a integración total da cadea de subministracións coa interconexión de sistemas e máxima coordinación dos procesos loxísticos.

    13º. Modelado e simulación de procesos industriais, operativos e loxísticos.

    2. Os apoios aos proxectos piloto Industria 4.0 terán dúas modalidades: premio ao proxecto, que corresponderá ao organismo intermedio, e subvencións individuais aos investimentos e gastos das pemes integrantes del:

    a) Premios aos seis proxectos sectoriais máis representativos do concepto Industria 4.0.

    1º. Cualificarase o proxecto máis representativo dentro dunha determinada categoría sectorial segundo a súa definición, desenvolvemento, características e condicións de execución, e que integrará a implementación de diversas solucións en todas e cada unha das pemes individuais participantes.

    2º. Poderase premiar un máximo de 6 categorías sectoriais (determinadas polos sectores de actividade ou ámbitos de negocio que presenten proxectos ao concurso). Concederase un premio por categoría de contía máxima de 25.000 € cada un e placa conmemorativa. O premio outorgaráselle ao organismo intermedio líder da agrupación. En caso de non poder conformar as 6 categorías sectoriais, ou que o premio dalgunha categoría quede deserto, poderá asignarse máis dun premio nunha categoría.

    3º. O premio dividirase en dous tramos: un fixo de 5.000 € e placa conmemorativa, que se entregará en acto público convocado para o efecto unha vez resoltos os premios. Despois de executados os proxectos, os organismos intermedios premiados percibirán unha cantidade variable de ata 20.000 €, que se modulará en función da porcentaxe de execución dos proxectos de pemes subvencionados, unha vez xustificadas e aboadas as correspondentes axudas. Os premios son acumulativos entre categorías, de xeito que un mesmo organismo poderá resultar premiado por unha ou máis categorías.

    4º. O premio incardínase no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013). Ao estar o premio suxeito ao réxime de minimis deberase garantir que, de recibir o organismo intermedio outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Para tal efecto, solicitarase do organismo intermedio unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión do premio e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

    b) Subvencións aos investimentos e gastos en que consista a execución dos proxectos premiados.

    1º. As subvencións serán individualizadas para cada peme participante integrante dos proxectos premiados.

    2º. A subvención ás pemes participantes incardínase no artigo 14 do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño) e será do 30 % dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas e do 20 % para as medianas, queda exceptuada a subvención sobre os gastos de colaboracións externas, que se incardina no artigo 18 do devandito Regulamento (UE) 651/2014, e que será do 50 %.

    3º. A subvención total concedida ao conxunto de pemes que participen ao abeiro de cada proxecto premiado (ou subvencionado sen premio, segundo o seguinte parágrafo) non superará 1.500.000 euros.

    4º. No caso de que as subvencións concedidas ás pemes participantes nos proxectos premiados non esgoten o orzamento publicado, o Igape poderá seleccionar o proxecto colectivo con maior puntuación entre os non premiados e subvencionar os proxectos das pemes participantes, e así sucesivamente, ata o esgotamento do crédito restante.

    5º Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas, sempre que a contía das axudas acumuladas non supere as porcentaxes máximas establecidas no punto 2.

    Non obstante, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) 1303/2013, de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, coa condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos EIE non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.

    A combinación das axudas recollidas nestas bases co financiamento percibido no marco do instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-PO Feder Galicia 2014-2020 deberá respectar os límites de subvencionabilidade establecidos no artigo 37 do Regulamento (UE) 1303/2013, segundo o cal os destinatarios finais da axuda dun instrumento financeiro dun fondo EIE poderán tamén recibir asistencia dunha prioridade ou programa doutro fondo EIE ou doutro instrumento sufragado polo orzamento da Unión, conforme a normativa da Unión aplicable en materia de axudas de Estado. En tal caso, manteranse rexistros independentes para cada fonte de asistencia e a axuda dos instrumentos financeiros dos fondos EIE formará parte dunha operación cun gasto subvencionable distinto das demais fontes de asistencia.

    A combinación de axudas procedentes de subvencións e de instrumentos financeiros que se menciona nos números 7 e 8 do artigo 37 do Regulamento (UE) 1303/2013 poderá, coa excepción da normativa da Unión aplicable en materia de axudas de Estado, destinarse a unha mesma partida de gasto coa condición de que a suma de todas as formas de axuda combinadas non supere o importe total da partida de gasto en cuestión. Non se empregarán as subvencións para reembolsar axudas que se recibisen de instrumentos financeiros. Non se empregarán os instrumentos financeiros para prefinanciar subvencións.

    6º. Poderanse subvencionar os seguintes tipos de gasto:

    i) Investimentos materiais e/ou inmateriais novos adquiridos en propiedade, relacionados coa Industria 4.0, segundo se define no artigo 1.1. destas bases. Exclúense a adquisición e o acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte e equipamento de oficina, agás elementos informáticos. A adquisición e a adaptación de software consideraranse investimento subvencionable.

    ii) Colaboracións externas: asistencia técnica, adaptación e parametrización de solucións, consultoría, titorización e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto. As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa, como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade.

    7º. As pemes beneficiarias de subvención a investimentos deberán achegar unha contribución financeira a estes, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.

    8º. Os investimentos e gastos subvencionables das pemes participantes non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude por parte da agrupación no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención poderán ser efectuados con carácter previo á esta presentación; de ser así, o proxecto desa peme sería non subvencionable. Para acreditar o cumprimento desta condición, cada peme participante na agrupación deberá cubrir, no propio formulario electrónico de solicitude, unha declaración responsable de non ter iniciados os traballos na data de presentación da solicitude. Os traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos. Se a exclusión dunha ou máis pemes reduce o número de participantes a menos de 3, denegaríase a solicitude no seu conxunto.

    9º. O período de execución dos investimentos e gastos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria.

    10º. Os investimentos e gastos previstos por cada peme participante deberán ser especificados na solicitude, coa planificación anualizada destes. O Igape, para cada proxecto que resulte aprobado, establecerá na resolución individual correspondente a cada peme os investimentos e gastos subvencionados ata o remate do prazo de execución do proxecto.

    11º. Cando o importe do investimento ou do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo da adquisición do ben ou a prestación do servizo, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren. Neste caso, presentarase escrito aclaratorio indicativo desta circunstancia, asinado polo representante legal. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos e dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

    12º. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do proxecto, e deberá constar neste momento o vencemento e pagamento de todas as cantidades aprazadas e efectuados todos os pagamentos por calquera concepto.

    13º. O investimento terá que incluírse no activo da empresa e manterse no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante este período. Neste caso, deberá quedar constancia contable e no inventario da empresa da substitución efectuada. Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.

    14º. No caso de investimento en activos intanxibles, para seren considerados subvencionables, deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente na empresa beneficiaria da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirente estea en posición de exercer control sobre o vendedor, ou viceversa.

    15º. Os provedores non poderán estar vinculados co beneficiario da axuda nin cos seus órganos directivos ou xestores. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán obter os premios os organismos intermedios incardinados nalgunha das seguintes definicións:

    a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á competitividade empresarial das pemes, nas súas diversas formas, e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.

    b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á competitividade das pemes e promovan proxectos nos cales non persigan a obtención de beneficios.

    2. Poderán ser beneficiarias das axudas as pemes que desenvolvan unha actividade no ámbito da nova industria.

    Para os efectos destas bases, entenderase por:

    a) Peme galega:

    As pequenas e medianas empresas (pemes) segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías). Para verificar o cumprimento deste requisito, as entidades ou empresas cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración de que cumpren cos criterios de definición de peme conforme a normativa comunitaria, que son sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos, que teñen un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto e que desenvolven a súa actividade empresarial nalgún dos ámbitos de actividade subvencionables.

    b) Ámbito da «nova industria»:

    As actividades da industria manufactureira e as dos servizos á industria, segundo o concepto de «nova industria» definido na axenda de competitividade industrial de Galicia: «ampliando o tradicional concepto de industria para abranguer os servizos á produción, complementarios e interdependentes desta».

    Establécense as seguintes excepcións, segundo o artigo 13 do Regulamento (UE) 651/2014:

    i) As actividades nos sectores da pesca e da acuicultura.

    ii) As actividades do sector da produción agrícola primaria.

    iii) As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

    iv) As empresas do sector transporte só poderán obter axudas para as colaboracións externas.

    Son obrigas dos beneficiarios:

    a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión e, de ser o caso, manter os investimentos durante, polo menos, tres anos desde a finalización do dito prazo. Na súa virtude, a axuda concedida só será definitiva se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afecte a natureza do investimento, ou o cesamento da actividade. A axuda está condicionada ao respecto desas condicións e poderá ser obxecto dun procedemento de reintegro noutro caso.

    b) Colaborar co Igape nas actividades de demostración do concepto «Industria 4.0»: xeración de casos de éxito, material promocional, participación en presentacións, reportaxes audiovisuais, visitas demostrativas e calquera outra similar.

    c) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e das condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

    d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control, durante polo menos un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación ou, no caso de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 €, de dous anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída. O Igape informará desta data de inicio a que se refire esta obriga.

    e) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamenten a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere as porcentaxes máximas establecidas no artigo 1 destas bases respecto do custo elixible do proxecto que vai desenvolver o beneficiario ou as que resulten da normativa aplicable ás axudas concorrentes.

    f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

    g) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feder segundo o establecido no anexo III destas bases.

    h) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

    i) Reintegrar os fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    j) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

    k) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Para poder optar aos premios e subvencións, os interesados deberán previamente constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007). A dita agrupación terá que estar constituída por un organismo intermedio e, polo menos, tres pemes galegas. Deberanse facer constar expresamente nun documento os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, o organismo intermedio será nomeado representante único da agrupación (en diante, o líder), único interlocutor coa Administración ata a resolución de concesión. Unha vez resolto o premio, e concedidas as axudas individuais a cada peme, cada unha delas será independente para a tramitación da xustificación e liquidación da axuda.

    O documento contractual de regulación da agrupación deberá incluír, como mínimo, o seguinte:

    a) Identificación de cada un dos seus integrantes por razón social, NIF e nome e DNI do representante legal

    b) Acordo de representación da agrupación e elección do organismo intermedio como representante dela ante a Administración para os efectos de interlocución con ela.

    c) Recoñecemento dos compromisos asumidos por cada un dos integrantes da agrupación en canto ás características do proxecto que se presenta a concurso descrito no formulario de solicitude de axuda e á execución individual dos investimentos e gastos de cada peme participante.

    d) Acordos de confidencialidade.

    e) Xestión da agrupación e plan de continxencias ante posibles dificultades.

    f) Autorización ao Igape para solicitar os datos doutras administracións que sexan necesarios para a tramitación da solicitude.

    g) Sinatura de todos os integrantes.

    A agrupación de empresas non se poderá disolver ata que transcorrese o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.

    Cada agrupación só poderá presentar un proxecto. Un organismo intermedio poderá liderar unha ou máis agrupacións sempre que os proxectos se presenten a categorías sectoriais diferentes. As pemes poderán participar en máis dunha agrupación, sempre que os investimentos e gastos de cada unha das solicitudes sexan distintos.

    Non poderán ter a condición de beneficiarios:

    a) Entidades ou empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

    b) Entidades ou empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 651/2014). Para verificar o cumprimento deste requisito, as entidades ou empresas cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

    c) Entidades ou empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Email: informa@igape.es

    http://www.igape.es

    Presencialmente, nas oficinas do Igape indicadas no enderezo seguinte: http://www.igape.es/es/que-e-o-igape/onde-estamos

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981182239

    Fax: 981182240

    Email: coruña@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

    15403 Ferrol (Coruña, A)

    Teléfono: 981337101

    Fax: 981337106

    Email: ferrol@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294032

    Fax: 982294801

    Email: lugo@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988687289

    Fax: 988687290

    Email: ourense@gape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805305

    Fax: 986805308

    Email: pontevedra@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

    Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817366

    Fax: 986817361

    Email: vigo@igape.es

    HTTP://WWW.IGAPE.ES

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 19 de xullo de 2018 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos piloto Industria 4.0 (III Piloto Industria 4.0 2018) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 148 do 3 de agosto de 2018).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 19 de xullo de 2018 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos piloto Industria 4.0 (III Piloto Industria 4.0 2018) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 148 do 3 de agosto de 2018).

    Ligazón á normativa

    Resolución 7 de maio de 2019 pola que se dá publicidade á resolución de concesión dos premios e axudas aos proxectos piloto Industria 4.0 (III Piloto Industria 4.0) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 28 de xuño de 2019 pola que se amplían os prazos máximos de execución e de presentación da solicitude de cobramento da Resolución do 19 de xullo de 2018, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos piloto Industria 4.0 (III Piloto Industria 4.0 2018) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 130 do 10 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 28 de xuño de 2019 pola que se amplían os prazos máximos de execución e de presentación da solicitude de cobramento da Resolución do 19 de xullo de 2018, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos piloto Industria 4.0 (III Piloto Industria 4.0 2018) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 130 do 10 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    1. Co obxectivo de incentivar a formación do capital humano, favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de proxectos promovidos e desenvolvidos por organismos intermedios para mellorar a capacitación do equipo humano nas empresas:

    a) Proxectos de capacitación nestas tecnoloxías, metodoloxías ou técnicas relacionadas coa Industria 4.0:

    Robotización e robotización colaborativa.

    Fabricación aditiva.

    Sensórica e actuadores mecatrónicos.

    Sistemas cíber-físicos.

    Automatización total ou estendida.

    Intercomunicación máquina-máquina.

    Conectividade total ou estendida.

    Vehículos autónomos (optimización de fluxos e redución de custos).

    Personalización de produtos.

    Internet das cousas, internet dos equipamentos e máquinas.

    Big data, cloud computing e ciberseguridade.

    Loxística 4.0 para a integración total da cadea de subministracións coa interconexión de sistemas e máxima coordinación dos procesos loxísticos.

    Modelado e simulación de procesos industriais, operativos e loxísticos.

    b) Proxectos de capacitación en xestión e organización empresarial, dirixidos preferentemente á capacitación de mandos intermedios, nestas temáticas: organización industrial, xestión avanzada de compras, liderado de proxectos, protocolos de cooperación interempresarial, utilización de ferramentas de bussines intelligence e de vixilancia tecnolóxica, co-creación de produtos, e novos modelos de negocio. Aos efectos desta axuda, entenderase por mando intermedio o empregado que teña ao seu cargo persoal e competencias para a organización do traballo baixo as instrucións da dirección da empresa.

    2. Os proxectos de capacitación deberán incluír formación presencial in company nunha porcentaxe non inferior ao 20 % do total das horas. Enténdese como formación presencial in company a que ten como finalidade facer prácticas reais e se imparte na planta produtiva dunha empresa ou nas instalacións dun centro ou institución tecnolóxica de Galicia.

    3. Non se concederán axudas para formación que as empresas teñan que impartir obrigatoriamente para cumprir normas nacionais en materia de formación.

    4. En todos os proxectos deben participar un mínimo de 5 traballadores en activo de empresas con centro de traballo ou domicilio social en Galicia. Os proxectos formativos terán unha duración presencial mínima de 30 horas, que deberá levarse a cabo en Galicia. Poderanse realizar varias edicións dos proxectos formativos con distintos asistentes. No caso de proxectos co mínimo de 5 traballadores asistentes, ese número debe manterse durante toda a duración do proxecto de capacitación. A execución do proxecto con menos de 5 traballadores en activo en empresas galegas será causa de incumprimento total. Considerarase que o alumno finalizou a formación cando asistise polo menos ao 75 % do total de horas (presenciais e in company) da acción formativa.

    5. Para os efectos do disposto no apartado anterior, consideraranse traballadores en activo as persoas vinculadas profesionalmente cunha empresa galega dalgunha destas formas:

    a) Relación laboral (contrato de traballo por conta allea, común ou especial).

    b) Autónomos dependentes (contratos trade).

    c) Socios ou administradores da empresa (cotizantes á Seguridade Social nalgún réxime).

    d) Titulares da empresa ou actividade (empresarios autónomos).

    Os proxectos obxecto de axuda deberán dar unha adecuada difusión á actividade formativa e permitir a calquera traballador en activo de empresas galegas a asistencia á mesma. O solicitante deberá indicar no cuestionario de solicitude os criterios que utilizará para seleccionar os asistentes no caso de que a demanda supere o número de prazas dispoñible. Esta selección deberá realizarse mediante criterios obxectivos, nos que a relación entre o posto de traballo e a temática do curso, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e o acceso preferente a discapacitados pese ao menos un 70 % nos mesmos, e un mínimo dun 20 % individualmente.

    6. Os alumnos participantes deben obter unha capacitación ou cualificación ao rematar a acción formativa.

    A estes efectos enténdese por capacitación ou cualificación a superación dunha proba formal na que se avalíe o coñecemento do alumno e se determine que acadou un resultado de aprendizaxe segundo uns determinados estándares.

    Este resultado debe reflectirse no certificado de aproveitamento ou diploma que se entregue a cada participante, no que como mínimo constarán tamén a denominación da acción formativa, os contidos formativos, duración en horas e período de impartición, e que debe cumprir cos requirimentos de publicidade do FSE.

    7. Cada solicitude de axuda debe ser relativa a un único proxecto formativo, podendo cada solicitude comprender unha ou varias edicións sempre que sexa para distintos participantes (na mesma ou distintas localizacións). Cada organismo intermedio poderá presentar varias solicitudes (unha por cada proxecto distinto para o que solicite axuda). O número de proxectos aprobados nunha convocatoria a unha entidade será como máximo de cinco.

    8. As accións formativas deberán realizarse dentro do prazo de execución establecido na resolución de concesión. O dito prazo iniciarase coa presentación da solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión.

