IG300A - Axudas do Igape aos proxectos piloto industria 4.0 en Galicia (II piloto industria 4.0), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. O obxecto destas bases é a regulación da concesión dun premio a un máximo de seis proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de pemes non inferior a 3, así como das axudas á devandita implantación para cada peme participante en cada un dos proxectos.

A implantación consistirá na incorporación ás empresas de tecnoloxías relacionadas cos conceptos de Industria 4.0, segundo os termos recollidos na Axenda de competitividade industrial, Galicia: Industria 4.0, que inclúe as seguintes:

1º. Robotización e robotización colaborativa.

2º. Fabricación aditiva.

3º. Sensórica e actuadores mecatrónicos.

4º. Sistemas ciber-físicos.

5º. Automatización total ou estendida.

6º. Intercomunicación máquina-máquina.

7º. Conectividade total ou estendida.

8º. Vehículos autónomos (optimización de fluxos e redución de custos).

9º. Personalización de produtos.

10º. Internet das cousas, internet dos equipamentos e máquinas.

11º. Big Data, cloud computing e ciberseguridade aplicadas á industria.

12º. Loxística 4.0 para a integración total da cadea de subministracións coa interconexión de sistemas e máxima coordinación dos procesos loxísticos.

13º. Modelado e simulación de procesos industriais, operativos e loxísticos.

2. Os apoios aos proxectos piloto Industria 4.0 terán dúas modalidades: premio ao proxecto, que corresponderá ao organismo intermedio, e subvencións individuais aos investimentos e gastos das pemes integrantes del:

a) Premios aos seis proxectos sectoriais máis representativos do concepto Industria 4.0.

1º. Cualificarase o proxecto máis representativo dentro dunha determinada categoría sectorial segundo a súa definición, desenvolvemento, características e condicións de execución, e que integrará a implementación de diversas solucións en todas e cada unha das pemes individuais participantes.

2º. Poderase premiar un máximo de 6 categorías sectoriais (determinadas polos sectores de actividade ou ámbitos de negocio que presenten proxectos ao concurso). Concederase un premio por categoría de contía máxima de 25.000 € cada un e placa conmemorativa. O premio outorgaráselle ao organismo intermedio líder da agrupación. En caso de non poder conformar as 6 categorías sectoriais, ou que o premio dalgunha categoría quede deserto, poderá asignarse máis dun premio nunha categoría.

3º. O premio dividirase en dous tramos: un fixo de 5.000 € e placa conmemorativa, que se entregará en acto público convocado para o efecto unha vez resoltos os premios. Despois de executados os proxectos, os organismos intermedios premiados percibirán unha cantidade variable de ata 20.000 €, que se modulará en función da porcentaxe de execución dos proxectos de pemes subvencionados, unha vez xustificadas e aboadas as correspondentes axudas. Os premios son acumulativos entre categorías, de xeito que un mesmo organismo poderá resultar premiado por unha ou máis categorías.

4º. O premio incardínase no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013). Ao estar o premio suxeito ao réxime de minimis deberase garantir que, de recibir o organismo intermedio outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Para tal efecto, solicitarase do organismo intermedio unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión do premio e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

b) Subvencións aos investimentos e gastos en que consista a execución dos proxectos premiados.

1º. As subvencións serán individualizadas para cada peme participante integrante dos proxectos premiados.

2º. A subvención ás pemes participantes incardínase no artigo 14 do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño) e será do 30 % dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas e do 20 % para as medianas, queda exceptuada a subvención sobre os gastos de colaboracións externas, que se incardina no artigo 18 do devandito Regulamento (UE) 651/2014, e que será do 50 %.

3º. A subvención total concedida ao conxunto de pemes que participen ao abeiro de cada proxecto premiado (ou subvencionado sen premio, segundo o seguinte parágrafo) non superará 1.500.000 euros.

4º. No caso de que as subvencións concedidas ás pemes participantes nos proxectos premiados non esgoten o orzamento publicado, o Igape poderá seleccionar o proxecto colectivo con maior puntuación entre os non premiados e subvencionar os proxectos das pemes participantes, e así sucesivamente, ata o esgotamento do crédito restante.

5º Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas, sempre que a contía das axudas acumuladas non supere as porcentaxes máximas establecidas no punto 2.

Non obstante, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) 1303/2013, de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, coa condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos EIE non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.

A combinación das axudas recollidas nestas bases co financiamento percibido no marco do instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-PO Feder Galicia 2014-2020 deberá respectar os límites de subvencionabilidade establecidos no artigo 37 do Regulamento (UE) 1303/2013, segundo o cal os destinatarios finais da axuda dun instrumento financeiro dun fondo EIE poderán tamén recibir asistencia dunha prioridade ou programa doutro fondo EIE ou doutro instrumento sufragado polo orzamento da Unión, conforme a normativa da Unión aplicable en materia de axudas de Estado. En tal caso, manteranse rexistros independentes para cada fonte de asistencia e a axuda dos instrumentos financeiros dos fondos EIE formará parte dunha operación cun gasto subvencionable distinto das demais fontes de asistencia.

