IG300B - Axudas a proxectos de formación industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. Co obxectivo de incentivar a formación do capital humano, favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de proxectos promovidos e desenvolvidos por organismos intermedios para mellorar a capacitación do equipo humano nas empresas:

a) Proxectos de capacitación nestas tecnoloxías, metodoloxías ou técnicas relacionadas coa Industria 4.0:

Robotización e robotización colaborativa.

Fabricación aditiva.

Sensórica e actuadores mecatrónicos.

Sistemas cíber-físicos.

Automatización total ou estendida.

Intercomunicación máquina-máquina.

Conectividade total ou estendida.

Vehículos autónomos (optimización de fluxos e redución de custos).

Personalización de produtos.

Internet das cousas, internet dos equipamentos e máquinas.

Big data, cloud computing e ciberseguridade.

Loxística 4.0 para a integración total da cadea de subministracións coa interconexión de sistemas e máxima coordinación dos procesos loxísticos.

Modelado e simulación de procesos industriais, operativos e loxísticos.

b) Proxectos de capacitación en xestión e organización empresarial, dirixidos preferentemente á capacitación de mandos intermedios, nestas temáticas: organización industrial, xestión avanzada de compras, liderado de proxectos, protocolos de cooperación interempresarial, utilización de ferramentas de bussines intelligence e de vixilancia tecnolóxica, co-creación de produtos, e novos modelos de negocio. Aos efectos desta axuda, entenderase por mando intermedio o empregado que teña ao seu cargo persoal e competencias para a organización do traballo baixo as instrucións da dirección da empresa.

2. Os proxectos de capacitación deberán incluír formación presencial in company nunha porcentaxe non inferior ao 20 % do total das horas. Enténdese como formación presencial in company a que ten como finalidade facer prácticas reais e se imparte na planta produtiva dunha empresa ou nas instalacións dun centro ou institución tecnolóxica de Galicia.

3. Non se concederán axudas para formación que as empresas teñan que impartir obrigatoriamente para cumprir normas nacionais en materia de formación.

4. En todos os proxectos deben participar un mínimo de 5 traballadores en activo de empresas con centro de traballo ou domicilio social en Galicia. Os proxectos formativos terán unha duración presencial mínima de 30 horas, que deberá levarse a cabo en Galicia. Poderanse realizar varias edicións dos proxectos formativos con distintos asistentes. No caso de proxectos co mínimo de 5 traballadores asistentes, ese número debe manterse durante toda a duración do proxecto de capacitación. A execución do proxecto con menos de 5 traballadores en activo en empresas galegas será causa de incumprimento total. Considerarase que o alumno finalizou a formación cando asistise polo menos ao 75 % do total de horas (presenciais e in company) da acción formativa.

5. Para os efectos do disposto no apartado anterior, consideraranse traballadores en activo as persoas vinculadas profesionalmente cunha empresa galega dalgunha destas formas:

a) Relación laboral (contrato de traballo por conta allea, común ou especial).

b) Autónomos dependentes (contratos trade).

c) Socios ou administradores da empresa (cotizantes á Seguridade Social nalgún réxime).

d) Titulares da empresa ou actividade (empresarios autónomos).

Os proxectos obxecto de axuda deberán dar unha adecuada difusión á actividade formativa e permitir a calquera traballador en activo de empresas galegas a asistencia á mesma. O solicitante deberá indicar no cuestionario de solicitude os criterios que utilizará para seleccionar os asistentes no caso de que a demanda supere o número de prazas dispoñible. Esta selección deberá realizarse mediante criterios obxectivos, nos que a relación entre o posto de traballo e a temática do curso, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e o acceso preferente a discapacitados pese ao menos un 70 % nos mesmos, e un mínimo dun 20 % individualmente.