    9. Todas as accións formativas deberán ter comezado no ano en que se resolva a convocatoria e rematar antes do prazo de execución de proxectos establecido nesta.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarios destas axudas organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Entenderanse como tales para efectos destas axudas:

    a) Entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa, colexios profesionais, consellos reguladores de denominacións de orixe, ou clusters empresariais que teñan as características recollidas no Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.

    b) Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).

    Son obrigas dos beneficiarios:

    Son obrigas dos beneficiarios:

    1. Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión, notificando as actividades formativas que se vaian realizar previamente á súa celebración cunha antelación mínima dunha semana. Esta notificación levarase a cabo no enderezo electrónico igape-competitividade@igape.es e deberá especificar todas as datas, horas e lugares de impartición da acción formativa, tanto as sesións de formación presencial coma a formación in company, e as súas modificacións. O incumprimento desta obriga dará lugar á perda do dereito á subvención nos termos establecidos no artigo 16 destas bases reguladoras.

    2. Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce da subvención.

    3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo.

    4. Comunicar ao Igape a solicitude e a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvenciona­das, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

    5. Manter unha pista de auditoría suficiente e dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso. Os gastos subvencionados deberán poder identificarse na documentación contable de forma separada, polo tanto, é preciso manter de forma separada na contabilidade os gastos subvencionados e o ingreso da axuda percibida e conservar toda a documentación relativa á subvención durante polo menos un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos da operación. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

    6. Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o FSE segundo o establecido no Anexo III a estas bases, en particular as establecidas no anexo XII, apartado 2.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013.

    7. Facilitar a información que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade de entidades e participantes e os de resultado inmediato enumerados no artigo 5 do Regulamento 1304/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo. Esta información deberá facilitarse a través da aplicación Participa 1420, á que se accede no enderezo electrónico http://participa1420.conselleriadefacenda.es . Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coa actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior a finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. A Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de 6 meses dende a finalización do proxecto coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo.

    8. Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no Título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

    9. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    10. No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

    11. Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    - Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as grandes empresas figura no punto 2.2 das directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras (DOUE C 249, do 31 de xullo de 2014) e que para as empresas aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

    - Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Email: informa@igape.es

    http://www.igape.es

    Presencialmente, nas oficinas do Igape indicadas no enderezo seguinte: http://www.igape.es/es/que-e-o-igape/onde-estamos

    Órgano responsable

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 21 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 245 do 28 de decembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 21 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 245 do 28 de decembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 6 de abril de 2018 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 73 do, 16 de abril de 2018).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 7 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2018).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 26 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o segundo trimestre de 2018 (DOG nº 212 do 7 de novembro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Concesión de avais polo Instituto Galego de Promoción Económica.

    Os avais axustaranse aos seguintes límites cuantitativos:
    a)Non excederán do 5 por 100 da contía global establecida na lei de orzamentos de cada ano para os avais do Igape.
    b)Garantirán a totalidade do principal dos créditos e demais liñas ou operacións financeiras destinadas á reconversión e reestructuración de empresas e ata o 70% dos destinados á súa creación ou ampliación.
    c)As operacións a que se refire o artigo 2.4 podrán ser garantidas na súa totalidade.

    A duración dos avais non excederá dos seguintes prazos: 5 anos para os casos de reconversión e reestructuración de empresas e os previstos no artigo 2.4; e 7 anos para os supostos de creación ou ampliación de empresas.

    Os límites poderán ser superados se así se establece por acordo do Consello da Xunta de Galicia por proposta do conselleiro de Economía e Facenda.

    A quen vai dirixido?

    -Pequenas e medianas empresas con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia que destinen os créditos que se avalan á súa creación, ampliación, reconversión e reestructuración.
    -PEMES non domiciliadas en Galicia que destinen integramente as operacións obxeto de aval ás unidades produtivas situadas en Galicia.
    -Empresas que, sen ter a condición de PEME, pertenzan a un sector considerado prioritario ou sexan obxecto dun plan de viabilidade segundo acordo da Comision Delegada para Asuntos Económicos.
    -Empresas que, polas operacións ou actividades, resulten de especial interese socio-económico para Galicia segundo acordo da Comision Delegada para Asuntos Económicos.

    Requisitos

    Presentar un plan económico-financeiro elaborado pola auditoría independente, do que resulte unha capacidade e dimensionamento suficientes para facer viable a súa continuidade.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

    Área de financiamento

    Subdirección de Programas de Acceso ao Crédito

    Complexo Admtvo. San Lázaro, s/n

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 900815151

    Fax: 981541115

    Órgano responsable

    Subdirección de Programas de Acceso ao Crédito

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Decreto 284/1994,do 15 de setembro, regulación de avales do Instituto Galego de Promoción Económica (DOG nº 190 do 30 de setembro de 1994).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.