A combinación de axudas procedentes de subvencións e de instrumentos financeiros que se menciona nos números 7 e 8 do artigo 37 do Regulamento (UE) 1303/2013 poderá, coa excepción da normativa da Unión aplicable en materia de axudas de Estado, destinarse a unha mesma partida de gasto coa condición de que a suma de todas as formas de axuda combinadas non supere o importe total da partida de gasto en cuestión. Non se empregarán as subvencións para reembolsar axudas que se recibisen de instrumentos financeiros. Non se empregarán os instrumentos financeiros para prefinanciar subvencións.

6º. Poderanse subvencionar os seguintes tipos de gasto:

i) Investimentos materiais e/ou inmateriais novos adquiridos en propiedade, relacionados coa Industria 4.0, segundo se define no artigo 1.1. destas bases. Exclúense a adquisición e o acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte e equipamento de oficina, agás elementos informáticos. A adquisición e a adaptación de software consideraranse investimento subvencionable.

ii) Colaboracións externas: asistencia técnica, adaptación e parametrización de solucións, consultoría, titorización e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto. As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa, como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade.

7º. As pemes beneficiarias de subvención a investimentos deberán achegar unha contribución financeira a estes, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.

8º. Os investimentos e gastos subvencionables das pemes participantes non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude por parte da agrupación no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención poderán ser efectuados con carácter previo á esta presentación; de ser así, o proxecto desa peme sería non subvencionable. Para acreditar o cumprimento desta condición, cada peme participante na agrupación deberá cubrir, no propio formulario electrónico de solicitude, unha declaración responsable de non ter iniciados os traballos na data de presentación da solicitude. Os traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos. Se a exclusión dunha ou máis pemes reduce o número de participantes a menos de 3, denegaríase a solicitude no seu conxunto.

9º. O período de execución dos investimentos e gastos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria.

10º. Os investimentos e gastos previstos por cada peme participante deberán ser especificados na solicitude, coa planificación anualizada destes. O Igape, para cada proxecto que resulte aprobado, establecerá na resolución individual correspondente a cada peme os investimentos e gastos subvencionados ata o remate do prazo de execución do proxecto.

11º. Cando o importe do investimento ou do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo da adquisición do ben ou a prestación do servizo, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren. Neste caso, presentarase escrito aclaratorio indicativo desta circunstancia, asinado polo representante legal. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos e dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

12º. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do proxecto, e deberá constar neste momento o vencemento e pagamento de todas as cantidades aprazadas e efectuados todos os pagamentos por calquera concepto.

13º. O investimento terá que incluírse no activo da empresa e manterse no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante este período. Neste caso, deberá quedar constancia contable e no inventario da empresa da substitución efectuada. Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos.

14º. No caso de investimento en activos intanxibles, para seren considerados subvencionables, deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente na empresa beneficiaria da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirente estea en posición de exercer control sobre o vendedor, ou viceversa.

15º. Os provedores non poderán estar vinculados co beneficiario da axuda nin cos seus órganos directivos ou xestores. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

1. Poderán obter os premios os organismos intermedios incardinados nalgunha das seguintes definicións:

a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á competitividade empresarial das pemes, nas súas diversas formas, e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.

b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á competitividade das pemes e promovan proxectos nos cales non persigan a obtención de beneficios.

2. Poderán ser beneficiarias das axudas as pemes que desenvolvan unha actividade no ámbito da nova industria.

Para os efectos destas bases, entenderase por:

a) Peme galega:

As pequenas e medianas empresas (pemes) segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías). Para verificar o cumprimento deste requisito, as entidades ou empresas cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración de que cumpren cos criterios de definición de peme conforme a normativa comunitaria, que son sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos, que teñen un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto e que desenvolven a súa actividade empresarial nalgún dos ámbitos de actividade subvencionables.

b) Ámbito da «nova industria»:

As actividades da industria manufactureira e as dos servizos á industria, segundo o concepto de «nova industria» definido na axenda de competitividade industrial de Galicia: «ampliando o tradicional concepto de industria para abranguer os servizos á produción, complementarios e interdependentes desta».

Establécense as seguintes excepcións, segundo o artigo 13 do Regulamento (UE) 651/2014:

i) As actividades nos sectores da pesca e da acuicultura.

ii) As actividades do sector da produción agrícola primaria.

iii) As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

iv) As empresas do sector transporte só poderán obter axudas para as colaboracións externas.

