VI408H - Subvencións do Programa de rexeneración e renovación urbana e rural no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago ou da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas
Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto convocar as subvencións, para o ano 2019, do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural correspondentes ás áreas de rehabilitación integral (en diante, ARI) dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
2. As subvencións desta convocatoria están destinadas a financiar actuacións de rehabilitación e renovación de edificios e vivendas situadas nos ámbitos da ARI dos Camiños de Santiago e da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
3. As actuacións obxecto de financiamento deberán contar coa correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).
4. De conformidade co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, estas subvencións concederanse polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto nesta resolución de convocatoria.
A quen vai dirixido?
1. No ámbito da ARI dos Camiños de Santiago poderán ser persoas ou entidades beneficiarias das subvencións desta convocatoria:
a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
b) As agrupacións de persoas propietarias.
c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.
2. No ámbito da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas, ademais das recollidas no número anterior, tamén poderán ser persoas beneficiarias das subvencións desta convocatoria:
As persoas físicas con algún dereito real sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.
As persoas titulares dunha concesión sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.
Obrigas das persoas e das entidades beneficiarias.
Ademais das recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, serán obrigas das persoas e das entidades beneficiarias:
a) Facilitarlles aos órganos competentes toda a información necesaria para asegurar o cumprimento da finalidade da axuda concedida, particularmente a que sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
b) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
c) Destinar a axuda á finalidade para a cal se concede.
d) Dar a publicidade adecuada de que as actuacións están subvencionadas no marco do Plan 2018-2021 polo Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia, a través do IGVS.
e) As demais que deriven desta resolución e do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo.
Ler máis Ler menos
Requisitos
- Para ser beneficiarias destas subvencións, as persoas e entidades sinaladas nos números anteriores deberán estar en posesión da correspondente cualificación definitiva da actuación outorgada polo IGVS. Poderán ser beneficiarias desta convocatoria de subvencións do Plan 2018-2021 as persoas e entidades que, estando en posesión da cualificación definitiva da actuación conforme a normativa da prórroga do Plan 2013-2016, non obtivesen as subvencións con anterioridade, salvo nos supostos en que lles for denegada por non cumprir os requisitos exixidos.
- Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou, no suposto das persoas estranxeiras, ter a residencia legal en España.
- Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.
- No caso de que a solicitante sexa unha comunidade ou agrupación de comunidades de propietarios/as ou agrupación de persoas propietarias, os requisitos sinalados nos números anteriores deberán cumprilos todos os seus membros.
- Cando a execución da actuación corresponda a varias persoas beneficiarias, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada unha delas. As persoas beneficiarias destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que, tanto o importe dela, como o custo das obras, deba repercutirse nas persoas propietarias e, se é o caso, nos locais comerciais ou predios doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.
Non obstante o disposto no parágrafo anterior, cando algún dos membros da comunidade ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias incorra nunha ou varias das prohibicións establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, non se atribuirá á dita propietaria a parte proporcional que lle correspondería da axuda recibida, que se rateará entre as restantes persoas membros da comunidade ou agrupación.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Dirección Técnica de Fomento
Servizo de Rehabilitación e Renovación Urbana
Área Central. Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541954
Fax: 981541902
Email: rehabilitacion.igvs@xunta.es
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Fax: 981184860
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 2 de xullo de 2019 pola que se convocan, para o ano 2019, as subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018-2021, correspondentes ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (DOG nº 130 do 10 de xullo de 2019).
Extracto da Resolución do 2 de xullo de 2019 pola que se convocan, para o ano 2019, as subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018-2021, correspondentes ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (DOG nº 130 do 10 de xullo de 2019).
Ámbito Estatal
Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (BOE nº 61 de 10 de marzo de 2018).
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres