TU900A - Subvencións a concellos declarados municipios turísticos para a contratación de persoal nas oficinas de turismo.
Obxecto
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a contratación de persoal nas oficinas de turismo dos concellos declarados municipios turísticos galegos e dos xeodestinos durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.
O dito persoal poderá contratarse no período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, ambas as dúas datas incluídas.
No caso de solicitarse a subvención por un concello, será requisito indispensable que o concello conte coa declaración de municipio turístico galego regulada no Decreto 32/2015, do 19 de febreiro, polo que se regula a declaración de municipio turístico (DOG núm. 41, do 2 de marzo).
No caso de solicitarse a subvención por entidades que representen aos xeodestinos ou subxeodestinos descritos no mapa oficial de xeodestinos de Galicia publicado pola Axencia Turismo de Galicia, deberá designarse o concello en que realizará o seu traballo o persoal contratado obxecto destas subvencións.
O persoal que se contrate deberá estar en posesión dalgún dos seguintes títulos ou habilitacións: técnico superior en Información e Comercialización Turística ou técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística; técnico en Empresas e Actividades Turísticas, grao ou diplomado/a en Turismo ou equivalente homologado ou ben contar coa habilitación de guía de turismo, ou certificado de profesionalidade de Promoción Turística Local e Información ao Visitante (HOTI0108).
Como medida de fomento do emprego, o persoal que se contrate deberá figurar como desempregado, ou demandante dunha mellora de emprego, no Servizo Público de Emprego de Galicia.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles gastos que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e sexan efectivamente realizados entre o 15 de xuño e o 15 de setembro de 2019.
4. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os pague efectivamente. En ningún caso se subvencionarán os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os requisitos establecidos nestas bases, os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que conten coa declaración de municipios turísticos galegos.
2. Así mesmo, poderán ser beneficiarios destas subvencións os 18 xeodestinos e subxeodestinos descritos no mapa oficial de xeodestinos de Galicia publicado pola Axencia Turismo de Galicia, que deberán estar representados por algunha das seguintes entidades:
Mancomunidades e consorcios locais de Galicia constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xulio, de Administración local de Galicia. Estas entidades supramunicipais deberán ter atribuídas competencias en materia de turismo.
Agrupacións de concellos, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención a aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Esta agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da citada lei.
O órgano de representación destas entidades ou agrupacións será o encargado de designar o concello do xeodestino ou subxeodestino en cuxa oficina de turismo será desenvolta a actividade de información, obxecto da subvención.
Ler máis Ler menos
Requisitos
- Só poderá presentarse unha solicitude por concello, mancomunidade, consorcio ou agrupación.
Porén, os concellos cuxas oficinas de información acollan o informador/a designado/a polos xeodestinos ou subxeodestinos, poderán, pola súa vez, facer unha solicitude de maneira independente será compatible, deste xeito, a condición de beneficiario dun concello de interese turístico con ser o concello cuxa oficina de turismo é designada polo xeodestino ou subxeodestino como a destinataria do/a informador/a obxecto de subvención.
- Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
- Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do concello.
A onde acudir
Consellería de Cultura e Turismo
Axencia Turismo de Galicia
DIRECCIÓN DE COMPETITIVIDADE
ÁREA DE FOMENTO E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540261 / 981546363
Fax: 981546371
Email: fomento.turismo@xunta.gal
Órgano responsable
Axencia Turismo de Galicia
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2019).
Extracto da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2019).
Resolución do 15 de maio de 2019 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 100 do 28 de maio de 2019)
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres