TU981A - Bolsas de formación práctica en diversas áreas da Axencia Turismo de Galicia.
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria de nove (9) bolsas de formación práctica, en réxime de concorrencia competitiva, en áreas dependentes da Axencia Turismo de Galicia (procedemento TU981A) distribuídas da seguinte maneira:
Oito (8) bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma: 2 bolsas na oficina de turismo de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos), 1 bolsa na oficina de turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino), 1 bolsa na oficina de turismo da Coruña, 1 bolsa na oficina de turismo de Pontevedra, 1 bolsa na oficina de turismo de Vigo, 1 bolsa na oficina de turismo de Lugo, 1 bolsa na oficina de turismo de Ourense.
Unha (1) bolsa de formación práctica especializada na área de estudos e investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística. O lugar de realización das prácticas tuteladas desta bolsa será na sede da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela).
Para poder ser beneficiaria/o das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo IV desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 7.2 das bases reguladoras.
O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2018 e 2019 coa seguinte duración:
Bolsas de formación práctica especializada en oficinas de turismo: duración máxima 5 meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.
Bolsa de formación práctica especializada na área de estudos e investigación: duración máxima de (12) doce meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Poden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
Requisitos
1. Nacionalidade: española.
2. Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes das seguintes titulacións, que deberán estar finalizadas nos catro anos naturais inmediatamente anteriores ao remate do prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria.
a) Bolsas de formación nas oficinas de información turística: grao en Turismo; mestrado relacionado con turismo. Técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas; técnico superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos ou titulación homologada equivalente.
b) Bolsa de formación na área de estudos e investigación: estar en posesión dunha titulación superior (calquera).
3. Idiomas:
a) Todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.
b) Inglés: no caso das bolsas de formación nas oficinas de información turística, certificado B1 ou superior ou acreditación de nivel equivalente ao B1. De consideralo necesario, a Comisión de Valoración poderá realizar unha entrevista persoal para comprobación do nivel de idioma.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
Consellería de Cultura e Turismo
Axencia Turismo de Galicia
DIRECCIÓN DE COMPETITIVIDADE
ÁREA DE CALIDADE E PROXECTOS EUROPEOS
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547406
Fax: 981546647
Email: proxectos.turismo@xunta.es
Órgano responsable
ÁREA DE CALIDADE E PROXECTOS EUROPEOS
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 11 de xaneiro de 2018 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en diversas áreas durante os anos 2018 e 2019, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2018)
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres