BS700A - Subvencións a entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá. FSE 2014-2020.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2019, de subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a prestación de servizos ao abeiro do disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá.

2. Serán subvencionables os servizos desta natureza constituídos polas actuacións sinaladas no artigo 8, que se desenvolvan no período que abrangue desde o 1 de novembro de 2018 e ata o 31 e outubro de 2019, segundo o que nel se indica.

3. A prestación poderá realizarse mediante xestión individual ou compartida segundo o previsto no artigo 6 e ser directa ou indirecta mediante a concertación con terceiros da execución total ou parcial da actividade subvencionada, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demais normativa de aplicación.

4. As subvencións destinaranse á consecución das seguintes finalidades:

a) Programa I, á consolidación dos servizos de atención temperá actualmente subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Orde do 27 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Serán obxecto deste programa os proxectos destinados ao financiamento de unidades de atención temperá promovidos por concellos, entidades ou agrupacións, que sexan continuidade daqueles que foron subvencionados ao abeiro das convocatorias precedentes desta consellería e que garantan a continuidade na atención ás persoas destinatarias no seu respectivo ámbito territorial.

b) Programa II, destinado a servizos de atención temperá existentes e actualmente non subvencionados, así como á implantación de novas unidades.

Serán obxecto deste programa os novos proxectos destinados ao financiamento de unidades de atención temperá promovidos por concellos, entidades ou agrupacións, que non foron subvencionados ao abeiro das convocatorias precedentes desta consellería.

5. O procedemento será tramitado en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

6. Dado que a presente convocatoria conta con financiamento comunitario procedente do Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, respectarase o previsto no Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006, do Consello. Así mesmo, o Regulamento (UE) nº 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1801/2006, do Consello, ambos regulamentos modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 e na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

7. O procedemento de concesión de subvencións regulado na presente orde ten o código BS700A para os efectos de identificación na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e o acceso aos formularios de inicio específicos, de uso obrigatorio para os interesados.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia ou agrupacións delas que se relacionan a seguir:

a) Para a xestión individual: concellos, incluídos os que resulten dunha fusión municipal, que conten cun censo mínimo de 10.000 habitantes, segundo a cifra de poboación na data 1 de xaneiro de 2018, fonte: o Instituto Galego de Estatística.

b) Para a xestión compartida:

1º. Agrupacións de concellos e/ou de mancomunidades de concellos.

2º. Mancomunidades de concellos.

3º. Consorcios locais constituídos exclusivamente por concellos.

Quedan excluídas as deputacións provinciais.

2. Ningún concello poderá figurar simultaneamente en solicitude de xestión individual e compartida. O incumprimento disto dará lugar á inadmisión da solicitude individual; considerarase como efectiva a de xestión compartida.

3. Non poderá obterse a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Ler máis Ler menos

Requisitos

1. Para ser admitida a solicitude ao abeiro desta orde, sen prexuízo da totalidade da normativa aplicable, deberán cumprirse os seguintes requisitos específicos, que se acreditarán na forma establecida nos artigos 12 e 13 desta orde:

a) Requisitos aplicables a todos os solicitantes:

1º. Estar a/as entidade/s ou a totalidade dos concellos integrantes inscritos no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais. O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración.

2º. Ter adoptado polo órgano competente acordo de solicitude de subvención respecto do servizo de atención temperá de que se trate e nas condicións en que este se preste, aceptación das condicións e demais requisitos establecidos nesta orde e demais normativa aplicable, así como o compromiso de cofinanciamento para a execución no período que se sinale, que deberá estar incluído no intervalo sinalado no artigo 8.1.b).

No caso de agrupacións, o acordo pode figurar no texto do convenio sinalado no punto c).2º ou de xeito independente, sempre que sexa subscrito por todos os asinantes daquel.

3º. Ter cumprida a entidade ou a totalidade de concellos integrantes, no caso de xestión compartida, a obriga establecida nos artigos 208 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, referida á remisión da conta xeral do exercicio orzamentario que corresponda ao Consello de Contas.

4º. Cumprir as condicións establecidas no artigo 8 respecto da prestación do servizo para que a actuación sexa susceptible de subvención.

b) No caso de solicitude para xestión individual: contar co censo mínimo sinalado no artigo 6.1.a).

c) No suposto de solicitude para xestión compartida:

1º. Deberá xestionar o servizo de forma conxunta a agrupación ou, se é o caso, de forma mancomunada ou consorciada, e implicar aforro de custos respecto dos que suporía a prestación individual polos/as concellos e/ou mancomunidades integrantes. En ningún caso poderá consistir en actuacións independentes daqueles.

2º. No caso de agrupacións de concellos e/ou mancomunidades, ter subscrito un convenio de colaboración entre todos os integrantes cuxo obxecto sexa a prestación do servizo nos termos especificados nos artigos 1 e 8, e con vixencia durante todo o período respecto do que se solicita subvención e ata que transcorra o prazo establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Ademais, deberá reflectir os seguintes datos:

2º.1. Determinación do concello ou mancomunidade encargado de xustificar a subvención, que será a nome do que, se é o caso, se ingresen os fondos.

2º.2. Nomeamento de representante.

2º.3. Determinación dos compromisos de execución asumidos por cada un dos concellos ou mancomunidades, así como a porcentaxe de subvención que lles corresponderá a cada un deles.

De ter subscrito un convenio anterior á publicación desta orde con tal obxecto e vixencia, admitirase documento anexo a el no que se reflictan os datos sinalados nos puntos 2º.1, 2 e 3, debidamente asinado polos correspondentes representantes.

Figurará na páxina web da consellería (http://politicasocial.xunta.gal), na epígrafe relativa á información da presente orde, un modelo de convenio.

3º. E no suposto de mancomunidades de concellos ou agrupación delas e consorcios locais constituídos exclusivamente por concellos: deberán determinar os concellos membros daqueles que participan na prestación do servizo.

2. Os citados requisitos deberán terse cumprido en función das seguintes datas de referencia:

a) A data 1 de xaneiro de 2018, o recollido no punto 1.b) para o caso de xestión individual.

b) Con carácter previo ao inicio do prazo de execución respecto do que se solicita a subvención:

1º. Os establecidos no punto 1.a), ordinais 1º e 4º, sen prexuízo do reflectido no artigo 8.2.

2º. Os sinalados no punto 1.c), ordinais 1º, 2º e 3º. Sen prexuízo da necesidade de existencia de convenio na dita data nas condicións especificadas, os datos do punto 1.c), números 2º.1, 2 e 3 poderán ser determinados con data límite a de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

c) Na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os especificados no punto 1.a), ordinais 2º e 3º.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981540142 / 981546736 / 981547398

Fax: 981545691

Email: autonomiapersoal.sxps@xunta.es

Órgano responsable

DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 70 do 10 de abril de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 70 do 10 de abril de 2019).

Ligazón á normativa

Resolución do 4 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se finaliza o procedemento BS700A, de concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 134 do 16 de xullo de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.