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión e, de ser o caso, manter os investimentos durante, polo menos, tres anos desde a finalización do dito prazo. Na súa virtude, a axuda concedida só será definitiva se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afecte a natureza do investimento, ou o cesamento da actividade. A axuda está condicionada ao respecto desas condicións e poderá ser obxecto dun procedemento de reintegro noutro caso.

b) Colaborar co Igape nas actividades de demostración do concepto «Industria 4.0»: xeración de casos de éxito, material promocional, participación en presentacións, reportaxes audiovisuais, visitas demostrativas e calquera outra similar.

c) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e das condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control, durante polo menos un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación ou, no caso de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 €, de dous anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída. O Igape informará desta data de inicio a que se refire esta obriga.

e) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamenten a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere as porcentaxes máximas establecidas no artigo 1 destas bases respecto do custo elixible do proxecto que vai desenvolver o beneficiario ou as que resulten da normativa aplicable ás axudas concorrentes.

f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

g) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feder segundo o establecido no anexo III destas bases.

h) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

i) Reintegrar os fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

j) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

k) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Ler máis Ler menos

Requisitos

Para poder optar aos premios e subvencións, os interesados deberán previamente constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007). A dita agrupación terá que estar constituída por un organismo intermedio e, polo menos, tres pemes galegas. Deberanse facer constar expresamente nun documento os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, o organismo intermedio será nomeado representante único da agrupación (en diante, o líder), único interlocutor coa Administración ata a resolución de concesión. Unha vez resolto o premio, e concedidas as axudas individuais a cada peme, cada unha delas será independente para a tramitación da xustificación e liquidación da axuda.

O documento contractual de regulación da agrupación deberá incluír, como mínimo, o seguinte:

a) Identificación de cada un dos seus integrantes por razón social, NIF e nome e DNI do representante legal

b) Acordo de representación da agrupación e elección do organismo intermedio como representante dela ante a Administración para os efectos de interlocución con ela.

c) Recoñecemento dos compromisos asumidos por cada un dos integrantes da agrupación en canto ás características do proxecto que se presenta a concurso descrito no formulario de solicitude de axuda e á execución individual dos investimentos e gastos de cada peme participante.

d) Acordos de confidencialidade.

e) Xestión da agrupación e plan de continxencias ante posibles dificultades.

f) Autorización ao Igape para solicitar os datos doutras administracións que sexan necesarios para a tramitación da solicitude.

g) Sinatura de todos os integrantes.

A agrupación de empresas non se poderá disolver ata que transcorrese o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.

Cada agrupación só poderá presentar un proxecto. Un organismo intermedio poderá liderar unha ou máis agrupacións sempre que os proxectos se presenten a categorías sectoriais diferentes. As pemes poderán participar en máis dunha agrupación, sempre que os investimentos e gastos de cada unha das solicitudes sexan distintos.

Non poderán ter a condición de beneficiarios:

a) Entidades ou empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

b) Entidades ou empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 651/2014). Para verificar o cumprimento deste requisito, as entidades ou empresas cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

c) Entidades ou empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Email: informa@igape.es

http://www.igape.es

Presencialmente, nas oficinas do Igape indicadas no enderezo seguinte: http://www.igape.es/es/que-e-o-igape/onde-estamos

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE A CORUÑA

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta

15008 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 981182239

Fax: 981182240

Email: coruña@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE FERROL

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta

15403 Ferrol (Coruña, A)

Teléfono: 981337101

Fax: 981337106

Email: ferrol@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE LUGO

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo

27071 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982294032

Fax: 982294801

Email: lugo@gape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE OURENSE

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta

32004 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988687289

Fax: 988687290

Email: ourense@gape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE PONTEVEDRA

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta

36003 Pontevedra (Pontevedra)

Teléfono: 986805305

Fax: 986805308

Email: pontevedra@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) - OFICINA DE VIGO

Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta

36201 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986817366

Fax: 986817361

Email: vigo@igape.es

HTTP://WWW.IGAPE.ES

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 19 de xullo de 2018 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos piloto Industria 4.0 (III Piloto Industria 4.0 2018) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 148 do 3 de agosto de 2018).

Ligazón á normativa

Extracto da Resolución do 19 de xullo de 2018 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos piloto Industria 4.0 (III Piloto Industria 4.0 2018) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 148 do 3 de agosto de 2018).

Ligazón á normativa

Resolución 7 de maio de 2019 pola que se dá publicidade á resolución de concesión dos premios e axudas aos proxectos piloto Industria 4.0 (III Piloto Industria 4.0) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2019).

Ligazón á normativa

Resolución do 28 de xuño de 2019 pola que se amplían os prazos máximos de execución e de presentación da solicitude de cobramento da Resolución do 19 de xullo de 2018, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos piloto Industria 4.0 (III Piloto Industria 4.0 2018) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 130 do 10 de xullo de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Resolución do 28 de xuño de 2019 pola que se amplían os prazos máximos de execución e de presentación da solicitude de cobramento da Resolución do 19 de xullo de 2018, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos piloto Industria 4.0 (III Piloto Industria 4.0 2018) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 130 do 10 de xullo de 2019).

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.