6. Os alumnos participantes deben obter unha capacitación ou cualificación ao rematar a acción formativa.

A estes efectos enténdese por capacitación ou cualificación a superación dunha proba formal na que se avalíe o coñecemento do alumno e se determine que acadou un resultado de aprendizaxe segundo uns determinados estándares.

Este resultado debe reflectirse no certificado de aproveitamento ou diploma que se entregue a cada participante, no que como mínimo constarán tamén a denominación da acción formativa, os contidos formativos, duración en horas e período de impartición, e que debe cumprir cos requirimentos de publicidade do FSE.

7. Cada solicitude de axuda debe ser relativa a un único proxecto formativo, podendo cada solicitude comprender unha ou varias edicións sempre que sexa para distintos participantes (na mesma ou distintas localizacións). Cada organismo intermedio poderá presentar varias solicitudes (unha por cada proxecto distinto para o que solicite axuda). O número de proxectos aprobados nunha convocatoria a unha entidade será como máximo de cinco.

8. As accións formativas deberán realizarse dentro do prazo de execución establecido na resolución de concesión. O dito prazo iniciarase coa presentación da solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión.

9. Todas as accións formativas deberán ter comezado no ano en que se resolva a convocatoria e rematar antes do prazo de execución de proxectos establecido nesta.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarios destas axudas organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Entenderanse como tales para efectos destas axudas:

a) Entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa, colexios profesionais, consellos reguladores de denominacións de orixe, ou clusters empresariais que teñan as características recollidas no Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.

b) Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).

Son obrigas dos beneficiarios:

Son obrigas dos beneficiarios:

1. Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión, notificando as actividades formativas que se vaian realizar previamente á súa celebración cunha antelación mínima dunha semana. Esta notificación levarase a cabo no enderezo electrónico igape-competitividade@igape.es e deberá especificar todas as datas, horas e lugares de impartición da acción formativa, tanto as sesións de formación presencial coma a formación in company, e as súas modificacións. O incumprimento desta obriga dará lugar á perda do dereito á subvención nos termos establecidos no artigo 16 destas bases reguladoras.

2. Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce da subvención.

3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo.

4. Comunicar ao Igape a solicitude e a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvenciona­das, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

5. Manter unha pista de auditoría suficiente e dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso. Os gastos subvencionados deberán poder identificarse na documentación contable de forma separada, polo tanto, é preciso manter de forma separada na contabilidade os gastos subvencionados e o ingreso da axuda percibida e conservar toda a documentación relativa á subvención durante polo menos un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos da operación. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

6. Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o FSE segundo o establecido no Anexo III a estas bases, en particular as establecidas no anexo XII, apartado 2.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013.

7. Facilitar a información que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade de entidades e participantes e os de resultado inmediato enumerados no artigo 5 do Regulamento 1304/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo. Esta información deberá facilitarse a través da aplicación Participa 1420, á que se accede no enderezo electrónico http://participa1420.conselleriadefacenda.es . Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coa actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior a finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. A Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de 6 meses dende a finalización do proxecto coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo.

8. Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no Título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

9. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

10. No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

11. Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Ler máis Ler menos

Requisitos

- Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que entren dentro da categoría de empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as grandes empresas figura no punto 2.2 das directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras (DOUE C 249, do 31 de xullo de 2014) e que para as empresas aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

- Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Email: informa@igape.es

http://www.igape.es

Presencialmente, nas oficinas do Igape indicadas no enderezo seguinte: http://www.igape.es/es/que-e-o-igape/onde-estamos

Órgano responsable

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 21 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 245 do 28 de decembro de 2017).

Ligazón á normativa

Extracto da Resolución do 21 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 245 do 28 de decembro de 2017).

Ligazón á normativa

Resolución do 6 de abril de 2018 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 73 do, 16 de abril de 2018).

Ligazón á normativa

Resolución do 7 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2018).

Ligazón á normativa

Resolución do 26 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o segundo trimestre de 2018 (DOG nº 212 do 7 de novembro de 2018).

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.