VI406A - Subvencións do programa de infravivenda do Plan rehaVIta: plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 15/06/2016 - 30/11/2016.

Comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e terminará co esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria e, en todo caso, o día 30 de novembro de 2016.

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Xunto coa solicitude (Aneso I) deberá presentarse a seguinte documentación:
    • a) Copia do DNI ou NIE do/da alcalde/sa ou da persoa en quen delegue, para o suposto de non ter autorizado a súa consulta.
    • b) Certificado do acordo municipal de solicitar a subvención ao IGVS, aceptando os termos da convocatoria, de conformidade coa memoria, o orzamento e o prazo de execución propostos na documentación que se xunta á solicitude.
    • c) Para o suposto de que a vivenda sexa de titularidade privada, anexo II de autorización das persoas propietarias do inmoble, membros da unidade de convivencia, para que o concello execute as obras de rehabilitación, así como compromiso de dedicar a vivenda a domicilio habitual e permanente da unidade de convivencia durante un prazo non inferior a tres anos, contados desde a finalización das obras.
    • d) Certificado da secretaría municipal en que se acredite que se cumpriu a obrigación recollida no artigo 6.2 desta orde.
    • e) Memoria relativa á infravivenda obxecto das actuacións. Esta memoria deberá conter a seguinte documentación:
      • 1. Informe social sobre as circunstancias persoais, así como das económico-sociais de cada un dos membros da unidade de convivencia.
      • 2. Informe asinado polo/a correspondente tecnico/a municipal relativo á localización da infravivenda, das súas características e do seu estado de deterioración. Este informe deberá ir acompañado dunha reportaxe fotográfica en cor da edificación ou vivenda e dunha xustificación da necesidade e idoneidade das actuacións propostas.
      • 3. Memoria da actuación proposta, do orzamento de execución material e do calendario de execución.
      • 4. Informe do/a tecnico/a municipal de que as actuacións propostas cumpren coa lexislación vixente.
      • 5. Informe municipal sobre o financiamento da actuación que xustifique a súa viabilidade.
      • 6. Certificado do correspondente órgano do concello de que o nivel de renda da unidade de convivencia das persoas beneficiarias entra dentro dos criterios establecidos nesta orde.
      • 7. Certificado da secretaría municipal en que se acredite que a edificación ou vivenda obxecto de rehabilitación e de titularidade municipal. Para o caso de que a edificación ou vivenda pertenza a algún dos membros da unidade de convivencia, deberase achegar documentación fidedigna que así o acredite.
    • A solicitude unicamente poderá presentarse por vía electrónica, a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
    • A documentación complementaria deberase presentar por vía electrónica, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal, baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro.
    • A solicitude deberá formalizala, en representación do concello, o/a alcalde/sa ou a persoa en que este/a delegue.
    • O/a alcalde/sa ou persoa en quen delegue, para acreditar a súa identidade, poderá asinar a autorización ao IGVS para a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que a desenvolve. Para o suposto de non ter autorizado a súa consulta, deberase xuntar a copia do seu correspondente DNI ou NIE.
    • No modelo de solicitude realizaranse as seguintes declaracións:
      a) Declaración das axudas solicitadas ou obtidas de calquera entidade pública ou privada ou, de ser o caso, declaración de que non se solicitaron ou obtiveron outras axudas para a mesma finalidade. No caso de que se solicitasen ou obtivesen outras axudas para a mesma finalidade, deberase indicar cales.
      b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida para a mesma finalidade.
      c) Declaración de non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención das axudas.
      d) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións.
      e) Declaración de que todos os datos consignados na solicitude, así como os documentos que se acheguen, son certos.
    • Non poderá presentarse máis dunha solicitude de subvención por edificación ou vivenda que se vaia rehabilitar.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das entidades interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DE OURENSE

R/ Antonio Sáenz Díez, 1
32071Ourense
Teléfono: 988386273Fax: 988386235

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DE PONTEVEDRA

R/ Alcalde Hevia, 7
36071Pontevedra
Teléfono: 986805610Fax: 986805663

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DE LUGO

Avda. Ramón Ferreiro nº 28
27071Lugo
Teléfono: 982294600Fax: 982294624

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DA CORUÑA

R/ Vicente Ferrer, 2
15071Coruña, A
Teléfono: 981184824Fax: 981184860

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO (IGVS)

Área Central. Fontiñas
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Información web: www.igvs.es

Versión en formato PDF

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión das subvencións do Programa de infravivenda correspondente ao Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.
Por medio desta orde convócanse estas subvencións para a anualidade 2016.
Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar con carácter urxente as unidades de convivencia que habiten, en condición de propietarias, nunha vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade. Así mesmo, estas subvencións terán por obxecto permitir aos concellos rehabilitar edificacións ou vivendas do seu patrimonio municipal para solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nesta orde.
Consideraranse actuacións subvencionables a execución de obras de rehabilitación en edificacións e vivendas, co obxecto de que estas acaden unhas mínimas condicións de habitabilidade. Estas actuacións poden afectar elementos exteriores, as condicións estruturais e de seguranza, a habitabilidade e/ou a accesibilidade da edificación.
As subvencións concederanse polo procedemento de concorrencia non competitiva, de conformidade co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria.

Beneficiarios:

Os concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes.
Ademais das recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, serán obrigas dos concellos beneficiarios as seguintes:
1. Executar as actuacións subvencionadas nas condicións e prazos indicados que consten na resolución de concesión.
2. Someterse ás comprobacións e inspección que o IGVS considere pertinentes ao longo do proceso de execución das actuacións.
3. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
4. Os concellos beneficiarios destas subvencións deberán acreditar documentalmente ao IGVS a efectividade dos pagamentos realizados nos prazos establecidos no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro.
5. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
6. Destinar a vivenda rehabilitada a solucionar os problemas de infravivenda durante un prazo non inferior a cinco anos, contados desde a finalización das obras, para o caso de que a edificación ou vivenda sexa de propiedade municipal.
7. Deberán dar a axeitada publicidade de que as actuacións están subvencionadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda a través do IGVS.

Requisitos:

- Para poder ser beneficiarios destas subvencións os concellos deberán ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da convocatoria, cuxo prazo de presentación estivese vencido.
- Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se atopen nalgún dos supostos previstos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 25 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2016)

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.